Pontes de García Rodríguez As - Regulamento do servizo municipal de axuda no fogar (SAF) do Concello das Pontes de García Rodríguez
Artigo 1º - Obxecto
É obxecto do presente Regulamento a regulación xeral do servizo de axuda no fogar no Concello das Pontes de García Rodríguez.
Artigo 11º - Requisitos específicos.
1. O Servizo de Axuda no Fogar estará integrado nos Servizos Sociais de Atención Primaria, de titularidade municipal, e será coordinado por un/unha profesional do traballo social pertencente ao equipo técnico dos Servizos Sociais municipais ou por persoal técnico cunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na Área de Servizos Sociais.
2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar que, no caso de atender a persoas afectadas por déficits de autonomía, estarán en posesión da do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
3. Abrirase un expediente por cada persoa usuaria ou, se é o caso, por cada unidade de convivencia á que se presta o servizo, no que constará, cando menos:
a) Un informe social, asinado pola traballadora social do Concello.
b) Un proxecto de intervención, que recollerá a información contida no anexo II da presente orde.
c) Un acordo de servizo asinado entre o Concello e a persoa usuaria contido no anexo III da presente orde.
4. A persoa que exerza como responsable técnico do servizo garantirá unha supervisión do servizo efectivamente prestado, que será realizada sempre que as circunstancias a fagan necesaria e como mínimo cunha periodicidade de dous meses.
Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual.
Artigo 15º
Artigo 2º -Ámbito de aplicación
O establecido neste Regulamento é de aplicación a todos os programas de axuda no fogar que se desenvolvan no Concello das Pontes, e a súa interpretación é competencia dos órganos de goberno deste Concello.
Artigo 12º -Modalidades de acceso ao servizo.
O acceso ao servizo producirase a través dos servizos sociais de atención primaria, de acordo coas seguintes modalidades:
1. Acceso directo:
Para persoas que, tendo recoñecida a situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de Programa Individual de Atención (PIA) consonte o establecido no Decreto 176/2007, do 6 de setembro, e na Orde do 17 de decembro de 2007 pola que se establecen os criterios para a elaboración do programa individual de atención, polo que a resolución relativa ao Programa Individualizado de Atención terá a consideración de resolución de asignación e incorporación ao servizo.
2.Libre concorrencia:
Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non lles asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación do sistema, o acceso ao servizo, previa prescrición técnica favorable dos servizos sociais de atención primaria, resolverase en réxime de libre concorrencia de acordo cos criterios establecidos na presente ordenanza municipal.
De igual maneira á expresada no apartado anterior procederase nas situacións nas que a problemática principal estea relacionada con aspectos convivenciais e socioeducativos.
Neste suposto empregarase o baremo recollido no anexo I da presente orde.
Artigo 16º - Achega económica do usuario.
1. Considérase persoa usuaria aquela para a cal se solicite o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria un dos membros adultos da unidade de convivencia responsables dos menores que formen parte dela.
2. A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calcularase en atención á súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, as persoas convivintes economicamente dependentes, de acordo co disposto nos parágrafos seguintes.
3. A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, inlcuidas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos de actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.
4. Para o cómputo do patrimonio estaráse ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como as débedas e obrigas persoais das que deba responder. Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio.
Nos supostos de cotitularidade, só se terá en consideración a porcentaxe correspondente á propiedade do beneficiario.
5. No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito, as rendas de ambos os dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambo os dous membros da parella.
6. A capacidade económica por razón de renda determinaráse dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co apartado anterior, entre a suma dos seguintes convivintes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen económicamente dos citados perceptores.
7. A capacidade económica resultante será a correspondente á renda da persoa usuaria, calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma do 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realización da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir dos 65 anos de idade; un 3% dos 35 aos 65 anos e dun 1% os menores de 35 anos.
8. Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes á ultima declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.
9. O Concello das Pontes establecerá os mecanismos de revisión anual para a actualización da información relativa á capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar.
