Brión - REGULAMENTO ORGÁNICO

Publicación provisional: 10/11/2008 BOP Nº: 259
Publicación definitiva: 11/03/2009 BOP Nº: 57
Aplicable dende: 30/03/2009

Artigo1.

O presente Regulamento Orgánico ten por obxecto facer efectiva a potestade de autoorganización que recoñecen aos municipios os artigos 4.1.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 59.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia. A tal efecto:
Primeiro.- Completa as normas que para o funcionamento do pleno do concello prevén a Lei 7/1985 e mais o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (aprobado por Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro).
Segundo.- Establece o réxime de sesións e funcionamento da xunta de goberno local.
Terceiro.- Establece a constitución, réxime de funcionamento e composición dos órganos complementarios dentro dos límites previstos no artigo 20, apartados 1.c) e 3 da Lei 7/1985, e no artigo 59.3 da Lei 5/1997.
No non previsto neste Regulamento estarase ao disposto polas disposicións de carácter xeral que regulen o réxime de organización e de funcionamento das entidades locais.

Sección 1.ª.- Réxime de sesións, convocatoria e orde do día.

Artigo 37.

 A xunta de goberno local, constituída nos termos e dentro dos límites previstos no artigo 20.1 b) en relación co 23 da Lei 7/1985, estará integrada polo alcalde e un número de concelleiros non superior ao tercio do número legal dos mesmos, nomeados ou separados libremente por aquel, dándolle conta ao pleno.

Artigo 47.

O alcalde é o xefe superior da administración municipal e de todos os servizos, presidente do concello, da xunta de goberno local e dos demáis órganos complementarios, asumindo as competencias que lle atribúe a lei.

Artigo 52.

As comisións informativas asumirán, cada unha na súa área de competencias, as funcións de estudo, informe ou consulta dos asuntos que deban ser sometidos á decisión do pleno. Sen prexuízo de que en cada caso calquera outro órgano competente para resolver un asunto o someta a estudo previo da comisión informativa que corresponda. As comisións informativas, unha vez constituídas, funcionarán con continuidade, correspondendo ao pleno do concello a fixación da periodicidade das reunións. As comisións terán lugar como prazo mínimo o día anterior á celebración do pleno.

Artigo 64.

Os concelleiros, para os efectos da súa actuación corporativa constituiranse en grupos, que se corresponderán cos partidos políticos, federacións, coalicións ou agrupacións que obtivesen postos na Corporación.
Ten carácter de grupo político municipal a asociación de concelleiros para:
- O exercicio de funcións de mediación en relación co electorado e os órganos de goberno municipal.
- Apoio para o desempeño de dereitos e deberes dos membros corporativos.
- Canle de información e defensa de opinión común en asuntos municipais.
As funcións e atribucións dos grupos políticos entenderase sen prexuízo das que a lexislación de réxime local atribúa aos órganos municipais e aos membros da Corporación.

Artigo 2.

A organización municipal axustarase ás seguintes regras:
Primeiro.- Son órganos básicos da organización municipal: o alcalde, os tenentes de alcalde, a xunta de goberno local e o pleno.
Segundo.- Son órganos complementarios dos anteriores: as comisións municipais informativas, a comisión especial de contas e as demais comisións que para cometidos específicos se poidan constituír.

Artigo 3.

O Pleno celebrará sesión ordinaria cada dous meses, o terceiro mércores dos meses pares ( febreiro, abril, xuño, agosto, outubro e decembro) ás 13 horas. O Pleno correspondente ao mes de agosto trasladarase ao primeiro mércores do mes de setembro. En casos excepcionais e debidamente xustificados poderá adiantarse ou retrasarse pola Alcaldía a celebración do Pleno ordinario un máximo dunha semana, debendo en todo caso o Pleno como primeiro punto da orde do día ratificar a decreto da Alcaldía de cambio do día de celebración. No caso de coincidir en festivo transladaráse ao día inmediato hábil posterior.

Artigo 38.

A xunta de goberno local asume, segundo o artigo 23.2 da Lei 7/1985, as seguintes competencias:
Propias.- A asistencia e asesoramento permanente ao alcalde no exercicio das súas funcións.
Delegadas.- As que lles atribúa, ben sexa o alcalde, ou o pleno dentro da esfera das súas competencias, en ámbolos dous casos dentro dos límites previstos no artigo 21.3 e 23.2 b) da Lei 7/1985.
Aquelas outras atribucións que lle confiran as leis.

