Arteixo - Regulamento do servizo municipal de abastecemento de auga potábel e rede de sumidoiros en Arteixo e cadro de prezos do Concello de Arteixo

Publicación provisional: 26/04/2010 BOP Nº: 76
Publicación definitiva: 12/07/2010 BOP Nº: 130
Aplicable dende: 13/07/2010

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS.

Art. 1.- OBXECTO.

1.1. O Abastecemento de auga potábel e rede de sumidoiros do municipio de ARTEIXO son servizos públicos de competencia municipal, de conformidade co estabelecido nos artigos 25 e 26 dla Lei 7/1985, de 2 de abril, Regulamentadora das Bases de Réxime Local.

O presente Regulamento ten por obxecto regular as relacións entre a Entidade Subministradora que preste o servizo de subministro domiciliario de Auga potábel e rede de sumidoiros á clientela do mesmo; sinalándose os dereitos e obrigas básicas para cada unha das partes.

1.2. Para os efectos de simplificación, no presente Regulamento, denomínase CLIENTE á persoa usuaria do Servizo Municipal de Auga e/ou rede de sumidoiros que teña contratado o servizo de subministro de auga e/ou rede de sumidoiros. A persoa cliente debe ser a propietaria da finca, local ou industria, sen perxuicio da súa facultade de repercusión contra o usuario ou beneficiario do servizo.

1.3. Para os efectos deste Regulamento considérase Entidade subministradora de auga potábel aquelas persoas, naturais ou xurídicas, públicas ou privadas, que dedican a súa actividade á distribución domiciliaria da auga potábel e mantemento da rede de sumidoiros de ARTEIXO, consonte ao estabelecido na vixente Regulamentación do Réxime Local.

Art. 2.- NORMAS XERAIS.

2.1. O Concello de ARTEIXO procede á prestación do Servizo Municipal de Abastecemento de Auga e rede de sumidoiros, de acordo co definido e preceptuado pola Lei de Réxime Local e Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, na forma de xestión que se determine polo Pleno do Concello.

2.2. O servizo de subministro domiciliario de Auga Potábel e rede de sumidoiros axustarase a canto estabeoce el presente Regulamento, ao estipulado na Orde do 9 de Decembro de 1975 do Ministerio de Industria e Enerxía, pola que se aprobaron as ¿Normas Básicas para Instalacións Interiores de Subministro de Auga" que se refiren principalmente a instalacións interiores, e ao preceptuado nas Ordenanzas Municipais.

2.3. As características técnicas dos elementos e a execución das instalacións da rede xeral e das acometidas ás fincas, vivendas, locais ou industrias axustarase, ademais, ás ¿Normas Técnicas de Abastecemento e rede de sumidoiros" que como Anexos I e II forman parte deste Regulamento, no que competen á normativa citada no antedito parágrafo.

Art. 3.- CARÁCTER E OBRIGA DO SUBMINISTRO.

3.1. O Servizo de Abastecemento de Auga Potábel e rede de sumidoiros do Municipio de ARTEIXO mantén en todo momento, a condición de Servizo Municipal do Excelentísimo Concello de ARTEIXO.

3.2. Os servizos a que lle afecta este Regulamento quedarán sometidos permanentemente ao control do Concello de ARTEIXO, quen poderá revisar, en todo momento ou lugar, os traballos realizados e servizos prestados pola Entidade Subministradora, procurando non entorpecer a prestación dos mesmos.

3.3. A Entidade Subministradora, dentro do ámbito territorial no que desenvolve os seus servizos, definida como a área de cobertura que domina coas instalacións existentes en cada momento de abastecemento de auga e rede de sumidoiros, está obrigada a distribuír e situar nos puntos de toma da clientela a auga potábel, consonte ás condicións que fixa este Regulamento y demais disposicións que sexan de aplicación.

3.4. Para os efectos do disposto na vixente lexislación, estabelécese como requisito esencial de toda urbanización a instalación ou conexión á rede xeral do servizo de auga potábel e rede de sumidoiros. En consecuencia, non se concederán licenzas para edificar en solo urbano se ns correspondentes proxectos de obra que se sometan á Administración Municipal non consta a instalación ou conexión coa rede xeral de subministro de auga e rede de sumidoiros, coas garantías necesarias.

CAPÍTULO II.- OBRIGAS E DEREITOS DA ENTIDADE SUBMINISTRADORA E DA CLIENTELA

Art. 4.- OBRIGAS DA ENTIDADE SUBMINISTRADORA.

4.1. Obriga do Subministro. Dentro do termo municipal e no ámbito no que estea instalada a rede de distribución de auga a Entidade Subministradora, cos recursos ao seu alcance, está obrigada a conceder o subministro de auga a todas aquelas persoas ou entidades que o soliciten para o seu uso en edificios, locais e recintos, sempre que estes reúnan as condicións esixidas neste Regulamento e demais disposicións que sexan de aplicación.

4.2. Calidade da auga. A Entidade Subministradora está obrigada a subministrar auga á clientela, garantindo a súa potabilidade, consonte ás disposicións vixentes, até a chave de rexistro existente en propiedade pública xunto a muro - fachada, que se considera, con carácter xeral, como inicio da instalación interior da persoa cliente.

4.3. Conservación das instalacións. Atínxelle á Entidade Subministradora a conservación, mantemento e explotación, das redes e instalacións de auga e rede de sumidoiros adscritas á Entidade Subministradora, así coma ás acometidas de auga potábel até a chave de rexistro que contempla o apartado c) do artigo 32 e as acometidas de rede de sumidoiros até a arqueta de acometida. A persoa cliente deberá dispoñer pola seu conta das instalacións de elevación necesarias na súa finca para o abastecemento, naqueles casos en que sexa necesaria maior presión da subministrada.

4.4. Regularidade na prestación dos servizos. A Entidade Subministradora estará obrigada a manter a regularidade no subministro de auga. En calquera caso, non lle serán imputábeis as interrupcións destes servizos nos supostos indicados neste Regulamento.

4.5. Visitas ás instalacións. A Entidade Subministradora está obrigada a colaborar coas Autoridades e Centros de Educación para facilitar, en harmonía coas necesidades de explotación, que a clientela, persoas usuarias ou público en xeral, poida coñecer o funcionamento das mesmas.

4.6. Reclamacións. Contestar as reclamacións da clientela que se lle formulen por escrito, no prazo regulamentario.

4.7. Tarifas. A Entidade Subministradora estará obrigada a aplicar, aos distintos tipos de subministros que teña estabelecidos, os prezos e cadros de tarifas que, en cada momento, estean aprobadas polo Concello ARTEIXO.

4.8. Incorporación de obras e instalacións hidráulicas. Correspóndelle á Entidade Subministradora informar ou, no seu caso, redactar os proxectos de obras de abastecemento de auga potábel e construír o conxunto das instalacións precisas até os edificios ou inmobles obxecto do subministro domiciliario, así coma os de rede de sumidoiros.

Informar e, no seu caso, propoñer as correccións oportunas aos plans parciais e especiais, programas de actuación urbanística e proxectos de urbanización, respecto da rede de distribución de auga e rede de sumidoiros na área, sector, polígono ou unidade de execución correspondente. A Entidade Subministradora deberá informar, antes de que o Concello de ARTEIXO reciba calquera urbanización, o que se refira ás obras de abastecemento de auga e rede de sumidoiro, cando as mesmas non fosen executadas pola Entidade Subministradora.

4.9. Obras executadas polo Estado ou outras Administracións. Atínxelle á Entidade Subministradora a conservación, mantemento e explotación das obras e instalacións destinadas ao abastecemento de auga e rede de sumidoiros que sexan executadas polo Estado, Comunidade Autónoma de Galicia, Concello de ARTEIXO ou outras Administracións, unha vez que se produza a súa entrega ao Municipio de ARTEIXO e a súa afectación ou adscrición ao Servzio.

Art. 5.- DEREITOS DA ENTIDADE SUBMINISTRADORA.

5.1. Sen prexuízo daqueloutros dereitos que en relación con situacións específicas poidan derivarse para a Entidade Subministradora, e dos que lle outorguen as disposicións legais e regulamentarias en materia de xestión do Servizo Público, a Entidade Subministradora terá, con carácter xeral, os seguintes dereitos:

a) Inspección de instalacións interiores. Á Entidade Subministradora, sen prexuízo das competencias que a lexislación vixente lle confira as distintos Órganos da Administración, asístelle o dereito a inspeccionar, revisar e intervir, coas limitacións que se estabelecen neste Regulamento, as instalacións interiores do subministro que, por calquera causa, se encontren ou poidan encontrarse en servizo ou uso.

b) Cobramentos por facturación. Á Entidade Subministradora asístelle o dereito a percibir nas súas oficinas ou lugares destinados para o efecto, o importe das facturacións ou cargos que, regulamentariamente, lle formule á persoa cliente polas prestacións que se teñan realizado pola Entidade subministradora ou, no seu caso, teñan sido utilizadas.

Art. 6.- OBRIGAS DA CLIENTELA

6.1. Con independencia daquelas situacións que sexan obxecto dunha regulamentación especial neste mesmo Regulamento, das que poidan derivarse obrigas específicas para un cliente, estes terán, con carácter xeral, as obrigas seguintes:

a) Pagamento de recibos e facturas. En reciprocidade ás prestacións que recibe, todo cliente estará obrigado ao pagamento puntual dos cargos que se lle formulen consonte aos prezos que teña aprobados en todo momento a Entidade subministradora.

Así mesmo a persoa cliente estará obrigada ao pagamento puntual das cargas que se lle formulen derivadas dos servizos específicos que reciba, debidas á solicitude de prestación dun servizo individualizado, diferenciado dos que, en función do presente Regulamento, ten a obriga de prestar, previa a súa aceptación e asunción polo mesmo.

En canto aos consumos de auga se refire, esta obrigatoriedade de pagamento consideraráselle extensiva aos casos en que os mesmos se teñan orixinado por fuga, avaría ou defecto de construción ou conservación das instalacións interiores, ou por calquera outra causa non imputábel á Entidade Subministradora.

b) Pagamento de fianzas. Toda persoa solicitante, ao formalizar o contrato de subministro, está obrigada a depositar a correspondente fianza, consonte ao disposto no presente Regulamento e/ou nas disposicións legais vixentes.

c) Conservación de instalacións. Sen prexuízo de canto ao efecto estabelecen as Normas Básicas para Instalacións Interiores de Subministro de Auga, toda persoa cliente deberá utilizar de forma correcta as instalacións ao seu servizo, adoptando as medidas necesarias para conservar as mesmas na forma máis axeitada, e evitando o retorno á rede de posíbeis augas contaminantes, mantendo, ademais, intactos os precintos que garanten a inviolabilidade do contador e das instalacións de acometida, no seu caso, como bens de servizo público, así coma garantindo as condicións idóneas para a toma de lecturas de consumo do mesmo.

A persoa usuaria está obrigada a manter o contador e chave de paso en bo estado de conservación, de maneira que poidan ser desmontados con facilidade. Se para a súa substitución houbese que realizar reformas na súa instalación, estas serían por conta da persoa usuaria.

d) Facilidades para as instalacións e inspeccións. Toda persoa solicitante dun subministro, está obrigada a facilitarlle á Entidade Subministradora a colocación dos elementos precisos na propiedade obxecto do subministro, así coma a permitir a entrada a aquela ao persoal autorizado por dito Servizo, que así o acredite, a fin de que poida efectuar cantas comprobacións estean relacionadas co subministro. Igualmente, a persoa solicitante dun subministro está obrigada a cederlle á Entidade Subministradora o uso dos locais, recintos ou arquetas necesarios para a instalación dos equipos de medida e elementos auxiliares adecuados en cada caso.

e) Derivacións a terceiros. A clientela non poderá, baixo ningún concepto, ceder gratuíta ou mediante pagamento auga a terceiros, xa sexa con carácter permanente ou temporal, sendo responsábeis de toda defraudación que se produza no seu subministro, ben por si ou por calquera outra persoa que del dependa.

f) Avisos de avaría. A clientela debería, en interese xeral e no seu propio, poñer en coñecemento da Entidade Subministradora calquera avaría ou perturbación producida ou que, ao seu xuízo, se puidese producir na rede xeral de distribución ou nas acometidas.

g) Usos e alcance dos subministros. A clientela está obrigada a utilizar a auga subministrada na forma e para os usos contratados. Así mesmo, está obrigada a solicitarlle á Entidade Subministradora a autorización pertinente para calquera modificación nas súas instalacións, que implique un aumento nos caudais contratados de subministro, ou modificación no número das persoas receptoras.

h) Notificación de baixa. A persoa cliente que desexe causar baixa no subministro estará obrigada a interesarlle por escrito á Entidade Subministradora dita baixa cunha antelación mínima de un mes, indicando, en todo caso, a data en que debe cesar o antedito subministro.

i) Independencia de instalacións. Cando nunha mesma finca xunto á auga de distribución pública existise auga doutra procedencia, a persoa cliente estará obrigada a estabelecer redes e instalacións interiores por onde circulen ou se almacenen independentemente as augas, sen que exista posibilidade de que se mesturen as augas dunha ou doutra procedencia.

A Entidade Subministradora non se responsabilizará da calidade das augas nas instalacións que non cumpran estas condicións, advertíndoselle á clientela da responsabilidade na que pode incorrer, de producirse, por retroceso, a alteración das condicións de potabilidade das augas da rede pública.

Art. 7.- DEREITOS DA CLIENTELA

7.1. Sen prexuízo daqueloutros que en relación con situacións específicas poidan derivarse para a clientela, estes, con carácter xeral, terán os seguintes dereitos:

a) Potabilidade da auga. A recibir nas súas instalacións auga que reúna os requisitos de potabilidade estabelecidos nas disposicións vixentes.

b) Servizo permanente. A dispoñer permanente do subministro de auga potábel, consonte as condicións que se sinalan no seu contrato de subministro, sen outras limitacións cás estabelecidas no presente Regulamento e demais disposicións aplicábeis.

c) Facturación. A que os servizos que reciba, se lle facturen polos conceptos y contías vixentes en cada momento.

d) Periodicidade de lectura. A que se lle tome pola Entidade Subministradora a lectura ao equipo de medida que controle o subministro, coa frecuencia que se estabeleza na Ordenanza vixente.

e) Periodicidade de facturación. A que se lle formule a factura dos servizos que reciban, cunha periodicidade similar á de lectura.

f) Contrato. A que se lle formalice, por escrito, un contrato, no que se estipulen as condicións básicas do subministro.

g) Execución de instalacións interiores. A clientela poderá elixir libremente o instalador autorizado que execute as instalacións interiores, así coma o provedor do material, que deberán axustarse ás prescricións técnicas regulamentariamente esixíbeis.

h) Reclamacións. A formular reclamación contra a actuación da Entidade Subministradora ou as súas persoas empregadas, mediante os procedementos contemplados neste Regulamento. Cando a reclamación se refira ao cumprimento das condicións do subministro de auga, a persoa reclamante deberá acreditar a súa condición de titular do contrato de subministro, ou da persoa representante legal do mesmo.

i) Información. A consultar todas as cuestións derivadas da prestación e funcionamento do servizo en relación co seu subministro, así coma a recibir contestación por escrito das consultas formuladas por este procedemento. Igualmente, terá dereito, se así é solicitado pola persoa solicitante, a que se lle informe da Normativa Vixente que lle é de aplicación, así coma a que se lle facilite, por parte da Entidade Subministradora, para a súa lectura na sede do Servizo, un exemplar do presente Regulamento.

j) Visita de instalacións. A visitar, en harmonía e concordancia coas esixencias da explotación e sempre previa solicitude, as instalacións de tratamento de auga, estabelecendo a Entidade Subministradora, baixo a súa responsabilidade e criterio, os momentos máis axeitados para garantir a menor interferencia coa prestación do servizo.

