Dumbría - Ordenanza fiscal núm. 1.1 Reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras

Publicación provisional: 10/12/2009 BOP Nº: 260
Publicación definitiva: 03/02/2010 BOP Nº: 22
Aplicable dende: 03/02/2010

Artigo 1.- Feito impoñible.

1.- Constitúe o feito impoñible do imposto, a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obra urbanística, si se houbera obtido ou non dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio.

2.- As construccións, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir en:

A) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.

B) Obras de demolición.

C) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición anterior coma o seu aspecto exterior.

D) Alineacións e rasantes.

E) Obras de fontanería e rede de sumidoiros.

F) Obras de cemiterios.

G) Calquera outras construccións, instalacións e obras que requiran licenza de obra ou urbanística.

Artigo 2.- Suxeitos pasivos.

1.- Son suxeitos pasivos de este imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeneral Tributaria, propietarios de inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras: nos demais casos considerarase contribuínte a quen ostente a condición de dono da obra.

2.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construccións, instalacións ou obra, se non foran os propios contribuíntes.

Artigo 3.- Base impoñible, cota e devengo.

1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra.

2.- A cota do imposto será o resultado de aplicar a base impoñible os seguintes tipos de gravame:

A) Construccións, instalacións e obras dende 0,006 € a 300.000,00 € de custo, o tipo de gravame será do 2% do custo real e efectivo.

B) Construccións, instalacións e obras de custo maior a 300.000,00 €, o 2% dos 300.000,00 € primeiros de custo real e efectivo e o 4% do custo que supere dita cantidade.

3.- O imposto devengarase no mesmo momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se haxa obtido a correspondente licenza.

Artigo 4.- Xestión.

1.- Ao solicitar a licenza municipal preceptiva practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do orzamento declarado polos interesados, que será aceptado como provisional sempre que sexa igual ou superior aos custos tipo ou indicativos, que serán aprobados pola Alcaldía previos aos informes pertinentes. Non se tramitará a licenza municipal ata que non conste no expediente o pago da liquidación provisional.

2.- A vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade correspondente.

3.- No caso de que a correspondente licenza de obras ou urbanística sexa denegada, os suxeitos pasivos terán dereito á devolución das cotas satisfeitas.

4.- A vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso a cantidade que corresponda.

Artigo 5.- Inspección e recadación.

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 6.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así coma a determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no B.O.P., permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.