Índice
Rianxo - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos para uso e disfrute da piscina municipal e instalacións anexas
Publicación provisional:
31/10/2008
BOP Nº:
252
Publicación definitiva:
24/12/2008
BOP Nº:
295
Aplicable dende:
01/01/2009
Articulo 1º.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade, asemade, co establecido nos artigos 15 a 19, todos eles do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais,e conforme o artigo 20 da mesma, establece a Taxa pola utilización de servizos e instalacións da Piscina Municipal e instalacións anexas, que se regula mediante a presente Ordenanza fiscal: Taxa pola prestación de sevizos para uso e disfrute da Piscina Municipal e Instalacións anexas.
Artigo 2º. Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización das instalacións da Piscina Municipal, de conformidade co disposto no artigo 20.4) do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Artigo 2º. Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos deste Imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que resulten beneficiadas polos servizos regulados na presente ordenanza. No suposto de que os usuarios dos servizos sexan menores, terán a condición de suxetos pasivos os titores ou encargados dos menores.
Artigo 3º. Obrigados ó pagamento
Están obrigados ó pagamento do taxa regulamentada nesta ordenanza os que se beneficien dos servizos ou actividades, prestados ou realizados nas instalacións da Piscina Municipal. No suposto de que os usuarios dos servizos sexan menores, terán a condición de obrigados ó pagamento os titores ou encargados dos menores.
Artigo 4º. Base imponible
Constitue a base imponible desta taxa o coste real ou previsible do servizo que consta como feito impoñible.
Artigo 5º. Tarifas
A taxa a satisfacer ó Exmo. Concello de Rianxo ou empresa Concesionaria pola utilización das instalacións que a continuación se citan, axustaranse ás seguintes:
Tarifas:
1.-Cotas de Inscripción: ( tarifa única)
TARIFAS | 2009 |
1.-Cotas de Inscripción: ( tarifa única) | |
MATRICULA ABONADO | 25,00 € |
INSCRIPCIÓN CURSILLISTA NON ABONADO | 20,00 € |
EXCEDENCIA | 25,00 € |
Observacións:
¿ Os usuarios que ingresen na instalación e ínscribese por primeira vez como socio- abonado ou se apunta a algunha das actividades acuáticas das que se oferten, aboará unha cota en concepto de matrícula polos custos administrativos de inscripción. Esta cota de alta é independente da cota mensual.
¿ Aquela persoa que cause baixa abonará unha cota de excedencia no momento de reincorporarse polos custes administrativos do tratamento da baixa e alta.
¿ Toda persoa que se abone pagará o mes completo independentemente da data que se dea de alta.
2.-Socio - Abonado ( tarifa mensual)
TARIFAS | 2009 |
2,-Socio- Abonado (tarifa mensual ) | |
INSCRIPCIÓN ADULTO | 25,00 € |
INDIVIDUAL MENOR DE IDADE | 16,00 € |
INDIVIDUAL HORARIO DE MAÑÁ | 15,00 € |
INDIVIDUAL XUBILADO, PENSIONISTA, DISCAPACITADO * | 12,00 € |
FAMILIAR ( unidade familiar con fillos menores de idade ) | 30,00 € |
* POR FILLO ESTUDANTE ENTRE 18 E 24 ANOS | 9,00 € |
MATRIMONIO DE XUBILADOS E/ OU PENSIONISTAS | 18,00 € |
Observacións:
¿ Os usuarios que accedan a esta modalidade teñen acceso ós servicios que se relacionan tódolos días sen límite de tempo:
1. Piscina climatizada: baño libre nas rúas destinadas para tal uso
2. Zona SPA e zona e relaxación
3. Sala de Fitness
4. Actividades físico- deportivas dirixidas
5. Ademais ten prioridade nas actividades acuáticas, de saúde, etc, cunha reducción de tarifa de ata un 50%.
¿ Socio- Abonado FAMILIAR:
1. Os membros que formen o socio familiar teñen as mesmas vantaxes e obrigas que o socio individual.
2. Os fillos poderán formar parte do abono mentres non cumpran os 18 anos.
3. No intre do cumprimento de dita idade, teranse que aboar de forma individual, acolléndose as posibilidades existentes.
4. Para acollerse o abono de socio Familiar, é necesario a presentación da fotocopia do libro de familia. O troco de situación familiar traerá consigo a perda de dito abono.
¿ Socio- Abonado nas categorias de : ESTUDANTE ENTRE 18 E 24 ANOS; MATRIMONIO DE XUBILADOS OU PENSIONISTAS; XUBILADO, PENSIONISTA, DISCAPACITADO:
1. Para acollerse a estes abonos será obrigatorio aportar os documentos acreditativos.
2. No caso da terceira idade será obrigatorio teren cumpridos máis de 60?
anos , ou presentar xustificante de ser pensionista.
