Rois - Ordenanza fiscal reguladora do prezo público polo servizo de axuda no fogar

Publicación provisional: 14/10/2009 BOP Nº: 221
Publicación definitiva: 30/11/2009 BOP Nº: 254
Aplicable dende: 19/12/2009

ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Rois establece o prezo público polo servizo de axuda no fogar para solicitantes de libre concorrencia e para as persoas valoradas como dependentes segundo a Lei 39/2006 de 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e a Orde de 22 de xaneiro de 2009 que regula o servizo de axuda no fogar na Comunidade Autónoma de Galicia.

ARTIGO 2: CONCEPTO

O prezo público regulado neste acordo constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polos usuarios/as que voluntariamente soliciten a prestación do servizo de axuda no fogar.

ARTIGO 3.-OBRIGADOS AO PAGAMENTO

3.1.-Están obrigados/as ao pago todas aquelas persoas que sexan dadas de alta no servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e aquelas persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia que teñan Resolución do Plan Individual de Atención (PIA) no que se lles recoñeza o citado servizo.

Se o/a beneficiario/a do servizo carecese de capacidade para obrar, esta obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre que exerza de feito o seu coidado.

3.2.-O devengo do prezo público nace dende o momento da alta no servizo, calquera que sexa a súa modalidade.

ARTIGO 4: DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO

4.1.- Para a determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar terase en conta o establecido no artigo 17 da Orde de 22 de xaneiro de 2009, reguladora do SAF para a Comunidade Autónoma de Galicia.

ARTIGO 5: PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS NO FINANCIAMENTO DO SERVIZO

5.1.- En canto á participación no financiamento do servizo por parte das persoas usuarias, establécese unha regulación progresiva de copagamento do servizo, de acordo co establecido no artigo 18 da Orde de 22 de xaneiro de 2009, reguladora do SAF para a Comunidade Autónoma de Galicia.

5.2.- Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderán preverse excepcións aos criterios xerais nos casos en que a problemática principal atendida sexa a desestruturación familiar e se procure a protección e integración social de menores de idade en risco de exclusión, mediante resolución motivada do órgano competente para acordar a concesión do servizo, da que en todo caso deberá deixarse constancia no correspondente expediente.

Despois do cálculo dos ingresos netos poderán descontarse os gastos de aluguer ou hipoteca da vivenda habitual debidamente acreditados, así como calquera circunstancia que unha vez valorada poida xustificarse como causa de non poder acceder ao servizo.

5.3.- Nos servizos complementarios que se presten o custo será, segundo o caso, o establecido na normativa de aplicación (teleasistencia domiciliaria, comida a domicilio, etc.) ou o custo real para o concello de prestación do servizo que poida chegar a prestarse (podoloxía, fisioterapia, etc.) establecéndose sobre estes custos as mesmas porcentaxes de copagamento por parte das persoas usuarias, no caso de non estaren suxeitos a convenio específico ou ordenanza específica.

TÁBOA DE COPAGAMENTO DE AXUDA NO FOGAR

INGRESOS EN RELACIÓN AO IPREM

DESDE

ATA

Copagamento

Entre o 100% e o 150%

527,24 €

790,86 €

10,00%

Entre o 150% e o 200%

790,86 €

1.054,48 €

12,00%

Entre o 200% e o 250%

1.054,48 €

1.318,10 €

15,00%

Entre o 250% e o 300%

1.318,10 €

1.581,72 €

20,00%

Entre o 300% e o 350%

1.581,72 €

1.845,34 €

28,00%

Entre o 350% e o 400%

1.845,34 €

2.108,96 €

37,00%

Entre o 400% e o 450%

2.108,96 €

2.372,58 €

45,00%

Entre o 450% e o 500%

2.372,58 €

2.636,20 €

60,00%

>500%

2.636,20 €

65,00%

As contías previstas nesta táboa revisaranse anualmente en función da actualización anual do IPREM.

O custo/hora do servizo será o que a Administración Autonómica determine anualmente nos seus documentos de xestión para a adxudicación das subvencións ás que o concello poida acceder, sendo para este ano 2009 de 12 euros á hora.

ARTIGO 6: CONDICIÓNS DE PAGAMENTO

6.1.- A obriga de pagamento nace no momento en que o beneficiario reciba a prestación do servizo.

6.2.- O pagamento da cota realizarase mensualmente no mes inmediato seguinte, a través de domiciliación bancaria que autorizará a persoa usuaria do servizo por escrito.

6.3.- Se a algunha persoa non se lle prestase o servizo por causas non imputables á mesma, e os motivos fosen derivados da organización interna do propio servizo, terá dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen atención á hora de abonar a cota mensual.

6.4.- En caso de suspensión temporal do servizo descontarase das cotas mensuais a parte proporcional que lle corresponda.

6.5.-As débedas polos prezos públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de apremio.

ARTIGO 7: NORMAS DE XESTIÓN

7.1.- A presentación das solicitudes e documentación a presentar regúlase segundo o disposto no Ordenanza Reguladora do Servizo de axuda no fogar do Concello de Rois.

7.2.-As liquidacións practicaranse mensualmente nos primeiros quince días de cada mes, de conformidade co informe facilitado polo servizo, en relación ao mes inmediato anterior.

7.3.- O impago excepcional dunha mensualidade suporá, en caso de xustificación motivada polo usuario do servizo ao departamento de Servizos Sociais, a acumulación da mensualidade a pagar no mes seguinte. Se a mensualidade acumulada fose obxecto de impago por un tempo superior a tres meses procederase á extinción do servizo.

O impago excecional dunha mensualidade sen xustificar por un tempo superior a 30 días suporá a extinción do servizo.

7.4.- Aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres o grao e nivel de dependencia da persoa valorada non varíe e non haxa comunicación expresa dos órganos de valoración autonómica dun cambio no seu Programa Individual de Atención e, nos casos de libre concorrencia, mentres non existan cambios que así o indiquen.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Coa entrada en vigor da presente ordenanza queda derogada a Ordenanza Reguladora do Servizo de Axuda a Domicilio publicada no B.O.P. nº 232, de 6 de outubro de 2004.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez que sexa publicada integramente no BOP e transcorra o prazo de 15 días previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.