Artigo 48.

Consonte o artigo 23 da Lei 7/1985, correspóndelle ao alcalde nomear aos tenentes de alcalde de entre os membros da xunta de goberno local. Asimesmo, correspóndelle o nomeamento e cese dos membros da xunta de goberno local.

Artigo 53.

A corporación, a proposta do alcalde, establecerá o número e denominación das comisións informativas, así como o número de membros que deberán integralas. Os vocais das comisións serán designados polo pleno do concello de conformidade coas propostas formuladas polos voceiros dos distintos grupos municipais, en proporción ao número de concelleiros de cada un deles.

Artigo 65.

Cada partido político, federación, coalición ou agrupación constituirá un único grupo. Ninguén pode pertencer simultaneamente a máis dun grupo.
Para constituir grupo político municipal requirirase un mínimo de 2 concelleiros. Sen prexuízo do disposto no parágrafo seguinte:
O grupo mixto estará constituído polos concelleiros que, tendo sido elixidos por unha determinada lista electoral, non tivesen acadado o número de concelleiros suficientes para constituir grupo propio. En consecuencia, os grupos políticos municipais constitúense en función da lista electoral pola que foron elixidos. Non se poderá abandonar o grupo político municipal ao que inicialmente se pertencía para posibilitar a constitución dun grupo mixto. En tales supostos, os afectados terán a condición de concelleiros con adscritos.
A efectividade do abandono do grupo político municipal ao que pertencían, será desde a data de presentación do escrito no Rexistro Xeral do Concello.

Artigo 4.

En cumprimento do artigo 46.2.a) da Lei 7/1985, as sesións extraordinarias son aquelas que convoca o alcalde con tal carácter e por propia iniciativa ou cando o solicite a cuarta parte polo menos do número legal de membros da corporación, sen que ningún concelleiro poida solicitar máis de tres anualmente. A sesión extraordinaria demandada polos concelleiros non poderá demorarse por máis de quince días hábiles desde que fora solicitada, non podendo incorporarse o asunto que se pretende tratar á orde do día dun pleno ordinario ou de outro extraordinario con máis asuntos, se non o autorizan expresamente os solicitantes da convocatoria.
Se o presidente non convocase o pleno extraordinario solicitado polo número de concelleiros indicados dentro do prazo sinalado, quedará automaticamente convocado para o décimo día hábil seguinte ao do remate de dito prazo, ás doce horas, o que lles será notificado pola secretaría da Corporación a todos os membros da mesma o día seguinte da finalización do prazo citado anteriormente.

Artigo 39.

A Xunta de Goberno Local, para exercer as súas competencias resolutorias, celebrará sesión ordinaria todos os martes, a contar desde a data da sesión constitutiva da Xunta de Goberno Local, ás 14 horas, agás que por causas xustificadas se adiantase ou atrasase a hora pola Alcaldía. No caso de coincidir en festivo transladaráse ao día inmediato hábil posterior.

Artigo 49.

Segundo o artigo 23.4 da Lei 7/1985, e dentro dos límites previstos no artigo 21.3, o alcalde pode delegar o exercicio de determinadas atribucións nos membros da xunta de goberno local, sen prexuízo das delegacións especiais que para cometidos específicos poida realizar en calquera concelleiro, aínda que non pertenza á xunta de goberno local.

Artigo 54.

O alcalde é presidente nato de todas as comisións. A secretaría das comisións informativas correspóndelle ao secretario do concello ou funcionario en quen delegue.
Ás sesións poderán asistir os funcionarios ou os técnicos da corporación que sexan requeridos pola propia comisión para o só efecto de informaren sobre os asuntos da súa competencia dos que estea coñecendo a comisión.

Artigo 66.