Artigo 3º - Definición e obxectivos do servizo
1. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, prestándolles un conxunto de atencións no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Os coidados e atencións efectivamente realizados no fogar das persoas e unidades de convivencia serán realizados por persoal cualificado e con supervisión técnica directa por parte dos servizos sociais de atención primaria do Concello das Pontes.
O Servizo referido non exime á familia das súas responsabilidades. A súa planificación, coordinación e control correspóndelle aos Servizos Sociais do Concello.
2. Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
Artigo 13º -Principios de organización e procedemento.
1. O servizo de axuda no fogar estará integrado nos servizos sociais de atención primaria de titularidade municipal e será coordinado por un/unha profesional do equipo técnico dos servizos sociais da entidade local titular do servizo.
2. No acceso directo ao servizo para as persoas usuarias con dependencia valorada, a resolución relativa ao programa individualizado de atención terá a consideración de resolución de asignación e incorporación ao servizo.
3. No acceso en libre concorrencia será de aplicación o seguinte:
a) O procedemento iniciarase a instancia de parte do interesado.
b) Cando circunstancias debidamente acreditadas no expediente así o xustifiquen, o procedemento de acceso ao servizo poderá iniciarse de oficio a proposta de calqueira dos técnicos dos servizos sociais.
c) As solicitudes dos particulares para acceder ao servizo deberán ser valoradas en todo caso pola traballadora social do Concello, que unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante informe preceptivo e vinculante, a idoneidade do servizo e a intensidade recomendable par cada caso concreto.
d) O órgano competente para dictar a resolución será o alcalde, podendo delegar esta competencia de conformidade co artido 21.3 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das basesdo réxime local.
e) Será preciso presentar unha solicitude dirixida ao alcalde no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:
- Fotocopia do D.N.I. da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmos domicilio, de ser o caso.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do beneficiario.
- Certificado de empadroamento colectivo e/ou convivencia.
- Certificado de ingresos de todos os membros da unidade familiar ou de convivencia: nómina, certificado de pensións, xustificantes de percepción de alugueiros, etc.
- Fotocopia da declaración da renda ou, de ser o caso, certificado negativo da AEAT de todos os membros da unidade de convivencia maiores de idade.
- Certificado de minusvalidez e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.
- Recibo do pagamento do aluguer da vivenda ou hipoteca, de ser o caso.
- Informe médico segundo o modelo que se facilitará nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello, que acredite a carencia de autonomía persoal.
- Declaración xurada de non ter dereito a axuda no fogar por outra entidade ou organismo, e, de ser o caso, documentación que acredite a súa denegación pola devandita entidade.
- Presentación de calquera outra documentación que sexa requirida.
En todo caso o tratamento da información contida nos expedientes realizarase consonte o disposto na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
f) O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto todo o ano.
g) Unha vez presentada a solicitude a tramitación será a seguinte:
- Informe-proposta de resolución do/a traballador/a social do Concello.
- Resolución de Alcaldía relativa á concesión ou non da prestación do servizo, quedando o usuario dado de alta no servizo ou, de non existir praza, o solicitante quedará en lista de espera, ocupando o número de orde que lle corresponda, en función da puntuación acadada segundo os baremos que figuran neste regulamento.
- Notificación ao interesado da resolución adoptada.
- O/a traballador/a social do Concello elaborará o proxecto de intervención no que se sinalarán os obxectivos, funcións e tarefas que hai que levar a cabo, así como o tempo de prestación, contribución económica do/a usuario/a ou gratuidade do servizo.
h) Se un beneficiario superase os seis meses na lista de espera, antes de proceder á súa alta como usuario no servizo de axuda no fogar, será preceptiva unha nova avaliación da situación que se lle notificará por escrito ao interesado.
i) Este procedemento poderase acurtar cando unha nova situación recibira carácter de urxente, polo cal proporcionarase unha resposta inmediata a unha circunstancia excepcional de alto risco. A súa desaparición levará á extinción de carácter urxente do caso e pasará ao proceso ordinario de resolución de petición.
j) Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar un acordo-contrato, a modo de compromiso de respecto ás normas do servizo, ás tarefas a desenvolver, horarios, días e contribución económica correspondente, ou gratuidade, se procede. O incumprimento deste acordo-contrato poderá ser causa de baixa do servizo.
k) Así mesmo será revisable polo Concello a condición de beneficiario cando:
- O/a interesado/a comunique que as circunstancias de feito e/ou de dereito que motivaron a concesión se modificaron.
