Rois - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Publicación provisional: 17/11/2003 BOP Nº: 264
Publicación definitiva: 29/12/2003 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 01/01/2005

Artigo 1º .-Fundamentos e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2º .-Feito impoñible

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolta, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e dos expedientes de que entenda a administración ou as autoridades municipais.

2.-A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte, calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular e redunde no seu beneficio, aínda que non houbera mediado solicitude expresa do interesado.

3.-A tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento das obrigas fiscais non estarán sometidos a esta Taxa, como tampouco o estarán as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións de calquera clase, os relativos a prestación de servicios ou á realización de actividades de competencia do Concello, as compulsas de documentos, os certificados solicitados polos distintos departamentos municipais para a tramitación de expedientes e os volantes de empadroamento.

Artigo 3º .-Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou que redunde interés a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4º .-Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios as administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º .-Cota tributaria

1.-A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa, segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo ca tarifa que contén o artigo seguinte.

2.-A cota da tarifa correspondente á tramitación completa en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final.

Artigo 6º .-Bases de imposición e tipos de gravame

As bases de imposición e tipos de gravame son os recollidos nas seguintes tarifas:

I.-Expedición de certificados e informes non urbanísticos a petición de parte: 1,00 euros

II.-Expedición de certificados e informes urbanísticos (excepto vivendas colectivas): 15,00 euros

III.-Expedición de certificados de información urbanística vivendas colectivas (entendendo por estas as que teñan máis de un baixo e andar): 25,00 euros

IV.-Tramitación de expedientes de licencias de obras menores a petición de persoas físicas:

IV a) Orzamento de execución da obra inferior a 500,00 euros: 0,00 euros

IV b) Orzamento de execución da obra comprendido entre 500,00 euros e 5.000,00 euros ambos inclusive: 15,00 euros

IV c) Orzamento de execución da obra maior de 5.000,00 euros: 35,00 euros

V.-Tramitación de expedientes de licencias de obras menores a petición de persoas xurídicas: 30,00 euros

VI.-Derrogado  

VII.-Derrogado

VIII.-Derrogado

VIII Derrogado.

IX.-Derrogado

X.-Derrogado

XI.-Derrogado

XII.-Tramitación de expedientes de licencia pola posesión de animais potencialmente perigosos: 20,00 euros

XIII.-Tramitación de expedientes de contratación administrativa de obras, bens, servicios e suministros:

XIII a) Contrato de importe inferior a 30.000,00 euros: 50,00 euros

XIII b) Contrato de importe igual ou superior a 30.000,00 euros: 100,00 euros

XIV.-Copias de normativa urbanística, ordenanzas fiscais e planos:

XIV.-a) Ordenanza urbanística ou fiscal en papel ou soporte dixital: 6,00 euros

XIV.-b) Planos P.X.O.M. en soporte dixital: 10,00 euros

XIV.-c) Copia P.X.O.M. en CD-Rom: 60,00 euros

XV.-Recoñecementos notariais de poderes: 6,00 euros

Artigo 7º .-Bonificación da cota

Concederase unha bonificación do 50% do importe da taxa nos seguintes casos:

7.1 Bonificación pola condición de parado de longa duración. A estes efectos terán a condición de parados de longa duración aquelas persoas que leven inscritas no I.N.E.M. (ou no organismo a quen se lle transfiran as súas competencias) por un período ininterrompido de dous anos no momento de presentación da solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

7.2 Xubilados con pensión mínima. A estes efectos terán a condición de xubilados con pensión mínima aquelas persoas que perciban exclusivamente o importe dalgunha das pensións mínimas fixadas anualmente polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (ou polo organismo que asuma esta competencia) no momento de presentación da solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

Para concede-la bonificación, os interesados deberán presenta-la documentación que acredite tal condición.

Artigo 8º .-Devengo

1.-Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2.-Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º , o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provoquen a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie se previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 9º .-Declaración e ingreso

1.-A taxa esixirase en réxime de autoliquidación no momento da entrega dos correspondentes documentos administrativos ó solicitante.

2.-Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º , a taxa esixirase igualmente en réxime de autoliquidación no momento da entrega dos correspondentes documentos administrativos ou da formalización do contrato administrativo.

Disposición final

A presente Ordenanza entrará en vigor o día un de xaneiro de dous mil catro e comenzará a aplicarse a aquelas solicitudes ou expedientes administrativos que se presenten ou inicien, respectivamente, a partir dese día.

No caso de que a publicación do texto íntegro da presente Ordenanza, aprobada definitivamente, no B.O.P. se produza posteriormente ó día un de xaneiro de dous mil catro, esta entrará en vigor e comenzará a aplicarse nos termos establecidos no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.