CAPÍTULO III.- CONTRATOS E PÓLIZAS DE ABOAMENTO

Art. 8.- CONCESIÓN DO SUBMINISTRO.

8.1. A concesión de acometida para subministro de auga potábel e rede de sumidoiros, correspóndelle ao Concello. En todos aqueles casos nos que concorran as condicións e circunstancias que se estabelezan neste Regulamento, estará obrigada a outorgala consonte as normas do mesmo.

8.2. Solicitude do subministro. Previo á contratación do subministro a persoa solicitante deberá presentar unha solicitude de subministro no impreso que, para tal efecto, lle proporcionará a Entidade Subministradora.

8.3. Na solicitude farase constar expresamente: o nome da persoa solicitante ou a súa razón social e domicilio propio; domicilio do subministro, sexa finca, vivenda, local ou industria; carácter do subministro; uso e destino que pretende dárselle á auga solicitada; domiciliación de notificacións e demais circunstancias que sexan necesarias para a correcta definición das características e condicións do subministro, así coma para a aplicación das tarifas correspondentes á prestación do servizo.

8.4. Calquera cambio no domicilio citado para comunicacións debe serlle comunicado por escrito á Entidade Subministradora. De non facelo así, será eficaz a todos os efectos calquera notificación que a Entidade Subministradora realice ao domicilio declarado pola persoa asinante na solicitude.

8.5. Cantas circunstancias se fagan constar na solicitude de subministro, que se regula menta anteriormente, faranse baixo a exclusiva responsabilidade da persoa solicitante e servirán de base para regulamentar as condicións do antedito subministro.

8.6. Á solicitude de subministro, a persoa solicitante acompañará a documentación seguinte:

- Boletín de instalación subscrito por un instalador autorizado e visado polo Organismo competente en materia de Industria.

- Os permisos e/ou licenzas municipais, estabelecidas en cada momento, de: licenza de apertura cando se trate dun local comercial ou industria; licenza de primeira ocupación e a cédula de habitabilidade para o caso de vivendas; ou de licenza de obras cando se trate de subministros para este fin.

- Escritura de propiedade da finca, vivenda, local ou industria para a que se solicite o subministro.

- Documento que acredite a personalidade da persoa contratante.

- Documento de constitución da servidume que, en no seu caso, puidese ser necesaria estabelecer para as instalacións do subministro en cuestión, ou das prolongacións de redes que puidesen ser necesarias para o efecto.

- Acreditación do aboamento da Cota por contribucións especiais, cando proceda.

8.7. Condicións da concesión. A concesión dunha acometida de subministro de auga estará supeditada a que se cumpran as condicións do abastecemento pleno, que se estabelecen seguidamente:

- Que o inmoble a abastecer estea situado na área de cobertura do abastecemento e/ou rede de sumidoiros.

- Que o inmoble que se pretende abastecer conte con instalacións interiores dispoñíbeis e axeitadas ás normas do presente Regulamento.

- Que nas rúas ou prazas de carácter público que linden co inmoble, a que este lle da fachada, existan instaladas e en servizo, conducións públicas da rede de distribución de auga potábel e/ou rede de sumidoiros.

- Cando nunha vía pública estean proxectadas conducións baixo as dúas beirarrúas, a existencia das mesmas na beirarrúa oposta á correspondente ao suposto contemplado, non supoñerá en ningún caso o cumprimento do antedito parágrafo.

- Que a condución que ha de abastecer ao inmoble se atope en perfecto estado de servizo, e a súa capacidade de transporte sexa, como mínimo, o cuádruplo da que en igualdade de réxime hidráulico corresponda á acometida a derivar.

Art. 9.- TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES DE CONTRATACIÓN

9.1. Á vista dos datos que achegue a persoa solicitante, das características do inmoble, e do estado das redes de distribución, a Entidade Subministradora comunicaralle á persoa solicitante, no prazo máximo de quince días hábiles, a súa decisión de conceder ou denegar a acometida ou acometidas solicitadas e, neste último caso, as causas de denegación.

En caso de concesión comunicaranse no mesmo escrito, o estudo das condicións técnico -económicas para realizar o mesmo.

9.2. A persoa solicitante, unha vez recibida a notificación da concesión e das condicións técnico -económicas que lle fosen formuladas pola Entidade Subministradora, dispoñerá de un prazo de 30 días para a formalización do Contrato de Subministro ou Póliza de Aboamento, ou ben para presentar perante a mesma as alegacións que, no seu caso, estime. Transcorrido ese prazo sen que se teña cumprimentado o regulamentado, entenderase decaída a solicitude, sen máis obrigas para a Entidade Subministradora.

9.3. Aceptada por ambas as partes as condicións da concesión da acometida, procederase a subscribir o correspondente Contrato de Subministro ou Póliza de Aboamento, entendéndose que dito contrato non estará perfeccionado nin será efectivo até tanto que a persoa solicitante non teña cuberto as obrigas económicas, técnicas e administrativas que, de acordo co presente Regulamento, estivese obrigada a sufragar ou cumprir.

9.4. No suposto que para atender unha solicitude de subministro fose necesario a utilización de terreos propiedade dun terceiro, será necesaria a autorización expresa e por escrito da persoa propietaria dos terreos, que servirá como documento de constitución de servidume de paso e de acceso para mantemento das instalacións estabelecidas.

9.5. Unha vez cumpridos os requisitos correspondentes pola persoa solicitante, a Entidade Subministradora estará obrigada á posta en servizo da instalación e subministro, no prazo estabelecido de 15 días hábiles a partir da data de contratación e aboamento.

9.6. A demora na concesión das autorizacións ou permisos necesarios para a realización dos traballos, levará consigo a interrupción do prazo sinalado no antedito parágrafo. Tal adiamento comunicaráselle á persoa solicitante pola Entidade Subministradora.

Art. 10.- CAUSAS DE DENEGACION DO CONTRATO DE SUBMINISTRO.

10.1. A facultade de concesión do subministro de auga correspóndelle á Entidade Subministradora, con suxeición ás normas regulamentarias vixentes.

10.2. A Entidade Subministradora, poderá denegar a contratación do subministro nos seguintes casos:

a) Por falta de presentación de calquera dos documentos esixidos.

b) Cando a persoa ou entidade que solicite o subministro se negue a asinar o Contrato de Servizo ou Póliza de Aboamento estendido de acordo co modelo autorizado e coas disposicións vixentes sobre contratación de subministro de auga e/ou rede de sumidoiros.

c) Cando na instalación da persoa solicitante non se teñan cumprido, a xuízo da Entidade Subministradora e previa comprobación, as prescricións que con carácter xeral estabelece este Regulamento e a normativa vixente, así coma as especiais da Entidade Subministradora. Neste caso, a Entidade Subministradora indicaralle os defectos encontrados á persoa solicitante, para que os corrixa, remitindo, en caso de discrepancia, comunicación dos reparos formulado ao Organismo competente, o cal, previa as actuacións que considere oportunas e, en todo caso, despois de oír ao instalador, ditará a resolución que proceda no prazo máximo de trinta días.

d) Por incumprimento do estipulado neste Regulamento no que se refire a requisitos previos para a conexión ás redes do servizo, cando non dispoña de acometidas para o subministro de auga, ou non conte con autorización de vertido para as augas residuais e pluviais.

e) Cando se comprobe que a persoa solicitante do subministro, deixou de satisfacer o importe do subministro de auga anteriormente.

f) Cando para o local para o que se solicita o subministro, exista outro contrato de subministro anterior e en plena vixencia.

g) Cando pola persoa solicitante do subministro, no caso de que algunha parte das instalacións xerais deban discorrer por propiedade de terceiros, non se teña acreditado fidedignamente a obtención das autorizacións de terceiros que correspondan ou, no seu caso, quede sen acreditar, con inscrición rexistral, a constitución da servidume de paso e acceso necesarios para levar a cabo o mantemento e conservación das obras e instalacións para a prestación dos servizos solicitados.

h) Cando a presión no punto de acometida de abastecemento sexa insuficiente para un correcto servizo, e non se teñan instalado, a cargo da persoa solicitante, o grupo de elevación e alxibe correspondentes.

Art. 11.- COTAS DE CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO.

11.1. Cota de Enganche. A cota de enganche corresponde ás compensacións económicas que deberán satisfacer as persoas solicitantes do subministro de auga, para sufragar os custos de carácter técnico, de execución da acometida básica e administrativos, derivados da formalización do contrato.

As persoas solicitantes de calquera solicitude de contratación de subministro de auga potábel, aboarán sempre e con antelación á execución da acometida axeitada as cotas correspondentes, consonte o cadro de prezos aprobado polo Concello de ARTEIXO a proposta da Entidade Subministradora.

Art. 12.- FIANZAS

12.1. Non está contemplada esta figura na Ordenanza Municipal de ARTEIXO.

Art. 13.- CONTRATO DE SUBMINISTRO.

13.1. O Contrato de Subministro será o único documento que dará fe da concesión do mesmo e, xunto ás condicións estabelecidas no presente Regulamento, regulamentará as relaciones entre a Entidade Subministradora e a persoa Cliente. Dito contrato formalizarase por escrito e por triplicado, debendo entregar un exemplar cuberto á persoa cliente.

13.2. No contrato de subministro deberase recoller, como mínimo, os datos precisos que definan:

- Identificación da Entidade Subministradora.

- Identificación da persoa cliente

- Datos da finca abastecida

- Características da instalación interior. (Boletín)

- Características do subministro

- Identificación do equipo de medida

- Condicións económicas

- Domiciliación do pagamento

- Duración do contrato

- Condicións especiais

- Xurisdición competente

- Lugar e data de expedición do contrato

- Sinaturas das partes

- Obrigas e dereitos de cada unha das partes:

I.- Corresponde á Entidade Subministradora, cos recursos ao seu alcance:

a) Planificar, proxectar, executar, conservar e explotar as obras e instalacións necesarias para captar, regular, conducir, depurar, almacenar e distribuír auga potable á poboación do municipio de Arteixo, así como para recoller, conducir e depurar, no seu caso, as augas pluviais e residuais para o seu vertido aos leitos públicos, segundo as condicións que se fixan neste regulamento e na lexislación aplicable, utilizando para o efecto os recursos e medios actualmente dispoñibles e os que no futuro resulten dos investimentos que se realicen polo propio subministrador, ou que lle sexan asignados.

A incorporación ao Servizo de obras e instalacións con posterioridade ao comezo da xestión pola Empresa Subministradora, esixirá a recepción das mesmas polo Concello e a sinatura da acta polo subministrador de adscrición das mesmas ao Servizo.

Atínxelle á Empresa Subministradora a conservación, mantemento e explotación das obras e instalacións destinadas ao abastecemento e saneamento de augas que sexan executadas polo Estado, a Xunta de Galicia ou outras Administracións, unha vez que se produza a súa entrega ao Concello de Arteixo e a súa adscrición aos devanditos servizos.

b) A concesión de subministros de auga e saneamento a todas aquelas persoas ou entidades que o soliciten para o seu uso en edificios, locais e recintos situados dentro da área da súa competencia, sempre que estes reúnan as condicións esixidas por este regulamento e demais disposicións aplicables.

c) Subministrar auga ás persoas usuarias, garantindo a súa potabilidade de acordo ás disposición sanitarias vixentes, ata a chave de rexistro, (considerada con carácter xeral, como inicio da instalación interior do abonado), así como efectuar a recollida de augas fecais ou residuais desde o límite da propiedade do cliente.

d) Manter e conservar ao seu cargo as redes e instalacións necesarias para o abastecemento, así como a parte das acometidas que lle corresponda.

A Empresa Subministradora garantirá, agás causa xustificada, unha presión suficiente na rede, para abastecer adecuadamente en cada punto da mesma ás vivendas a nivel de beirarrúa.

O cliente deberá dispoñer pola súa conta das instalacións de elevación necesarias para o abastecemento, naqueles casos en que non quede garantida a presión adecuada, así como realizar as obras necesarias para recollelas augas residuais da parte de edificación situada baixo o nivel de beirarrúa.

e) Conservar en bo estado de funcionamento as instalacións existentes para a evacuación das augas pluviais e residuais do municipio, procurando o mellor uso posible da infraestrutura dispoñible, informando ao Concello das deficiencias que observe.

f) Dispoñer dun servizo permanente para recepción de avisos de avarías e para informacións urxentes e aquelas anomalías que poidan producirse relacionadas coa prestación do servizo.

g) Informar aos clientes, sempre que sexa posible e polos medios adecuados de difusión, das interrupcións ou alteracións que se produzan no contrato de subministro como resultado das súas actuacións o de terceiros.

h) Colaborar coas autoridades e centros de educación para facilitar, sen afectar a explotación, que os clientes e público en xeral poidan coñecer o funcionamento das instalacións.

i) Contestar as reclamacións que se lle formulen por escrito no prazo regulamentario.

j) Aplica os prezos e cadros de tarifas correspondentes aos distintos tipos de subministro e saneamento que, en cada momento, se teñan aprobadas.

II.- Ademais dos dereitos que á Empresa Subministradora lle outorguen as disposicións legais e regulamentarias en materia de xestión do Servizo Público e das recoñecidas á Xestora como tal, con carácter xeral esta terá os seguintes dereitos:

a) Inspeccionar, revisar e intervir nas instalacións interiores dos subministro que, por calquera causa, se atopen ou poidan atoparse en servizo.

b) Percibir nas súas oficinas ou nos lugares destinados ao efecto, o importe das facturacións ou cargos que, debidamente autorizados, corresponda pagar aos clientes polas prestacións que realizase o subministrador ou, no seu caso, fosen utilizadas.

III.- Son obrigas do cliente:

a) Todo cliente estará obrigado ao pagamento puntual dos cargos que a Empresa Subministradora lle formule segundo os prezos e tarifas aprobados, así como os que se deriven da prestación dos servizos complementarios a que fai referencia o presente regulamento.

