Teo - Regulamento do servizo de axuda no fogar(SAF) do Concello de Teo
CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto
É obxecto deste Regulamento é regular a organización e funcionamento do servizo municipal de axuda no fogar (en diante SAF) do concello de Teo prestado dentro do ámbito dos servizos sociais comunitarios, así como fixar o procedemento de adxudicación de prazas.
Artigo 2. Definición e obxectivos
1. O SAF ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
2. Son obxectivos xerais do SAF:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
Artigo 3. Contido do servizo
1. De conformidade coa valoración técnica realizada polas traballadoras sociais dos servizos sociais comunitarios do concello de Teo, no marco do SAF poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:
a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
- Asistencia para levantarse e deitarse.
- Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
- Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
- Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.
- Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
b) Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:
- Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.
- Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.
c) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
- Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
- Compra de alimentos e outros produtos de uso común.
- Preparación de alimentos.
- Lavado e coidado das prendas de vestir.
- Coidados básicos da vivenda que supoñan pequenos arranxos ou outras tarefas necesarias para o normal funcionamento do domicilio que se sinalen no proxecto de intervención.
Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandaría, ou alimentación a domicilio.
d) Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade, así como á mellora da estruturación familiar, tales como:
- Organización doméstica.
- Axuda á integración e socialización da persoa/s usuaria/s.
- Cambios de hábitos de orde e limpeza.
- Apoio e orientación do orzamento familiar.
- Apoio e orientación nos cambios da dinámica e estruturación familiar, relacionados coas súa normalización.
- Práctica en habilidades sociais.
- Facilitar actividades de ocio no propio fogar.
- Axuda no manexo de medios de comunicación.
- Fomento das habilidades comunicativas.
- Outras tarefas que poidan resultar necesaria para o desenvolvemento das capacidades persoais, de convivencia e de relación co entorno e que se sinalen no proxecto de intervención.
2. Con carácter complementario, o SAF poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atencións:
a) Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
b) Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
c) Adaptación funcionais do fogar.
d) Servizo de podoloxía.
e) Servizo de fisioterapia.
3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo co proxecto de intervención formulado pola traballadora social dos servizos sociais comunitarios do concello, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida.
4. En todo caso as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.
5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
a) A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo do servizo referidos no artigo 7 deste regulamento.
b) Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.
Artigo 4. Persoas destinatarias
1. O SAF estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia empadroadas no concello de Teo para as que, de acordo coa valoración técnica das traballadoras sociais dos servizos sociais comunitarios, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores en que se observe necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en situación ou risco de exclusión social.
2. En todo caso, darase prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
3. Mantense un sistema de acceso por libre concorrencia ao SAF para situacións diferentes á contemplada no apartado anterior.
CAPÍTULO II: PROCEDEMENTO DE ACCESO
Artigo 5. Modalidades de acceso
O acceso producirase por medio dos servizos sociais comunitarios do concello de Teo e seguirá como norma xeral o procedemento que se refire no artigos que seguen, porén articúlase un procedemento urxente para casos debidamente xustificados. Para ambos casos formúlanse dúas modalidades de acceso:
1. Modalidade de acceso directo.
Esta modalidade será a empregada por aquelas persoas que, tendo recoñecida a situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución do programa individual de atención (en diante PIA), consonte ao recollido no Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema na Comunidade Autónoma de Galicia, así como á Orde do 17 de decembro de 2007 pola que se establecen os criterios para a elaboración do programa individual de atención, fixación das intensidades de protección dos servizos, réxime de incompatibilidades das prestacións e xestión das prestacións económicas. Serán requisitos:
- Estar empadroadas e con residencia efectiva no concello de Teo.
- Ter resolución do PIA na que se recolla o SAF como recurso indicado.
- Formular a correspondente solicitude.
2. Modalidade de acceso libre.
A través desta modalidade accederán todas aquelas persoas e unidades de convivencia que, sen ter recoñecida dependencia segundo a lei 39/2006, a súa situación persoal e/ou familiar se encadre dentro dalgunha das seguintes situacións:
a) Persoas que, presentando certas limitacións na súa autonomía persoal e carecendo de apoios suficientes no seu contorno, poidan continuar vivindo no seu fogar e/ou favorezan o seu desenvolvemento persoal.
b) Unidades familiares que teñan ao seu cargo persoas maiores, con discapacidade, enfermas crónicas ou terminais e que precisen axuda para poder continuar atendéndoas.
c) Persoas e unidades familiares que se atopen en situación de desestruturación familiar, situación ou risco de exclusión social e/ou sobrecarga persoal e/ou familiar. Todas estas circunstancias serán avaliadas e valoradas como tales, polas traballadoras sociais dos servizos sociais comunitarios deste concello, e constarán no informe social que se incorpora ao expediente.
