Índice
Tordoia - Ordenanza nº 14, do servizo de axuda no fogar
Publicación provisional:
07/05/2008
BOP Nº:
104
Publicación definitiva:
21/02/2009
BOP Nº:
43
Aplicable dende:
01/01/2009
1. INTRODUCCIÓN.
Este concello establece e regula o Servicio de Axuda no Fogar en virtude do establecido na Lei Galega de Servicios Sociais 4/1993, do 14 de abril, e no Decreto 240/1995 do 28 de xullo, polo que se regulan os servicios sociais de atención primaria, e na Orde do 22 de xullo de 1996, pola que se regula no Servicio de Axuda no Fogar.
O Concello de Tordoia dispón, dende o ano 1991, dun Servicio de Axuda no Fogar, regulado pola Ordenanza n.º 14 aprobada en Pleno celebrado o 23 de xullo de 1998.
Esta ordenanza substitúe e anula ás anteriores. .
1. Definición.
O Servicio de Axuda no Fogar se configura como un conxunto organizado, integrado e normalizado de accións e recursos para os cidadáns no seu domicilio, ca finalidade de prestar atención ás persoas e as súas familias que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración ou problemáticas familiares especiais, facilitando a permanencia no seu propio entorno de convivencia coa maior calidade de vida posible, evitando así a súa posible institucionalización.
2. Obxectivos.
a) Conseguir que o usuario (e/o a súa familia) adquira, manteña ou recobre os recursos, as habilidades e os hábitos que lles permitan manter unha vida o máis autónoma e satisfactoria posible na súa propia casa, compensándolle os posibles déficits ou discapacidades.
b) Evitar o retardar o internamento de aquelas persoas, sobre todo as persoas maiores, nenos ou discapacitados, que a causa dos seus déficits físicos, psíquicos o sociais non poden continuar vivindo no seu domicilio sen axuda .
c) Previr situacións de crises familiares, provocadas por situacións de sobrecarga en aquelas familias que non son capaces de superar polos seus propios medios a crise que padecen.
d) Tódalas las intervencións que se fagan no marco do Servicio de Axuda no Fogar terán un carácter preventivo, educativo e rehabilitador, dende unha perspectiva de atención integral e polivalente.
e) As intervencións do Servicio de Axuda no Fogar deberán orientarse, cando así o requira o caso, á potenciación das relacións humanas (con familiares e veciños) do usuario, e á mellora da súa capacidade de autoestima, aspecto este que está en relación directa cas posibilidades de mellora na autonomía persoal.
3. Características do Servicio de Axuda no Fogar.
No Servicio de Axuda no Fogar a intervención se realiza dunha maneira personalizada, en función das necesidades de cada usuario ou da súa familia no que se refire ó tipo de servicio que se presta, as horas de atención, etc.
Esto require dun estudio profesional das necesidades de cada usuario/familia, co obxecto de proporcionarlle os servicios dispoñibles que mellor se adapten a súas necesidades.
É un recurso de tipo voluntario, solicitado polo usuario/familia beneficiarios do servicio.
É un recurso temporal, é dicir, que ten un principio e un final na prestación do servicio, en función da valoración do profesional e da vontade do usuario.
É un servicio, por definición, descontinuo. A atención que se presta ó usuario/familia non cubre as 24 horas do día nin, salvo excepcións, tódolos días da semana. Polo tanto, un usuario que precisa dunha atención continuada debería ser obxecto de atención nun recurso social diferente, xeralmente de tipo residencial.
O número de horas de prestación do servicio estipúlase nun máximo de dúas horas diarias e un mínimo de unha, podendo engadirlle a esta unha fracción de 30 minutos, determinado pola necesidade de cada caso, segundo o criterio profesional do traballador/a social. O tempo de atención poderá ser modificado en función das variacións que se produzan nas circunstancias persoais, e pola dispoñibilidade de medios do servicio de axuda no fogar municipal.
Os días de atención ós beneficiarios serán de luns a venres, quedando excluídos os festivos e o horario nocturno. Non obstante, e dependendo do caso, poderase prestar o servicio fora de horario sinalado, a causa de necesidades especiais e debidamente xustificadas.