A obrigatoriedade do pagamento dos consumos de auga considerarase extensiva aos casos en que os mesmos se orixinasen por fuga, avaría, ou defecto de construción ou conservación das instalacións interiores, ou por calquera outra causa non imputable ao subministrador.

b) Respectar as instalacións que integran a infraestrutura dos servizos, redes de distribución de auga potable e evacuación de augas residuais e acometidas correspondentes, como bens de servizo público, prohibíndose a manipulación ou alteración de calquera elemento das mesmas por persoal autorizado.

c) Proporcionar á Empresa Xestora os datos interesados pola mesma en relación con contrato de subministro e as variacións que poidan presentarse.

d) Manter as súas instalacións de xeito que nos se produzan perturbacións nas redes públicas de abastecemento e saneamento, e utilizar de forma correcta as instalacións do servizo, adoptando as medidas necesarias para conserva-las mesmas na forma adecuada, mantendo intactos os precintos que garantan a non manipulación do contador, absténdose de intervir sobre as instalacións de acometida, e garantindo as condicións idóneas para a toma de lecturas de consumo.

e) Os clientes deberán, en interese xeral e no seu propio, comunicar así mesmo a Empresa Subministradora, calquera avaría ou perturbación (fugas, perdas de presión, vertidos incontrolados, etc.,) que, ao seu xuízo, se produzan na rede de distribución pública ou nas instalacións privadas.

Analogamente, deberán comunicar ao subministrador a existencia de obstrucións na rede de saneamento, que produzan ou sexan susceptible de producir desbordamentos, cheiros ou calquera tipo de molestias á cidadanía.

Igualmente, deberanlle notificar á Empresa Subministradora as manipulacións nas redes ou os usos indebidos de auga que poidan ser causa grave de contaminación ou perigo de accidente para persoas ou bens.

f) Cumprir as limitacións e prioridades que o subministrador estableza no uso e consumo de auga, así como da rede de sumidoiros, sen prexuízo da eventual obriga da Empresa Subministradora de comunicarlle estes aspectos previamente ao Concello.

g) Facilitar o libre acceso ás instalacións ou recintos aos empregados da empresa ou persoa autorizada para o desenvolvemento dos traballos relacionados coa realización de lecturas, inspeccións, obras e reparacións.

h) Os clientes non poderán, baixo ningún concepto, ceder gratuíta ou remuneradamente auga a terceiros, xa sexa con carácter permanente ou temporal, sendo responsables de toda fraude que se produza no seu subministro, ben por si ou por persoa que del dependa.

Naqueles supostos de clientes que polo seu especial carácter xustifiquen excepcións a este apartado, as relacións de subministro regularanse mediante contratos individuais entre a Empresa Subministradora e o cliente, que serán postos en comunicación do Concello.

i) Os clientes están obrigados a solicitarlle á Empresa a autorización pertinente para calquera modificación nas súas instalación que implique modificación no número de receptores ou cambio no uso da auga.

j) Cando o cliente desexe causar baixa no subministro, estará obrigado a interesar por escrito ao subministrador dita baixa cunha antelación mínima de un mes, indicando a data en que debe cesar o subministro.

k) Cando nunha mesma finca, xunto a auga do Servizo Municipal, existise auga doutra procedencia, o cliente estará obrigado a establecer instalación interiores por onde circulen independentemente as augas.

A Empresa Subministradora non se responsabilizará da calidade das augas nas instalación que non cumpran estas condicións, advertíndose aos clientes da responsabilidade en que poden incorrer, de producirse, por retroceso, a alteración das condicións de potabilidades das augas da traída pública.

IV.- Serán dereitos dos clientes:

a) Recibir nas súas instalacións auga que reúna os requisitos de potabilidade establecidos nas disposicións vixentes.

b) Dispoñer permanentemente do subministro de auga potable, de acordo ás condicións que figuren no seu contrato, sen outra limitación que as establecidas no presente regulamento e as demais disposicións de aplicación.

c) Ser informado de tóda as cuestións derivadas da prestación e funcionamento do servizo en relación ao seu subministro, así como recibir contestación por escrito no prazo regulamentario previsto ás consultas formuladas por idéntico procedemento.

13.3. Os contratos estableceranse para cada tipo de subministro, sendo, por tanto, obrigatorio estender contratos separados para todos aqueles que esixan aplicación de tarifas ou condicións diferentes.

13.4. Os contratos de subministro formalizaranse entre a Entidade Subministradora e o titular propietario da finca, local, vivenda ou industria a abastecer, ou por quen o represente, sen prexuízo da súa facultade de repercusión contra o usuario ou beneficiario en canto ás obrigas e responsabilidades dimanantes de dito contrato.

Art. 14.- TITULARIDADE DO CONTRATO E O SEU CAMBIO.

14.1. A persoa contratante do subministro de auga ou rede de sumidoiros será o titular ou titulares da finca, local, vivenda ou industria a abastecer, ou quen o represente legalmente, agás as excepcións que se especifican polo miúdo neste artigo.

14.2. Non poderá ser persoa Cliente do subministro de auga quen, se fose con anterioridade cliente para outra finca, local, vivenda ou industria, fose penalizado con suspensión de subministro ou resolución do contrato por falta de pagamento ou medida regulamentaria, a non ser que satisfaga integramente as súas anteriores obrigas, coas recargas, xuros e gastos a que houbese lugar.

14.3. Os traslados de domicilios e a ocupación do mesmo local por persoa distinta da que subscribiu o contrato, esixen un novo contrato, ou no seu caso, a subrogación do anterior, sempre que se cumpran os requisitos estabelecidos neste Regulamento.

14.4. De terse producido modificación da propiedade da finca, local, vivenda ou industria sen cambio de titularidade do contrato de subministro, a nova persoa propietaria entenderase inescusablemente subrogado nas responsabilidades asumidas pola anterior persoa propietaria en relación cos incumprimentos do contrato e resarcimento de danos que puidesen causárselle á Entidade Subministradora polas persoa alugueiras do inmoble, cando non os tivesen asumido estes.

14.5. Nos casos de cambio de titularidade da finca, local, vivenda ou industria abastecidos, e cando sexa a persoa propietaria a persoa cliente titular do contrato de subministro, ambos deberán comunicar fidedignamente, dentro do prazo de un mes, o cambio producido, co fin de proceder a formalizar un novo contrato de subministro a nome do novo titular.

Art. 15.- SUBROGACIÓN.

15.1. Ao falecemento da persoa titular da póliza de aboamento, o seu cónxuxe, descendentes, fillos adoptivos plenos, ascendentes e irmás ou irmáns, que tivesen convivido habitualmente na vivenda, cando menos con dous anos de antelación á data do falecemento, poderán subrogarse nos dereitos e obrigas da póliza. No serán necesarios os dous anos de convivencia para os que estivesen sometidos á patria potestade do falecido nin para o cónxuxe.

15.2. No caso de Entidades Xurídicas, quen se subrogue ou substitúa en dereitos e obrigas poderá facelo propio na póliza de aboamento, condicionado á presentación perante a Entidade Subministradora de todas as autorizacións administrativas necesarias.

15.3. O prazo para subrogarse será de tres meses a partir da data do feito causante.

Art. 16.- OBXECTO E ALCANCE DO CONTRATO.

16.1. Os contratos de subministro formalizaranse para cada finca, vivenda, piso, local, industria ou obra que constitúa unha unidade independente.

16.2. Cada subministro quedará adscrito aos fins para os que se concedeu, quedando prohibido dedicalo a outros fins ou modificar o seu alcance, para o que, en calquera caso, será necesaria unha nova solicitude e, no seu caso, o contrato conseguinte.

16.3. Os contratos estabeleceranse para cada tipo de subministro, sendo, por tanto, obrigatorio estender contratos separados para todos aqueles que esixan aplicación de tarifas ou condicións diferentes.

Art. 17.- DURACIÓN DO CONTRATO.

17.1. O contrato de subministro subscribirase con carácter definitivo, agás estipulación expresa con outro carácter, se ben suxeita aos condicionamentos legais que estabelece este Regulamento ou que sexan de aplicación. Sen embargo, a persoa cliente poderá dalo por rematado en calquera momento, sempre que lle comunique esta decisión á Entidade Subministradora con un mes de antelación.

17.2. Os subministros para obras, espectáculos temporais en locais móbiles, e en xeral, para actividades esporádicas, contrataranse sempre con carácter temporal e por tempo definido, que expresamente figurará no contrato.

Art. 18.- CAUSAS DE SUSPENSIÓN DO SUBMINISTRO.

18.1. A Entidade Subministradora poderá suspender o subministro ás súas persoas clientes ou usuarias, sen prexuízo do exercicio das accións, de orde civil ou administrativo que a lexislación vixente lle ampare, nos casos seguintes:

a) De non satisfacer, en período voluntario, aos 60 días da posta ao cobramento dos recibos, o importe dos servizos consonte ao estipulado no Contrato de Subministro ou Póliza de Aboamento. Poderase proceder ao corte de subministro, sen prexuízo de que as facturas que continuasen sen ser pagadas incorran en constrinximento para o seu cobramento en vía executiva.

b) Cando a persoa cliente non cumpra, en calquera dos seus aspectos, o contrato que teña estabelecido coa Entidade Subministradora ou as condicións xerais de utilización do servizo.

c) Por falta de pagamento, transcorridos quince días hábiles contados a partir da data de comunicación, das cantidades resultantes de liquidación firme de fraude ou no caso probado de reincidencia de fraude.

d) En todos os casos en que a clientela faga uso da auga que se lle subministre en forma ou para usos distintos dos contratados, como subministrar auga a terceiros.

e) Cando a clientela estabeleza ou permita estabelecer derivacóns na súa instalación para subministro de auga potábel a outras fincas, locais ou vivendas diferentes aos consignados no seu contrato de subministro.

f) Cando unha persoa usuaria goce do subministro sen contrato escrito ao seu nome que o ampare como Cliente do Servzio e se negue á súa suscrición a requirimento da Entidade Subministradora.

g) Cando polo persoal da Entidade Subministradora se encontren derivacións nas súas redes con consumo de auga sen contrato ningún, é dicir, realizadas clandestinamente. Neste caso a Entidade Subministradora poderá efectuar o corte inmediato do subministro de auga en tales derivacións, dándolle conta diso, por escrito, ao Organismo competente.

h) Cando a persoa cliente non permita a entrada no local ao que lle afecta o subministro contratado, en horas hábiles ou de normal relación co exterior, ao persoal que, autorizado pola Entidade Subministradora e provisto da súa correspondente documentación de identidade, trate de revisar as instalacións, sendo preciso, en tal caso, o que por parte de dita Entidade Subministradora se redacte acta dos feitos, que lle deberá remitir ao Organismo Competente, xuntamente coa solicitude de suspensión de subministro.

i) Cando nos subministros nos que o uso da auga ou disposición das instalacións interiores, lle puidese afectar á potabilidade da auga na rede de distribución, até que, pola clientela, se tomen as medidas oportunas en evitación de tales situacións; en tal caso o Servizo Municipal poderá realizar o corte inmediato do subministro, dándolle conta diso por escrito ao Organismo competente.

j) Pola negativa da persoa cliente a modificar o rexistro ou arqueta do contador, e incluso a súa instalación interior, cando iso fose preciso para substituír o contador por calquera das causas que autoriza este Regulamento.

k) Cando a persoa cliente mesture augas doutra procedencia e requirido pola Entidade Subministradora para que anule esta anomalía, non a leve a efecto no prazo máximo de cinco días.

l) Por neglixencia da persoa cliente respecto da reparación de avarías nas súas instalacións se, unha vez notificada por escrito da Entidade Subministradora, transcorrese un prazo superior a sete días sen que a avaría fose reparada.

Art. 19.- PROCEDEMENTO DE SUSPENSIÓN.

19.1. Con excepción dos casos de corte inmediato previstos neste Regulamento, a Entidade Subministradora deberá seguir os trámites legais previstos para o efecto e darlle conta á persoa cliente por correo certificado, ou calquera outro medio que garanta a recepción do aviso por parte deste. Considerarase que queda autorizada para a suspensión do subministro de non recibir orde en contrario do Organismo ou Entidade competente no termo de doce días hábiles, contados a partir da data en que se deu conta dos feitos.

19.2. A suspensión do subministro de auga, agás nos supostos de corte inmediato, non poderá realizarse en días festivos ou días en que, por calquera motivo, non exista servizo administrativo e técnico de atención ao público, para os efectos da tramitación completa do restablecemento do servizo, nin en vésperas de días en que se dean algunhas destas circunstancias.

19.3. A volta á conexión do subministro farase pola Entidade Subministradora unha vez que a persoa usuaria faga o pagamento dos gastos xerados polo corte e reposición do subministro. A Entidade Subministradora poderá cobrar da persoa cliente, por estas operacións, unha cantidade equivalente ao importe da cota de contratación vixente, no momento do restablecemento, para un calibre igual ao instalado, mailos gastos xerados polo corte do subministro.

O restablecemento do servizo realizarase o mesmo día ou, no seu defecto, ao seguinte día hábil en que teñan sido reparadas as causas que orixinaron o corte do subministro.

19.4. No caso de corte por falta de pagamento, se no prazo de tres meses, contados desde a data de corte, non se teñan pagado os recibos pendentes pola persoa cliente, darase por rematado o contrato sen prexuízo dos dereitos da Entidade Subministradora á esixencia do pagamento da débeda e ao resarcimento dos danos e perdas a que houbese lugar.

Art. 20.- EXTINCIÓN DO CONTRATO DE SUBMINISTRO.

20.1. O contrato de subministro de auga quedará sen efecto, sen prexuízo da antedita execución ou no das accións de suspensión de subministro, especificadas no artigo 18 deste Regulamento, por calquera das causas seguintes:

a) A pedimento da persoa Cliente.

b) Por resolución da Entidade Subministradora, nos seguintes casos:

1) Por persistencia durante máis de tres meses en calquera das causas de suspensión de subministro regulamentadas no artigo 18 deste Regulamento.

2) Por cumprimento do termo ou condición do contrato do mesmo.

3) Por utilización do subministro sen ser a persoa titular contractual do mesmo.

20.2.A continuación do subministro despois de terse extinguido o contrato por calquera das causas sinaladas anteriormente, só se poderá efectuar mediante nova solicitude, subscrición de novo contrato e pagamento dos dereitos correspondentes.

CAPÍTULO IV.- CONDICIÓNS DO SUBMINISTRO DE AUGA

Art. 21.- CARÁCTER DO SUBMINISTRO.

21.1. En función do uso que se faga da auga, o carácter do subministro tipificarase en:

a) USOS DOMÉSTICOS. Son aqueles subministros nos que a auga se utiliza exclusivamente para atender as necesidades propias da vida.

