Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E AS RESERVAS DA VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 e 20, apartados 1 e 3 h) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por entradas de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible a realización sobre a vía pública local de calquera aproveitamento enumerado no artigo 1.º desta ordenanza.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ó seu favor fose outorgada a licencia.
2.-Terán a condición de substitutos do contribuínte, os propietarios dos terreos e locais a que se dean acceso ditas entradas de vehículos, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4.º .-Responsable.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Retribución.
NORMAS DE XESTIÓN
Artigo 4.º .
1.-As cantidades esixibles de acordo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
2.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia, e formular declaración achegando un plano detallado do aproveitamento e da súa situación dentro do municipio.
3.-Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias, se se desen diferencias, notificaranse as mesmas ós interesados, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polos interesados.
4.-As altas nas tres primeiras tarifas producirán efectos dende o día primeiro do semestre natural no que se produzan.
5.-Unha vez autorizada a ocupación entenderanse prorrogada namentres non se presente a declaración de baixa polo interesado.
6.-A presentación da baixa nas tres primeiras tarifas producirá efectos a partir do día primeiro do semestre natural seguinte ó da súa presentación; a non presentación da baixa determinará a obrigación de continuar aboando o prezo público.
OBRIGA DE PAGAMENTO
1.-A obriga de pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento no que se conceda a correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamento xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.
2.-O pagamento do prezo público realizarase:
A) Tratándose de concesión de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería municipal ou onde establécese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia.
B) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matrículas deste prezo público, por anos naturais nas oficinas de Recadación, nos períodos que estableza a Administración municipal.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación no exercicio de 2001, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.