O Servicio de Axuda no Fogar diríxese a toda a poboación, pero mentres as dispoñibilidades económicas non permitan o seu uso xeneralizado, se ten que dispoñer duns criterios de prioridade, de forma que podan ser obxectables, por unha parte a situación de necesidade social e por outra a non dispoñibilidade de recursos económicos para afrontar a totalidade do costo do servicio que a necesidade require.
Para poder valorar e ordenar as solicitudes do Servicio de Axuda no Fogar, se utilizará o baremo de concesión do Servicio de Axuda no Fogar.
Se valorará, así mesmo, a concorrencia con outro servicio similar, sempre que por insuficiencia do mesmo sexa preciso un servicio complementario.
4. Usuarios.
O Servicio de Axuda no Fogar é polivalente, é dicir, é un servicio dirixido a cidadáns de tódalas idades, aínda que terá como obxectivo prioritario a atención de aqueles cidadáns que pola súa discapacidade física, mental ou funcional se atopen nunha situación de limitación da autonomía persoal ou familiar, ou que por motivos socioeconómicos ou problemáticas familiares especiais necesiten dalgunhas das atencións que conforman o servicio.
A idoneidade do Servicio de Axuda no Fogar virá determinada pola valoración que efectúen o/a traballador/a social do Concello.
Poderán ser potenciais usuarios:
¿ As familias o persoas que presentan disfuncións que podan ser susceptibles de mellora cunha adecuada atención a domicilio.
¿ As persoas maiores, con certo nivel de dependencia, que non teñan a ninguén que os atenda suficientemente e que, con esta axuda, podan continuar vivindo no seu fogar.
¿ Persoas afectadas por unha lesión, enfermidade física ou mental ou por outros motivos que lles fagan precisar de axuda.
¿ Menores que haxa que coidar ou atender por ausencia dos pais ou titores, ou cando estes, por circunstancias provisionais de enfermidade u outros motivos suficientemente xustificados, non podan exercer as súas obrigas.
¿ En xeral, cando exista unha situación de desatención social ou familiar, avalada tecnicamente, que xustifique a intervención do servicio.
5.-Persoal e funcións.
Serán o que se dispón para tales efectos nos artigos 5 e 6 da Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de xullo de 1996, pola que se regula o servicio de axuda no fogar.
6. Atencións que se ofrecen no Servicio de Axuda no Fogar.
Atencións de carácter persoal: engloban tódalas actividades que se dirixen ó usuario do servicio cando este non poda realizalas por se mesmo ou cando precise:
¿ Apoio no aseo e coidado persoal co obxecto de manter a hixiene corporal.
¿ Axuda para comer.
¿ Supervisión, si procede, da medicación sinxela prescrita por persoal facultativo e do estado de saúde para a detección e comunicación de calquera cambio significativo.
¿ Apoio á mobilización dentro do fogar.
¿ Compañía.
¿ Acompañamento, fora do fogar, para a realización de diversas xestións tales como visitas médicas, tramitación de documentos e outras análogas.
¿ Facilitación de actividades de ocio no fogar, mediante a entrega de material para a realización de traballos manuais, así como prensa, revistas, libros ou similares.
¿ Outras atencións de carácter persoal, non recollidas nos apartados anteriores, que podan ser incluídas con carácter específico para conseguir a finalidade deste servicio.
Atencións de carácter psicosocial e educativo. Refírese ás intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ó desenvolvemento das capacidades persoais, a afectividade, a convivencia e a integración na comunidade na que se desenvolva a vida do usuario, así como o apoio á cohesión da familia.
Atencións de carácter doméstico. Se entenden como tales quellas actividades e tarefas que se realizan de forma cotiá no fogar e que se refiren a:
¿ A alimentación: Comprenderá, entre outros, as labores de compra e preparación do alimento no fogar.
¿ A roupa: Comprenderá as funcións de lavala, pasar o ferro, cosela, ordenala, mercala e outras análogas.
¿ A limpeza e mantemento da vivenda, así como a realización de pequenas reparacións e outras tarefas que non impliquen a participación de especialistas.