Aplicarase esta modalidade exclusivamente a locais destinados a vivendas, sempre que neles non se realice actividade industrial, comercial, profesional ou de servizos de ningún tipo.

b) USOS INDUSTRIAIS. Entenderanse como tales todos aqueles subministros nos que a auga constitúa un elemento directo e básico, ou imprescindíbel, na actividade industrial ou comercial.

Aplicarase esta modalidade a todos os locais ou estabelecementos nos que se desempeñe unha actividade industrial, comercial ou de servizos, sexa ou non lucrativa.

c) USOS MUNICIPAIS. Son aqueles que corresponden aos edificios e instalacións municipais e a aqueles centros ou servizos dependentes do Concello que este determine expresamente, con comunicación expresa á Entidade Subministradora.

O Concello autoriza á Entidade Subministradora a instalar contadores en todos e cada un dos puntos de sbministro que lle afecten, calculándose polos servizos técnicos da Entidade Subministradora os consumos municipais onde, polas características de ditos puntos, no n se poida instalar contador.

Non poderán ter a consideración de usos municipais os correspondentes a servizos que non sexan prestados directamente polo Concello de ARTEIXO.

d) USOS ESPECIAIS. A Entidade Subministradora poderá contratar o subministro para usos especiais, considerando como tales todos aqueles non incluídos nos usos anteriores, caso de subministros contra incendios.

Art. 22.- OBRIGAS DE SUBMINISTRO.

22.1. A Entidade Subministradora obrígase a subministrar o abastecemento de auga a os habitantes do termo municipal, nas zonas en que estea instalada a rede de distribución, consonte ás disposicións do presente Regulamento e normativas legais que lle sexan de aplicación.

Art. 23.- ESIXIBILIDADE DO SUBMINISTRO.

23.1. A obriga por parte da Entidade Subministradora de contratar e subministrar o servizo de abastecemento de auga a domicilio aos habitantes do termo municipal, será esixíbel unicamente cando na rúa, praza ou vía pública de que se trate exista condución ou canalización de auga potábel, que permita efectuar as tomas e acometidas de maneira normal ou regular e se cumpran todos os requisitos legais necesarios para a concesión do subministro.

23.2. Cando non exista o entubado da rede xeral de distribución non poderá esixírselle á Entidade Subministradora o subministro e contratación até tanto aquela condución estea instalada.

23.3. Tampouco non poderá esixirse o subministro naquelas zonas e inmobles en que, por dificultades técnicas, non poida garantirse un servizo regular. Sen embargo, poderán contratarse subministros facéndose constar esta circunstancia, quedando neste caso exonerada a Entidade Subministradora da responsabilidade polas irregularidades que puidesen producirse e sen que a persoa cliente poida formular reclamación ningunha por tal concepto.

Art. 24.- CONTINUIDADE DO SERVIZO.

24.1. O Servizo de Abastecemento de Auga Potábel e rede de sumidoiros será continuo, agás estipulación contraria na póliza de aboamento e nos casos en que, por forza maior, avaría nas instalacións e/ou para unha xusta distribución do servizo, se impuxesen restricións no subministro.

Nos casos no que se produza a interrupción do subministro de agua e Entidade subministradora deberá procurar, en todo momento, limitar ao máximo o tempo de duración da mesma, achegando os medios humános e materiais necesarios para o rápido restablecemnto do servizo, así coma comunicarlle tal circunstancia ás persoas usuarias e ao Concello de Arteixo.

Art. 25.- SUSPENSIÓNS TEMPORAIS.

25.1. A Entidade Subministradora poderá suspender temporalmente o servizo cando sexa imprescindíbel para proceder ao mantemento, reparación ou mellora das instalacións ao seu cargo. Se as interrupcións son planificadas, comunicarallo ao Concello con 72 horas de antelación.

25.2. Nos cortes non planificados de carácter urxente, notificarase ao Concello á maior brevidade posíbel.

Os anuncios e informacións á clientela comunicando unha interrupción do Servzio por calquera causa, correrán por conta da Entidade Subministradora.

Art. 26.- RESERVAS DE AUGA.

26.1. Sen prexuízo do que estabeleza as regulacións específicas de cada sector, todos os locais nos que se desenvolva calquera tipo de actividade na que a auga represente unha permanente e inexcusábel necesidade para a saúde pública ou seguridade das persoas e bens, e, especialmente, nos Centros Hospitalarios, almacéns de produtos inflamables e combustibles ey grandes centros comerciais, deberán dispoñer de depósitos de reservas de auga que aseguren unha autonomía de abastecemento consonte coas necesidades mínimas que deban cubrirse, e cando menos para un tempo non inferior de vinte e catro horas.

26.2. Igualmente, deberán dimensionar e estabelecer as súas reservas as industrias nas que a auga represente un elemento indispensábel no proceso de produción ou conservación de produtos, de forma que quede asegurado o seu autoabastecemento mínimo durante, cando menos, vinte e catro horas.

26.3. A instalación destes depósitos de reservas de auga farase de forma que garanta a renovación total da auga acumulada en curtos períodos de tempo. Así mesmo, irán dotados da correspondente válvula antirretorno para evitar unha descarga accidental na rede de distribución xeral.

Art. 27.- RESTRICIÓNS NO SUBMINISTRO.

27.1. Cando circunstancias de seca, escaseza de caudais de auga ou dificultades de tratamento o aconsellen, a Entidade Subministradora poderá impoñer restricións no subministro do servizo á clientela, con autorización do Ente Local correspondente.

27.2. Nestes casos, a Entidade Subministradora estará obrigada a informar á clientela, o máis claramente posíbel, das medidas que se van implantar, a través dos medios de comunicación segundo o disposto no artigo 25 do presente Regulamento.

Art. 28.- SUBMINISTROS PARA SERVIZO CONTRA INCENDIOS.

28.1. As instalacións contra incendios no interior de edificacións, calquera que sexa o destino ou uso destas, requirirán o estabelecemento dun subministro de auga para este uso exclusivo e o cumprimento, a todos os efectos, das condicións que este Regulamento prescribe para as instalacións destinadas ao abastecemento ordinario, de conformidade cos seguintes criterios:

a) Independencia das instalacións: As instalacións contra incendios serán absolutamente independentes das destinadas a calquera outro fin, e delas non se poderá efectuar derivación ningunha para outro uso.

Queda igualmente prohibido tomar auga de calquera elemento destas instalacións, agás no caso de incendio, sen a expresa autorización da Entidade Subministradora.

Todo sistema que constitúa a instalación contra incendios, alimentarase a través dunha acometida á rede pública de distribución independente á do subministro ordinario.

Cando a normativa específica de incendios esixa unha presión na instalación interior do cliente que non sexa a que a Entidade Subministradora garanta, será responsabilidade do cliente estabelecer e conservar os dispositivos de sobreelevación que lle permitan dar cumprimento á devandita normativa específica.

b) Contratación do subministro: A conexión á rede pública de distribución dun subministro contra incendios, requirirá a formalización previa do contrato de subministro correspondente entre a Entidade Subministradora e o cliente. Ditos contratos terán a mesma tramitación e carácter cós de subministro ordinario e estarán, por tanto, suxeitos ás mesmas prescricións regulamentarias que aqueles.

CAPÍTULO V.- INSTALACIÓNS DO ABASTECEMENTO DE AUGA

Art. 29.- REDE DE DISTRIBUCIÓN.

29.1. A rede de distribución de auga e/ou rede de sumidoiro sé o conxunto de entubado e todos os seus elementos de manobra e control que instalados dentro do ámbito territorial do Municipio de ARTEIXO, e en terreos de carácter público ou privado, previa constitución da oportuna servidume, e da que se derivan as acometidas para a clientela.

Art. 30.- ARTERIA.

30.1. A arteria será aquel entubado, e os seus elementos, da rede de distribución que enlazan diferentes sectores da zona abastecida, sen que nela poidan realizarse acometidas.

Art. 31.- CONDUCIÓNS VIARIAS.

31.1. Cualificaranse como conducións viarias o entubado da rede de distribución que discorre ao longo dunha vía pública ou privada, previa constitución da oportuna servidume, e das que se derivarán, no seu caso, as acometidas para os subministros, bocas de rega, e tomas contra incendios.

Art. 32.- ACOMETIDA.

32.1. Comprende o conxunto de entubado e outros elementos que unen as conducións viarias coa instalación interior do inmoble que se pretende abastecer.

32.2. A acometida responderá ao esquema básico definido pola Entidade Subministradora, e constará dos seguintes elementos:

a) Dispositivo de toma: Encóntrase colocado sobre o entubado da rede de distribución e abre o paso da acometida.

b) Ramal: É o tramo de entubado que une o dispositivo de toma coa chave de rexistro.

c) Chave de rexistro: Estará situada ao final do ramal de acometida na vía pública e xunto ao inmoble. Constitúe o elemento diferenciador entre a Entidade Subministradora e a persoa cliente, no que respecta á conservación e delimitación de responsabilidades.

Art. 33.- INSTALACÓNS INTERIORES DE SUBMINISTRO DE AUGA.

33.1. Entenderase por instalación interior de subministro de auga ao conxunto de entubado e os seus elementos de control, manobra e seguridade, posteriores á chave de rexistro no sentido da circulación normal do fluxo de auga.

33.2. Caso de que no existise chave de rexistro, entenderase que a instalación interior comeza no límite da propiedade privada da persoa cliente.


CAPÍTULO VI.- ACOMETIDAS.

Art. 34.- CONCESIÓN DAS ACOMETIDAS.

34.1. A concesión de acometidas para subministro de auga potábel ou rede de sumidoiros correspóndelle a Concello e a súa concesión estará supeditada a que se cumpran as condicións de abastecemento pleno, que se estabelecen seguidamente:

a) Que o inmoble a abastecer estea situado na área de cobertura do abastecemento.

b) Que o inmoble que se pretende fornecer conte con instalacións interiores dispoñibles e axeitadas ás normas do presente Regulamento.

c) Que o inmoble a fornecer dispoña de acometida para vertidos de augas residuais e pluviais, ou teña resolto o sistema de evacuación das mesmas, dispoñendo, neste caso, das autorizacións precisas para iso.

d) Que nas rúas ou prazas de carácter público que linden co inmoble, ou a que este presente fachadas, existan, instaladas e en servizo, conducións públicas da rede de distribución de auga potábel.

Cando nunha vía pública estean proxectadas conducións baixo as dúas beirarrúas, a existencia das mesmas na beirarrúa oposta á correspondente ao suposto contemplado, non suporá en ningún caso o cumprimento do devandito parágrafo.

e) Que a condución que ha fornecer ao inmoble se atope en perfecto estado de servizo, e a súa capacidade de transporte sexa, como mínimo, o cuádruplo da capacidade que en igualdade de réxime hidráulico lle corresponda á acometida a derivar.

Art. 35.- CARACTERÍSTICAS DAS ACOMETIDAS.

35.1. As características das acometidas, tanto no que respecta ás súas dimensións, compoñentes, tipo e calidade dos seus materiais, como a súa forma de execución e punto de conexión, serán determinadas pola Entidade Subministradora, de acordo co estabelecido nas Normas Básicas para Instalacións Interiores, baseándose no uso do inmoble a fornecer, consumos previsibles e condicións de presión.

Art. 36.- TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES.

36.1. A. solicitude de acometida farase pola persoa solicitante á Entidade Subministradora, no impreso normalizado que, para tal efecto, lle facilitara esta.

36.2. Á devandita solicitude deben de achegar, como mínimo, a seguinte documentación:

a) Memoria Técnica subscrita pola persoa Técnica Autora do Proxecto das Obras de Edificación ou, no seu caso, das instalacións que se trate.

b) Escritura de propiedade ou documento que acredite a dispoñibilidade do inmoble para o que se solicita a acometida.

c) Licenza municipal de obras, ou informe favorábel do Concello.

d) Titularidade da servidume que, no seu caso, puidese ser necesario estabelecer para as instalacións da acometida en cuestión, ou das prolongacións de redes que puidesen ser necesarias para o efecto.

36.3. Á vista dos datos que achegue a persoa solicitante, das características do inmoble, e do estado das redes de distribución, a Entidade Subministradora, comunicaralle á persoa solicitante, no prazo máximo de quince días hábiles, a contar desde a data de presentación da solicitude, a súa decisión de conceder ou denegar a acometida solicitada e, neste último caso, as causas da denegación.

36.4. Ao mesmo tempo, a persoa solicitante, disporá dun prazo doutros trinta días naturais para formalizar os requirimentos que lle formulasen pola Entidade Subministradora, ou ben para presentar ante o mesmo as alegacións que, no seu caso, estime. Transcorrido ese prazo sen que se cumpra o regulamentado, entenderase decaída a solicitude, sen máis obrigas para a Entidade Subministradora.

36.5. Aceptada a solicitude, o Servizo comunicaralle, no prazo máximo de 15 días hábiles, as circunstancias ás que deberá axustarse a acometida, así coma as condicións de concesión e execución.

Art. 37.- EXECUCIÓN E CONSERVACIÓN.

37.1. As acometidas para o subministro de auga, serán executadas pola Entidade Subministradora de conformidade con canto para o efecto se estabelece neste Regulamento, sendo do dominio da Entidade Subministradora, quen correrá cos gastos de conservación e mantemento das mesmas. A persoa solicitante deberá satisfacer os correspondentes dereitos de acometida.

37.2. Os traballos de reparación e substitución das acometidas deberán ser realizados igualmente pola Entidade Subministradora, non podendo a persoa propietaria do inmoble cambiar ou modificar a contorna da situación da mesma, sen autorización expresa da Entidade Subministradora.

37.3. Serán de conta e cargo da persoa cliente os gastos de reparación e substitución da instalación de subministro de auga, desde o comezo da propiedade particular até o final da súa instalación de distribución interior ou particular.

37.4. Serán de conta e cargo da Entidade Subministradora os gastos de conservación das acometidas desde a toma até o límite d propiedade particular.

37.5. Os traballos e operacións de mellora nas acometidas realizadas a pedimento do cliente con aprobación da Entidade Subministradora, serán de conta e cargo do cliente. O cliente estará obrigado a cambiar á súa costa as instalacións que por seren obsoletas non funcionen de forma axeitada ás necesidades actuais da persoa cliente.

37.6. En previsión dunha rotura do entubado de conexión da chave de rexistro coa instalación interior da persoa cliente, toda a finca ou local disporá de desaugadoiros suficientes que permitan a libre evacuación da auga, cun caudal igual ao máximo que se poida subministrar pola acometida contratada, sen ocasionar danos materiais ao edificio, a produtos almacenados nel ou a calquera elemento exterior. A Entidade Subministradora declina toda responsabilidade derivada do incumprimento deste precepto.

37.7. As acometidas de saneamento poderán ser executadas por persoal alleo á Entidade Subministradora, se ben se ceñirán na súa execución ao indicado por esta. En todo caso a Entidade Subministradora poderá inspeccionar o cumprimento das súas indicacións, paralizando a obra se esta non cumprise coas súas especificacións.

