Oroso - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 4º .-Base impoñible, cota e devengo
1.-A base impoñible deste imposto constitúese polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, entendéndose por tal, a estes efectos, o custo da execución material de aquela.
Non forman parte da base impoñible, en ningún caso:
a) O imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, nin tampouco as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público relacionadas coas devanditas construccións, instalacións ou obras.
b) Os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.
2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar a base impoñible o tipo de gravame.
4.-O imposto devengarase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licencia.
Artigo 5º .-xestión
2.-Cando se modifique o proxecto de construcción, instalación ou obra, e supoña un incremento do número de unidades dos índices e módulos ou do proxecto, unha vez aceptada a modificación pola Administración Municipal, practicarase liquidación complementaria.
3.-Unha vez rematada a construcción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado primeiro practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo o suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
4.-Ó efecto do precedente apartado, a data de finalización das construccións, instalacións ou obras será a que se determine por calquera medio de proba admitido en dereito e, en particular:
a) Cando sexan de nova planta, a partires da data de expedición do certificado final de obra subscrito polo facultativo ou facultativos competentes, e a falta deste documento, dende a data de notificación da licencia de nova ocupación.
b) Nos demais casos, a partires da data de expedición do certificado final de obra nas condicións do apartado anterior ou, a falta de este, dende que o titular da licencia comunique ó Concello a finalización das obras.
En defecto dos citados documentos, tomarase a tódolos efectos como data de terminación a que resulte de calquera comprobación desta situación por parte da Administración Municipal.
Artigo 6º .-Beneficios fiscais
1. Ó amparo do disposto no artigo 104.2 da lei 39/88 reguladora das facendas locais, gozarán dunha bonificación do 95 % da cota do imposto das construccións, instalacións e obras dedicadas á construcción, rehabilitación ou reparación da vivenda habitual das persoas en situación de emerxencia social.
Se considerarán en situación de emerxencia social, aquelas que requiren urxente atención de carácter paliativo, derivadas da inadecuación ou dotación da vivenda habitual de aquelas persoas que carecen de medios económicos suficientes para facer fronte a esta situación.
Para gozar da bonificación a que se refire o apartado anterior, será necesario que se solicite polo suxeito pasivo a declaración de especial interese ou utilidade municipal, o que deberá facerse, antes do inicio das construccións, instalacións ou obras, mediante escrito separado, ó tempo de presenta-la solicitude de licencia municipal que autorice a súa realización.
A documentación a presentar será a seguinte:
A) Informe social que acredite a situación de emerxencia social.
B) Informe do técnico competente sobre a situación de emerxencia social relativo a súa localización, características, estado de deterioro, servicios, salubridade, seguridade e distribución.
C) Fotocopia do DNI do solicitante e do resto da Unidade Familiar de convivencia e do libro de familia.
D) Certificado de empadroamento que especifique que os membros da unidade familiar residen na vivenda en cuestión.
E) Certificación acreditativa da propiedade da vivenda.
F) Xustificantes dos ingresos familiares, mediante a oportunas declaracións da renda ou certificados de imputacións que acrediten os ingresos da unidade familiar, incluíndo axudas públicas.
O importe máximo da renda dispoñible da unidade familiar ponderada segundo os coeficientes do seguinte párrafo, entendida como a parte xeral e especial da Base Impoñible regulada na lei sobre o imposto sobre a renda das persoas físicas, antes de proceder as deduccións por mínimo persoal e familiar non poderá superar o importe anual do salario mínimo interprofesional.
Os coeficientes aplicables segundo o número de membros da unidade familiar son os seguintes:
Nº membros unidade familiar: Coeficiente
1: 1
2: 0,9
3: 0,8
4: 0,7
5 ou máis: 0,5
2. Gozarán de unha bonificación do 90% as construccións, instalacións ou obras que favorezan as condiciones de acceso e habitabilidade dos discapacitados, sempre e cando as mesmas non formen parte de un proxecto de obra nova e se realicen de forma independente.
A solicitude de bonificación haberá de presentarse antes do inicio das obras acompañando a documentación acreditativa das circunstancias que fundamentan su concesión.
3. Unha vez informada a solicitude e a licencia municipal, formularase proposta ó Pleno da Corporación os efectos de de determinar se concorren as circunstancias para a declaración de especial interese ou utilidade municipal, o cal decidirá por maioría simple.
Outorgada se procede a declaración, notificarase o suxeito pasivo o mesmo tempo que se xira a correspondente liquidación provisional.
4. Non procederá outorgar as bonificacións reguladas nos puntos anteriores a aquelas construccións, instalacións ou obras que empezasen ou rematasen sen haber solicitado a correspondente licencia de obras municipal.