Serán requisitos, ademais de atoparse nalgunha das situacións descritas:
- Estar empadroadas e con residencia efectiva no concello de Teo.
- Formular a correspondente solicitude.
Artigo 6. Iniciación
1. O procedemento ordinario iniciarase a solicitude da persoa interesada, ou de oficio no caso de que no marco do proxecto de intervención social que se estea levando a cabo polo servizos sociais comunitarios se detecte unha situación de especial vulnerabilidade que requira da aplicación deste recurso.
A solicitude farase por escrito nos modelos normalizados recollido neste regulamento á que se xuntara a seguinte documentación, segundo a modalidade da que se trate:
a) Modalidade de acceso directo:
- Solicitude normalizada segundo o modelo no Anexo I-A.
- Fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante.
- Certificado de empadroamento e convivencia.
- Fotocopia da cartilla de asistencia sanitaria.
- Xustificante de ingresos económicos da persoa usuaria e de aquelas outras que resulten computables segundo o artigo 16. Só naqueles casos en que a administración autonómica non deixe suficientemente acreditada esta capacidade ou, no seu caso, a contía sirva para determinar unha porcentaxe distinta a aboar sobre o custo total do servizo. Os documentos que se achegarán son os mesmos que se enumeran no apartado b) deste artigo.
b) Modalidade de acceso libre:
- Solicitude normalizada segundo o modelo no Anexo I-B.
- Fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante.
- Certificado de empadroamento e convivencia.
- Fotocopia da cartilla de asistencia sanitaria.
- Xustificante de ingresos económicos da persoa usuaria e de aquelas outras que resulten computables segundo o artigo 16.
· Declaración da renda ou certificación negativa de non ter obriga de facela.
· Certificado de pensións, prestacións de desemprego ou de carácter social.
· Última nómina.
· Outros documentos acreditativos da situación económica e laboral que poidan resultar necesarios para estimar correctamente as condicións da persoa solicitante.
- Informe de saúde no que consten o estado xeral da persoa así como a prescrición de tratamentos.
2. O procedemento poderá iniciarse de oficio polos servizos sociais comunitarios con carácter urxente cando se produzan situacións de estrema necesidade que resulten suficientemente xustificadas, mediante resolución motivada da alcaldía, sen prexuízo da posterior instrución do correspondente expediente que atenderá ao mencionado no apartado primeiro deste artigo.
Artigo 7. Instrución e alta no SAF
1. Unha vez presentada a solicitude no rexistro xeral do concello, as traballadoras sociais dos servizos sociais comunitarios procederán á apertura do correspondente expediente e á emisión do informe social no que se recollerán aqueles aspectos relevantes para a prestación do servizo e incluirá a proposta de resolución. A este xuntaráselle a proposta técnica do proxecto de intervención que terá en conta entre outros aspectos a demanda horaria da persoa solicitante.
2. Para a modalidade de acceso libre aplicarase o baremo que se achega no Anexo II coa fin de avaliar a solicitude do SAF outorgándolle unha puntuación naqueles casos nos que non sexa posible conceder praza de forma inmediata, o resultado servirá para adxudicar un posto na listaxe de agarda.
3. A alcaldía ou órgano competente ditará resolución, e esta seralle notificada á persoa interesada.
4. Recibida a notificación, a persoa titular deberá asinar o acordo do servizo no que se recollerán as condicións básicas da prestación, Anexo III.
5. O servizo dará comezo nun prazo máximo de 10 días naturais desde que teña lugar a sinatura do acordo.
CAPÍTULO III: DA PRESTACIÓN DO SAF
Artigo 8. Organización do SAF
O concello de Teo será o titular deste servizo, sendo este por medio do seu departamento de servizos sociais o encargado de exercer de forma exclusiva as funcións de planificación, programación, dirección técnica, coordinación, execución, seguimento, supervisión, control e avaliación do SAF, así como a recepción, avaliación e resolución das solicitudes.
