Cee - Regulamento de réxime interno da gardería municipal do Concello de Cee

Publicación provisional: 20/04/2010 BOP Nº: 72
Publicación definitiva: 15/06/2010 BOP Nº: 111
Aplicable dende: 02/07/2010

CAPÍTULO I. Obxecto e ámbito de aplicación

O presente regulamento ten por obxecto establece-la organización e funcionamento de dito centro e promove-la participación nel de tódalas persoas implicadas.Este centro cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos/as. Este centro cooperará estreitamente cos pais, titores ou representantes legais co fin de facilita-la conciliación da vida familiar e laboral e consegui-la mellor integración entre o centro e as familias.

CAPÍTULO II. Procedemento de ingreso

Poderán solicitar praza no centro os nenos/as con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. No momento do seu ingreso, abriráselles un expediente persoal no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfono para avisos en casos de urxencia, asi como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada. O procedemento de reserva de praza e ingreso publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

CAPÍTULO III. Obxectivos do centro

Son obxectivos específicos deste centro:

-Promover e fomenta-lo desenvolvemento integral dos nenos/as e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno/a.

-Facilita-la conciliación entre a vida familiar e laboral.

-Facilita-lo desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc..

-Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio.

-Respecta-la singularidade e diversidade de cada neno/a.

-Posibilita-la integración progresiva dos nenos/as na cultura do seu medio. -Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias.

-Facilita-la adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo uso axeitado destes.

-Facilita-la integración dos nenos con necesidades educativas especiais.

Estes obxectivos deberán ser desenvolvidos no proxecto educativo do centro.

CAPÍTULO IV. Horario de apertura do centro

O centro permanecerá aberto 12 meses ó ano. agás os días declarados inhábiles, e poderá prestar servizo entre as 8 e as 20 horas, de luns a venres ámbolos dous inclusive, de acordo coas disponibilidades de recursos humanos e orzamentarios.

Tanto o calendario anual como o horario de apertura e peche figurar taboleiro de anuncios de cada centro.

CAPÍTULO V. Horario de permanencia dos nenos/as

- O horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro será con carácter xeral de oito horas diarias, agás causas excepcionais, e convenientemente xustificadas, a valorar pola dirección do centro

- Sempre que as circunstancias familiares dun neno/a o obriguen a permanecer no centro máis das oito horas estipuladas, fomentarase que os pais, titores ou representantes legais se fagan cargo do neno/a ó longo da xornada no tempo que dispoñan libre, co fin de fomenta-las relacións paterno-filiais.

- O horario de entrada-saída dos nenos/as no centro débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non leve consigo alteración das actividades dos demais nenos/as e do normal funcionamento do centro. Non obstante, unha vez acordados os horarios de entrada e saída dos nenos/as, as familias procurarán respectalos. En caso de retrasos inxustificados e reiterados, a dirección do centro tomará as medidas oportunas comunicándollas ós pais ó seu debido tempo.

- Ó remate da xornada os nenos/as serán entregados ós seus pais, titores ou representantes legáis. Nos casos nos que estes autoricen á dirección do centro para entrega-lo neno/a a outra persoa, esta deberá ser debidamente identificada.

- A organización do horario estará en función das características psicopedagóxicas e sociais dos nenos/as. Teranse en conta as posibilidades de mantemento da atención ós nenos/as ñas diferentes situacións e actividades que se organicen.

- Cada grupo de nenos/as terá un responsable que formará parte do equipo técnico do centro, participará na elaboración, a execución e a avaliación dos programas individuáis e colectivos que se establezan para o desenvolvemento da personalidade dos nenos/as, e terá a responsabilidade do grupo asignado. Os responsables de grupo materán relacións eos pais, titores ou representantes legáis dos nenos/as asignados ó seu grupo e, de se-lo caso, supervisarán o persoal en prácticas que teñan asignado.

- A asignación dos responsables para os diferentes grupos faraa a dirección do centro, logo de consulta ó equipo técnico. A dita asignación farase de acordó eos criterios establecidos no proxecto educativo do centro, procurando que o responsable do grupo asuma o mesmo grupo de nenos/as de anos anteriores.

CAPÍTULO VI. Relacións cos pais, titores ou representantes legais

A relación cos pais, titores ou representantes legáis, será en todo caso fomentada pola dirección do centro, tendo como principáis obxectivos:

-O intercambio de criterios educativos.

-Trasmisión mutua de información sobre actitudes e comportamento dos nenos/as.

-Compartir pareceres sobre incidentes, preocupacións, ilusións, actividades, etc.

A dirección poñerá en coñecemento dos pais, titores ou representantes legais de cada neno/a unha información sobre a súa evolución integral que terá carácter semestral.

As visitas dos pais, titores ou representantes legais dos nenos/as realizaranse de conformidade co horario establecido pola dirección para tal fin, sempre e cando non dificulte a boa marcha do centro.

Co fin de garanti-la necesaria cooperación eos pais, titores ou representantes legais dos nenos/as, realizaranse reunións xerais segundo a natureza dos temas que se van tratar que terán lugar nas dependencias do centro, logo da convocatoria por escrito. A periodicidade destas será a seguinte:

-Dúas reunións xerais, coincidindo co inicio e co remate do curso.