Art. 38.- DEREITO DE ACOMETIDA.

38.1. Son as compensacións económicas que deberán satisfacer as persoas solicitantes dunha acometida á Entidade Subministradora, para compensar o valor proporcional dos investimentos que as mesmas deban realizar nas ampliacións, modificacións ou reformas e mellora das súas redes de distribución, ben no momento do seu pedimento, ou noutra ocasión anterior ou posterior, e no mesmo lugar ou distinto a aquel do que se solicita a acometida, para manter a capacidade de abastecemento do sistema de distribución, nas mesmas anteditas condicións á prestación do novo subministro, e sen merma ningunha para os preexistentes.

38.2. Para a realización da acometida presentaráselle á persoa solicitante o orzamento da mesma, para o seu pagamento previo á execución.

38.3. Os dereitos de acometida, serán aboados por unha soa vez polo Promotor o Construtor, e unha vez satisfeitos, quedarán adscritos a cada unha das instalacións, vivendas, locais, etc., para os que se aboaron, aínda cando cambie a persoa propietaria ou usuaria da mesma.

Art. 39.- TERREOS EN RÉXIME COMUNITARIO.

39.1. Cando varias fincas gocen en réxime de comunidade o uso dun parque, central térmica, zona de recreo ou deportiva ou outras instalacións, será preceptiva a existencia dunha acometida independente para estes servizos. A persoa representante do cliente, neste caso, será a persoa ou persoas que ostenten a representación da comunidade ou comunidades existentes.

39.2. O equipo de medida instalarase no límite da propiedade coa vía pública e nunha arqueta debidamente protexida e de acordo coas características fixadas pola Entidade Subministradora.

Art. 40.- CONSTRUCIÓN DE NOVOS EDIFICIOS.

40.1. Para poder iniciar a construción dunha nova edificación na que se prevexa a necesidade de subministro de auga e/ou rede de sumidoiros, será necesaria a aprobación polo Concello, previo informe da Entidade Subministradora, das características que deberán cumprir as futuras acometidas de auga e rede de sumidoiros e instalación de contadores ou ampliación de rede no seu caso.

Para tal efecto, o promotor deberá presentar co correspondente proxecto de obra, os datos técnicos necesarios de ditas instalacións.

Art. 41.- SUBMINISTRO PROVISIONAL DE AUGA PARA OBRAS.

41.1. Esta clase de subministro terá carácter especial e transitorio, e efectuarase nas condicións seguintes:

a) Mediante contador colocado para o efecto, en lugar apropiado debidamente protexido, así apreciado a xuízo da Entidade Subministradora.

b) A persoa usuaria satisfará a auga subministrada de conformidade coa correspondente tarifa estabelecida.

c) O subministro á obra cortarase cando se solicite para o edificio a licenza de primeira utilización ou estime que o edificio estea rematado.

d) Considerarase ¿defraude" a utilización deste subministro para usos distintos ao de ¿obras", podendo a Entidade Subministradora, con independencia da sanción que corresponda, proceder ao corte do subministro e anulación do contrato.

Art. 42.- URBANIZACIÓNS E POLÍGONOS.

42.1. Para os efectos deste Regulamento, entenderase por urbanizacións e polígonos aqueles conxuntos de terreos sobre os que a actuación urbanística esixa a creación, modificación ou ampliación dunha infraestrutura viaria e de servizo entre as distintas parcelas ou solares en que se divide o terreo e destas coa zona urbanizada da contorna urbana.

42.2. As instalacións da rede de abastecemento propias para o polígono ou urbanización anteriormente definido ou para solares ou inmobles situados naquel, que posteriormente lle poida afectar á aceptación da propiedad das instalacións polo Concello para a súa adscrición á rede xeral do servizo de abastecemento de auga e rede de sumidoiros, serán executadas polo promotor ou propietario e ao seu cargo, con suxeición ao correspondente proxecto técnico necesariamente aprobado polo Concello, e previo informe favorábel da Entidade Subministradora. A execución das obras necesarias para os novos servizos contarán coa Licenza Municipal.

42.3. O permiso de acometida de subministro de auga para o polígono ou urbanización, así coma para os solares e inmobles situados nel, estará supeditada ao cumprimento previo das seguintes condicións:

a) As redes interiores de distribución e demais instalacións necesarias para o correcto abastecemento de auga a ditas urbanizacións ou polígonos, responderán a esquemas aprobados pola Entidade Subministradora e deberá definirse e dimensionarse en proxecto redactado polo Técnico competente, e aprobado pola Entidade Subministradora, con suxeición aos Regulamentos de aplicación e ás Normas Técnicas da Entidade Subministradora (que teña previsto, para tales fins, o propio Concello), debendo ser executadas por conta e a cargo do promotor ou propietario da urbanización ou polígono.

b) As obras e instalacións definidas no proxecto aprobado, así como as modificacións que convenientemente autorizadas pola Entidade Subministradora se introduzan durante o desenvolvemento das mesmas, executaranse igualmente na súa totalidade por conta e cargo do promotor ou propietario da urbanización ou polígono, podendo executar as instalacións a Entidade Subministradora ou, no seu caso, Empresa instaladora homologada, e sempre baixo a dirección dun técnico da Entidade Subministradora.

42.4. A Entidade Subministradora poderá esixir durante o desenvolvemento das obras, como na súa recepción ou posta en servizo, cantas probas estime conveniente para garantir a idoneidade de execución e o cumprimento das especificacións de calidade dos materiais previstos no proxecto, correndo os gastos derivados de tales probas a cargo do promotor ou propietario da urbanización.

42.5. O enlace ou enlaces das redes interiores da urbanización ou polígono, coas conducións da rede xeral baixo dominio da Entidade Subministradora, así coma as modificacións e reforzos que tivese que efectuarse nas mesmas, como consecuencia das novas demandas impostas pola urbanización, quedarán perfectamente delimitadas no proxecto previo, e executaranse pola Entidade Subministradora e a cargo do promotor ou propietario da urbanización, consonte ao cadro de prezos aprobado polo Concello.

42.6. Unha vez rematadas as instalacións das redes interiores da urbanización ou polígono, serán verificadas pola Entidade Subministradora, e de encontralas conformes, informaralle ao Concello no que lle afecte para a aceptación da propiedade das instalacións, as súas servidumes de paso e usos da urbanización ou polígono que pasen a dominio público, asumindo a xestión e mantemento unha vez que recibida polo Concello, lle sexa ordenado por este a súa adscripción ao servizo.

Se transcorreu máis de un ano desde o remate das obras sen ter sido recibidas polo Concello, será necesario realizar, para a recepción de instalacións no que afecte á aceptación da propiedade das instalacións, unha proba de recepción nas mesmas condicións sinaladas anteriormente, e efectuar, a cargo e conta do promotor ou propietario, todas as modificacións que lle indique a Entidade Subministradora, a fin de que a nova rede que se incorpore ao servizo cumpra as normas vixentes.

CAPÍTULO VII.- INSTALACIÓNS INTERIORES.

Art. 43.- CONDICIÓNS XERAIS.

43.1. As instalacións interiores para o subministro de auga serán executadas por instalador autorizado polo Organismo Competente en materia de Industria e axustarase a canto para o efecto prescribe a Norma Básica para Instalacións Interiores de subministro de auga.

43.2. A conservación e mantemento destas instalacións, serán por conta e a cargo do cliente titular ou titulares do subministro existente en cada momento.

Art. 44.- FACULTADE DE INSPECCIÓN.

44.1. Sen prexuízo das facultades inspectoras dos Organismos da Administración, a Entidade Subministradora, por medio do seu persoal debidamente autorizado, poderá intervir, inspeccionar ou comprobar a execución dos traballos, materiais e operacións que se realicen na instalación particular da persoa cliente.

44.2. Con posterioridade ao remate das instalacións interiores, o persoal da Entidade Subministradora poderá inspeccionar as instalacións da súa clientela, co fin de vixiar as condicións e forma en que estes utilizan o subministro e, no seu caso, informarlles da axeitada do subministro.

Para tal fin a persoa cliente deberá autorizar durante calquera hora diurna a entrada do antedito persoal, ao lugar onde se encontren tales instalacións.

44.3. A Entidade Subministradora non poderá autorizar o subministro de auga cando, ao seu zuízo, as instalacións particulares do cliente non reúnan as debidas condicións para iso.

44.4. En todo caso, non lle incumbe á Entidade Subministradora ningunha responsabilidade que puidese provocarse polo funcionamento normal ou anormal das instalacións interiores.

Art. 45.- INSTALACIONS INTERIORES INSEGURAS.

45.1. Cando a xuízo da Entidade Subministradora unha instalación particular existente dun cliente, non reúna as condicións necesarias de seguridade e aptitude para o fin a que se destina, comunicaráselle ao mesmo para que substitúa, modifique ou repare o antes posíbel, nun prazo máximo que se sinalará segundo as circunstancias que concorran en cada caso.

45.2. Transcorrido o prazo concedido para a súa adecuación sen que a persoa cliente teña cumprido o ordenado pola Entidade Subministradora, e se a súa actitude pode ocasionar danos a terceiros, poderáselle suspender o subministro de auga até tanto que a antedita instalación particular reúna as debidas condicións de seguridade.

Art. 46.- MODIFICACIÓN DAS INSTALACIÓNS INTERIORES.

46.1. A clientela do servizo de abastecemento e rede de sumidoiros, estarán obrigados a comunicar á Entidade Subministradora calquera modificación que realicen na disposición, ou características das súas instalacións interiores.

46.2. Cando a acometida de saneamento non teña acceso, mediante unha arqueta, será obriga da persoa usuaria a súa execución en caso de ter que proceder á súa limpeza.

Art. 47.- OBRIGATORIEDADE DE USO DE CONTADOR.

47.1. A medición dos consumos de todo subministro de auga realizado pola Entidade Subministradora que han de servir de base para a facturación de todo subministro, realizarase por contador ou equipo de medida; que é o único medio que dará fe da contabilización do consumo da auga subministrada.

47.2. A colocación e instalación de contadores realizarase pola Entidade Subministradora, correndo os gastos por conta da persoa cliente. O custo da instalación quedará determinado polo correspondente cadro de prezos.

47.3. Como norma xeral, a medición dos consumos efectuarase mediante contador único cando no inmoble ou finca só exista unha vivenda ou local, en subministros provisionais para obras e en polígonos de execución de obra e en tanto non sexan recibidas as súas redes de distribución interior; sempre que sexa de aplicación un único tipo tarifario das tarifas vixentes axeitado á modalidade do subministro.

47.4. No caso de subministro a inmobles colectivos, cando exista máis dunha vivenda e/ou locais, o control do consumo base de facturación poderá realizarse ben por contador xeral ou por contadores divisionarios, ao instalar un equipo de medida por cada unha delas e os necesarios para os servizos comúns, situados en baterías segundo as Normas Básicas para as Instalacións Interiores, ademais dos aparatos de medida independentes para os locais do inmoble.

En calquera caso, a Entidade Subministradora poderá instalar, no inicio da instalación interior, un contador totalizador para controlar o consumo global de dita instalación ou inmoble. O consumo do contador xeral, en caso de que houbese instalados contadores divisionarios, deberá ser igual á suma das medidas dos contadores individuais; cando o consumo do contador xeral fose maior que a suma das medidas dos contadores individuais, a diferenza facturaráselle á comunidade de persoas usuarias ou clientes.

47.5. Os edificios nos que fose preciso instalar grupos de elevación de auga, deberán dispoñer dun contador xeral para control dos consumos. Este contador xeral de referencia estará instalado na cabeceira da acometida ao depósito comunitario e na póliza de aboamento correspondente a esta acometida figurará como cliente a comunidade de persoas usuarias ou clientes.

47.6. A persoa cliente estará obrigada a facilitarlle o acceso ao equipo de medida, para efectuar a súa lectura, ao personal da Entidade Subministradora.

47.7. O dimensionamento e fixación das características do contador ou contadores, calquera que sexa o sistema de instalación seguido, será facultade da Entidade Subministradora, que o realizara á vista da declaración de consumo que formule o cliente na súa solicitude de subministro, e de conformidade co estabelecido nas Normas Básicas para as Instalacións Interiores.

Art. 48.- CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DOS APARATOS DE MEDIDA.

48.1. As características técnicas dos aparatos de medida ou contadores, atenderanse ao disposto na Orde do 28 de decembro de 1988 (BOE 6 marzo 1989) pola que se regulan os contadores de auga fría.

Art. 49.- SITUACIÓN DOS CONTADORES.

49.1. Contador único. Instalarase xunto coas súas chaves de protección e manobra nun armario, homologado pola Entidade Subministradora, exclusivamente destinado para este fin, situado na planta baixa do inmoble, xunto ao portal de entrada e empotrado no muro de fachada ou pechamento da propiedade que se pretende fornecer e, en calquera caso, con acceso directo desde a vía pública.

Excepcionalmente, en caso debidamente xustificado, poderá instalarse o contador único e as súas chaves de manobra nunha cámara baixo o nivel do solo, que terá acceso directo desde a rúa e situado o máis próximo posíbel á fachada ou pechamento da propiedade. O armario ou cámara de aloxamento do contador estarán dotados dunha porta e pechadura homologadas pola entidade Subministradora.

O contador estará situado en posición horizontal e no sentido correcto, cuns tramos rectos antes e despois deste, iguais a 10 veces e 5 veces o diámetro do contador respectivamente, necesarios para o bo funcionamento do mesmo.

49.2. Baterías de contadores divisionarios. As baterías de contadores divisionarios, instalaranse nos locais ou armarios exclusivamente destinados a este fin, situados na planta baixa do inmoble, en zona de uso común, con acceso directo desde o portal de entrada.

As baterías para a centralización de contadores responderán a tipos e modelos oficialmente aprobados e homologados polo Organismo competente en materia de Industria.

Na orixe de cada montante e no punto de conexión do mesmo coa batería de contadores divisionarios, instalarase unha válvula de retención, que impida retornos de auga á rede de distribución.

Art. 50.- ADQUISICIÓN DO CONTADOR.

50.1. O contador ou equipo de medida deberá ser dos tipos aprobados polo Organismo competente en materia de Industria, dentro dos tipos homologados pola Entidade Subministradora, e será adquirido pola persoa usuaria, ao seu cargo, libremente. A Entidade Subministradora manterá unhas existencias de contadores, axeitados ás necesidades e caudais de subministro, para a súa venda á clientela. A venda de ditos contadores realizarase de conformidade coas tarifas estabelecidas.

Art. 51.- VERIFICACIÓN E PRECINTADO.

51.1. É obrigatorio sen excepción ningunha, a partir da entrada en vigor do presente Regulamento, a verificación e precintado dos aparatos contadores que se instalen, cando sirvan de base para regular a facturación do consumo de auga. A verificación e precintado dos aparatos realizaranse polo Organismo competente en materia de Industria, a través de laboratorio oficial ou autorizado.

