Fene - ORDENANZA FISCAL N.º 15 REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DAS LICENZAS DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS

Publicación provisional: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Publicación definitiva: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Aplicable dende: 01/01/2009

FUNDAMENTO LEGAL

ARTIGO 1.º.
De conformidade co previsto no artigo 57 do RD Legislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establecece a taxa polo outorgamento das licenzas de apertura de establecementos.

FEITO IMPOÑIBLE

ARTIGO 2.º.
1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriáis e mercantís reunen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas e regulamentos muncipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como premisa previa para o outorgamento por este concello da licenza de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.
2.-A tal efecto, terá a consideración de apertura:
a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comenzo ás súas actividades
b) A variación ou ampliación da actividade desenrolada no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste, e que afecte ás condicións sinaladas no apartado primeiro deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.
3.-Entenderase por establecemento industrial ou mercantil, toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine, exclusivamente, a vivenda e que:
a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial, fabril, artesá, da construcción, comercial e de servicios
b) Ainda sen desenvolverse aquelas actividades, sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas de forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficiñas, despachos ou estudios.
4.-Os traspasos e cambios de titularidade dos establecementos por calquera causa, incluídos os cambios de denominación social, non terán a consideración de aperturas salvo que se precisara a adaptación dos mesmos as condicións legais e regulamentarias establecidas para a sua concesión, en cuio caso, a prestación do servicio conlevaria a existencia do feito impoñible.

SUXEITO PASIVO

ARTIGO 3.º.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenrolar ou, no seu caso, se desenrole en calquera establecemento industrial ou mercantil.

RESPONSABLES

ARTIGO 4.º.
1.-Respostarán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren o artigo 42.1 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43.1 apartados a),b),c) da nova Lei Xeral Tributaria 58/03.

DEVENGO

ARTIGO 5.º.
1.-Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuir, cando se inicie a actividade municipal que constitue o feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de apertura, si o suxeito pasivo formulase expresamente ésta.
2.-Cando a apertura tivera lugar sin ter obtido a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar si o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poda instruirse para autoriza-la apertura do establecemento ou decreta-lo seu peche, se non fora autorizable dita apertura.
3.-A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se verá afectada, en xeito algún, pola concesión da licenza condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licenza.

BASE IMPOÑIBLE E CUOTA TRIBUTARIA

ARTIGO 6.º.
1.-A base impoñible e liquidable do tributo estará constituida pola cota municipal mínima que corresponda á actividade no Imposto sobre Actividades Económicas.
2.-Esta determinación non será de aplicación nas aperturas susceptibles de incluir no apartado de tarifas especiáis, que deben suxetarse ás correspondentes tarifas de aplicación que figuran no apartado 7.3 desta Ordenanza.