-Dúas reunións de grupo para realizar unha en cada semestre.

Este centro conta cun libro de reclamacións á disposición dos pais.

CAPÍTULO VII. Normas de saúde, hixiene e nutrición

Os nenos/as deberán acudir ó centro en condicións correctas de saúde e hixiene.

Non serán admitidos no centro os nenos/as que padezan enfermidades infecto-contaxiosas. A aparición destas enfermidades deberá ser comunicada polos pais, titores ou representantes legais á dirección do centro.

No caso de observarse síntomas dun proceso infecto-contaxioso nos nenos/as no propio centro, informarase á dirección deste, e avisaranse os seus pais, representantes legais ou titores, co fin de evita-la propagación da enfermidade entre os demais nenos/as. O reingreso no centro só será posible logo de transcorrido o período de contaxio e tralo informe médico que acredite tal circunstancia.

No caso de enfermidade ou accidente sobrevido no centro, despois das primeiras atencións in situ e, á maior brevidade posible, poñerase a dita circunstancia en coñecemento dos pais, titores ou representantes legáis do neno/a e, se é o caso, procurarase que o neno/a reciba a atención médica axeitada.

Cando se produza a falta de asistencia ó centro por un período superior a 3 días, debido a enfermidade ou outras circunstancias, os pais, titores ou representantes legais deberán comunicar este feito á dirección do centro. - Nos casos nos que se deban administrar medicinas ós nenos/as, deberán ir acompañadas dunha autorización firmada polos pais na que constará o nome do neno/a, o nome do medicamento, forma, dose e periodicidade na administración.

CAPÍTULO VIII. Promoción da integración

Este centro promoverá, dentro das súas posibilidades, a integración dos nenos/as con necesidades educativas especiais, sempre e cando conten cos recursos materiais e humanos necesarios.

Nestes casos requirirase o informe previo dos equipos de valoración e orientación correspondentes sobre o grao de discapacidade e a súa necesidade de integración.

CAPÍTULO IX. Estructura orgánica

O centro dispoñerá da seguinte estructura organizativa:

1. Dirección.

2. Equipo técnico.

3. Persoal de atención directa ós nenos/as.

4. Persoal de servicios.

0 equipo técnico constitúese como un grupo de traballo a través do cal o persoal de atención directa a nenos/as participa do proxecto integral do centro. Este equipo estará integrado polo director/a, que actuará como coordinador/a, e polo persoal de atención directa a nenos/as.

Son competencias propias do equipo técnico:

- Elabora-lo proxecto educativo e o proxecto curricular do centro, e proceder á súa modificación en caso necesario.

- Fixa-los criterios para o seguimento e avaliación destes documentos.

- Establecer criterios xerais ós que deben adaptarse as programacións dos grupos de idade.

- Elabora-la memoria anual do centro.

- Deseñar actividades que esixan coordinación entre os distintos grupos" idade.

- Programar actividades eos pais dos nenos/as.

- Elabora-lo proxecto de regulamento de réxime interior de cada centro.

O persoal de atención directa a nenos/as será o que estando en posesión da titulación ou habilitación correspondente realice funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo, así como as que lle encomende a dirección do centro.

Este persoal estará integrado por mestres especialistas en educación infantil e técnicos especialistas en xardín de infancia.

0 persoal de servicios xerais está integrado polo persoal limpeza. O persoal de limpeza realizará as funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo así como as que lle encomende a dirección do centro.

CAPITULO X. Participación de pais e nais

Para garanti-la axeitada participación dos pais serán de aplicación xeral a seguinte norma:

- Ó comezo do curso, a dirección do centro informará ós pais dos programas e actividades que se desenvolverán, da normativa establecida en relación co centro e cantos aspectos poidan resultar do seu interese.

- Os pais, titores e representantes legais terán dereito a solicitar canta información precisen sobre a atención recibida polos nenos/as.

CAPÍTULO XI. A linguaxe

A lingua utilizada en cada grupo será a lingua materna predominante entre os nenos/as que forman parte del, e coidarase que adquiran o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia. Atenderase de xeito individualizado a aqueles nenos/as do grupo que non teñan coñecemento suficiente da lingua materna predominante.

CAPÍTULO XII. Fomento da igualdade dos nenos e nenas

Este centro programará actividades para promove-la igualdade entre os nenos/as e evita-los comportamentos e as actividades discriminatorias por razón de sexo.

0 centro poñerá especial coidado en revisar aqueles materiais e ilustracións que se utilicen como instrumentos de traballo. Así mesmo vixiarase que no uso da linguaxe se adopten expresións e formas non discriminatorias.

Disposición Derrogatoria única

Se derrogan cantas disposicións contradigan ao presente regulamento.

Disposición Final única

O presente regulamento entrará en vigor, tras a súa aprobación definitiva, unha vez publicado so seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto polo artigo 65.2 da lei 7/1985, permanecendo en vigor ata que o Pleno da Corporación acorde a súa modificación ou derrogación.