Vedra - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo da piscina municipal
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
Artigo 2º.- Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible desta taxa: a prestación do servizo da piscina municipal, mediante a súa utilización por particulares e entidades, con motivo da ocupación do tempo libre e a realización de actividades deportivas, durante a tempada de verán; que comprenderá dende o 15 de xuño ata o día 15 de setembro de cada ano; segundo o seguinte horario:
- De luns a venres:
(Para utilización polo público en xeral)
Mañá: 11,00 a 14,00 horas.
Tarde: 15,00 a 20,00 horas.
-Sábado, domingos e festivos:
(Para a súa utilización polo público en xeral)
Dende as 12,00 horas ata as 20,00 horas.
Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.
Artigo 4º.- Responsables.
Artigo 5º.- Cota tributaria.
A cota tributaria será a que resulte de aplicar as seguintes tarifas:
Epígrafe 1º.- Piscina
I) Non abonado: Por entrada diaria de cada persoa.
-Ata 6 anos de idade: 0 euros
-Maiores de 65 anos co carné da 3ª idade: 0 euros.
Residentes no municipio:
-Menores de 14 anos: 1 euro
-Maiores de 14 anos: 2 euros
Non residentes no municipio:
-Menores de 14 anos: 2 euros
-Maiores de 14 anos: 3 euros
II) Bonos
Residentes no municipio:
-Menores de 14 anos:
-Bono de 12 baños: 5,00 euros
-Bono de 20 baños: 6,00 euros
-Maiores de 14 anos:
-Bono de 12 baños: 8,00 euros
-Bono de 20 baños: 12,00 euros
Non residentes no municipio:
-Menores de 14 anos:
-Bono de 12 baños: 8,00 euros
-Bono de 20 baños: 12,00 euros
-Maiores de 14 anos:
-Bono de 12 baños: 14,00 euros
-Bono de 20 baños: 24,00 euros
III) Abono familiar:
Residentes no municipio:
-Por toda a tempada: 18,00 euros
Non residentes no municipio:
-Por toda a tempada: 50,00 euros
Enténdese por abono familiar o titular, cónxuxe e fillos menores de 14 anos.
IV) Cursos de natación (é obrigatorio estar abonado)
Matrícula: 15,00 euros
Cursos en xeral, ata un máximo de 2 días á semana:
-Menores de 14 anos: 3 euros.
-Maiores de 14 anos: 9 euros.
Artigo 6º.- Exencións e bonificacións.
Estará exenta do pago desta taxa a utilización con motivo da realización de actividades organizadas por iniciativa do Concello ou patrocinadas polo mesmo.
Os mozos que acrediten estar en posesión do carné xove terán un desconto do 25%.
Artigo 7º.- Devengo e ingreso
Devéngase a taxa, e nace a obriga de contribuír, dende o momento en que se inicie a prestación do servizo.
O pago da taxa efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina municipal, cando se trate de entradas diarias por non abonados.
Os bonos e abonados deberán ser pagados nas contas bancarias a nome do Concello ou directamente na Tesourería Municipal.