- Existen dúbidas razonables de que puido haber modificación das circunstancias persoais, familiares, económicas ou doutra índole, non comunicadas polo interesado. Neste caso será preceptiva a audiencia ó interesado.
4. Na prestación do servizo, ademáis do persoal profesional, poderá colaborar persoal voluntario baixo a supervisión técnica dos servizos sociais do Concello. Para estes efectos estarase ao previsto na lexislación en vigor sobre voluntariado.
5. No caso de tratarse de intervencións de carácter socioeducativo derivadas un diagnóstico de desestructuración familiar, deberán incorporarse ao procedemento, de acordo coas circunstancias do fogar de que se trate, algunha das seguintes figuras profesionais: educador familiar, psicóloga, psicopedagoga ou traballadora social.
6. No caso de incidencias realizarase unha visita domiciliaria da traballadora social ao domicilio do usuario, un estudo e valoración do caso e un posterior informe coas medidas adoptadas para a solución da indicencia.
Artigo 17º.- Participación no finaciamento do servizo das persoas usuarias
1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2. Para o resto dos supostos, o concello na ordenanza fiscal correspondente establecerá unha regulación progresiva do copagamento do servizo que deberá respectar en todo caso os límites expresados na seguinte escala:
a) As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 100% pero que non exceda o 300% do indicador público de renda de efectos múltiples, asumirán un mínimo dun 10% e un máximo do 20% do custo do servizo.
b) As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 300% pero que non exceda o 500% do indicador público de renda de efectos múltiples, asumirán un mínimo dun 21% e un máximo do 60% do custo se servizo.
c) As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 500% do indicador público de renda de efectos múltiples, asumirán un mínimo dun 61% do custo do servizo e un máximo do 65% do custo do servizo.
3. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderán preverse excepcións aos criterios xerais nos casos en que a problemática principal atendida sexa a desestruturación familiar e se procure a protección e integración social de menores de idade e risco de exclusión, mediante resolución motivada do órgano competente para acordar a concesión do servizo, da que en todo caso deberá deixarse constancia no correspondente expediente.
4. O baremo con que calcular a achega da persoa usuaria polas atención domiciliarias será obxecto de actualización segundo a contía anual do IPREM ou indicador que o substitúa.
Artigo 18º- O Concello establecerá no orzamento anual a cantidade correspondente para o desenvolvemento do servizo.
Artigo 4º -Contido do servizo
1. De conformidade coa valoración técnica realizada polos servizos sociais poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:
a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
-Asistencia para levantarse e deitarse.
-Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
-Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
-Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
-Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo-temporal.
-Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
b) Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:
-Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.
-Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.
c) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
-Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
-Compra de alimentos e outros produtos de uso común.
-Preparación dos alimentos.
-Lavado, pranchado e coidado das prendas de vestir.
-Coidados básicos da vivenda.
Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandaría ou alimentación a domicilio.
d) Atencións de carácter psicosocial e educativo:
Intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.
2. Con carácter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atención:
a) Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
b) Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
c) Adaptacións funcionais do fogar.
3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida.
4. En todo caso as atencións prestadas terán un carácter complementario e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.
5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
- A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
- Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.
- Atención a outros membros da familia non contemplados na concesión do servizo.
- Traballos agrícolas ou gandeiros.
Artigo 14º - Intensidade na prestación do servizo.
1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención.
2. A intensidade do servizo de axuda no fogar para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co plan de coidados, de maneira que se garanta a cobertura das necesidades de atención para a realización das actividades da vida diaria, ademais dos días laborables, as fins de semana e festivos.
