Mazaricos - Prezo público polo Servizo de Axuda no fogar
ARTIGO 1.- CONCEPTO:
De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capítulo VI do Título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público polo Servizo de Axuda no fogar, tanto para persoas valoradas como persoas que acceden ao servizo por libre concorrencia.
ARTIGO 2.- OBRIGADOS/AS O PAGAMENTO:
Están obrigadas ao pago todas aquelas persoas que:
A) Estean recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.
B) As persoas que accedan ao servizo da axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento
Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre que ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre que exerza de feito o seu coidado.
ARTIGO 3.- CONTIA DO PREZO PÚBLICO:
1. Contía.
A contía do prezo público regulado nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas nos apartados seguintes referidas a unha hora de prestación do servizo, e que se determinarán do seguinte xeito:
Aos efectos previstos para aplicación das tarifas do presente artigo, se establece o prezo da hora por prestación do servizo en 12 euros.
2. Reduccións.
A participación das persoas beneficiarias na financiación do servizo de axuda no fogar establecerase en función do custo do servizo que se lles preste e da súa capacidade económica persoal, consonte á seguinte táboa:
INGRESOS | % CUSTO DO SERVIZO (12€) |
Ata 100% IPREM | 0% |
Do 100% ata 150% IPREM | 10% |
Do 150% ata 200% IPREM | 12% |
Do 200% ata 250% IPREM | 15% |
Do 250% ata 300% IPREM | 20% |
Do 300% ata 350% IPREM | 28% |
Do 350% ata 400% IPREM | 37% |
Do 400% ata 450% IPREM | 45% |
Do 450% ata 500% IPREM | 60% |
Máis do 500% do IPREM | 65% |
En ningún caso a contribución económica da persoa usuaria poderá ser superior ao 65% do custo efectivo do servizo prestado pola entidade local titular do mesmo.
Poderá preverse a gratuidade do servizo en determinados casos en que a problemática principal atendida sexa a desestructuración familiar e se procure a protección e integración social de menores de idade en risco de exclusión, segundo criterio do técnico responsable do servizo e resolución motivada de Alcaldía, órgano competente para acordar a concesión do servizo, debendo quedar constancia no correspondente expediente.
3. Capacidade económica da persoa usuaria do servizo.
Esta determinarase de acordo cos puntos que se indican a continuación:
1. A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calcularase en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio.
No caso de que a persoa beneficiaria tivese cónxuxe ou parella de feito entenderase como renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambos os dous membros da parella. Teranse en conta, ademais, as persoas convivintes economicamente dependentes, de acordo co establecido nos parágrafos seguintes.
2. A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban que comprenderán os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.
3. Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con deducción das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das que deba responder. Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito, as rendas de ámbolos dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ámbolos dous membros da parella.
4. A capacidade económica por razón de renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co apartado anterior, entre suma dos seguintes convivintes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas, e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen economicamente dos citados perceptores.
5. A capacidade económica resultante será a correspondente á renda da persoa usuaria, calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realización da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir dos 65 anos e dun 1% os menores de 35 anos.
6. Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes a última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.
Asemade para a aplicación do presente acordo e para poder establecer a capacidade económica da persoa solicitante, o Concello de Mazaricos deberá dispoñer dos datos fiscais e de patrimonio, que solicitará de oficio, previa autorización expresa e por escrito da persoa beneficiaria ou familia.
ARTIGO 4.- CONDICIÓNS DE PAGAMENTO:
1. A obriga de pagamento dos prezos públicos comeza dende que se inicie a prestación do servizo.
2.- A retribución dos prezos será instantánea, pero as liquidacións practicaranse por meses naturais, e deberán ser aboadas polos/as beneficiarios/as nos primeiros cinco días hábiles do mes seguinte, mediante cargo na conta corrente que o/a usuario indicará no contrato do servizo, ou ingreso na conta corrente que o Concello sinale no momento de subscribir dito contrato de prestación.
3.- Os suxeitos pasivos estarán obrigados a comunicar calquera alteración que se produza nos seus ingresos ao longo do período impositivo, así como a renovar, anualmente, os datos para a estimación das súas rendas.
4.- O terse en conta as circunstancias económicas na fixación de prezos non se establece ningún outro sistema de exención ou bonificación.
5.- En casos de suspensión temporal do servizo, durante un período non superior a 2 meses e por causas forzosas, e non superior a 1 mes por vontade propia, deberá seguir aboándose a cota correspondente á aportación do beneficiario/a.
6.- As débedas polos prezos públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.
7.- A falla de pagamento dos servizos prestados de dous prazos suporá a imposibilidade de manter o servizo en tanto non se teñan aboadas as débedas pendentes.
ARTIGO 5.- NORMAS DE XESTIÓN:
1.- Unha vez aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres non varíen as circunstancias que motivaron a prestación do servizo. Asemade rexerase polas normas contidas no Regulamento específico do servizo, no seu artigo 23 referente á extinción do servizo.
2.- Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambio na situación das persoas usuarias, se lles requirirá, por parte dos Servizos Sociais, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa renda per cápita e o prezo público a aboar.
3.- Unha vez iniciada a prestación do servizo, e de acordo co contido no regulamento municipal para persoas en situación de dependencia valorada, procederase á súa inclusión nos padróns ou matrículas deste prezo público. O pagamento da contía que corresponda aboar a cada persoa beneficiaria farase efectivo en recibos mensuais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinale, e nos prazos a tal efecto recollidos na normativa de aplicación.
Disposición derradeira
O presente acordo entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.