Todas estas actividades, e máis concretamente as de carácter doméstico, terán un carácter complementario das propias capacidades do usuario ou de outras persoas do seu entorno inmediato. En este sentido quedan explicitamente excluídas as tarefas de tipo puntual e extraordinario (como limpeza de altos, limpeza xeral, limpeza de zonas comunitarias, etc.).
Para a realización destas actuacións o usuario deberá dispor ou proverse dos medios necesarios. No seu defecto, os servicios sociais competentes poderán xestiona-los recursos adecuados para que ditas atencións poidan ser realizadas.
Atencións de carácter técnico e complementario. Refírense a xestións ou actuacións que pidan ser necesarias, ben para a posta en funcionamento do servicio, para que continúe en condicións axeitadas, ou para permitir, co apoio de novas tecnoloxías, unha atención mediata en situacións de crise ou emerxencia, tales como a teleasistencia e outras actuacións encamiñadas á adecuación funcional do fogar.
7. Requisitos xerais da prestación do Servicio de Axuda no Fogar.
Para que o recurso do Servicio de Axuda no Fogar poida ser concedido a un usuario/familia debe reunir unha serie de requisitos, nos que se terán en conta os seguintes factores:
¿ Estar empadroado no Concello de Tordoia.
¿ Reunir as características descritas no apartado 4 (Usuarios).
¿ Aceptar o Servicio cas súas características e normativa.
¿ Ter o domicilio en condicións mínimas de habitabilidade.
¿ No ter dereito a recibir a Axuda no Fogar de outra entidade (ONCE, Mutualidad de Funcionarios Civiles del Estado ou calquera outro), e, no seu caso, documentación que acredite a denegación do mesmo en dito servicio.
8. Programas especiais del SAD.
O Concello de Tordoia poderá establecer acordos con entidades de carácter público, co obxecto de introducir no Servicio de Axuda no Fogar, programas especiais para atender ás peculiaridades de determinados colectivos de usuarios ou de establecer procedementos máis áxiles ou operativos co que establece, con carácter xeral, esta ordenanza.
9. O proceso de concesión / implantación / finalización do SAF.
A demanda do Servicio de Axuda no Fogar da lugar a un procedemento administrativo, que constará das seguintes fases:
Primeira.-Se iniciará mediante unha solicitude dirixida ó Sr. Alcalde que se presentará nas dependencias administrativas dos Servicios Sociais Municipais. Si a petición del servicio beneficiase a máis dunha persoa, poderán ser formuladas nunha única solicitude.
Los elementos básicos que ten que reunir dita solicitude son os seguintes:
¿ Circunstancias que permitan a identificación do interesado ou do seu representante (nome e apelidos).
¿ Domicilio a efectos de notificación.
¿ A solicitude ten que ir firmada polo interesado ou polo seu representante.
¿ Exposición dos feitos e razóns da petición.
A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
¿ Fotocopia D N I solicitante e dos membros da unidade familiar que convivan co mesmo.
¿ Xustificantes acreditativos da situación económica da unidade de convivencia por tódolos conceptos (nóminas, certificado de pensións, prestacións, última declaración da renda, xustificantes de rendas de alugueiros...)
¿ Fotocopia da tarxeta sanitaria.
¿ Certificado de convivencia e empadroamento.
¿ Certificado de bens rústica e urbana.
¿ Informe médico.
¿ Xustificante do réxime de ocupación da vivenda.
Segunda.-Unha vez cumprimentada a solicitude, está se presentará nas oficinas de rexistro de documentos do Concello de Tordoia. A presentación da solicitude determina o dereito a esixir da Administración o correspondente recibo que acredite a data de presentación, admitindo como tal unha copia na que figure a data de presentación anotada pola oficina.
Terceira.-Unha vez rexistrada se dará traslado ó Departamento de Servicios Sociais.
Se se observan defectos formais na solicitude do tipo de que a mesma non reúna os requisitos anteriormente mencionados, o concello requirirá ó interesado para que no prazo de 10 días emende a falla ou acompañe os documentos preceptivos, indicando en dito requirimento de que, si así non o fixera, se lle terá por desistido na súa petición, arquivándose sen máis a súa solicitude.
