Vilasantar - Ordenanza fiscal núm. 3, reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras
Artigo 1º.
1. De conformidade co previsto no artigo 101 da Lei 39/1998, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible do imposto, a realización, dentro do termo municipal de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licencia de obra urbanística, obténdose ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio.
2. As construccións, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir en:
A) Obras de construcción de edificacións e instalacións, de toda clase, de nova planta.
B) Obras de demolición.
C) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.
D) Alienacións e rasantes.
E) Obras de fontanería e sumidoiros.
F) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia de obra urbanística.
Artigo 2º.
1. Son suxeitos pasivos deste Imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións e obras sempre que sexan donos das obras, nos demais casos, considerarase contribuínte quen ostente a condición de dono da obra.
2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen soliciten as correspondentes licencias ou realicen construccións, instalacións e obras, se non foran os propios contribuíntes.
Artigo 3º.
1. A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra.
2. A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3. O tipo de gravame será o 2 por 100.
4. O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licencia.
Artigo 4º.
1. Cando se conceda a licencia preceptiva practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo fora visado polo Colexio Oficial correspondente, noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais, de acordo co custo estimado do proxecto.
2. Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicamente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
Artigo 5º.-
A inspección e recadación do imposto realizaranse de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións que a complementan e desenrolan.
Artigo 6º.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenrolan
Artigo 7º.
No non expresamente previsto na presente Ordenanza, rexeran os preceptos contidos na Subsección 5.ª, da Sección 3.ª, do Capítulo II, do Título II da referida Lei 39/1988, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenrolo.
Disposición Final.
A presente Ordenanza Fiscal, na que a redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o vinte de setembro de mil novecentos ostenta e nove, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial de Provincia e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de mil novecentos noventa, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Firmando o Alcalde e Secretario.