51.2. É obriga ineludible da persoa cliente, a custodia do contador ou aparato de medida, así coma o conservar e manter o mesmo en perfecto estado, sendo extensíbel esta obriga tanto á inviolabilidade dos precintos de contador coma ás etiquetas de identificación daquel.

A responsabilidade que se derive do incumprimento desta obriga, recaerá directamente sobre a persoa cliente titular do subministro.

Art. 52.- SOLICITUDE DE VERIFICACIÓN.

52.1. A persoa cliente poderá solicitar da Entidade Subministradora a verificación do seu contador. Os gastos que xere a retirada do aparato, a súa colocación e a verificación e precintado polo Organismo competente, serán de cargo da persoa solicitante, agás no caso en que se demostre o anormal funcionamento do aparato e que o erro sexa favorábel á Entidade Subministradora.

Art. 53.- COLOCACIÓN E RETIRADA DE CONTADORES.

53.1. A conexión e desconexión, colocación e retirada, do contador ou aparato contador, cando sexa preciso, será realizada pola Entidade Subministradora, quen poderá precintar a instalación do mesmo, sendo a única autorizada para o seu desprecintado por motivos derivados da explotación do servizo.

53.2. Os contadores ou aparatos de medida, poderán desmontarse por calquera das seguintes causas:

a) Por extinción do contrato de subministro.

b) Por avaría do equipo de medida.

c) Por renovación periódica.

d) Por alteración do réxime de consumos, en tal medida que desborde, por exceso ou por defecto, a capacidade teórica do aparato instalado.

53.3. Cando a xuízo da Entidade Subministradora, existan indicios claros de que o funcionamento do contador non é correcto, poderá previa comunicación á persoa cliente proceder a desmontar o mesmo, instalando no seu lugar outro que fose verificado oficialmente. Os consumos rexistrados polo aparato instalado en substitución do anterior, darán fe para a liquidación dos mesmos.

Art. 54.- CAMBIO DE SITUACIÓN

54.1. Calquera modificación da situación do contador ou aparato de medida, dentro do recinto ou propiedade a cuxo subministro estea adscrito, sempre serán a cargo da parte a cuxa instancia se teña levado a cabo aquela. Porén, será sempre a cargo da persoa cliente, toda modificación na situación do contador ocasionada por calquera dos seguintes motivos:

a) Por obras de reformas efectuadas pola persoa cliente con posterioridade á instalación do contador e que dificultena súa lectura, revisión ou facilidade de substitución.

b) Cando a instalación do contador non responda ás esixencias deste Regulamento, e se produza un cambio na titularidade do subministro.

Art. 55.- MANIPULACIÓN DO CONTADOR.

55.1. A persoa cliente ou usuaria nunca poderá manipular o contador ou aparato de medida, nin conectar tomas ou facer derivacións antes de dito equipo de medida.

Art. 56.- SUBSTITUCIÓN DE CONTADORES.

56.1. Será necesario a substitución do contador por outro en perfectas condicións, en caso de que pola persoa cliente ou o persoal da Entidade Subministradora se detecte calquera avaría ou parada do contador e, tamén, no caso de substitución periódica programada. Nestes supostos, a Entidade Subministradora, con cargo aos gastos de mantemento e conservación, realizará dita operación.

56.2. No caso de que a avaría se debese a causas climatolóxicas ou a man airada, os gastos correrán a cargo da persoa cliente.

56.3. No caso de que a instalación do contador non estivese en bo estado, será obriga da persoa cliente a súa reforma para poder proceder ao cambio do contador. Caso de que a persoa cliente non queira reformar a instalación, o contador instalarase ao comezo da finca propiedade da persoa cliente, sempre ao seu cargo.

CAPÍTULO IX.- LECTURAS, CONSUMOS E FACTURACIÓNS.

Art. 57.- LECTURA DE CONTADORES.

57.1. A lectura de contadores que servirá de base para regular a facturación dos caudais consumidos pola clientela, realizarase periodicamente polas persoas empregadas do Servizo designados para iso.

As indicacións que marque o contador, anotaraas o lector nas follas ou soportes informáticos que servirán de base para a facturación correspondente así coma en a libreta ou tarxeta da persoa cliente que poderá existir para tal fin, xunto ao contador, sempre que así o solicite a persoa cliente.

57.2. A toma de lectura realizarase en horas hábiles ou de normal relación co exterior, polo persoal autorizado expresamente pola Entidade Subministradora, provisto da súa correspondente documentación de identidade. En ningún caso, a persoa cliente, poderá impoñer a obriga de tomar lectura fóra do horario que teña estabelecido a Entidade Subministradora para tal efecto.

57.3. Cando por ausencia da persoa cliente non fose posíbel a toma de lectura, o lector encargado da mesma deixará constancia da súa visita, depositando na caixa do correo ou similar unha tarxeta na que, ademais de deixar constancia da súa presenza no domicilio da persoa cliente, permitiralle a este anotar na mesma a lectura do seu contador efectuada por el mesmo, e facela chegar ás oficinas do Servizo, no prazo máximo indicado nela, para os efectos da facturación do consumo rexistrado.

Art. 58.- DETERMINACIÓN DOS CONSUMOS FACTURÁBEIS.

58.1. Como norma xeral, a determinación dos consumos que realice cada persoa cliente que servirán de base para a facturación, concretaranse pola diferenza entre as lecturas de dous períodos consecutivos de facturación.

58.2. Cando non sexa posíbel coñecer os consumos realmente realizados, como consecuencia de avaría no equipo de medida, a facturación do consumo efectuarase consonte ao consumo realizado durante o mesmo período de tempo e na mesma época do ano anterior; de non existir, liquidaranse as facturacións segundo a media aritmética dos seis meses anteriores.

Naqueles casos nos que non existan datos históricos para poder obter o promedio ao que se alude no antedito parágrafo, os consumos determinaranse baseándose no promedio que se obteña en función dos consumos coñecidos de períodos precedentes.

Art. 59.- OBXECTO E PERIODICIDADE DA FACTURACIÓN.

59.1. As cantidades a facturar pola Entidade Subministradora polos conceptos que procedan en función da modalidade do subministro e dos consumos facturables, pola prestación do servizo, calcularanse aplicando as tarifas vixentes en cada momento.

59.2. Os consumos facturaranse por períodos de subministro vencidos. O primeiro período calcularase desde a data de posta en servizo da instalación.

Art. 60.- RECIBOS.

60.1. Os recibos dos importes do servizo prestado confeccionaranse periodicamente, incluíndose nos mesmos, os impostos e outras taxas, que poidan corresponder. Confeccionarase un recibo por cada cliente.

60.2. A Entidade Subministradora especificará, nos seus recibos ou facturas, a desagregación do sistema tarifario aplicábel, fixando claramente todos e cada un dos conceptos de facturación.

Nas facturas ou recibos emitidos deberán constar, ademais, os datos identificativos de cliente e domicilio do subministro, lecturas de contador, importe dos servizos e tributos que se repercutan, domicilio e prazo de pagamento, e datos da Entidade Subministradora a onde dirixirse para solicitar información ou efectuar reclamacións, e outros que a xuízo da Entidade fosen convenientes para a súa mellor comprensión pola persoa cliente.

60.3. Os impostos, taxas, arbitraxes, dereitos, tributos ou gastos de calquera clase, estabelecidos ou que poidan estabelecerse polo Estado, Provincia, Municipio ou calquera Administración Pública, que graven de algunha maneira, ben o subministro en si mesmo, ben a documentación que sexa necesaria para formalizar un contrato de subministro, así coma calquera outra circunstancia relacionada con estes, serán por conta da persoa cliente.

Art. 61.- FORMA DE PAGAMENTO DOS RECIBOS.

61.1. A persoa cliente poderá efectuar os importes facturados pola Entidade Subministradora, por calquera concepto, nas súas Oficinas, en Caixas de Aforros, Entidades de crédito ou outros estabelecementos uu oficinas autorizadas pola Entidade Subministradora, ou ben a través da conta da persoa cliente na Entidade bancaria ou Caixa de Aforros que para o efecto sinale.

61.2. O aboamento dos recibos periódicos do servizo efectuarase preferentemente polo sistema de domiciliación bancaria..

61.3. En casos excepcionais, a persoa cliente poderá facer efectivo o importe do recibo mediante xiro postal, ingreso directo en banco ou outro medio similar, en zonas onde existan dificultades para utilizar os anteditos sistemas, sempre coa conformidade previa e expresa da Entidade Subministradora

Art. 62.- VIA DE CONSTRINXIMENTO.

Os recibos impagados, unha vez transcorrido o prazo de pagamento voluntario, serán obxecto de Vía de Constrinximento, tal como dispón a lexislacion tributaria que resulte de aplicación.

A Tesourería municipal será o órgano competente para constrinxir as liquidacións e recibos non satisfeitos en período voluntario.

Art. 63.- RECLAMACIÓNS.

63.1. A persoa cliente poderá obter da Entidade Subministradora calquera información relacionada coas lecturas, facturacións, comprobacións de contador, cobramentos e tarifas aplicadas e, en xeral, sobre toda cuestión relacionada co subministro que se xerase nun período de un ano anterior á data de presentación do pedimento correspondente.

63.2. Cando a persoa cliente presente unha reclamación para a devolución de ingresos que considere indebidos, expresará de forma clara e concisa os conceptos que reclama e os fundamentos da reclamación e achegará coa mesma os xustificantes dos ingresos supostamente indebidos e calquera outra documentación que para o caso corresponda.

A devolución das cantidades percibidas indebidamente deberá ser inmediata, unha vez se comprobe o erro de facturación, de medida, ou cualquera outra causa que o provocase.

63.3. A Entidade Subministradora deberá levar un Libro de Reclamacións, debidamente dilixenciado polo Concello, que estará a disposición da clientela.

63.4. As reclamacións que se formulen por danos e perdas que se causen pola Entidade Subministradora rexeranse pola lexislación aplicábel, tendo en conta a natureza das memas e o seu carácter contractual ou extracontractual.

Art. 64.- CONSUMOS PÚBLICOS.

64.1. Os consumos para usos públicos (edificios, xardíns, fontes, baldeos de rúas, etc.) dependentes do Concello, serán medidos por contador, ou no seu caso, aforados coa maior exactitude posíbel.

CAPÍTULO X.- RÉXIME DE TARIFAS.

Art. 65.- SISTEMA TARIFARIO.

65.1. Entenderase por sistema tarifario aquel conxunto de conceptos que conforman o prezo total que a persoa cliente debe pagar, en orde á consecución e mantemento do equilibrio económico e financeiro da Entidade Subministradora para a prestación do servizo de abastecemento.

65.2. Os tipos tarifarios de aplicación a cada un dos conceptos que conforman o prezo total a pagar polo cliente, serán os estabelecidos en cada momento polo Réxime de Tarifas que sexa legalmente de aplicación.

65.3. Os impuestos que recaian sobre o prezo final do servizo, aínda cando se engadan sobre as tarifas, non constituirán un elemento máis do sistema tarifario.

65.4. O sistema tarifario determina estrutura do Réxime de Tarifas aplicábeis en cada momento. O Réxime de Tarifas poderá variarse polo Concello despois de efectuados os trámites legais necesarios.

Art. 66.- RÉXIME DE TARIFAS.

A que estea en vigor no momento de facturación

Art. 67.- RECARGAS ESPECIAIS.

67.1. Con independencia dos conceptos tarifarios estabelecidos no antedito artigo deste Regulamento, na prestación do servizo de auga a unha poboación, un sector da mesma, ou a certos concretos clientes, por motivos de explotación de instalacións diferentes ás do normal abastecemento, como pudieran ser instalacións para modificación de presións ou caudais, que xeren un custo adicional ao xeral da explotación, a Entidade Subministradora poderá estabelecer, para a clientela afectada, unha recarga que asuma o maior custo derivado do tratamento diferenciado, con carácter permanente ou transitorio, sobre o prezo do metro cúbico da auga facturada.

Art. 68.- DEREITOS DE ACOMETIDA E COTA DE CONTRATACIÓN.

68.1. A Entidade Subministradora poderá cobrar os dereitos de acometida e cota de contratación regulados nos artigos correspondentes deste Regulamento, que constitúen conceptos independentes dos ingresos periódicos do abastecemento e rede de sumidoiros definidos nos devanditos artigos.

Art. 69.- CÁNONES POR INVESTIMENTOS.

69.1. Entenderase cánon por investimentos para os efectos deste Regulamento, á recarga que, independentemente da tarifa, se estabelece para facerlle fronte aos investimentos en infraestrutura. Este ingreso terá carácter finalista para o servizo, e recibirá un tratamento diferente aos conceptos da explotación. Os cánones por investimentos aprobaranse polo Órgano competente.

69.2. Os ingresos obtidos mediante este canon, serán os suficientes para facerlle fronte ao investimento e, no seu caso, aos custos financeiros que xere a mesma.

CAPÍTULO XI.- FRAUDES E LIQUIDACIÓN DA FRAUDE.

Art. 70. INSPECCIÓN DA UTILIZACIÓN DO SERVIZO.

70.1. A Entidade Subministradora está autorizada a vixiar as condicións e forma en que a clientela utiliza o servizo de abastecemento de auga.

70.2. A actuación do persoal inspector acreditado pola Entidade reflectirase nun documento que adoptará unha forma de acta, e na que quedarán reflectidos o nome e domicilio da persoa cliente inspeccionada, día e hora da mesma, e os feitos contrastados.

Unha copia desta acta, asinada polo inspector, entregaráselle á persoa cliente.

70.3. As persoas inspectoras deberán convidar ao cliente, persoal dependente do mesmo, ou calquera outra persoa a que presencie a inspección e asine a acta, podendo o cliente facer constar, coa súa sinatura, as manifestacións que estime oportunas. A negativa a facelo non lle afectará á tramitación e conclusións que se estabelezan posteriormente. O cliente poderá dirixirse, posteriormente, á Entidade Subministradora, aínda que dentro das corenta e oito horas seguintes, coas alegacións que estime oportunas.

70.4. Cando polo persoal da Entidade se encontren derivacións nas súas redes con utilización sen convenio ningún, é dicir, realizadas clandestinamente, o persoal da Entidade Subministradora poderá efectuar o corte inmediato do subministro en tales derivacións.

Art. 71.- FRAUDES NO SUBMINISTRO DE AGUA.

