Ares - REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS E CADEIRAS COA FINALIDADE LUCRATIVA.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 06/02/2009 BOP Nº: 30
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1.º .-Concepto.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 e o artigo 20, apartados 1 e 3.1), da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos, coa finalidade lucrativa.

Artigo 2.º .-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible a ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos, coa finalidade lucrativa.

Artigo 3.º .-Contía.

1. A contía do prezo público regulado nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, atendendo a superficie ocupada polos aproveitamentos expresada en metros cadrados.
2. As tarifas do precio público serán as seguintes:
a) Por cada metro cadrado de superficie ocupada:
Período
Categorías fiscais das vías públicas
 
Mensual
7,18 euros
3,58 euros

Artigo 4.º .-Normas de xestión.

1.-As cantidades esixibles de acordo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período de tempada ou anual autorizado.

2.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar, previamente, a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refiere o artigo 5.2 a) seguinte e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se van a instalar, así como un plano ou boceto detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do municipio.

3.-Os servicios técnicos deste Concello poderán comprobar e investiga-las declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias, se se deran diferencias coas peticións de licencias notificaranse as mesmas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingesos complementarios que procedan.

4.-En caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar neste Concello a devolución do importe ingresado.

5.-Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que se aboara o depósito previo a que se refire o artigo 5.2 a) seguinte e se obtivese a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuízo do pagamento do prezo público e das sancións e recargos que procedan.

6.-Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou se presente baixa xustificada polo interesado o polos seus lexítimos representantes, en caso de falecemento.

7.-A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a que se alegue en contrario, a non presentación da baixa determinará a obrigación de continuar aboando o prezo público.

8.-As autorizaicóns terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia.

Artigo 5.º .-Obrigación de pagamento.

1.-A obrigación de pagamento da taxa regulado nesta ordenanza nace:

a)  Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.

b)  Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifas.

2.-O pagamento do prezo público realizarase:

a)  Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería municipal, ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia.

Este ingreso terá carácter de depósito previo de conformidade co disposto no artigo 41.1 da citada Lei 39/1988, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.

b)  Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prórrogas, unha vez incluídas nos padróns ou matrículas deste prezo público, por anos naturais, nas oficinas de Recadación municipal desde o día 16 de xanerio ata o día 15 do mes de febreiro.

Disposición final.

O acordo de imposición desta taxa foi tomado e a súa ordenanza fiscal aprobada polo Pleno deste Concello o día 5 de novembro de 1998, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata súa modificación ou derrogación expresa.

Disposición derrogatoria.

Queda sen efecto a ordenanza reguladora do prezo público por ocupacións de terreos de uso público, con mesas, cadeiras, con finalidade lucrativa, aprobada polo Pleno do Concello na sesión do día 2 de novembro de 1989.