Cuarta.-O traballador/a social conectará co interesado para obter toda a información que sexa necesaria para a realización dun informe social, que incluirá valoracións cualitativas (entrevistas, información documental, etc.) e cuantitativas (aplicación do baremo). Dito informe se incorpora ó expediente administrativo e servirá para fundamentar, nun ou outro senso, a resolución que se adopte.
Quinta.-O traballador/a social, en función da dispoñibilidade ou non de prazas vacantes, informará do cumprimento dos requisitos e, por tanto, da conveniencia de alta da solicitude no servicio, o ben da incorporación á lista de espera, ocupando o posto correlativo que lle corresponda en función da puntuación obtida.
Sexta.-Notificarase ó interesado, a resolución adoptada, que en tódolos casos deberá ser motivada (o informe servirá de motivación á resolución).
Sétima.-A alta efectiva se efectuará nun prazo non superior a 15 días, contados dende a data de notificación da mesma.
Oitava.-Cando unha situación reciba a consideración de urxente, por presentarse a necesidade de forma imprevista e de súpeto e/ou implique alto risco, o inicio do servicio poderá ser inmediato co informe do/a traballador/a social de atención primaria, seguindo o procedemento da súa tramitación ordinaria. Unha vez normalizada a situación, e se non acada puntuación suficiente, podería pasar á lista de espera.
10. Baixas temporais.
Se consideran baixas temporais, con reserva de praza, aquelas interrupcións do SAF que estean dentro dos seguintes supostos:
a) Por vacacións durante 45 días ó ano, que se computarán xuntos ou por períodos.
b) Por ingreso hospitalario mentres dure este, sempre que a situación de alta hospitalaria sexa compatible cas características do usuario del SAF. Se o ingreso hospitalario se prolongara máis de dous meses, se revisará a reserva de praza.
c) Por contar, temporalmente, con apoio familiar. Se este apoio se prolonga máis de 45 días, se revisará a reserva de praza.
Nos apartados a) y c) deberá o usuario comunicalo ó Departamento de Servicios Sociais ó menos con quince días de antelación.
11. Extinción e finalización do SAF.
A prestación do Servicio de Axuda no Fogar que sexa recoñecido a un usuario se extinguirá, en termos xerais por:
¿ Defunción ou renuncia do solicitante.
¿ Traslado do beneficiario a un concello distinto.
¿ Pola finalización do tempo de concesión estipulado no contrato.
¿ Pola modificación das circunstancias baremables que orixinaron a concesión.
¿ Pola ocultación e/o falseamento de datos, por parte do usuario ou dos familiares.
¿ Por non ter feito efectiva a achega establecida no contrato, durante un período de dous meses consecutivos.
¿ Por decisión do traballador/a social do Departamento de Servicios Sociais, baseándose no incumprimento dos requisitos establecidos para a prestación do servicio, tales como trato inaxeitado do usuario cara ó auxiliar, falta de colaboración do usuario no desenvolvemento do servicio, imposición de tarefas no estipuladas, etc.
¿ Cando o concello deixe de presta-lo servicio, ben por falla de medios, ben por ser asumido o SAF por outra administración.
En calquera destes casos o usuario deberá presentar por escrito a súa conformidade, do mesmo xeito que o técnico deberá realizar un informe no que conste o motivo de cada un dos puntos nomeados.
12. Contrato.
Antes de proceder á alta no SAF será imprescindible a firma do contrato de prestación do servicio, no que irán especificados:.
Tarefas que se realizarán.
Horario e días de asistencia.
En canto ás modificacións horarias e de tarefas, respecto ó establecido no da prestación do SAF, estas serán autorizadas polo traballador/a social. O usuario deberá ser informado, de forma argumentada, das mesmas.
No momento da firma do contrato, o usuario e os profesionais implicados no servicio serán informados dos compromisos e obrigas seguintes:
¿ Respecta-las normas e condicións establecidas (tarefas, horarios, período de duración...).
