Cariño - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTÁCULOS OU ATRACCIÓNS SITUADAS EN TERREO DE USO PÚBLICO E INDUSTRIAS NA RÚA E AMBULANTES.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de reordenación das Prestacións Patrimoniais de carácter público, este Concello establece a "Taxa por Postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreo de uso público e industrias na rúa e ambulantes", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, na que súas normas atenden ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreo de uso público e industrias na rúa e ambulantes, de conformidade co disposto no artigo 20.3.n) da Lei 39/1988.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos da presente Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local, a favor das cales se outorguen as licencias, ou quen se beneficie do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.
Artigo 4.º .-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os Administradores das Sociedades e os Síndicos, Interventores ou liquidadores de quebras, concursos, Sociedades e Entidades en xera, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria
1. A cota tributaria correspondente á Taxa regulada na presente Ordenanza será a seguinte:
A. Postos, barracas, casetas de venda, industrias na rúa ou ambulantes: 100 pesetas m2/día.
B. Espectáculos ou atraccións en terreo de uso público, de carácter non cultural: 500 pesetas m2/día.
2.-Normas de aplicación das Tarifas:
A) As contías esixibles de acordo coa tarifa, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou efectivamente realizado.
B) As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza fiscal, deberán solicitar previamente a correspondente Licencia e realiza-lo depósito previo a que se refire o artigo 26.1.a) da lei 39/1988, de 28 de decembro, na redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo.
C) As Licencias para os aproveitamentos regulados na presente Ordenanza, concederanse inicialmente polo prazo indicado na solicitude de licencia; unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada por días naturais, mentres non se presente a declaración de baixa.
D) A presentación da baixa terá efectos a partir do día seguinte ó da súa presentación. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar abonando a Taxa.
Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente taxa.
Artigo 7º .-Devengo e período impositivo.
1.-O período impositivo coincide co ano natural
2.-O devengo da taxa prodúcese de seguinte xeito:
A) Tratándose de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de inicia-lo aproveitamento do dominio público local, previa solicitude e concesión da correspondente licencia.
B) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, as cotas devengaranse o primeiro día de cada trimestre natural, salvo que o devengo da taxa se producise con posterioridade a dita data, e sendo así, a primeira cota devengarase o primeiro día do trimestre seguinte.
Artigo 8.º .-Normas de xestión.
1.-De conformidade co previsto no artigo 24.5 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, na súa redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, cando a utilización privativa ou aproveitamento especial regulados na presente Ordenanza leven aparelladas a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ó depósito previo do seu importe.
Se os danos fosen irreparables, o Concello será indemnizado en contía igual ó valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos danados.
O Concello non poderá condonar total ou parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente apartado.
2.-As cantidades esixibles con arreglo ás Tarifas se liquidarán por cada aproveitamento solicitado ou realizado.
3.-As persoas interesadas ma concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia.
4.-Non se consentirá ningunha ocupación de terreos de uso público ata que non se teña aboado e obtido polos interesados a licencia correspondente, de conformidade co previsto no artigo 26.1.b) da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
Artigo 9.º .-Declaración de ingreso.
1.-As utilizacións privativas e aproveitamentos especiais derivados da ocupación de terreos de uso público por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións e industrias na rúa e ambulantes suxeitos á presente Taxa levaranse a cabo a instancia de parte.
2.-O pagamento da presente Taxa realizarase:
a) Tratándose de autorizacións de novos aproveitamentos ou de aproveitamentos con duración limitada, as cotas serán obxecto de liquidación por ingreso directo, unha vez concedidas as correspondentes Licencias, na Tesourería Municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia, de conformidade co establecido no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
b) Tratándose de autorizacións xa concedidas e prorrogadas sen duración limitada, unha vez incluídas nos correspondentes padróns ou matrículas deste Taxa, as cotas serán obxecto de liquidación de ingreso por recibo nas Oficinas de Recadación Municipal ou Entidades Colaboradoras sinaladas ó efecto e durante o prazo establecido polo Concello no seu calendario fiscal.
3.-Os titulares das licencia poderán solicitar ou aprazamento ou fraccionamento do pago dentro do período voluntario establecido ó efecto, para cotas trimestrais superiores a .... euros, sempre que o pago total das mesmas se produza no mesmo exercicio do seu devengo.
4.-O Concello non esixirá xuro de demora nos acordos de aprazamento ou fraccionamento de pago, solicitados polos titulares e concedidos de acordo co establecido no punto anterior.
Artigo 10.º .-Xestión, liquidación, inspección e recadación.
1.-A xestión, liquidación, inspección e recadación, así como a revisión dos actos dictados na vía de xestión tributaria corresponde a o Concello de Cariño, de conformidade co disposto na Lei Xeral tributaria e demais leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións dictadas para o seu desenrolo, consonte co disposto no artigo 12 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
2.-As cotas liquidadas e non satisfeitas no período voluntario, faranse efectivas pola vía de constrinximento, consonte coas normas do Regulamento Xeral de Recadación.
3.-Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se teña aboado e obtido polos interesados a licencia correspondente. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións.
No relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como as sancións que as mesmas correspondan no seu caso, estarase a o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral tributaria, conforme ordena o artigo 11 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
Disposicións finais
1.-Dereito Supletorio: No non expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contidos na Sección 3ª, do Capítulo III, Titulo I da citada Lei 39/1988, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
2.-Vixencia: A presente ordenanza, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 1999 permanecendo en vigor en tanto non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
3.-Aprobación: A presente ordenanza consta de 11 artigos, e unha disposición final e foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día 31 de outubro de 1998.