71.1. A Entidade Subministradora formulará a liquidación da fraude, distinguíndose, para os efectos da consideración e as responsabilidades da fraude, os seguintes casos:

a) Utilizar auga do servizo sen ter subscrito contrato de aboamento.

b) Executar acometidas sen ter cumprido previamente os requisitos previstos neste Regulamento.

c) Falsear a declaración de uso do subministro, inducindo á Entidade a facturar menor cantidade da que deba satisfacer polo subministro.

d) Modificar ou ampliar os usos a que se destina a auga, especificados no contrato de subministro.

e) Levantar os contadores instalados sen autorización da Entidade; romper os precintos, o cristal ou a esfera dos mesmos; desnivelalos, interrompelos ou paralos , e en xeral, toda acción que tenda a desfigurar a indicación destes aparatos e a prexudicar, polo tanto, os intereses do servizo.

f) Estabelecer ou permitir ramales, derivacións ou enxertos que poidan traer consigo o uso fraudulento da auga pola persoa interesada ou por terceiros.

g) Introducir modificacións ou realizar ampliacións na instalación, sen previa autorización.

h) Revender a auga obtida do servizo por contrato de subministro, ou subministrar auga a vivendas que carezan do servizo aínda que non constitúa revenda.

Art. 72.- ACTUACIÓN POR ANOMALÍA.

72.1. A Entidade Subministradora, á vista da acta redactada, requirirá á persoa propietaria da instalación, para que corrixa as deficiencias observadas na mesma, co apercibimento de que no levalo a efecto no prazo de dez días hábiles, aplicarase o procedemento de suspensión de corte.

72.2. Cando polo persoal da Entidade Subministradora se encontren derivacións nas súas redes con utilización de subministro sen convenio ningún de subministro, é dicir, realizadas clandestinamente, dito Servizo poderá efectuar o corte inmediato do subministro en tales derivacións.

72.3. Se ao ir realizar o persoal facultativo a comprobación dunha denuncia por fraude se lle negase a entrada no domicilio dun cliente ou usuario, a Entidade Subministradora quedará autorizada para suspender o subministro.

Art. 73.- LIQUIDACIÓN DA FRAUDE.

73.1. A Entidade Subministradora formulará a liquidación da fraude, considerando os seguintes casos:

a) Que non existise contrato ningún para o subministro de auga.

b) Que, por calquera procedemento, fose manipulado ou alterado o rexistro do contador ou equipo de medida.

c) Que se realizasen derivacións de caudal, permanente ou circunstancial, antes dos equipos de medida.

d) Que se utilice a auga potábel para usos distintos dos contratados, afectándolle á facturación dos consumos segundo a tarifa a aplicar.

73.2. A Entidade Subministradora, practicará a correspondente liquidación, segundo casos, da seguinte forma:

Caso 1.- Formularase unha liquidación por fraude, que incluirá un consumo equivalente á capacidade nominal do contador que regulamentariamente lle correspondese ás instalacións utilizadas para a acción fraudulenta, cun tempo de tres horas diarias de utilización ininterrompidas e durante o prazo que medie entre a adquisición da titularidade ou dereitos de uso das anteditas instalacións, e o momento no que teña reparado a existencia da fraude detectada.

Caso 2.- De falseárense as indicacións do contador ou aparato de medida instalado, por calquera procedemento ou dispositivo que produza un funcionamento anormal do mesmo, tomarase como base para a liquidación da contía da fraude a capacidade de medida do nominal, computándose o tempo a considerar en tres horas diarias desde a data da última verificación oficial do contador, descontándose os consumos que durante ese período de tempo teñan sido clientes polo autor da fraude.

Caso 3.- Se a fraude se efectuase derivando o caudal antes do aparato contador, liquidarase coma no caso primeiro, de non existir contrato de subministro, e sen facerse desconto pola agua medida polo contador.

Caso 4.- Neste caso, a liquidación da contía da auga utilizada en forma indebida practicarase a favor da Entidade Subministradora, aplicándolle ao consumo a diferenza existente entre a tarifa que en cada período lle correspondese ao uso real que se lle está dando á auga, e as que, en dito período, se aplicaron baseándose no uso contratado.

73.3. En todos os casos, o importe da fraude deducida consonte aos preceptos estabelecidos nos devanditos parágrafos, estará suxeito aos impostos que lle fosen repercutibles.

73.4. As liquidacións que formule a Entidade Subministradora, seranlle notificadas ás persoas interesadas e, contra as mesmas, poderán formular reclamacións perante o Organismo en materia de consumo, no prazo de quince días a contar desde a notificación de dita liquidación, sen prexuízo das demais accións de que se consideren asistidos.

73.5. As reclamacións das persoas clientes non paralizarán o pagamento das facturacións ou liquidacións obxecto das mesmas; non obstante, cando a reclamación se formule por disconformidade coa contía facturada polo servizo, o cliente terá dereito a que non se lle cobre o exceso sobre a facturación inmediatamente anterior. Unha vez resolta a reclamación, a Entidade Subministradora, en base á cantidade satisfeita polo cliente, realizará a correspondente liquidación.

73.6. Cando a fraude puidese revestir carácter de delito ou falta, sen prexuízo de aplicarlle a sanción administrativa que lle corresponda, darase conta do mesmo á xurisdición competente para que, no seu caso, lle esixa a responsabilidade criminal a que dese lugar.

CAPÍTULO XII.- COMPETENCIA E RECURSOS.

Art. 74.- COMPETENCIA DO SERVIZO MUNICIPAL.

74.1. O Xefe de Servizo da Entidade Subministradora en ARTEIXO, terá as facultades que lle concede o presente Regulamento e as que en uso das súas expresamente lle conceda a Alcaldía, a quen deberá dar conta das súas resolucións.

Art. 75.- RECURSOS ADMINISTRATIVOS DE REPOSICIÓN.

75.1. Contra as decisións adoptadas polo Xefe de Servizo da Entidade Subministradora en ARTEIXO, que en ningún caso terán a consideración de actos administrativos, poderá reclamarse perante a Alcaldía, cuxa resolución causará estado podendo interpoñerse contra a mesma recurso administrativo de reposición.

75.2. Dito recurso deberá presentarse no prazo de un mes contado desde a notificación ou publicación do acto que se trata de impugnar; entendéndose desestimado, transcorrido un mes desde a súa interposición sen que se lle notifique ao recorrente a resolución do mesmo.

Art. 76.- RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO.

76.1. Contra o obxecto do recurso de reposición, contra a resolución do mesmo, ou contra ambos á vez, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala de Audiencia Territorial.

76.2. O prazo para interpoñelo será de dous meses desde a notificación do acordo resolutorio do recurso de reposición de ser expreso; de non selo, o prazo será de un ano a contar desde a data da interposición do recurso de reposición.

CAPÍTULO XIII.- DO REGULAMENTO.

Art. 77.- OBRIGATORIEDADE DO SEU CUMPRIMENTO.

77.1. Os clientes e a Entidade Subministradora quedan obrigados a cumprir todas as cláusulas e condicións do presente Regulamento.

Art. 78.- MODIFICACIÓNS AO REGULAMENTO.

78.1. O Concello poderá en todo momento modificar de oficio o presente Regulamento, polos mesmos trámites que para a súa aprobación, e previo o informe da Entidade Subministradora.

As novas disposicións serán aplicábeis, unha vez publicadas no B.O.P, a todos os clientes.

Art. 79.- INTERPRETACIÓN DO REGULAMENTO.

79.1. Os incidentes a que poida dar lugar a aplicación do presente Regulamento serán interpretados polo Concello en primeira instancia, e no seu caso polos Organismos competentes con plena potestade para tal fin.

Art. 80.- NORMA REGULADORA.

80.1. Os procedementos tramitados para o coñecemento dos feitos constitutivos de infracción neste Regulamento, serán os estabelecidos na Lei de Procedemento Administrativo e, no seu caso, na Lei de Réxime Local e os seus Regulamentos.

Art. 81.- VIXENCIA DO REGULAMENTO.

81.1. A vixencia do presente Regulamento iniciarase ao día seguinte de terse publicado no Boletín Oficial correspondente, e seguirá en vigor en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.

ANEXO I

NORMAS TÉCNICAS DE ABASTECEMENTO

1.- DEFINICIÓNS.

2.- REDES XERAIS E ELEMENTOS DESTAS.

2.1.- Definicións de todos os elementos.

2.2.- Características técnicas dos materiais.

2.3.- Características da instalación.

3.- ACOMETIDAS E INSTALACIÓNS INTERIORES DE SUBMINISTRO DE AUGA.

3.1.- Materiais e esquema de acometida a vivenda unifamiliar.

3.2.- Baterías de contadores divisionarios.

3.3.- Acometidas para protección contra incendios.

3.4.- Grupos de presión e depósitos reguladores interiores.

1.- DEFINICIÓNS.

1.1.- CONDUCIÓN XERAL.

Denominamos condución xeral ao entubado que leva a auga desde a captación até o depósito regulador ou desde este á rede xeral de distribución.

1.2.- REDE XERAL DE DISTRIBUCIÓN.

Denomínase rede xeral de distribución ao conxunto de entubado e elementos singulares do mesmo instalados no interior dunha poboación ou núcleo rural conectados entre si.

1.3.- ARTERIA.

Chámase arteria ao entuvado do interior dunha poboación que enlaza un sector da súa rede co conxunto, con certa independencia e sen que xeralmente existan tomas para usuarias/os sobre ela.

1.4.- CONDUCIÓNS DE PRIMEIRA, SEGUNDA E TERCEIRA ORDE.

Dámoslle o carácter de condución, ao conxunto de entubado pertenencente á rede xeral desde a que se poden estabelecer ou derivar as tomas para usuarias/os.

En función do seu diámetro teremos:

- PRIMEIRA ORDE: diámetro de 200 mm ou superiores.

- SEGUNDA ORDE: diámetros iguais ou superiores a 100 mm e inferiores a 200 mm

- TERCEIRA ORDE: diámetros menores a 100 mm

1.5.- ACOMETIDA.

É aquel conduto que partindo da rede xeral de distribución, conecta no límite do inmoble coa rede interior do mesmo a través da súa correspondente chave de paso.

2.- REDES XERAIS E ELEMENTOS DESTAS.

2.1.- DEFINICIÓNS DE TODOS OS ELEMENTOS.

2.1.1.- ENTUBADO.

Entenderase por entubado ou tubaxe a sucesión de tubos convenientemente unidos, coa intercalación de todos aqueles elementos que permitan unha económica e fácil explotación do sistema, formando un conduto cerrado convenientemente illado do exterior que conserve as cualidades esenciais da auga para o subministro público, impedindo a súa perda e contaminación.

2.1.2.- TUBO.

Dáselle o nombre de tubo ao elemento recto de sección circular e oco, que constitúe a maior parte do entubado ou tubaxe.

2.1.3.- XUNTA.

Elemento que se utiliza para enlazar os tubos e pezas especiais.

2.1.4.- PEZAS ESPECIAIS.

Elementos que se utilizan para unir os distintos tubos en condicións particulares. As pezas especiais son:

- DERIVACIÓNS: É toda aquela peza que se utiliza para bifurcar unha tubaxe.

- REDUCIÓNS: É toda aquela peza que une dous tubos de distintos diámetros no sentido do eixe do entubado.

- CURVAS: É toda aquela peza que une dous tubos xeralmente do mesmo diámetro e utilízase para cambiar a dirección do entubado.

2.1.5.- VÁLVULAS.

Elemento que intercalado nunha tubaxe se utiliza para modificar as condicións de subministro. Os distintos tipos de válvulas son as seguintes:

- DE CORTE: É aquela válvula que poida interromper o subministro temporalmente.

- REDUTORA: É aquela válvula que regulando o caudal en función da demanda, mantén unha presión determinada na rede.

- RETENCIÓN: É aquela válvula que permite a circulación da auga nun só sentido.

2.1.6.- VENTOSA.

Elemento que instalado na rede permite a admisión ou expulsión do aire.

2.1.7.- DESAUGADOIROS.

Elemento da redE que situado nos seus puntos baixos, permite o baleirado dun sector da mesma.

2.1.8.- BOCA DE REGA.

Elemento que se instala na rede para a rega de parques e xardíns exclusivamente.

2.1.9.- HIDRANTES.

Elemento que se instala na rede para toma de auga de uso exclusivo contra incendios e limpeza de rúas.

2.1.10.- CÁMARA DE DESCARGA.

Elemento da rede de saneamento que instalado en orixe de ramales de sumidoiros e conectados á rede de auga potábel, permite a descarga dun certo volume de auga periodicamente.

2.2.- CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

2.2.1.- ENTUBADO OU TUBAXE.

- IDENTIFICACION: Cada tubo levará impreso as seguintes características:

* Marca do fabricante.

* Ano de fabricación.

* Diámetro nominal.

* Presión nominal.

* Norma baixo a que foi fabricada.

- MATERIAL: Será de polietileno ou fundición dúctil para abastecemento e de PVC para tubaxe de saneamento. Só en casos excepcionais e debidamente xustificado se poderá autorizar polo Servizo Municipal de Augas a utilización doutro tipo de material. Todos os materiais deberán posuír o correspondente rexistro sanitario e no caso dos materiais de PVC para saneamento e polietileno, deberán ter a marca de calidade homologada polo M.O.P.T.M.A.

- DIAMETRO: Como norma xeral non se permitirá a instalación de tubos inferiores a 60 mm de diámetro interno.

- TIMBRAXE: Todas as tubaxes resistirán unha presión de traballo equivalente a 10 atmósferas. En circunstancias determinadas poderá esixirse maior timbraxe de acordo coas condicións de traballo á que poida estar sometida a instalación.

2.2.2.- UNIÓNS.

- MATERIAL: No entubado de PVC para saneamento empregarase soamente a unión por xunta elástica. En tubaxe de polietileno utilizaranse manguitos electrosoldables ou de latón.

O entubado de fundición dúctil conectarase entre si polo sistema de xunta elástica ou por xunta expres. Calquera outro sistema de unión entre entubado, necesitará a aprobación do Servizo Municipal de Augas.

As pezas como cóbados, tés, reducións, etc. tamén se unirán ao entubado mediante xunta elástica. No caso do polietileno poderanse utilizar unicamente manguitos de empalme en latón estampado en quente.

No caso de ter que unir tubos de distinto material utilizaranse unións de tipo UNIVERSAL, en fundición dúctil con recubrimento en nylon.

- DIAMETRO E TIMBRAXE: Estarase ao indicado no apartado de entubado.

2.2.3.- VÁLVULAS.

- DE CORTE: Todas as válvulas de 200 mm de diámetro ou inferiores serán obrigatoriamente de comporta, obedecendo ao modelo construído en fundición nodular do tipo de peche elástico con fuso de aceiro inoxidábel. O seu accionamiento realizarase mediante volante.

As válvulas de 250 mm de diámetro e superiores serán só de bolboreta, o corpo de ferro fundido nodular ou aceiro inoxidábel, os coxíns de bronce e o anel de elastómero. O seu accionamento farase mediante desmultiplicador dun mínimo de 30 voltas. As restantes características serán as propias do entubado a instalar.

- REDUTORA: As especificacións técnicas serán dadas polo Servizo Municipal de Augas de acordo coas condicións de subministro de cada caso.

