Touro - Ordenanza reguladora da taxa por licencias de apertura de establecementos

Publicación provisional: 08/10/2009 BOP Nº: 218
Publicación definitiva: 24/12/2009 BOP Nº: 270
Aplicable dende: 01/01/2010

Artigo 1.º- Fundamento e réxime.

O Concello de Touro conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de acordo co previsto nos artigos 20 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, establece a taxa polo outorgamento de licencias de apertura de establecementos, que se regulará pola presente ordenanza e polo disposto no R. D. Lexislativo 2/2004.

Artigo 2.º- Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outra esixida polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura.

2. Para tal efecto, terá a consideración de apertura:

a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comenzo ás súas actividades.

b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.

c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no n.º 1 deste artigo, esixindo nova verificación destas.

d) Os traspasos ou cambios de titularidade dos establecementos por calquera causa.

3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ao público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:

a) Se dedique ao exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesá da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ao imposto sobre actividades económicas.

b) Aínda sen desenvolver aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para estas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.

Artigo 3.º- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver, ou, no seu caso, se desenvolva en calquera establecemento industrial ou mercantil.

Artigo 4.º- Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º- Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

2. Cando a apertura xa tivese lugar sen ter a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fose autorizable a dita apertura.

3. A obriga de contribuír, unha vez nada, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.

Artigo 6.º- Base impoñible e liquidable.

EPÍGRAFE A)

ACTIVIDADES INOCUAS

Licencias para o exercicio de actividades comerciais, artesáns ou de servicios de menos de 50 m2

121

Licencias para o exercicio de actividades comerciais, artesáns ou de servicios de 51 a 100 m2

181

Licencias para o exercicio de actividades comerciais, artesáns ou de servicios de 101 m2 en adiante

242

Cambio de titularidade

50% dos anteriores

EPÍGRAFE B)

ACTIVIDADES SUXEITAS AO DECRETO 133/2008, DO 12 DE XUÑO, DE AVALIACIÓN DA INCIDENCIA AMBIENTAL, ESPECTÁCULOS PÚBLICOS, ACTIVIDADES RECREATIVAS E SIMILARES.

Licencias para o exercicio de actividades empresariais, industriais ou de construcción de ata 100 m2 de superficie

242

Licencias para o exercicio de actividades empresariais, industriais ou de construcción de 101 a 250 m2 de superficie

361

Licencias para o exercicio de actividades empresariais, industriais ou de construcción de máis de 251 m2 de superficie

485

Cambio de titularidade

50% dos anteriores

EPÍGRAFE C)

Actividades sometidas a avaliación de impacto ambiental

1% do orzamento de execución material.

Cambio de titularidade

50% da taxa por licencia de apertura

Quedan bonificadas no 90 por cento os establos que non superen as instalacións para 10 cabezas de gando.

Artigo 7.º- Cota tributaria.

A cota tributaria determinarase aplicando o tipo de gravame do 100 por cento sobre a base definida no artigo anterior.

No caso de cambios de titularidade por calquera causa, de establecementos ou locais suxeitos ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, a cota tributaria determinarase aplicando o tipo de gravame do 100 por cento sobre a base impoñible. Cando se trate de actividades que non estean suxeitas ao devandito regulamento, o tipo aplicable será o 50 por cento.

Artigo 8.º- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

De conformidade co disposto no R. D. Lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido en tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.

Artigo 9.º- Declaración, liquidación e ingreso.

1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local, xuntando o proxecto técnico e demais documentos esixibles polas disposicións vixentes.

2. Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións poñeranse en coñecemento da Administración municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.

3. Rematada a actividade municipal e unha vez dictada a resolución municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase a liquidación correspondente, que se notificará ao suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas Arcas municipais utilizando os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 10.º- Infraccións e sancións.

Constitúen casos de infracción grave:

a) A apertura de locais sen a obtención da correspondente licencia será sancionado co importe do 200 por cento do establecido no epígrafe correspondente, sen prexuízo doutras responsabilidades.

b) A falsidade dos datos necesarios para a determinación da base de gravame será sancionado co importe do 200 por cento do establecido no epígrafe correspondente, sen prexuízo doutras responsabilidades.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 25 de setembro de 2009, sendo de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2010, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa."

Segundo.- Derrogar a ordenanza correspondente á taxa por licencia de apertura de establecementos vixente publicada no Boletín Oficial da Provincia de data 30 de novembro de 1989.