¿ Comunica-las causas que se poidan producir que dean lugar a modificacións na prestación do servicio, así como as ausencias do domicilio, no prazo que estipula a normativa.
¿ Respecta-la intimidade do usuario e garda-la debida confidencialidade.
¿ Aceptar a que se realice o seguimento e control do desenvolvemento do servicio polo equipo técnico de servicios sociais municipal, así coma as variacións que este estipule.
¿ Abona-las cotas segundo o baremo nos prazos e xeito que se establezan.
13.-Tarifas.
A obriga de contribuír nace no momento de iniciarse a prestación do servicio, é dicir, o día primeiro do mes corrente, e o primeiro de tódolos meses correntes. A liquidación deberá abonarse nos 10 primeiros días do mes corrente.
En caso de baixas temporais que non sexan por motivos hospitalarios, o usuario terá que aboar o mes íntegro.
As tarifas terán unha revisión anual, estando obrigado o usuario a actualizar a documentación pertinente que a mes de xaneiro se lle solicitará.
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas que soliciten o resulten directamente beneficiados pola prestación do servicio, xa sexa con carácter estable ou temporal.
Para a aplicación da tarifa se terán en conta tanto os ingresos do usuario como os da/s persoa/s que convivan co mesmo.
Tarifas:
Nº membros | Ingresos | Tarifa a pagar |
1 | Inferiores ó 85% do SMI | 0 |
2 | Inferiores ó 125% do SMI | 0 |
3 | Inferiores ó 150% do SMI | 0 |
4 | Inferiores ó 200% do SMI | 0 |
5+ | Inferiores ó 250% do SMI | 0 |
Nº membros | Ingresos | Tarifa a pagar |
1 | Iguais ou superiores ó 85% e inferiores ó 100% do SMI | O 15% do coste do servicio |
2 | Iguais ou superiores ó 125% e inferiores ó 160% do SMI | O 15% do coste do servicio |
3 | Iguais ou superiores ó 150% e inferiores ó 175% do SMI | O 15% do coste do servicio |
4 | Iguais ou superiores ó 200% e inferiores ó 210% do SMI | O 15% do coste do servicio |
5+ | Iguais ou superiores ó 250% e inferiores ó 260% do SMI | O 15% do coste do servicio |
Nº membros | Ingresos | Tarifa a pagar |
1 | Iguais ou superiores ó 100% e inferiores ó 125% do SMI | O 25% do coste do servicio |
2 | Iguais ou superiores ó 160% e inferiores ó 195% do SMI | O 25% do coste do servicio |
3 | Iguais ou superiores ó 175% e inferiores ó 200% do SMI | O 25% do coste do servicio |
4 | Iguais ou superiores ó 210% e inferiores ó 225% do SMI | O 25% do coste do servicio |
5+ | Iguais ou superiores ó 260% e inferiores ó 275% do SMI | O 25% do coste do servicio |
Nº membros | Ingresos | Tarifa a pagar |
1 | Iguais ou superiores ó 125% e inferiores ó 150% do SMI | O 50% do coste do servicio |
2 | Iguais ou superiores ó 195% e inferiores ó 225% do SMI | O 50% do coste do servicio |
3 | Iguais ou superiores ó 200% e inferiores ó 240% do SMI | O 50% do coste do servicio |
4 | Iguais ou superiores ó 225% e inferiores ó 250% do SMI | O 50% do coste do servicio |
5+ | Iguais ou superiores ó 275% e inferiores ó 290% do SMI | O 50% do coste do servicio |
Nº membros | Ingresos | Tarifa a pagar |
1 | Iguais ou superiores ó 150% e inferiores ó 175% do SMI | O 75% do coste do servicio |
2 | Iguais ou superiores ó 225% e inferiores ó 250% do SMI | O 75% do coste do servicio |
3 | Iguais ou superiores ó 240% e inferiores ó 260% do SMI | O 75% do coste do servicio |
4 | Iguais ou superiores ó 250% e inferiores ó 275% do SMI | O 75% do coste do servicio |
5+ | Iguais ou superiores ó 290% e inferiores ó 300% do SMI | O 75% do coste do servicio |
