Vimianzo - Ordenanza fiscal nº 1, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Publicación provisional: 24/01/2000 BOP Nº: 18
Publicación definitiva: 24/01/2000 BOP Nº: 18
Aplicable dende: 01/01/2004

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigo 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, segundo as normas previstas no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolta con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que atenda a Administración e as autoridades municipais.

2. Para estes efectos, entenderase tramitada, a instancia de parte, calquera documentación administrativa que estivese provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non houbese solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa unha taxa por este Concello.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou que o interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.º .-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren nos artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º .-Exencións subxectivas.

Gozarán de exención aqueles contribuíntes en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

- Ser declarado pobre por precepto legal.

- Estar inscritos no Padrón da Beneficencia como pobres de solemnidade.

- Ter obtido o beneficio xudicial de pobreza, respecto ós expedientes que deben xurdir efecto precisamente, no procedemento xudicial no que sexan declarados pobres.

Artigo 6.º .-Cota tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2. A cota da tarifa correspondente á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

3. As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50 por cento cando os interesados soliciten con carácter de urxencia de tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.

Artigo 7.º .-Tarifa.

A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes epígrafes:

Conceptos: euros

* Epígrafe primeiro: censos de poboación de habitantes

1. Rectificación de nomes, apelidos e demais erros consignados nas follas de empadroamento: gratuíto

2. Altas, baixas e alteracións nos padrón de habitantes: gratuíto

3. Certificacións de empadroamento no censo de poboación:

- Vixente: 1

- De censos anteriores: 2

4. Certificados de convivencia e residencia: 2

5. Outros certificados: 1

 

* Epígrafe segundo: certificacións e compulsas

1. Certificación de documentos ou acordos municipais: gratuíto

2. As demais certificacións: 1

3. A dilixencia de cotexo de documentos: 0,6

 

* Epígrafe terceiro: documentos expedidos ou estendidos polas oficinas municipais

1. Por cada documento que se expida en fotocopia, por folio: 0,15

* Epígrafe cuarto: documentos relativos a servicios de urbanismo

1. Por cada cualificación que se expida de servicios urbanísticos solicitada a instancia de parte: 20

2. Por cada información urbanística expedida por escrito que se expida de servicios urbanísticos solicitada a instancia de parte: 6

3. Por cada información ambiental que se emita de acordo coa Lei 38/95, do 12 de decembro: 30

 

* Epígrafe quinto: outros expedientes ou documentos

1. Por calquera outro expediente ou documentos non expresamente tarifado: 2

Artigo 8.º .-Bonificacións da cota.

Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

Artigo 9.º .-Devengo.

1. Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2. Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2.º , o devengo prodúcese cando teña lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10.º .-Declaración e ingreso.

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal, pegado ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou neste se aquel escrito non exisitise, ou a solicitude non fose expresa.

2. Os escritos recollidos polos conductos a que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselle curso, sen que se emende a deficiencia, que requiriráselle ó interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes como o apercibimento de que, transcorrido o dito prazo sen efectualo, entenderase os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

Artigo 11.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, na que a súa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o vintedous de novembro de dous mil tres, entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.