Muros - Ordenanza fiscal nº 11, reguladora do imposto sobre bens inmobles
Art. 1
De conformidade co artigo 72 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os tipos de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicables neste municipio son os seguintes:
a) Para os bens inmobles urbanos, o 0,40%.
b) Para os bens inmobles rústicos, o 0,30%.
c) Para os bens inmobles de características especiais, o 1,3%.
Art. 2.
No que non estea previsto pola presente Ordenanza fiscal o imposto de bens inmobles réxese polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e as súas disposicións complementarias.
DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, conforme o establecido no artigo 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sendo de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2010 e permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.