En ningún caso poderá constituirse en grupo político municipal separado os concelleiros que pertenzan a unha mesma lista electoral. Será posible, non obstante, a súa baixa nun grupo político municipal e desde este momento terá a consideración de concelleiro non adscrito. Así mesmo, pasará á condición de concelleiro non adscrito, aquel concelleiro que sexa expulsado do seu grupo municipal.
Os concelleiros que non pertenzan a ningún grupo político municipal terán a consideración de concelleiros non adscritos.
A consideración dun concelleiro como non adscrito non minguará, en ningún caso, os dereitos e obrigas que en canto a participación na organización municipal corresponde a todo concelleiro de acordo co artigo 20 da Lei 7/1985. Singularmente, terán o dereito de asistir ás comisións informativas convocadas de acordo co previsto neste regulamento, e terán nestas dereito de voto.

Artigo 5.

Segundo resulta do artigo 46.2.b) da Lei 7/1985, son sesións extraordinarias de carácter urxente as convocadas polo alcalde cando a urxencia do asunto ou asuntos a tratar non permita convocar a sesión extraordinaria con antelación mínima de dous días soltos esixida en dito precepto. Neste caso, incluirase como primeiro punto da orde do día o pronunciamento do pleno sobre da urxencia. Se esta non resulta apreciada por maioría do mesmo, levantarase acto seguido a sesión.

Artigo 40.

As sesións da xunta de goberno local non serán públicas, pero expoñerase no taboeiro de anuncios do concello un estracto da acta de cada sesión, no que constarán os acordos adoptados.
Os concelleiros recibirán as actas de todas as sesións que celebre a xunta de goberno local. A entrega das mesmas realizarase antes dos dez días cumpridos desde a realización da sesión.

Artigo 50.

De acordo có previsto no artigo 23.3 da Lei 7/1985, os tenentes de alcalde substitúen ao alcalde pola orde do seu nomeamento nos casos de vacante, ausencia e enfermidade.
Tal e como establece o artigo 62.2 da Lei 5/1997, o número de tenentes de alcalde non poderá sobordar o dos membros da xunta de goberno local.

Artigo 55.

O pleno da corporación poderá nomear comisións especiais para informar ou estudar asuntos específicos que se lle sometan de forma coxuntural, recaendo a presidencia no concelleiro designado ao efecto. O carácter destas comisións especiais non será permanente, disolvéndose ao rematar o traballo asignado.
Isto sen prexuízo do réxime peculiar da comisión especial de contas, prevista no artigo 116 da Lei 7/1985, que se rexerá supletoriamente por este Regulamento, e que se reunirá denantes do primeiro de xuño de cada ano para dictaminar a conta do exercicio anterior.

Artigo 67.

Os membros da Corporación que adquiran a súa condición con posterioridade á sesión constitutiva desta deberán incorporarse ao grupo correspondente á lista na que fosen elixidos, ou, no seu caso, ao grupo mixto.

Artigo 6.

De acordo co artigo 70.1 da Lei 7/1985, as sesións do concello pleno serán públicas. Mais poderán ser segredos o debate e a votación daqueles asuntos que poidan afectar ao dereito fundamental dos cidadáns a que se refire o artigo 18.1 da Constitución, cuando así o acorde o pleno por maioría absoluta.

Artigo 41.

O alcalde convocará as sesións da xunta de goberno local, tanto ordinarias como extraordinarias, con vintecatro horas de antelación como mínimo. Non obstante, cando concorran circunstancias de urxencia, que serán motivadas, poderá a presidencia convocar a xunta de goberno garantindo a citación aos seus membros con tempo suficiente para que comparezan a súa celebración.

Artigo 51.

As funcións do alcalde non poderán ser asumidas polos tenentes de alcalde sen delegación expresa, salvo vacante ou causa imprevista.

Artigo 56.

As comisións deberán ser consultadas en todos os asuntos correspondentes á competencia do pleno, salvo cando deban adoptarse acordos declarados urxentes.
O seu cometido limitarase ao estudo e preparación dos asuntos, emitindo ditames motivados con propostas de acordos.

Artigo 68.