3. Nos restantes casos a intensidade do servizo virá determinada na prescrición efectuada polos servizos socias deste Concello. O horario poderá variarse adaptándose ás necesidades dos usuarios e en función das circunstancias persoais e/ou familiares e pola dispoñibilidade de medios do servizo, previo informe dos servizos sociais.
4. As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar en libre concorrencia a intensidade virá prescrita polos servizos sociais do Concello e definida no seu proxecto de intervención (anexo II) e terán unha duración máxima de 40 horas mensuais de atencións, non superando 2 horas/día, salvo prescrición motivada que deberá constar no devandito proxecto de intervención. O servizo prestarase de luns a venres, salvo festivos.
Artigo 5º - Persoas destinatarias.
1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención e estean empadroadas e teñan residencia efectiva no termo municipal das Pontes de García Rodríguez.
Por unidade de convivencia enténdese, a todos os efectos do presente regulamento, a formada por dúas ou máis persoas que cohabiten no mesmo domicilio, existan ou non vínculos de parentesco.
2. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
3. En todo caso, darase prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Artigo 6º - Dereitos das persoas usuarias.
As persoas usuarias do servizo, ademais dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na normativa vixente, terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade.
2. A recibiren unha atención adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso.
3. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
4. A recibiren información precisa e clara sobre as posibles modificacións sobrevidas durante a prestación efectiva do servizo.
5. A coñeceren a situación do seu expediente.
6. A presentaren queixas e suxestións ao persoal coordinador do servizo cando expresaran reclamacións ou fixeran suxestións con carácter previo, sobre a súa prestación efectiva.
7. Ao tratamento confidencial dos seus datos de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Artigo 7º - Deberes das persoas usuarias
As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se recollen na normativa vixente, terán os seguintes deberes:
1. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando a execución das tarefas ao persoal ao cargo e poñendo a súa disposición, se fose o caso, os medios materiais necesarios.
2. Non realizar cambios de horario, tarefas, etc., sen autorización do técnico municipal responsable do SAF.
3. Colaborar no desenvolvemento do servizo en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
4. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
5. Informar dos cambios de calquera circunstancia persoal, familiar ou económica que puidese dar lugar á modificación, suspensión ou extinción na prestación do servizo.
6. Participar no pagamento do servizo nos termos que se estableza na correspondente ordenanza fiscal.
7. A comunicar con dez días de antelación calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir a prestación do servizo.
8. Permitir que sexa realizado o seguimento e avaliación en control do servizo por parte dos técnicos municipais e/ou, de ser o caso, da empresa adxudicataria do servizo.
9. Permanecer no domicilio durante a prestación do servizo e de non ser así, asinarase consentimento por escrito por parte do usuario conforme autoriza a presencia da auxiliar no domicilio na súa ausencia.
Artigo 8º.- Deberes do persoal
1. Deberes xerais do persoal do servizo:
a) O trato deberá ser sempre de respecto, evitando que a confianza co usuario e coa súa familia interfira no traballo.
b) Respectar a intimidade do usuario e gardar a debida confidencialidade.
2- Deberes do auxiliar de axuda no fogar:
a) Non facer partícipe ao usuario e á familia deste dos seus propios problemas, separando todo o posible a súa vida privada e o seu traballo.
b) Respectar integramente o horario e as tarefas establecidas e non realizar cambios sen a debida autorización do responsable.
c) Non realizar traballos a outros membros da familia distintos dos beneficiarios, inda que convivan na mesma casa. Si se trata de persoas maiores ou dependentes, estudarase o caso dende o departamento de Servizos Sociais do Concello.
d) En caso de ausencia ao traballo deberá comunicalo con antelación para a súa autorización. Se non fose posible por causas imprevistas, comunicarao en canto teña coñecemento das mesmas.
e) Non recibir en custodia cartos, xoias nin outros obxectos.
f) Non recibir ningún tipo de contraprestación/bonificación por parte do usuario (cartos, agasallos,...).
g) Non se poderá acudir ó lugar de traballo en compaña de persoas alleas ó servizo.
h) Non dispor das chaves de ningún domicilio, excepto cando as condicións do caso así o esixan e sempre co consentimento por escrito do usuario e do técnico responsable.