3. Para os estudantes será obrigatorio a presentación do carné de estudiante, ou no seu defecto, unha copia do pago da matrícula do ano académico correspondente á data de alta.
4. Do mesmo xeito, os discapacitados deberán acreditar os documentos que demostren a súa condición.
3.- Entradas puntuais : ( tarifas por entrada puntual- sesión)
3,- Entradas Puntuais- sesión ( tarifas por entrada puntual- sesión ) | |
PISCINA | 5,00 € |
PISCINA: COLECTIVOS ESPECIAIS * E INFANTIL | 3,00 € |
SALA FITNESS: ADULTO | 6,00 € |
Observacións:
¿ Os usuarios que accedan a esta modalidade teñen dereito por sesión, a utilizar por libre a piscina.
4.-Reservas : ( tarifas por hora)
4,- Entradas Puntuais - reservas- ( tarifas por hora ) | |
USO DUNHA RÚA DA PISCINA 1 HORA | 21,00 € |
USO DA PISCINA PARA COMPETICIÓNS / 1 HORA | 300,00 € |
Observacións:
¿ A tarifa correspóndense coa reserva-aluguer dunha hora de uso da piscina que sexa solicitada polos distintos clubs e asociacións interesadas, para realización de actividades deportivas. Os clubs e asociacións poderán establecer convenios co Concello de Rianxo ou empresa concesionaria para a reducción das tarifas. Correspondelle o Concello de Rianxo ou empresa concesionaria o establecemento da porcentaxe de reducción na tarifa.
5.- Actividades acúaticas: ( tarifa mensual)
5,- Actividades acuáticas ( Tarifa mensual) | ABONADOS | NON ABONADOS |
4,-1) INFANTIL E MOZOS/ AS | ||
1 DÍA/ SEM. | 9,00 € | 18,00 € |
2/ DÍAS/ SEM | 17,00 € | 34,00 € |
4,-2) ADULTOS | ||
1 DÍA/ SEM. | 9,00 € | 18,00 € |
2/ DÍAS/ SEM | 17,00 € | 34,00 € |
3/FÍAS/ SEM | 24,00 € | 48,00 € |
4,-3) BEBÉS | ||
1 DÍA/ SEM. | 12,00 € | 24,00 € |
4,-4 CURSOS INTENSIVOS VERÁN | ||
1 DÍA/ SEM. | 18,00 € | 36,00 € |
Observacións:
¿ Este usuario é aquel que asiste á instalación regularmente porque está inscrito a unha actividade acuática dirixida con monitor, e que unha vez finalizada abandona a instalación. Só ten acceso á súa actividade, nos días e horas contratadas. Aos socios-abonados realízaraselles un desconto de ata 50% en todos as actividades acúaticas.
Artigo 6º. Normas de Xestión, Devengo e Ingreso.
As liquidacións que se practiquen en concepto desta taxa, poderán esixirse en réximen de autoliquidación, facilitandose os impresos correspondentes, ben nas Oficinas do concello ou pola empresa Concesionaria.
O Pago da taxa deberá efectuarse cando se solicite o servizo sen cuxo requisito non se efectuará o referido servizo.
Todo usuario que ingresa na instalación e inscríbese por primeira vez como socio- abonado para calquer dos servizos prestados nas instalacións da Piscina Municipal, abonará unha cota en concepto de matrícula.
Devengase a taxa, e nace a obriga de contribuir, desde o momento en que se inicie a prestación do servizo.
O pago da tasa efectuarase no momento de entrar no recinto da Piscina Municipal, cando se trate de entradas puntual-diarias para non abonados.
Os abonos individuais e familiares poderán ser pagados en calquera das contas bancarias que teña aberta o Concello ou ben a empresa Concesionaria.
Cando por causas non imputables o suxeto pasivo e debidamente documentadas, o servizo non se preste ou desarrolle, procederase a devolución do importe correspondente, agás os períodos de peche obrigados.
Artigo 7º. Concertos Fiscais
As persoas naturais ou xurídicas, así como as entidades, organismos, asociacións, federacións ou clubs, etc, que organicen actos ou utilicen as instalacións obxeto desta Ordenanza Fiscal con carácter periódico e para realización de actividades deportivas nas que estean federadas, poderán solicita-lo correspondente concerto económico co Concello de Rianxo ou empresa Concesionaria.
As condicións do mesmo serán fixadas, en todo caso, de acordo có procedemento legalmente establecido e a aprobación destes concertos corresponderá o Concello de Rianxo ou empresa concesionaria, previa petición por escrito motivado explicando para que actividades se aplicaría o concerto.
O concerto poderá establecer unha reducción das tarifas da presente ordenanza, correspondendo ao establecemento da porcentaxe de reducción o concello de Rianxo ou empresa Concesionaria.
Disposición Final
1.- A presente Ordenanza foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión extraordinaria celebrada o 23 de outubro de 2008.
2.- O inicio de aplicación desta Ordenanza é o 1 de xaneiro de 2009.