Os concelleiros que non figuren integrados no grupo político constituído polos concelleiros escollidos na candidatura da súa formación política, que abandonen o seu grupo ou sexan expulsados do mesmo, terán a condición de concelleiros non adscritos.
Estes concelleiros, calquera que sexa o seu número, non poderán integrarse noutro grupo político nin constituílo, pola que a súa actuación corporativa desenvolverase de xeito illado.
O concelleiro non adscrito soamente terá aos dereitos económicos e políticos que individualmente lle correspondan como membro da Corporación e estes, en ningún caso, podrán ser superiores aos que lle corresponderían de permanecer no grupo de procedencia.
Os concelleiros que adquiran a súa condición con posterioridade á sesión constitutiva da Corporación deberán incorporarse ao grupo político formado pola lista na que fosen escollidos. En caso contrario, terán a condición de concelleiros non adscritos.
Cando un concelleiro adquira a condición de non adscrito darase conta ao Pleno, ben polo interesado ou ben polo voceiro do grupo ao que perencese. Serán os concelleiros que permanezan en dito grupo político os lexítimos integrantes desta a todos os efectos.

Artigo 7.

As sesións do concello pleno, tanto ordinarias como extraordinarias, respectarán o principio de unidade de acto. Polo tanto, non se darán por concluídas ata que sexa tratada a totalidade dos asuntos contados na orde do día. Non obstante, han rematar dentro do mesmo día en que comecen.

Artigo 42.

Os acordos da xunta de goberno local adoptaranse sempre por maioría simple dos membros presentes. Existe maioría simple cando os votos afirmativos son máis cos negativos. En caso de empate, decide o voto de calidade da presidencia se, efectuada unha segunda votación, persiste o empate.

Artigo 57.

As comisión comunicaranse simultaneamente coa convocatoria do pleno cuxos asuntos teñan que ditaminar. A orde do día será preparada polo secretario da comisión, que someterá á consideración do presidente todos os asuntos da súa competencia que estean pendentes de estudo.
Tamén se poderán tratar asuntos non incluidos na orde do día sempre que sexan declarados urxentes, para o que se requerirá o voto favorable da maoiría dos membros da comisión.

Artigo 8.

Consonte o artigo 46.2.b), as sesións ordinarias e extraordinarias do pleno deberán convocarse cunha antelación mínima de dous días soltos ao fixado para a sesión. Remesarase coa convocatoria a orde do día comprensiva dos asuntos que se vaian tratar e mais unha copia da acta da sesión anterior.
As sesións celébranse en segunda convocatoria corenta e oito horas despois da sinalada para a primeira.

Artigo 43.

Os asuntos que se sometan á xunta de goberno local non requerirán o ditame previo da comisión informativa, salvo que así o estableza a propia xunta de goberno local para casos específicos ou con carácter xeral para materias determinadas.

Artigo 58.

Correspóndelle ao presidente asegurar a boa marcha dos traballos da Comisión, dirixir os debates e manter a orde dos mesmos.

Artigo 9.

Consonte o artigo 214 da Lei 5/1997, as sesións do pleno celebraranse na Casa do Concello, salvo casos de forza maior, nos que se poderá habilitar un edificio a tal efecto, dentro do ámbito territorial da Corporación. Na convocatoria deberá xustificarse este extremo e especificar o lugar de celebración.

Artigo 44.

Os acordos que adopte a xunta de goberno local no ámbito das súas competencias terán a mesma eficacia cos do Concello pleno.
Non obstante, cando se trate de competencias delegadas, o acordo de delegación poderá establecer mecanismos de dirección e control polo órgano delegante.

Artigo 59.

As comisións quedarán validamente constituídas cando asistan alomenos tres membros en primeira convocatoria
En segunda convocatoria, que será unha hora despois da sinalada para a primeira, constituirase cos membros que asistan, pero como mínimo terá que asistir o presidente, un vocal e o secretario.

Artigo 10.

En cumprimento do disposto no artigo 46.2.b) da Lei 7/1985, a partir da convocatoria, os concelleiros terán a súa disposición os expedientes e cantos antecedentes se relacionen cos asuntos que figuran na orde do día, na secretaría do concello, de onde non poderán saír os documentos.

Cando os membros da corporación necesiten que se poña de manifesto calquera outro expediente ou documento que obre nas dependencias municipais, deberán solicitalo da alcaldía.

Artigo 45.

As sesións da xunta de goberno local asistirán, cando sexa requerida a súa presencia, os funcionarios ou técnicos municipais ao só efecto de informar da súa competencia. En todo caso é imprescindible a asistencia do secretario.

Artigo 60.

