Toques - Ordenanza reguladora da expedición de tarxetas de estacionamento para persoas con minusvalía
1.º .-Obxecto.
O obxecto desta ordenanza é a regulación dunha tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía, que atopándose empadroadas no Concello de Toques, teñan recoñecida a imposibilidade de uso de transporte público polos equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes das seccións de cualificación e valoración de minusvalidez da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou organismo análogo doutras comunidades.
2.º .-Destinatarios.
Poderán solicita-la tarxeta de estacionamento todas aquelas persoas empadroadas neste Concello que teñan recoñecido unha minusvalía con graves problemas de mobilidades.
Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa xurídica, esta incluirá a matrícula de tódolos vehículos habilitados para o transporte das persoas con graves problemas de mobilidade.
Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa física poderá emprega-la tarxeta en calquera vehículo no que se traslade, aínda que este non sexa o propietario do vehículo ou o conductor deste.
3.º .-Requisitos.
- Estar empadroado no Concello de Toques.
- Ter recoñecida a imposibilidade do uso de transporte público polos equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes das seccións de valoración e cualificación de minusvalías.
4.º .-Documentación.
- Solicitude debidamente cumprimentada, segundo o modelo que se achega como anexo I.
- Documento nacional de identidade do titular da tarxeta.
- Certificado de empadroamento.
- Certificado de minusvalía expedido polo equipo de valoración (EVO), desta comunidade autónoma ou organismo análogo doutras comunidades. No caso de que o solicitante non dispoña do devandito certificado ou este non se pronuncie sobre a imposibilidade ou dificultade do uso de transporte público, solicitarase o preceptivo informe do EVO.
- Fotocopia do carné de conducir, ben do minusválido ou da persoa que o transporta habitualmente.
- Declaración xurada do conductor habitual do vehículo alegando a devandita condición no suposto de que non sexa o propio minusválido.
- Fotocopia do xustificante do pagamento do último recibo do imposto municipal sobre vehículos de tracción mecánica.
5.º .-Procedemento do trámite.
Correspóndelle ó Concello de Toques a concesión das tarxetas de estacionamento para minusválidos, a través do seguinte procedemento:
- A solicitude debidamente cumprimentada e que se poderá recoller no Departamento de Servicios Sociais do Concello de Toques, cumprimentarase debidamente xunto coa documentación pertinente, iniciándose o expediente por instancia da persoa interesada ou de quen o represente.
- Completado o expediente en tódolos seus termos, o alcalde, órgano ou persoa na que el delegue emitirá a resolución pertinente, que concederá ou denegará a tarxeta solicitada.
- A resolución seralle notificada á persoa interesada de acordo co procedemento establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- Unha vez sexa concedida a tarxeta, deberá ser asinada polo titular para logo ser plastificada. Cando se faga uso dos dereitos que outorga esta tarxeta colocarase nun lugar visible do vehículo (na parte dianteira do vehículo, de xeito que unicamente o anverso da tarxeta sexa claramente visible para o seu control).
Cando a tarxeta sexa concedida provisionalmente, para a súa renovación deberá segui-lo mesmo procedemento anteriormente descrito.
6.º .-Validez, caducidade e obrigas dos beneficiarios das tarxetas.
As tarxetas de estacionamento para persoas con minusvalía terán validez en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Nembargantes no caso de cambio de domicilio do beneficiario desta tarxeta, deberá solicitar o traslado do expediente ó novo concello de residencia.
- No caso de que a cualificación de minusvalía sexa provisional, caducará na data de validez sinalada na cualificación desta.
- No caso de que a cualificación de minusvalía sexa permanente caducará ós 10 anos da concesión.
- O beneficiario que faga un uso indebido da tarxeta de xeito reiterado e debidamente probada, con independencia da sanción pecuniaria que puidese recaer no procedemento sancionador incoado para tal efecto, a citada tarxeta seralle retirada por un período de dous anos.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez que sexa publicada integramente no BOP e transcorra o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril.
El Pleno municipal, por unanimidad de los asistentes, acuerda:
1.º .-Aprobar la Ordenanza reguladora de expedición de tarjetas de estacionamento para personas con minusvalía.
2.º .-Exponer al público durante el plazo de quince días mediante anuncios en el Boletín Oficial de la Provincia y tablón de edictos del Ayuntamiento.
3.º .-De no presentarse reclamación contra el presente acuerdo, durante el plazo de exposición pública, el mismo se elevará a definitivo.
ANEXO I
(Modelo de solicitude)
Solicitude da tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía.
Datos do solicitante ou representante legal:
Dona/Don ........................., maior de idade, con enderezo en ................, teléfono ............, titular do DNI número ................
Expón:
( ) Que teño recoñecida a imposibilidade de uso de transporte público e así figura no certificado emitido polo equipo de valoración e orientación (EVO) correspondente.
( ) Que estou recoñecido como minusválido, pero no certificado de minusvalía non aparece expresamente recoñecida a imposibilidade de uso de transporte público polo EVO correspondente.
( ) Que teño graves problemas de mobilidade pero non estou recoñecido polo EVO correspondente.
( ) Que son beneficiario dunha tarxeta de estacionamento concedida polo Concello de ......................... e xa solicitou o traslado do expediente para este Concello.
Solicita:
Que lle sexa expedida a tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía, segundo o modelo establecido no Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras da Comunidade Autónoma de Galicia, comprometéndose a cumpri-las normas que regulan a súa expedición.
Toques, .......... de ......... de 200....
Asinado: ..............
(Solicitante ou representante legal).
Señor alcalde-presidente do Concello de Toques (A Coruña).