Nº membros | Ingresos | Tarifa a pagar |
1 | Superiores ó 175% do SMI | O 100% do coste do servicio |
2 | Superiores ó 250% do SMI | O 100% do coste do servicio |
3 | Superiores ó 260% do SMI | O 100% do coste do servicio |
4 | Superiores ó 275% do SMI | O 100% do coste do servicio |
5+ | Superiores ó 300% do SMI | O 100% do coste do servicio |
14. Criterios de selección.
Os criterios de selección baséanse no baremo de puntuación que a continuación se especifica e á urxencia do caso e dispoñibilidade do servicio, segundo a orde do 22 de xullo de 1996 que regula o servicio de axuda no fogar.
¿ Autonomía persoal para a realización de actividades da vida cotiá: máximo 35 puntos.
¿ Situación socio familiar: máximo 35 puntos.
¿ Situación económica da unidade de convivencia: máximo 30 puntos.
¿ Estado da vivenda: máximo 8 puntos.
BAREMO DE PUNTUACIÓN
Situación de autonomía persoal.
Puntuaranse os aspectos que se sinalan de seguido, do xeito seguinte:
0 puntos: normalmente.
1 punto: con algunha dificultade.
2 puntos: con moita dificultade.
3 puntos: non pode.
¿ Pode limpa-la casa.
¿ Pode lavar , tender e pasar o ferro á roupa.
¿ Pode vestirse e espirse.
¿ Pode levantarse e deitarse na cama, levantarse e sentarse nunha cadeira ou cadeira de brazos.
¿ Pode realizar compras.
¿ Pode realizar xestións médicas e administrativas.
¿ Pode cociñar e lava-los pratos.
¿ Pode asearse e bañarse.
¿ Pode procurarse os coidados socio-sanitarios básicos.
¿ Fai as súas necesidades sen axuda, presenta control de esfínteres.
¿ Pode manexar os aparatos de calefacción, auga quente, interruptores de luz, auga...
¿ Posúe orientación témporo- espacial.
¿ Posúe actitude coherente.
A puntuación mínima esixible neste apartado deberá ser de 10 puntos, nos que se entende que existe ó menos algunha dificultade en realizar tarefas esenciais da vida ordinaria. A puntuación máxima será de 35 puntos.
Situación sociofamiliar (puntuación máxima de 35 puntos)
Situación de soidade:
¿ Ningunha posibilidade de axuda (35 puntos).
¿ Os familiares non se ocupan da súa atención porque non poden por enfermidades, por traballar toda a xornada, ter cargas familiares, estar afastados... (30 puntos).
¿ Ten veciños que o atenden en situacións de urxencia (30 puntos).
¿ Non recibe ningún tipo de axuda por falla de relación e/ou interese con familiares directos, debendo exercerse algunha medida de tipo legal para o cumprimento desta axuda (25).
¿ Ten veciños/familiares que o atenden de maneira habitual pero a atención é insuficiente (10 puntos).
¿ A persoa decide vivir soa cando pode vivir con familiares (3 puntos).
¿ Ten familiares con obriga de prestar alimentos e economías solventes que lle prestan unha axuda de, ó menos, 2 horas diarias (0 puntos).
¿ A persoa non acepta outro recurso máis axeitado á súa situación (0 puntos).
Convivencia con familiares ou outras persoas:
¿ Os familiares que o atenden teñen outras persoas ó seu cargo, menores de 16 anos ou outro familiar dependente (10 puntos).
¿ Os familiares que o atenden teñen recoñecida facultativamente déficits na saúde que lle dificultan a prestación de axuda (10 puntos).
¿ Os familiares que o atenden traballan toda a xornada (8 puntos).
¿ Os familiares que o atenden traballan media xornada (5 puntos).
¿ Os familiares que o atenden non posúen capacidade persoal suficiente para atendelo (10 puntos).
¿ Os familiares que o atenden carecen de capacidade para organizarse (6 puntos).
¿ Os familiares que o atenden están desocupados e sen cargas familiares (0 puntos).
¿ A familia dedica moito tempo á atención e carece de tempo de lecer (2 puntos).