Artigo 9. Formas de prestación
O SAF poderá prestalo directamente esta administración local ou ben externalizalo mediante algunha das modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, a través dunha entidade privada que se atope debidamente autorizada.
Artigo 10. Profesionais que interveñen
1. Na prestación do servizo intervirán nun primeiro nivel as traballadoras sociais dos servizos sociais comunitarios que serán as profesionais que reciban a demanda e realicen as seguintes funcións:
a) Informar e asesorar sobre o servizo.
b) Estudar as demandas individuais, avaliar a situación e deseñar a proposta de atención.
c) Emitir o informe social preceptivo con proposta específica de atención, intensidade e nivel de participación no pagamento.
d) Estimular as responsabilidades dos familiares como coidadores primarios.
e) Avaliar e facer o seguimento de cada caso.
f) Coordinarse coas profesionais que presten o servizo.
g) Formular as propostas de modificación do servizo.
h) Xestionar o expediente individual ou familiar.
i) Realizar as xestións e tarefas necesarias para a consecución doutros servizos e prestacións nos casos nos que sexa oportuno.
2. Nun segundo nivel intervirán os profesionais encargados da execución do servizo, os cales poderán ser persoal do concello ou da empresa adxudicataria do servizo no caso de que a prestación do SAF se atope externalizado. Estes profesionais serán:
a) Unha ou varias traballadoras sociais, en función da ratio fixada na orde de 22 de xaneiro de 2009, e que exercerá/n as seguintes funcións:
- Programación e execución das propostas de intervención deseñadas polas traballadoras sociais dos servizos sociais comunitarios.
- Asignación e supervisión de tarefas ás auxiliares de SAF.
- Control da execución do servizo e dos profesionais que o desenvolven.
- Reasignación e reorganización dos servizos no caso de facerse precisa substitución dalgunha das auxiliares.
- Estudo e análise dos resultados.
- Supervisión e control do seguimento de cada caso dando conta aos profesionais dos servizos sociais municipais.
- Reunións periódicas coas/cos profesionais responsables dos servizos sociais comunitarios.
- Prever situacións de marxinalidade e/ou illamento ou evitar que os problemas ou limitacións que presenten os usuarios xeren outros.
- Reforzar a formación e reciclaxe do persoal que fai o traballo domiciliario.
- Informar das incidencias na prestación do servizo.
- Favorecer o apoio social ás persoas usuarias facilitando a labor das persoas voluntarios, fomentando o contacto co exterior.
- Deseñar e supervisar a labor das persoas voluntarias, cando existan.
- Realizar os informes sociais individuais ou familiares que resulten necesarios e, en calquera caso, para o seguimento con unha periodicidade de dous meses. Destas supervisións quedará constancia no correspondente expediente individual. Esta supervisión servirá de base para revisar e axustar, de ser preciso, o contido da prestación recollido no proxecto de intervención.
b) As auxiliares de axuda no fogar contarán coas titulacións reguladas nos reales decretos 496/2003, do 2 de maio e 1379/2008, de 1 de agosto; e realizarán as seguintes funcións:
- Prestar as atencións persoais ou domésticas que se inclúan no proxecto de intervención.
- Proporcionar orientación nas actividades da vida cotiá coa fin de favorecer a normalización do funcionamento do fogar.
- Facer ao usuario protagonista do seu proxecto vital, fomentando a súa autonomía.
- Actuar de enlace entre a persoa usuaria e o persoal técnico do servizo.
c) De forma complementaria, poderá participar persoal voluntario que realizará a súa labor baixo supervisión técnica.
d) No caso de intervencións de carácter socioeducativo derivadas dun diagnóstico de desestruturación familiar, incorporarase ao proceso, de acordo coas circunstancias do fogar de que se trate, outros profesionais técnicos pertencente ao equipo dos servizos socias comunitarios.
Artigo 11. Intensidade do servizo
1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e da proposta técnica recollida no proxecto de intervención.
2. A intensidade do SAF para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia estará predeterminada no seu PIA. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de maneira que cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 3.1.a), todos os días da semana.
3. Nos restantes casos, a intensidade do servizo virá determinada na prescrición efectuada polos servizos sociais comunitarios.