Ningunha comisión poderá deliberar sobre asuntos da competencia doutra, salvo que se trate de problemas comúns ou para propoñer a adopción dun ditame ou informe sobre un asunto determinado. Non obstante, poderán convocarse reunións conxuntas de dúas ou máis comisións informativas para tratar asuntos comúns.

Artigo 11.

O alcalde é o presidente nato do concello pleno. En caso de vacante, ausencia, enfermidade ou impedimento de calquera clase, o alcalde será substituído polos tenentes de alcalde segundo a orde de prelación sinalada na resolución de nomeamento.

Artigo 46.

A xunta de goberno local, como órgano corporativo, rexerase, no non expresamente establecido neste Regulamento orgánico, polas normas propias de funcionamento dos restantes órganos corporativos e fundamentalmente polas normas de funcionamento do pleno.
Para a súa válida constitución requírese a asistencia do tercio do número legal de membros da mesma. Este quórum deberá manterse toda a sesión.

Artigo 61.

Os ditames adoptaranse por maioría de votos dos membros asistentes e serán asinados polo presidente da comisión.
En caso de empate, o voto do presidente terá a condición de voto de calidade se, efectuada unha segunda votación, persiste o empate.
O vocal que disinta do ditame poderá pedir que conste o seu voto en contra ou formular o seu voto particular.
Só se poderán defender no pleno aqueles votos particulares que se tivesen formulado en Comisión, agás que algún grupo ou concelleiro reserve o seu pronunciamiento para o Pleno.

Artigo 12.

Para a válida constitución do pleno requírese, consonte o artigo 46.2.c) da Lei 7/1985, a asistencia dun tercio do número legal de membros da Corporación, que nunca poderá ser inferior a tres. Este quórum deberá manterse durante toda a sesión. En todo caso, é necesaria a asistencia do presidente e do secretario da Corporación ou de quen legalmente os substitúan.

Artigo 62.

De cada sesión que celebren as comisións informativas, estenderase polo secretario acta na que consten os nomes dos vocais asistentes, asuntos examinados e ditames emitidos, sen prexuízo de que tamén se recolla un extracto das intervencións producidas.
Os ditames das comisións serán redactados polo secretario da mesma.

Artigo 13.

Correspóndelle ao presidente asegurar a boa marcha das sesións, dirixir os debates e manter a orde dos mesmos, conforme ao disposto neste Regulamento e nas disposicións de carácter xeral que sexan de aplicación.
As dúbidas que puidesen xurdir na aplicación deste Regulamento serán resoltas polo alcalde, ouvido o secretario, se así o estimase pertinente.

Artigo 63.

As actas serán arquivadas con numeración correlativa, e os ditames ou propostas da Comisión levaranse ao expediente que corresponda.

Artigo 14.

O alcalde, para o mellor exercicio das súas competencias, poderá requerir a opinión dos portavoces dos grupos municipais en relación coa convocatoria, celebración, incidencias e desenvolvemento dos debates do pleno.
A orde do día componse da relación dos asuntos que se teñen que tratar na sesión. A súa elaboración correspóndelle ao alcalde e comprenderá:
a) A aprobación da acta da sesión anterior.
b) Informe de decretos da alcaldía.
c) Os ditames e proposicións con expedientes informados pola comisión informativa correspondente. Dado que na orde do día non se poden ser incluídos os asuntos previamente determinados, informados ou sometidos á consulta da comisión informativa que corresponda, a Alcaldía garantirá que todas as proposicións presentadas polos grupos políticos con cinco días naturais de antelación á celebración do Pleno serán tratadas polas Comisións informativas correspondentes.
d) Mocións (o dito no artigo 32).
e) Rogos e preguntas.

Artigo 15.

Aberta a sesión do concello pleno, procederáse á aprobación da acta anterior recepcionada polos señores concelleiros xunto coa convocatoria da sesión, quedando aprobada se así o manifestase a Corporación. A reseñar en cada acta a aprobación da anterior, faranse constar as observacións ou reparos formulados.
En ningún caso se poderá modificar o fondo dos acordos adoptados e só se poderán subsanar os meros erros materiais ou de feito.

Artigo 16.