Situación económica.
A renda será o total de ingresos da unidade familiar restando o alugueiro ou hipoteca da vivenda ata un 40% do Salario Mínimo Interprofesional vixente.
Considéranse os ingresos económicos de toda a unidade de convivencia, tendo en conta os seguintes aspectos:
¿ Ingresos por salario, pensións, prestacións do INEM, etc.
¿ Xuros bancarios.
¿ Ingresos en metálico por calquera outro concepto (rendas de alugueiros, etc.)
¿ Aqueles bens mobles e inmobles sobre os que se posúa calquera clase de dereito, que polas súas características, estimación, posibilidade de explotación ou venda, indiquen a existencia de medios suficientes (aplicarase o 2% do valor catastral). Exceptúase a vivenda propia.
Coa suma de tódolos ingresos farase unha media mensual e coa aplicación da seguinte táboa, obterase a puntuación deste apartado.
Nº membros | Ingresos | Puntuación |
1 | Inferiores ó 75% do SMI | 30 |
2 | Inferiores ó 125% do SMI | 30 |
3 | Inferiores ó 150% do SMI | 30 |
4 | Inferiores ó 170% do SMI | 30 |
5+ | Inferiores ó 200% do SMI | 30 |
Nº membros | Ingresos | Puntuación |
1 | Iguais ou superiores ó 75% e inferiores ó 100% do SMI | 25 |
2 | Iguais ou superiores ó 125% e inferiores ó 140% do SMI | 25 |
3 | Iguais ou superiores ó 150% e inferiores ó 160% do SMI | 25 |
4 | Iguais ou superiores ó 200% e inferiores ó 210% do SMI | 25 |
5+ | Iguais ou superiores ó 250% e inferiores ó 260% do SMI | 25 |
Nº membros | Ingresos | Puntuación |
1 | Iguais ou superiores ó 100% e inferiores ó 110% do SMI | 15 |
2 | Iguais ou superiores ó 140% e inferiores ó 160% do SMI | 15 |
3 | Iguais ou superiores ó 160% e inferiores ó 175% do SMI | 15 |
4 | Iguais ou superiores ó 210% e inferiores ó 225% do SMI | 15 |
5+ | Iguais ou superiores ó 260% e inferiores ó 275% do SMI | 15 |
Nº membros | Ingresos | Puntuación |
1 | Iguais ou superiores ó 110% e inferiores ó 125% do SMI | 5 |
2 | Iguais ou superiores ó 160% e inferiores ó 175% do SMI | 5 |
3 | Iguais ou superiores ó 175% e inferiores ó 190% do SMI | 5 |
4 | Iguais ou superiores ó 225% e inferiores ó 240% do SMI | 5 |
5+ | Iguais ou superiores ó 275% e inferiores ó 290% do SMI | 5 |
Nº membros | Ingresos | Puntuación |
1 | Superiores ó 125% do SMI | 0 |
2 | Superiores ó 175% do SMI | 0 |
3 | Superiores ó 190% do SMI | 0 |
4 | Superiores ó 240% do SMI | 0 |
5+ | Superiores ó 290% do SMI | 0 |
Vivenda:
Sumarase 2 puntos por cada ítem:
¿ Estructura en moi mal estado (deteriorada, problemas humidades...)
¿ Posúe barreiras arquitectónicas.
¿ A superficie da vivenda é insuficiente.
¿ Ten a vivenda illada do núcleo onde se emprazan os servicios (sanitarios, administrativos...)
15.-Soporte documental.
Para o desenvolvemento da prestación deste servicio se instrumentará :
Impreso Instancia-Solicitude.
Contrato usuario-Servicios Sociais sobre as tarefas a realizar pola auxiliar de axuda no fogar.
Compromiso do usuario de aceptación das condicións que rexen o servicio de Axuda no Fogar, así como autorización para a entrada no domicilio particular.
Ficha usuarios do Servicio.
Impreso Baixa voluntaria.
Informe sobre a baixa do Servicio.
Informe Social.
Disposición final.
A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 24 de abril de 2008, sendo de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2009, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.