Artigo 12. Horario de atención
1. Fíxase como horario mínimo de funcionamento o comprendido entre as 8:00 e as 21:00 horas.
2. Excepcionalmente poderán determinarse servizos fóra deste horario sempre coa correspondente xustificación e proposta positiva da traballadora social dos servizos sociais comunitarios.
3. Atendendo ao proxecto de intervención e tendo en conta a modalidade a través da cal tivo lugar o acceso ao SAF, os días de prestación do servizo serán:
a) Persoas con PIA de axuda no fogar: todos os días do ano.
b) Persoas e unidades familiares nas que resulta indicado o servizo: recibirán por norma xeral o servizo de luns a venres excepto días festivos, así como o 24 e 31 de decembro. Con carácter excepcional, e atendendo á prescrición técnica da traballadora social dos servizos sociais comunitarios, o SAF poderá prestarse en días diferentes aos nomeados.
Artigo 13. Causas de extinción e modificación do servizo
1. Son causas de extinción do SAF, as seguintes:
a) A renuncia da persoa usuaria.
b) O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co SAF.
c) Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
d) Falecemento da persoa usuaria.
e) Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
f) A falta reiterada de pagamento do servizo.
g) Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.
3. Cando se trate dun servizo asignado a persoas en situación de dependencia consonte ao determinado na resolución do PIA, a incoación por parte do concello de Teo, dun expediente de extinción ou modificación substancial das condicións de prestación do servizo deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de modificación do PIA.
Artigo 14. Causas de suspensión temporal do servizo
Son causas de suspensión temporal do servizo, logo da tramitación do correspondente expediente as seguintes causas:
1. Ausencia temporal do domicilio, por un máximo de tres meses ao ano, debendo presentar a solicitude a tal efecto con 10 días naturais de antelación. Si o motivo fora un ingreso hospitalario imprevisto ou outra causa de forza maior, non será preciso cumprir este prazo. Estas circunstancias serán acreditadas documentalmente.
2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio das circunstancias causantes da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.
Artigo 15. Protocolo de substitución da persoa auxiliar
Como norma a substitución da persoa auxiliar comunicarase con 5 días de antelación, excepto caso de indisposición imprevista, nesta circunstancia a comunicación farase á maior brevidade posible indicando a causa do cambio e a súa duración.
CAPÍTULO IV: DA PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS NO CUSTO DO SAF
Artigo 16. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo
1. Para os efectos deste artigo considérase persoa usuaria aquela para a cal se solicite o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria (aos efectos deste apartado) un dos membros adultos da unidade de convivencia.
2. A capacidade económica das persoas usuarias do SAF calcularase en atención á súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, as persoas conviventes economicamente dependentes, de acordo co establecido nos parágrafos seguintes.
3. A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.
4. Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das que deba responder. Considerándose exentos do cómputo a vivenda habitual en que se preste os servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. Nos supostos de cotitularidade, só se terá en consideración a porcentaxe correspondente á propiedade da persoa beneficiaria.
5. No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito, as rendas de ambas as dúas terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambos os dous membros da parella.
6. A capacidade económica por razón de renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co número anterior, entre a suma dos seguintes convivintes: as persoas perceptoras de rendas computables e, se é o caso, os ascendentes ou fillas/os menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen economicamente dos citados perceptores.
7. A capacidade económica resultante será a correspondentes á renda da persoa usuaria, calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realización da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir dos 65 anos de idade, dun 3% dos 35 aos 65 anos de idade e dun 1% os menores de 35 anos.
8. Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.
Artigo 17. Procedemento de revisión da participación da persoa usuaria no custo do servizo
1. As persoas usuarias deberán comunicar aquelas variacións económicas que afecten ás rendas computables no relativo ao cálculo da porcentaxe de participación no custo do servizo, cando estas teñan lugar e, en calquera caso, no prazo de revisión anual que se desenvolverá durante os dous primeiros meses de cada ano.
2. As modificacións serán substanciadas suficientemente en procedemento administrativo ao que se achegará informe social que recolla proposta de resolución.
3. A alcaldía ou órgano competente ditará resolución, e esta seralle notificada á persoa interesada.
Artigo 18. Custo e financiamento do SAF
1. O servizo financiarase coas achegas da administración xeral do estado, a da comunidade autónoma e coas achegas das propias persoas usuarias.
