Boimorto - Acordo municipal regulador dos prezos públicos por actividades, servizos culturais, deportivos e análogos
Artigo 1.- Concepto
De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais , este Concello establece os prezos públicos pola participación en actividades ou servizos culturais , deportivos e análogos especificados nas tarifas contidas no artigo 3º seguinte , que se rexerán polo presente acordo municipal.
Artigo 2.- Obrigados ó pagamento
Están obrigados ó pagamento dos prezos públicos regulados nesta Ordenanza quenes se beneficien dos servizos ou actividades culturais, deportivas ou análogas, organizadas, promovidas, prestadas ou realizadas por este Concello.
Artigo 3.- Contía
A contía dos prezos públicos regulados neste acordo será a fixada nas tarifas contidas na aliña seguinte para cada un dos servizos ou actividades.
3.1.-Tarifa 1.-Actividades e servizos deportivos
Tarifa 1 a)Por actividades deportivas
1h a semana 2€ o mes
2 h semanais 4€ o mes
3 h semanais 8€ o mes
4h semanais 16€ mes
5h semanais 20€ mes
Máis de 5 horas semanais 1€ hora
Tarifa 1 b) Actividades deportivas puntuais
Tales como Liga local de fútbol, maratón fútbol sala, carreiras pedestres, montain bike .. , a contía do prezo será fixado na convocatoria e bases que regulen ditos certames, aprobadas por acordo da Xunta de goberno local.
Nas actividades non organizadas directamente polo servizo de deportes do Concello de Boimorto, aplicaranse os prezos da empresa prestadora e no seu caso organizadora (prezo total ive incluído que será dividido entre o nº de participantes).
Calquera actividade na que sexa necesaria o servizo de transporte será repercutido ó custe deste, entre o nº de participantes en dita actividade, incrementándose o prezo público na proporción necesaria para dar cobertura o custe de dito transporte.
3.2.-Tarifa 2.-Actividades e servizos culturais
Tarifa 2 a)Por actividades culturais
1 h a semana 2€ o mes
2 h semanais 4€ o mes
3 h semanais 8€ o mes
4h semanais 16€ mes
5h semanais 20€ mes
Máis de 5 horas semanais 1€ hora
Tarifa 2 b) Actividades culturais puntuais
Prezo individual ou por grupo será fixado na convocatoria e bases que regulen ditos certames actividades puntuais , no caso de excursións determinarase o prezo incluíndo custes de transporte, actividades, entradas, comidas, dietas e aloxamentos dividido entre o nº de participantes.
Nas actividades non organizadas directamente polo servizo de animación sociocultural do Concello de Boimorto aplicaranse os prezos da empresa prestadora e no seu caso organizadora ( prezo total ive incluído que será dividido entre o nº de participantes).
Calquera actividade na que sexa necesaria o servizo de transporte será repercutido ó custe deste, entre o nº de participantes en dita actividade, incrementándose o prezo público na proporción necesaria para dar cobertura o custe de dito transporte.
Artigo 4.- Bonificacións e exencións
4.1.-Bonificacións:
No caso de inscribirse máis dun membro da unidade familiar na actividade teranse en conta as seguintes bonificacións
2 membros = 10%
3 membros = 20%
4 membros = 30%
A partir de 5 membros 50%
4.2.-Exencións:
As acordadas por acordo da Xunta de goberno local de forma conxunta para todos os participantes e motivada en razóns de interese público co fin de promover e difundir certas actividades, así como exencións individuais motivadas na falta de capacidade económica de participantes con fundamento en informe dos servizos sociais.
Artigo 5.- Obriga de pagamento
5.1.- A obriga de pagamento do/s prezo/s público/s regulados neste acordo, nace dende que se inicie a prestación dos servizos ou actividades especificados no artigo 3, mediante a solicitude de participación nos cursos e actividades nese artigo sinalados.
5.2.- O pago dos prezos das distintas actividades efectuarase do seguinte modo:
A ) Actividades de duración superior a 3 meses:
-o 50% da actividade antes do inicio da mesma, debéndose presentar o resgardo bancario acreditativo do ingreso efectuado , ou resgardo acreditativo de ingreso directo na caixa corporación, no servizo municipal organizador da/s actividade/s.
-o 50% antes do inicio da 2ª metade da actividade, debéndose presentar o resgardo bancario acreditativo do ingreso efectuado, ou resgardo acrditativo de ingreso directo na caixa da corporación, no servizo municipal organizador da/s actividade/s.
As persoas que comecen a/s actividade/s unha vez iniciada a mesma, deberán abonar a parte proporcional correspondente a ese período de pago, facéndose o cálculo por meses naturais.
B) Actividades de duración iguais ou inferiores a 3 meses:
- o 100% ó inscribirse.
Cando non se acredite o ingreso nas condicións sinaladas na liña anterior, automaticamente quedará prohibida a asistencia á actividade ou curso, sen prexuízo da esixencia da débeda pendente.
Disposición Final
O presente acordo aprobado polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 28/10/2009, entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no BOP sempre que teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases do Réxime Local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.