O estudio dos asuntos iniciarase coa lectura polo secretario da corporación de cada un dos puntos da orde do día e dos ditames elaborados polas comisións. Se ninguén pedira a palabra, pasará automáticamente a votación.

Sección 2.ª.- Debate e intervencións.

Artigo 17.

Aberto o debate, o alcalde concederalle a palabra ao concelleiro ou concelleiros de cada grupo que a tivesen pedida, por tempo que non poderá exceder de cinco minutos por grupo e asunto, para que expoñan as alegacións que estimen convenientes sobre do asunto a tratar.
O comezo do debate corresponderá ao grupo ou grupos municipais da oposición e contestarase polo grupo ou grupos que integren o equipo de goberno.

Artigo 18.

Os concelleiros que consumiran a súa quenda poderán volver a usar a palabra para rectificaren concisamente, e por unha soa vez, os feitos ou conceptos que se lle tiñesen atribuído. A estes efectos, o alcalde concederalles a palabra por un tempo máximo de tres minutos.

Artigo 19.

Cando, a xuízo da presidencia, no desenvolvemento dos debates se fixeran alusións que impliquen xuízos de valor ou inexactitudes sobre a persoa ou a conducta dun concelleiro ou dun grupo municipal, poderá concedérselle ao aludido ou ao portavoz do grupo o uso da palabra para que, sen entrar no fondo do asunto, conteste estritamente ás alusións, podendo ser replicado polo autor das mesmas.
Cada unha destas intervencións non poderá exceder de dous minutos. En caso contrario, o alcalde poderá retirarlle o uso da palabra.

Artigo 20.

Os concelleiros, ao facer uso da palabra, dirixiranse sempre á corporación e non a un individuo ou fracción da mesma.
Necesitarán a venia do presidente para facer uso da palabra e poderán cederse entre si a quenda que lles corresponda.
Non se admitirán nos debates outras interrupcións que as do presidente para chamar ao orde ou á cuestión debatida cando os concelleiros se desvíen ou entren en digresións extrañas ao tema de que se trate ou volvan sobre o xa discutido e aprobado.

Artigo 21.

O presidente poderá reducir ou ampliar os tempos de intervención nos debates en razón da importancia ou da trascendencia do asunto.

Artigo 22.

En calquera estado do debate, calquera concelleiro poderá pedir que se cumpra o presente regulamento. A este efecto, deberá citar o artigo ou artigos dos que reclame a súa aplicación. Non cabe por este motivo debate ningún, debendo acatarse á resolución que a presidencia adopte á vista da alegación presentada.
Calquera concelleiro poderá pedir tamén durante a discusión ou antes de votar a lectura dos documentos que crea conducentes á ilustración da materia de que se trate. A Presidencia poderá denegar as lecturas que considere non pertinentes ou innecesarias.

Artigo 23.

En canto o alcalde considere un punto suficientemente debatido, pasarase á votación. Unha vez iniciada a votación, non poderá interromperse por ningún motivo.
A adopción de acordos prodúcese, segundo o artigo 46.2.d) da Lei 7/1985, mediante votación ordinaria, salvo que o propio pleno acorde, para un caso concreto, a votación nominal. O quórum requerido para esta votación é de maioría simple.

Artigo 24.

Antes de iniciar a votación, o presidente formulará de xeito claro e conciso os térmos da mesma, así como a forma de emitir o voto. Iniciada a votación, non se pode interromper por ningún motivo e ningún membro poderá entrar no salón ou abandonalo. O voto é persoal e indelegable.
Rematada a votación ordinaria, o alcalde declarará o acordado.
Nos casos de votación nominal ou segreda, unha vez concluída ésta, o secretario computará os votos emitidos e anunciará o resultado, á vista do que o presidente declarará o acordo adoptado.

Artigo 25.

Consonte o artigo 47.1 da Lei 7/1985, os acordos, salvo nos supostos nos que a lei esixa un quórum especial, adoptaranse por maioría simple dos membros presentes. Existe maioría simple cando os votos a favor son máis cós votos en contra.
De acordo co artigo 46.2.d) da Lei 7/1985, o voto pode emitirse en sentido afirmativo ou negativo, podendo os membros da corporación absterse de votar. A ausencia dun ou varios concelleiros unha vez iniciada a deliberación dun asunto equivale, a efecto da votación correspondente, á abstención.
En caso de votación con resultado de empate, efectuarase unha nova votación e, se persiste o empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

Artigo 26.