2. O custo do SAF e o nivel de participación das persoas usuarias atenderá ao disposto na ordenanza fiscal vixente para este servizo. Nos casos previstos no artigo 5.2.c) poderán aplicarse os criterios específicos que fixe a ordenanza fiscal aplicable, como incentivo para a incorporación ao programa.
CAPÍTULO V: DEREITOS E DEBERES DAS PERSOAS USUARIAS
Artigo 19: Dereitos e deberes
As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos e deberes que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán os dereitos e deberes que se enuncian nos artigos seguintes.
Artigo 20: Dereitos das persoas usuarias
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade.
2. A recibiren unha atención adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso.
3. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
4. A coñeceren a situación do seu expediente.
5. Ao tratamento confidencial dos seus datos de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
6. A recibiren información precisa e clara sobre as posibles modificacións sobrevidas durante a prestación efectiva do servizo.
7. A presentaren queixas e suxestións ao persoal coordinador do servizo cando expresaren reclamacións ou fixeren suxestións sobre a súa prestación efectiva.
Artigo 21: Deberes das persoas usuarias
1. Cumprir coas condicións do servizo, facilitándolle a execución das tarefas ao persoal a cargo e poñendo á súa disposición, se é o caso, os medios materiais necesarios.
2. Colaborar, na medida das súas posibilidades, no desenvolvemento do servizo en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
3. A facilitar e colaborar no seguimento e avaliación do servizo.
4. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presenten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
5. Informar dos cambios de calquera circunstancia que impliquen unha modificación na súa capacidade económica, así como de circunstancias relevantes de carácter persoal ou familiar que puidesen dar lugar á modificación, suspensión ou extinción na prestación do servizo.
6. Participar no pagamento do servizo nos termos que se determina neste Regulamento e na ordenanza fiscal reguladora.
7. A comunicar, en circunstancias ordinarias e previsibles, con dez días de antelación, calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir a prestación do servizo.
Artigo 22: Libro de reclamacións
Nas dependencias dos servizos sociais comunitarios existirá un libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias do servizo. No caso de realizarse unha queixa facilitaráselle copia desta á persoa usuaria e remitirase outra ao servizo de inspección autonómico.
ANEXO I-A: SOLICITUDE ACCESO DIRECTO
1-DATOS DE IDENTIDADE DA PERSOA QUE SOLICITA
Apelidos ................................................................................... Nome .................................................................
DNI ................................................... Data de nacemento ....................................................................................
Estado civil .............................................. Teléfono/s ...........................................................................................
Enderezo ..............................................................................................................................................................
Ingresos mensuais / procedencia ..........................................................................................................................
Nº Expte dependencia ...........................................................................................................................................
Grao ........................ Nivel ..................................... Data de resolución .................................................................
Contido do plan de coidados ..................................................................................................................................
............................................................................................................................................................................
Contido do PIA ......................................................................................................................................................
............................................................................................................................................................................
Data de resolución do PIA ......................................................................................................................................
Horas mensuais de SAF segundo o PIA .............................. Horas solicitadas .........................................................
2-DATOS DA UNIDADE FAMILIAR (familiares que convivan co/a solicitante)
Nome e apelidos | Parentesco | Idade | Estado civil | Ingresos / procedencia |
3-ATENCIÓNS QUE SOLICITA E PERSOA BENEFICIARIA DO SERVIZO
Atencións persoais Atencións domésticas
Teo, ........................... de .................................. de 20........
Asd.: .....................................................................................................
Sr. Alcalde do Concello de Teo
ANEXO I-B: SOLICITUDE ACCESO LIBRE
1-DATOS DE IDENTIDADE DA PERSOA QUE SOLICITA
Apelidos ................................................................................... Nome .................................................................
DNI ................................................... Data de nacemento ....................................................................................
Estado civil .............................................. Teléfono/s ...........................................................................................
Enderezo ..............................................................................................................................................................
Ingresos mensuais / procedencia ..........................................................................................................................
2-DATOS DA UNIDADE FAMILIAR (familiares que convivan co/a solicitante)
Nome e apelidos | Parentesco | Idade | Estado civil | Ingresos / procedencia |
3-ATENCIÓNS QUE SOLICITA E PERSOA BENEFICIARIA DO SERVIZO
Teo, ........................... de .................................. de 20........