Artigo 9º - Causas de extinción e modificación do servizo.
1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar, as seguintes:
a) A renuncia da persoa usuaria.
b) A ocultación ou falsidade dos datos.
c) O cambio de programa individual de atención ou proxecto de intervención que implique o cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.
d) Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
e) Falecemento da persoa usuaria.
f) Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas no presente Regulamento, dos compromisos adquiridos, tales como o trato non axeitado da persoa beneficiaria cara a/o auxiliar, falta de colaboración do usuario no desenvolvemento do servizo, imposición de tarefas por parte do usuario que non lles correspondan realizar, ou similares.
g) Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
h) Negativa a aboar o prezo que lle corresponda polo servizo, ou retraso no pagamento superior a tres meses.
i) Non aceptar a auxiliar de axuda no fogar asignada sen razón suficientemente xustificada.
j) Por reorganización do servicio en función das dispoñibilidades económicas do exercicio.
k) Atoparse en situación de suspensión temporal do servizo por un período superior a tres meses.
2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente, as cales se incluirán no expediente mediante a realización dun informe social.
3. Cando se trate dun servizo asignado pola administración, a extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo requirirá resolución do órgano competente para concedelo, previa tramitación do correspondente expediente, no que se dará audiencia, cando proceda, á persoa interesada.
Artigo 10º - Causas de suspensión temporal do servizo.
Son causa de suspensión temporal do servizo -previo informe razoado do persoal técnico coordinador do mesmo, que deberá incorporarse ao expediente persoal- as que seguen:
a) Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses, debendo acreditar por escrito a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia nun prazo mínimo de dez días sempre que as circunstancias o permitan.
b) Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía á atención á dependencia, suposto no que se estará ao establecido na normativa reguladora.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) nº 147, do 28/06/2000, publicouse a Ordenanza reguladora do servicio de asistencia no fogar, e que veu a desenvolver a normativa sobre a materia vixente por aquel entón (Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais de Galicia; Decreto 240/1995, do 28 de xullo, de atención primaria, e Orde do 22 de xullo de 1996, pola que se regulaba o o servizo de axuda no fogar, entre outras normas).
Dende o ano 2006 operouse unha grande mutación no marco normativo, e este cambio veu motivado, fundamentalmente, pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
A Comunidade Autónoma de Galicia aprobou a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia -vixente dende o 18 de marzo de 2009- e que derrogou expresamente a anterior Lei 4/1993, do 14 de abril, e os artigos 53, 55 e 56 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas de inserción social.
Para adecuar o servizo de axuda no fogar ao novo marco legal, a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, ditou a Orde do 22 de xaneiro de 2009 (DOG nº 22, do 2 de febreiro), que substitúe e derroga a Orde do 22 de xullo de 1996, que regulaba o servizo de axuda no fogar.
O Concello das Pontes de García Rodríguez, en uso das súas atribucións e dentro do ámbito competencial que as normas vixentes lle permiten, procede a regular a través do presente Regulamento a aplicación no seu ámbito territorial da normativa vixente no referente ao servizo público de axuda no fogar.
CAPÍTULO I. ÁMBITO E OBXECTO DE APLICACIÓN
CAPÍTULO II. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
Disposición derradeira segunda.-
O presente Regulamento entrará en vigor despois de transcorrer o prazo a que se refire o artigo 70.2, en relación co 65, ambos os dous da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, contado a partir da publicación íntegra do seu texto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), e continuará en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa polo Concello.
CAPÍTULO III. FINANCIAMENTO DO SERVIZO
Disposición adicional.-
As referencias ao xénero masculino (usuario, beneficiario, interesado, ...) que se conteñen no texto do presente regulamento e que non van precedidas ou seguidas da súa correspondencia feminina entenderanse efectuadas tamén ao xénero feminino (usuaria, beneficiaria, interesada, ...)
