Curtis - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras

Publicación provisional: 11/05/2009 BOP Nº: 105
Publicación definitiva: 26/06/2009 BOP Nº: 145
Aplicable dende: 27/06/2009

Artigo 1º .-Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación u obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obra urbanística, se obtivera ou non dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a este Municipio.

Artigo 2º .-Suxeitos pasivos

1. Son suxeitos pasivos de este imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades á que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeneral Tributaria, que sexan donos da construción, instalación u obra sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Para os efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construción, instalación u obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

2. No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construcións, instalacións ou obras

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

Artigo 3º Exencións

Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais, que estando suxeita ao imposto, vaia ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto si se trata de obras de inversión nova como de conservación.

Artigo 4º .-Base impoñible, cota e devengo

1. A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, a estes efectos, o custo de execución material daquela.

Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construción, instalación ou

obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.

2. A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

3. O tipo de gravame será o 2%

4. O imposto devengarase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licenza.

5. Ós efectos deste imposto, entenderanse iniciadas as construcións, instalacións ou obras, salvo proba en contrario:

a) Cando sexa concedida a preceptiva licenza municipal, na data en que sexa retirada a devandita licenza polo interesado ou o seu representante ou, no caso de que esta non sexa retirada, aos 30 días da data do seu acordo de aprobación.

b) Cando, sen concederse polo Concello a preceptiva licenza se efectúe polo suxeito pasivo calquera clase de acto material ou xurídico tendente á realización das construcións, instalacións ou obras.

Artigo 5º .-Bonificacións

Establécense as seguintes bonificacións:

A) Unha bonificación do 95% a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá a devandita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, logo de solicitude de suxeito pasivo, por voto favorable de maioría simple dos seus membros.

B) Unha bonificación do 95% a favor das construcións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para produción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.

A bonificación prevista neste parágrafo aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, a bonificación a que se refire o parágrafo a anterior.

C) Unha bonificación do 50% a favor das construcións, instalacións ou obras vinculadas aos plans de fomento dos investimentos privados en infraestruturas.

A bonificación prevista neste parágrafo aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os parágrafos a e b anteriores.

D) Unha bonificación do 50% a favor das construcións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial.

A bonificación prevista neste parágrafo aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os parágrafos anteriores.

E) Unha bonificación do 90% a favor das construcións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos minusválidos.

A bonificación prevista neste parágrafo aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os parágrafos anteriores.

Artigo 6º .-Xestión

1. Cando se conceda a preceptiva licenza practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo Colexio correspondente, noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais, de acordo co custe estimado do proxecto.

2. Á vista das construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custe efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará no seu caso, a base impoñible á que se refire o apartado anterior practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

Artigo 7º .-Inspección e recadación

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeneral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 8º .-Infraccións e sancións

Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Coa entrada en vigor da presente ordenanza fiscal queda derrogada a anterior ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalación e obras deste concello.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas."

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativo, no prazo de 2 meses, contados dende a data de publicación, sen prexuízo do exercicio de calquera outro recurso que estime oportuno