Nas sesións ordinarias, finalizado o debate e votación dos asuntos comprendidos na orde do día, entrarase no coñecemento, no seu caso, daqueles outros que por razón de urxencia fosen entregados na alcaldía antes do comezo da sesión.
Antes de entrar no debate, o asunto deberá ser declarado urxente co voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación.

Artigo 27.

Consideraranse incidentes graves as frases ofensivas para os propios interlocutores, persoas ou institucións públicas.

Artigo 28.

Cando a presidencia se considere na necesidade de chamar á orde a algún concelleiro por incorrer nos feitos do artigo anterior, ao reiterarlle por dúas veces, poderalle ser retirada a palabra se prexuizo de concederlla de novo para que se disculpe ou xustifique o incidente.

Artigo 29.

O público presente nas sesións gardará silencio e corrección cidadáns. No caso de alteración pública do orde, a presidencia poderá declarar que, desde aquel intre, se constitúe o concello en sesión segreda.

Sección 3.ª.- Ditames, proposicións, mocións, rogos e preguntas.

Artigo 30.

Ditame é a proposta sometida ao pleno tralo estudo de expediente pola comisión informativa. Contén unha parte expositiva e un acordo a adoptar.

Artigo 31.

Proposición é a proposta que se somete ao pleno e que se refire a un asunto incluido na orde do día, que contén igualmente unha parte expositiva e unha xustificación do acordo a adoptar, pero sen ser sometido a un previo estudo da comisión informativa. Non se poderá entrar a debater nin a votar unha proposta sen que se ratificara a súa inclusión na orde do día.

Artigo 32.

Poderanse formular por escrito ou de palabra mocións sobre asuntos urxentes non comprendidos na orde do día. Xustificarase a urxencia votando o pleno acerca da súa procedencia. Para unha maior eficacia e poder adicarlle o tempo preciso ao coñecemento e debate das mocións, reducirase o número de presentación destas a un máximo de catro por cada grupo político.
Exclúense deste réxime as mocións de censura que se tramitarán polo procedemento establecido na lexislación electoral xeral.
Tamén a alcaldía poderá presentar ao pleno unha cuestión de confianza de acordo co disposto na lexislación electoral xeral.

Artigo 33.

Calquera membro dunha comisión que non estea de acordo co ditame emitido por ésta, pode formular por escrito un voto particular, que se engadirá. Tamén pode formular unha emenda ao ditame por escrito presentado ao presidente denantes de comezar a deliberación do asunto.

Artigo 34.

Os concelleiros poderán formular peticións ou rogos nas sesións ordinarias do pleno, ao remate destas, en demanda dunha actuación municipal. Poden ser discutidos, mais non votados, e terán que ser anunciados ao alcalde denantes de cada sesión.

Artigo 35.

As preguntas poden ser feitas tamén ao remate dunha sesión ordinaria e aquel órgano ou persoa ás que van dirixidas poderán optar entre respostalas de contado ou na seguinte sesión, tamén ordinaria. Se as preguntas foron formuladas por escrito con cinco días naturais de antelación á celebración do Pleno, deben ser contestadas no momento.

En cada sesión ordinaria poderá presentarse un máximo de dez preguntas por escrito e tres verbais por cada grupo.

Artigo 36.

Non será admitida polo alcalde a pregunta de exclusivo interese persoal de quen a formule ou de calquera outra persoa singularizada.

TITULO PRELIMINAR.- DISPOSICIONS XERAIS

TITULO PRIMEIRO.- O PLENO DO CONCELLO

TITULO SEGUNDO.- XUNTA DE GOBERNO LOCAL

TITULO TERCEIRO.- O ALCALDE E OS TENENTES DE ALCALDE

TITULO CUARTO.- ORGANOS COMPLEMENTARIOS

TITULO QUINTO.- DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS

Disposición Final. Entrada en vigor

Consonte o previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, o presente Regulamento non entrará en vigor ata que se teña publicado completamente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 (15 días hábiles a partir da recepción polas Administracións estatal e autonómica do acordo de aprobación definitiva).