TARIFA

ARTIGO 7.º.
As cuotas tributarias se determinarán dacordo coa seguinte:
1.-Tarifa primeira:
Para establecementos ou locais non suxetos ó Regulamento de Actividades Molestas, Insalubles, Nocivas e Perigosas, o tipo de gravame será o resultado de aplicar á tarifa anual que lle corresponda á actividade no imposto sobre actividades económicas os seguintes coeficientes correctores:
Rúas
Coeficiente corrector da tarifa xeral
Categoría A
2.82
Categoría B
2.35
Categoría C
2.13
Categoría D
1.93
A correspondencia das anteriores categorías coa zonificación que figura no anexo da Ordenanza Fiscal Xeral é a seguinte:
Categoría A.-Correspóndense coa zona industrial (número 8)
Categoría B.-Correspóndense coas zonas 1 ,2, 3
Categoría C.-Correspóndense coas zonas 4, 5, 6
Categoría D.-Correspóndense coas zona rural (número 7)
2.-Tarifa segunda.
As actividades molestas, insalubles, nocivas e perigosas reguladas según o artigo 2.º do Regulamento do mesmo nome, aprobado por Decreto 2414/61, de 30 de novembro, pagarán o triplo da cota anual que lle correspondera pola aplicación do imposto de actividades económicas según a catalogación.
3.-Tarifas especiais.
a) Cando se solicite a apertura dun local que teña instaladas máquinas electrónicas, eléctricas ou mecánicas de xogo, ademais da aplicación das tarifas contidas no primeiro e segundo párrafo do artigo 7.º desta ordenanza, según o caso, abonaranse por unidade de máquina instalada:
Aparatos mecánicos sen propósito de lucro
50.50
Máquinas electrónicas ou eléctricas sen propósito de lucro
92.75
Máquinas con propósito de lucro
232.25
b) Tarifa Especial correspondente ós establecementos que a continuación se indican:
Pagarán o importe resultante de aplicar á tarifa anual que corresponda á actividade no imposto sobre actividades económicas, os coeficientes correctores seguintes, según a agrupación no devandito imposto:
Agrupación en tarifas do I.A.E.
Coeficiente
corrector da
tarifa xeral
AGRUPACIÓN 65: comercio ó por menor de productos industrias non alimenticios,
realizados en establecementos permanentes.
GRUPO 655: comercio al por menor de combustibles, carburantes e lubricantes (gasolinera)
6.55
AGRUPACION 66: comercio mixto ou integrado.
GRUPO 661: comercio mixto ou integrado en grandes superficies
5.45
AGRUPACIÓN 67: servicio de alimentación.
GRUPO 671: servicios en restaurantes
4.35
AGRUPACIÓN 68: servicio de hospedaxe.
GRUPO 681: servicio de hospedaxe en hotéis e motéis
4.35
AGRUPACIÓN 69: reparacións.
GRUPO 691: amaño de vehículos automóviles e outros artigos e bens de consumo
4.35
AGRUPACIÓN 81: institucións financieiras. GRUPO 811: banca
GRUPO 812: caixas de aforro
GRUPO 819: outras institucións financieiras
3.25
AGRUPACION 96: servicios recreativos e culturais.
GRUPO 965: expectáculos (excepto cine e deportes).
GRUPO 969: outros servicios recreativos (salas de baile e discotecas).
5.45
A liquidación según as tarifas especiais non poderá ser inferior á resultante da aplicación, para a actividade de que se trate, do procedimento previsto no artigo 7, apartados 1 e 2 desta ordenanza.
c) Tarifa especial polo feito de apertura ou funcionamento de tres ou mais máquinas electrónicas, eléctricas ou mecánicas de xogo, no mesmo local e esta constitúa a súa actividade principal:
En calquera categoría: 1683.10 €
Se por calquera circunstancia o establecemento estivera exento do imposto sobre actividades económicas a cota mínima a aplicar, en tódolos casos establécese en 199.10 €

BENEFICIOS FISCAIS

ARTIGO 8.º.
Non se recoñecerá beneficio tributario algún, agás ó Estado, Comunidade Autónoma e Provincia a que pertence este concello e os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados e Acordos Internacionais.

NORMAS DE XESTIÓN, ADMINISTRACION E COBRANZA

ARTIGO 9.º.
1.-Os solicitantes de licencias para a apertura, cambio e reforma de establecementos, acompañarán xustificante do alta ou recibo do Imposto de Actividades Económicas, declarando a cota anual que se terá de satisfacer ó Tesouro polo establecemento de que se trata sen prexuizo da base real pola que lle corresponda clasificarse, ou aqueles outros documentos xustificativos das circunstancias que houberan de servir de base para a liquidación da taxa.
No caso da tramitación de baixas ou cambeo de titularidade os suxeitos pasivos deberán acompañar xustificante de non ter contraidas débedas coa Facenda Municipal.
No momento de presentación da solicitude efectuarase unha liquidación provisoira que terá carácter de depósito previo e que se elevará a definitiva unha vez concedida a correspondente licencia ou autorización, previas as comprobacións que procederan por parte dos servicios municipais.
2.-Mentras que o expediente non se someta á comprobación, por parte dos servicios técnicos, os interesados poderán renunciar expresamente á licenza solicitada, devolvendose o 100 por 100 da cuota satisfeita por dereitos de licenza, previa comprobación de que as obras non foron iniciadas. Noutro caso, non haberá lugar a practicar reducción algunha.
3.-Consideraranse caducadas as licenzas se despóis de concedidas, transcorren máis de tres meses sen producirse a apertura dos locais ou, si despóis de aberto, se pechasen novamente por período superior a seis meses consecutivos.

INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

ARTIGO 10.º.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden, en cada caso, estarase ó disposto no artigo 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspeccion, Xestion e Recadacion

DISPOSICIÓN FINAL. APROBACIÓN E VIXENCIA

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación no exercicio 2009 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.