Asd.: .....................................................................................................
Sr. Alcalde do Concello de Teo
ANEXO II: BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA
FACTOR-1: AUTONOMÍA PERSOAL (máximo total 40 puntos)
O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia.
As persoas dependentes valoradas que polo calendario oficial de implantación teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar), non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.
A asignación de valor en función do factor ¿autonomía persoal" realizarase de acordo coa seguinte táboa:
TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL | |||||||||
De 33% a 64% de discapacidade | De 65% a 74% de discapacidade | 75%-100% | 81%-87% | 88%-93% | 94%-100% | Grao de discapacida de en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD | |||
75%-100% discapacidade e ata 14 pts ATP | 75%-100% discapacidade e 15-29 pts ATP | 75%-100% discapacidade e 30-44 pts ATP | 75%-100% discapacidade e 45-72 pts ATP | Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa. ATP RD 1971/1999 | |||||
75% discapacidade e ata 24 pts BVD | 25-39 pts BVD | 40-49 pts BVD | 50-64 pts BVD | 65-74 pts BVD | 75-89 pts BVD | 90-100 pts BVD | Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa. Puntuación BVD (RD. 504/2007) | ||
Grao I, Nivel 1 | Grao I, Nivel 2 | Grao II, Nivel 1 | Grao II, Nivel 2 | Grao III, Nivel 1 | Grao III, Nivel 2 | Situación de dependencia. Decreto 176/2007 | |||
5 pts | 10 pts | 14 pts | 20 pts | 24 pts | 30 pts | 32 pts | 38 pts | 40 pts | PUNTUACIÓN Nivel de Autonomía persoal |
Total puntos autonomía persoal ....................................................................................... |
FACTOR-2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)
Puntos
A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio (20 puntos) | ||||
A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes (18 puntos) | ||||
A persoa convive con persoa sen capacidade para atendelo (ata 12 puntos): | ||||
Cunha persoa maior de 70 anos (3 puntos) | ||||
Cunha persoa con discapacidade ou dependencia (3 puntos) | ||||
Cunha persoa que carece de tempo (3 puntos) | ||||
Con incapacidade para organizarse (3 puntos) | ||||
Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades (8 puntos) | ||||
Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 km (5 puntos) | ||||
Está ben atendido (0 puntos) |
Puntos
Total puntos apoio social |
FACTOR-3: SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES (máximo total 20 puntos)
3. Conflito (máximo total 4 puntos)
Puntos
Cun membro xerador de conflito de nivel moderado (1 punto) | |
Cun membro xerador de conflito de nivel grave (2 puntos) | |
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel moderado (3 puntos) | |
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel grave (4 puntos) |
4. Limitacións de rol (máximo total 2 puntos)
Puntos
Familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atencións aos menores (2 puntos) |
5. Monoparentalidade (máximo total 2 puntos)
Puntos
Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada...) non poidan atender aos menores (2 puntos) |
6. Habilidades parentais (máximo total 2 puntos)
Puntos
Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización...) (2 puntos) |
7. Número de menores (máximo total 10 puntos)
Puntos
Un menor (3 puntos) | |
Dous menores (5 puntos) | |
Tres menores (7 puntos) | |
Catro ou máis menores (10 puntos) |
Puntos
Total puntos situación familiar/socialización menores |
FACTOR-4: OUTROS ASPECTOS SOCIAIS (máximo total 20 puntos)
4.1. Vivenda (total 10 puntos)
Puntos
Non hai luz eléctrica (1 punto) | |
Non hai auga corrente (1 punto) | |
Non posúe WC (1 punto) | |
Non posúe cuarto de baño completo (1 punto) | |
Non ten neveira (1 punto) | |
Non ten quentador (1 punto) | |
Non ten lavadora (1 punto) | |
Non reúne condicións mínimas de hixiene/habitabilidade (1 punto) | |
Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (1 punto) | |
Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (1 punto) |
2.2. Integración no contorno (total 10 puntos)
Puntos
Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos) | |
Ausencia de relacións sociais (6 puntos) | |
Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos) | |
Integración axeitada no contorno (0 puntos) |
Puntos
Total puntos outros aspectos sociais |
Puntos
TOTAL XERAL |
ANEXO III: ACORDO DE PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
NOME E APELIDOS ...............................................................................................................................................