Disposición derrogatoria única.-
Queda derrogada a Ordenanza reguladora do servizo de asistencia no fogar do Concello das Pontes de García Rodríguez, publicada no BOP nº 147, do 28 de xuño de 2000.
Así mesmo, quedan derrogadas todas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan ao contido do presente regulamento.
Disposición derradeira primeira.-
En todo o non disposto neste regulamento aplicarase a normativa legal e regulamentaria vixente.
ANEXO I
Baremo para determinar a asignación do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia
(Modalidade de prestación básica de servizos sociais de atención primaria)
FACTOR-1: AUTONOMÍA PERSOAL (máximo total 40 puntos)
O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia.
As persoas dependentes valoradas que polo calendario oficial de implantación teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar), non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.
A asignación de valor en función do factor ¿autonomía persoal" realizarase de acordo coa seguinte táboa:
TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL | ||||||||||
De 33% a 64% de discapacidade | De 65% a 74% de discapacidade | 75%-100% |
| 81%-87% |
| 88%-93% |
| 94%-100% | Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD | |
75%-100% discapacidade e ata 14 pts ATP |
| 75%-100% discapacidade e 15-29 pts ATP |
| 75%-100% discapacidade e 30-44 pts ATP |
| 75%-100% discapacidade e 45-72 pts ATP | Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa. ATP RD 1971/1999 | |||
75% discapacidade e ata 24 pts BVD | 25-39 pts BVD | 40-49 pts BVD | 50-64 pts BVD | 65-74 pts BVD | 75-89 pts BVD | 90-100 pts BVD | Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa. Puntuación BVD (RD. 504/2007) | |||
| Grao I, Nivel 1 | Grao I, Nivel 2 | Grao II, Nivel 1 | Grao II, Nivel 2 | Grao III, Nivel 1 | Grao III, Nivel 2 | Situación de dependencia. Decreto 176/2007 | |||
5 pts | 10 pts | 14 pts | 20 pts | 24 pts | 30 pts | 32 pts | 38 pts | 40 pts | PUNTUACIÓN Nivel de Autonomía persoal |
Total puntos autonomía persoal |
FACTOR-2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)
A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio (20 puntos) | |||
A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes (18 puntos) | |||
A persoa convive con persoa sen capacidade para atendelo (ata 12 puntos): | |||
| Cunha persoa maior de 70 anos (3 puntos) |
| |
Cunha persoa con discapacidade ou dependencia (3 puntos) |
| ||
Cunha persoa que carece de tempo (3 puntos) |
| ||
Con incapacidade para organizarse (3 puntos) |
| ||
Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades (8 puntos) | |||
Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 km (5 puntos) | |||
Está ben atendido (0 puntos) |
Total puntos apoio social |
FACTOR-3: SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES (máximo total 20 puntos)
3.1. Conflito (máximo total 4 puntos) Puntos
Cun membro xerador de conflito de nivel moderado (1 punto) |
|
Cun membro xerador de conflito de nivel grave (2 puntos) |
|
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel moderado (3 puntos) |
|
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel grave (4 puntos) |
|
3.2. Limitacións de rol (máximo total 2 puntos) Puntos
Familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atencións aos menores (2 puntos) |
|
3.3. Monoparentalidade (máximo total 2 puntos) Puntos
Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada...) non poidan atender aos menores (2 puntos) |
|
3.4. Habilidades parentais (máximo total 2 puntos) Puntos
Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización...) (2 puntos) |
|
3.5. Número de menores (máximo total 10 puntos) Puntos
Un menor (3 puntos) |
|
Dous menores (5 puntos) |
|
Tres menores (7 puntos) |
|
Catro ou máis menores (10 puntos) |
|
Total puntos situación familiar/socialización menores |
|
FACTOR-4: OUTROS ASPECTOS SOCIAIS (máximo total 20 puntos)
4.1. Vivenda (total 10 puntos) Puntos
Non hai luz eléctrica (1 punto) |
|
Non hai auga corrente (1 punto) |
|
Non posúe WC (1 punto) |
|
Non posúe cuarto de baño completo (1 punto) |
|
Non ten neveira (1 punto) |
|
Non ten quentador (1 punto) |
|
Non ten lavadora (1 punto) |
|
Non reúne condicións mínimas de hixiene/habitabilidade (1 punto) |
|
Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (1 punto) |
|
Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (1 punto) |
|
4.2. Integración no contorno (total 10 puntos) Puntos
Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos) |
|
Ausencia de relacións sociais (6 puntos) |
|
Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos) |
|
Integración axeitada no contorno (0 puntos) |
|
Total puntos outros aspectos sociais |
|
TOTAL XERAL |
|
ANEXO II
Servizo de axuda no fogar
Proxecto de Intervención
1.-Datos de Identificación do Expediente
Expediente 1 | Intervención nº 2 | Data de solicitude | Data de inicio | ||||
Sector de Referencia 3 | Ámbito de Atención 3 | Nº Total de usuarios | |||||
Nome e apelidos | Data de nacemento | DNI | Sexo | Estado civil | ||
Proxecto | Data do proxecto | Data fin de proxecto | ||||
Antecedentes relevantes:
2.-Atención a prestar
Días da semana
L | M | X | J | V | S | D |
| Nº de horas semanais |
| Horario |
|
|
|
|
|
|
|
Tipo de servizo a prestar 4
Perfil dos/as profesionais
Outros servizos:
-----------------------------
1 Identificación do expediente en SIUSS
2 Número de orde desta intervención en relación co total realizadas nesta expediente
3 Tipoloxía SIUSS
4 Pódese empregar a tipoloxía SIUSS
3.-Existencia doutros Servizos/Apoios prestados a Domicilio
Existencia:
Servizos/apoios:
Nº de horas semanais:
4.-Obxectivos Específicos e Tarefas que se propoñen
Obxectivos do servizo proposto:
Tarefas a realizar:
5.-Periodicidade do Seguimento (mínimo bimensual)
Técnico responsable:
Asdo.:
ANEXO III
Servizo de axuda no fogar
Acordo de Servizo
Reunidos en ........................................................o día ................................ ....................... dunha parte don/dona..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.con DNI:¿¿¿¿¿¿¿¿.......
E doutra ............................................................................, en calidade de Técnico responsable do servizo de axuda no fogar de ...................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..
ACORDAN:
1. Que o Concello das Pontes, prestará o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), á persoa arriba citada, dende o día _______ do _________ de 200__.
2. Que a prestación do Servizo de Axuda no Fogar realizarase por un prazo de ___________________________, con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do departamento de Servizos Sociais da Entidade prestadora acreditada.
3. Que o SAF levarase a cabo os días da semana ______________________, en horario de________________; por un total de ____ horas semanais.
4. Que atendendo á Orde do __ de ______ de ____ que regula o Servizo de Axuda no Fogar, a Ordenanza Fiscal municipal correspondente, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria comprométese a achegar __________ euros mensuais como contribución ao custo do servizo.
5. Que a persoa usuaria acepta domiciliar o aboamento da súa achega establecida no punto 4º, na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto.
6. Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:
Atencións de carácter persoal
Atencións de carácter apoio psicosocial
Atencións de carácter doméstico
Atencións de carácter socio-educativo
Atencións de carácter técnico e complementario
-------------------------------------------------------------------
7. Que as tarefas que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF, e que serán levadas a cabo polo persoal auxiliar do servizo, serán as seguintes:
8. Que, así mesmo, a persoa usuaria, a súa familia ou persoas achegadas comprométense a levar a cabo as seguintes tarefas:
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
9. Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo, deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAF, sendo achegadas ao acordo orixinal.
10. Que o servizo prestarase atendendo ás condicións reguladas na Orde do ___ de _____ de _____ que regula o Servizo de Axuda no Fogar e no Regulamento municipal sobre o SAF, onde están recollidos os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción.
Ambas as dúas partes dan a súa conformidade ó presente acordo de prestación do SAF, e asínano.
En ¿¿¿¿¿¿¿¿¿ o ¿¿ de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.de 200¿..
A persoa usuaria O técnico responsable"