ENDEREZO ...........................................................................................................................................................
............................................................................................................................................................................
NIF ................................................... TELÉFONO/S ..........................................................
Reunidas as persoas asinantes, conveñen e outorgan:
1º) O Concello de Teo, a solicitude da persoa usuaria, obrígase a presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) dende o día ........................
2º) O servizo contrátase de acordo co regulamento do SAF e a ordenanza fiscal vixentes.
3º) O contrato fíxase polo prazo ......................., agás modificacións deste por algunha das partes.
4º) O SAF levarase a cabo os días .................................. en horario de .............................; por un total de ......... horas semanais.
5º) Que atendendo á Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda no Fogar, a Ordenanza Fiscal municipal que regula as taxas do SAF, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria comprométese a aportar ............... % mensual do custo do servizo, como contribución ao custe total. A diferenza ata o 100% corresponderá ao concello.
6º) Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes (marcar as que procedan):
Atencións de carácter persoal
Atencións de carácter apoio psicosocial
Atencións de carácter doméstico
Atencións de carácter socio-educativo
Atencións de carácter técnico e complementario
----------------------------------------------------------------
7º) As tarefas que se fixan, inicialmente, para o desenvolvemento do SAF son as que se relacionan no proxecto de intervención incorporado ao expediente e que se achegan a este documento.
8º) A persoa usuaria acepta a obriga de facer o pagamento da taxa correspondente na primeira semana do mes seguinte de atención, no número de conta que fixe este concello.
Logo de facer o ingreso remitirase un exemplar do xustificante de pagamento ao Departamento de Servizos Sociais.
9º) Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo, deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAF, sendo anexadas ao acordo orixinal.
10º) Que o servizo se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda no Fogar e no Regulamento municipal sobre o SAF, onde están recollidas os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción. As cales se fan constar a continuación:
Dereitos das persoas usuarias
8. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade.
9. A recibiren unha atención adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso.
10. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
11. A coñeceren a situación do seu expediente.
12. Ao tratamento confidencial dos seus datos de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
13. A recibiren información precisa e clara sobre as posibles modificacións sobrevidas durante a prestación efectiva do servizo.
14. A presentaren queixas e suxestións ao persoal coordinador do servizo cando expresaren reclamacións ou fixeren suxestións sobre a súa prestación efectiva.
Deberes das persoas usuarias
8. Cumprir coas condicións do servizo, facilitándolle a execución das tarefas ao persoal a cargo e poñendo á súa disposición, se é o caso, os medios materiais necesarios.
9. Colaborar, na medida das súas posibilidades, no desenvolvemento do servizo en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
10. A facilitar e colaborar no seguimento e avaliación do servizo.
11. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presenten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
12. Informar dos cambios de calquera circunstancia que impliquen unha modificación na súa capacidade económica, así como de circunstancias relevantes de carácter persoal ou familiar que puidesen dar lugar á modificación, suspensión ou extinción na prestación do servizo.
13. Participar no pagamento do servizo nos termos que se determina nesta ordenanza e na ordenanza fiscal reguladora.
14. A comunicar, en circunstancias ordinarias e previsibles, con dez días de antelación, calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir a prestación do servizo.
Libro de reclamacións
Nas dependencias dos servizos sociais comunitarios existe un libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias do servizo. Da mencionada queixa a persoa usuaria poderá obter copia.
Causas de extinción e modificación do servizo
1. A renuncia da persoa usuaria.
2. O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co SAF.
3. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
4. Falecemento da persoa usuaria.
5. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
6. A falta reiterada de pagamento do servizo por tres meses consecutivos ou catro meses alternos no período dun ano, previo apercibimento.
7. Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
Causas de suspensión temporal do servizo
1. Ausencia temporal do domicilio, por un máximo de tres meses ao ano, debendo presentar a solicitude a tal efecto con 10 días naturais de antelación. Si o motivo fora un ingreso hospitalario imprevisto ou outra causa de forza maior, non será preciso cumprir este prazo. Estas circunstancias serán acreditadas documentalmente.
2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio das circunstancias causantes da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.
Ambas partes dan a súa conformidade ao presente acordo de prestación do SAF, e asínano
Teo, .............. de ................................... de 20..........
.................................................. ..............................................
A persoa usuaria A traballadora social