- RETENCIÓN: Igual ao antedito apartado.

2.2.4.- VENTOSA.

En cada caso determinarase polo Servizo Municipal de Augas o tipo de ventosa a instalar, podendo ser este: Billa ou ventosa automática de un ou dous corpos.

2.2.5.- BOCAS DE REGA E BOCAS DE INCENDIO.

Será con base de brida, ou rosca, o corpo de ferro fundido e mecanismo de bronce. O pechamento será de asento plano e elástico e o enchufe do tipo rápido de baioneta. Ambas irán pintadas con dúas capas de pintura epoxi e serán resistentes ao paso de vehículos pesados.

2.2.6.- DESAUGADOIROS.

As características técnicas definiranse de acordo coas correspondentes a cada un dos elementos que compoñen o desaugadoiro. Ditos elementos son:

* Derivación.

* Válvula de corte.

* Pozos de rexistro e vertido.

Os diámetros mínimos serán de 60 mm para rede até 200 mm, e de 100 mm para diámetros superiores.

2.2.7.- HIDRANTE.

O pechamento realizarase por válvula de corte de tipo comporta, ou ben pola válvula de asento elástico que leve a propia hidrante. As características técnicas dos restantes elementos definiranse de acordo coas correspondentes a cada un deles que compoñen a hidrante. Estos son:

* Derivación.

* Válvula de corte.

* Curva.

* Arqueta.

Instalaranse hidrantes do tipo de columna seca, serán seguintes: tipo 80 mm unha saída de 70 mm e dous de 45 mm e tipo 100 mm unha saída de 100 mm e dous de 70 mm

2.3.- CARACTERÍSTICA DA INSTALACIÓN.

2.3.1.-ENTUBADO OU TUBAXE.

- TRAZADO: O trazado do entubado definirase polo persoal técnico do Servizo Municipal de Augas. Para calquera variación que sobre o trazado inicial se determine, será necesaria a aprobación de dito persoal técnico. Preferentemente situarase en zona con beirarrúas ou non sometida aos efectos do tránsito rodado.

Normalmente manterase a equidistancia do trazado con elementos visíbeis da vía pública (por exemplo, bordo, liña de fachada, etc.).

Na instalación da rede cuxo trazado sexa totalmente recto non se permitirá desviación por unha defectuosa apertura de gabia.

- GABIA: Para entubado de 200 mm de diámetro ou inferior, a profundidade da instalación en toda a súa lonxitude será de 1 m. nas zonas sometidas ao tráfico e 0,60 m. no resto e de 1,10 m. e 0,90 m. respectivamente para entubado de diámetros superiores.

Estas distancias son medidas desde a xeneratriz superior do tubo á rasante do terreo, entendéndose esta unha vez rematada a pavimentación e non no estado natural do mesmo.

O entubado que se instale descansará sobre un leito de area cuxo espesor se determinará mediante a seguinte fórmula: e = (10 + D (mm) / 10) cm. Recubrirase o entubado até un mínimo de 20 cm con area.

O recheo da gabia realizarase evitando penetración de pedras, cachotes de ladrillos ou calquera outro obxecto que ao apoiar o entubado puidese ocasionar rotura. Compactarase a fin de evitar calquera asento posterior que puidese danar o entubado.

- ANCORAXE: Cando o cambio de dirección no entubado non permita a instalación de pezas especiais e sexa tal que os esforzos que se produzan, non poidan ser absorbidos pola propia instalación, será necesario a colocación de anclaxes sobre dados de formigón cuxo número e tamaño se determinarán en cada caso. Como norma xeral a distancia entre unións e a ancoraxe máis próxima será de 0,25 m.

- INTERFERENCIAS:

1) Cruzamentos viarios:

Os cruzamentos de rúas realizaranse en sentido perpendicular á dirección desta. En casos determinados protexerase o entubado de acordo coas instrucións siguientes:

a) Protección con tubo de formigón vibrado: O diámetro do tubo será de tal medida que permita o paso das unións. A continuación indícanse as medidas dos tubos de protección en función do diámetro do entubado:

D< 100 mm = Tubo de 30 cm. D 200 mm = Tubo de 40 cm.

D 125 mm = Tubo de 30 cm. D 300 mm = Tubo de 40 cm.

D 150 mm = Tubo de 30 cm. D 350 mm = Tubo de 60 cm.

D 175 mm = Tubo de 40 cm. D 400 mm = Tubo de 70 cm.

b) Protección con muros e lousas de formigón: para diámetros superiores aos indicados no antedito cadro, a protección do entubado pertencente á rede de abastecemento efectuarase construíndo a ambos os lados da mesma uns muros de ladrillos dun pé de espesor, sobre os que se apoiará unha lousa de formigón armado, dependente a súa anchura do diámetro da condución a protexer. A execución das lousas realizarase fóra da gabia cunha lonxitude máxima de un metro e dotado dos seus correspondentes elementos de agarre para o seu fácil manexo.

c) Utilización de materiais de maior resistencia ao aplastamento como por exemplo: fundición dúctil, aceiro, etc.

2) Entubado ou tubaxe de saneamento:

De acordo co punto 10.2.1. do Prego de prescricións técnicas xerais para entubado ou tubaxe de abastecemento de auga publicado no BOE de data 3 de outubro de 1974; a rede de saneamento instalarase nun plano inferior non menor a un metro, medido entre os planos horizontais e verticais tanxentes ás xeneratrices de cada entubado máis próximos entre si.

Cando a rede de saneamento estea instalada con anterioridade e non sexa posíbel respectar as distancias indicadas anteriormente, a rede de auga potábel instalarase a unha distancia mínima en horizontal de 2 m. e sempre nun plano de cota superior á da rede de saneamento adoptándose as medidas de protección necesarias de diminuírse ostensiblemente a profundidade á que debe ir o entubado de agua, segundo se indicou antes.

3) Outras conducións:

Non poderán existir a menos de 0,50 m. do entubado que se instale otras conducións que non sexan de agua potábel, nin se permitirá por encima delas as eléctricas ou similares. Os cruzamentos obrigados dos distintos servizos cos de auga potábel faranse por debaixo deste último, a unha distancia conveniente de maneira que non se produzan interferencias, sempre que iso sexa posíbel, adoptándose medidas especiais en caso contrario. Deberá prestarse unha atención especial á montaxe en paralelo dos servizos eléctricos e de auga potábel.

4) Cimentacións:

A distancia mínima entre a xeratriz máis próxima do entubado e o parámetro vertical dunha cimentación (zapata, correa, pilote, etc.) deberá ser como mínimo de 0,50 m.

2.3.2.- UNIÓNS.

A distancia entre unións será a que lle corresponde ao tubo ou peza a montar. No caso de non poderse cumprir esta norma dita distancia non será nunca inferior a un metro para entubado de até 200 mm de diámetro e 2 m en diámetros superiores. O parafusos que se empreguen serán os normais da unión Gibault ou exprés. En casos especiais, a xuízo do persoal técnico do Servizo Municipal de Augas poderá esixirse o emprego de parafusos de aceiro inoxidábel ou tratados.

2.3.3.- PEZAS ESPECIAIS.

Cando sexa necesaria a instalación dalgunha peza especial definitiva nestas Normas, a distancia entre elas ao igual que a distancia entre esta e as unións do entubado, deberá cumprir o definido no antedito parágrafo, agás casos especiais en que a xuízo do persoal técnico do Servizo Municipal esta distancia poida ser menor.

2.3.4.- VÁLVULAS.

As válvulas instalaranse en entubado de PE mediante xunta elástica ou brida de dobre cámara, para diámetros de até 100 mm, para diámetros superiores só se farán mediante brida de doble cámara. En entubado de fundición, mediante bridas, enchufe liso e xunta exprés.

- POZO: Construirase sobre unha soleira de formigón de 25 cm de espesor, levando un tacón ou dado para o apoio da válvula; dito tacón deixará totalmente libre os colos da válvula para que as bridas sexan facilmente desmontábeis. As paredes serán dun pé de espesor de ladrillo de oco dobre ou ben de formigón, sendo necesario que exista un espazo libre entre o entubado e a parede de 2 cm. Dito espazo rechearase con material elástico para evitar a entrada de lama ou terra no pozo. A altura libre interior do pozo será de 1,20 m. Para alturas superiores colocaranse pates cunha distancia entre eles de 30 cm.

O pozo rrematarase nunha boca de acceso sobre a que colocará unha tapa de fundición nodular cumprindo norma europea EN 124 e norma española UNE 41-300-87. En zona de tránsito de vehículos instalaranse tapas e marcos de rexistros con clase de resistencia E600 segundo norma EN 124, sempre do modelo normalizado polo Servizo Municipal de Augas (ver figura, nº 1).

- ARQUETA: As características construtivas en cuanto a soleira, tacón e paredes, serán as mesmas que para o pozo. As tapas serán circulares de fundición dúctil de 600 mm de diámetro.

2.3.5.- VENTOSA.

A instalación sobre o entubado realizarase mediante un colar de toma para ventosa de 20 e 40 mm ou T con brida para diámetros superiores. En ambos os casos a derivación quedará orientada cara arriba. Cando se trate de ventosas sobre T con brida, deberá preverse o correspondente tacón de apoio. Para a instalación de ventosa que non estea dotada de elementos de peche será necesaria a colocación dunha válvula entre esta e a T. Non obstante, en determinadas circunstancias esixirase a colocación de dita válvula en ventosas dotadas de elementos de peche.

- POZO OU ARQUETA: O persoal técnico do Servizo Municipal de Augas indicará as medidas do pozo ou arqueta correspondentes, as cales se determinarán en función do tipo de ventosa que se instale en cada caso. As características construtivas serán similares ás indicadas para pozos ou arquetas de válvulas.

2.3.6.- DESAUGADOIRO.

Elementos que compoñen o desaugadoiro: A derivación, a válvula de corte e o pozo de vertido. Os dous primeiros xa se definiron nos devanditos parágrafos, quedando unicamente por citar o pozo de vertido.

- POZO DE VERTIDO: Entenderemos como tal aquel pozo no que se realiza o desaugadoiro, podendo ser observado desde o exterior. En dito pozo o tubo de desaugadoiro estará situado a unha cota por enriba do tubo de sumidoiros ou da bóveda do ovoide. Adoptaranse as medidas necesarias na instalación do tubo de desaugadoiro, de forma que o uso do mesmo no produza dano nas paredes do pozo ou canalización. Se o desaugadoiro se efectuase en entubado de sumidoiros será necesaria a construción dun pozo de vertido que se realizará de idéntica forma cás definidas no apartado de pozo para válvulas. Para a construción da soleira teranse en conta as modificacións que se indican na fig. 4. Cando preto á situación do desaugadoiro existise un pozo de sumidoiros e a xuízo do persoal técnico do Servizo Municipal de Augas fose factíbel dito pozo poderá utilizarse como de vertido, debendo respectar as indicacións que sobre o tubo de desaugadoiro se especificaba no primeiro parágrafo do apartado ¿pozo de vertido". Se o desaugadoiro se realizase nun ovoide, o pozo de vertido construirase sobre a bóveda do mesmo de similares formas e medidas que o de vertido indicado no antedito parágrafo deste apartado, non executándose neste caso soleira ningunha. En todos os casos tomaranse as medidas necesarias, para que a través deste tubo de desaugadoiro non se poida producir unha succión de augas suxas á rede de distribución.

2.3.7.- BOCA DE REGA

a) A conexión á rede xeral realizarase sempre con colar de toma, non admitíndose a súa instalación en entubado de diámetro superior a 200 mm En tal caso será necesario a instalación de ramais secundarios con destino ás bocas de rega, os cuales levarán na súa orixe a correspondente válvula de corte.

b) O ramal de conexión do colar de toma á boca de rega, será de polietileno (baixa densidade) de 11/2" de diámetro e timbrada a 10 atm de traballo ou superior. A conexión de dito ramal ao conxunto ¿boca de rega" realizarase mediante enlace de igual forma que na conexión á rede xeral.

c) Convén precisar que a arqueta da boca de rega pode estar ou non solidaria a esta. Non obstante, recoméndase que a arqueta e a boca de rega sexan independentes. Na orixe dunha rede de rega ou boca de rega será necesaria a instalación dun contador.

2.3.8.- HIDRANTE.

O hidrante quedará debidamente sinalizado consonte ás Normas UNE 23-402, 23-403, 23-405, 23-406, 23-407 e na tapa constará ¿Boca de Incendios".

No caso de instalación de hidrantes tipo columna seca esta estará provista de tres saídas, cuxos diámetros en función do da columna serán os seguintes:

- Tipo 80 mm, unha saída de 70 mm e dous de 45 mm

- Tipo 100 mm, unha saída de 100 mm e dous de 70 mm

A instalación deste deberá ser autorizada polo Servizo Municipal de Augas.

3.- ACOMETIDAS E INSTALACIÓNS INTERIORES DE SUBMINISTRO DE AUGA.

Considerarase como Normativa xeral para o estabelecemento da acometida dun edificio e a execución das súas instalacións interiores, a Orde do Ministerio de Industria de data 09/12/75 pola que se aproban as ¿NORMAS BÁSICAS PARA INSTALACIÓNS INTERIORES DE SUBMINISTRO DE AUGA", publicadas no BOE do 13/01/76, así coma disposicións posteriores que poidan modificalas ou amplialas.

3.1.- MATERIAIS E ESQUEMA DE ACOMETIDA A VIVENDA UNIFAMILIAR.

a) MATERIAIS:

1.- Colar de toma con corpo en fundición dúctil, tirantes e parafusos en aceiro inoxidábel segundo normas ANSI 304 o DIN 17006. A banda irá protexida con xunta de goma de nitrilo.

2.- Curva macho 90º en latón estampado en quente.

3.- Entubado de polietileno de baixa densidade e PN 10 atm.

4.- Curva de 90º en latón estampado en quente.

5.- Enlace femia ou macho en latón estampado en quente.

6 y 7.- Válvulas de corte e antirretorno en latón. Tamén poderán ser de esfera con accionamento por bolboreta ou cadro.

8.- Contador de auga con racores, tipo B segundo a Directiva europea 75/33 CEE e ISO. Poderanse utilizar, en caso de consumos elevados ou de particulares características do tipo de consumo e/ou instalación, contadores tipo C.

9.- Tapa de contador en aluminio con pechadura.

b) ESQUEMA:

Segundo figura que se achega.

3.2.- BATERÍAS DE CONTADORES DIVISIONARIOS.

Utilizarase para controlar cada consumo particular mediante contadores individuais centralizados. Aloxarase na planta baixa, nun local da zona común exclusivamente destinado a este fin, con acceso directo desde o portal de entrada.

- CONDICIÓNS DA BATERIA:

- Responderá aos tipos e modelos aprobados e homologados polo Ministerio competente en materia de Industria.

- Todos os tubos de que consta, terán o mesmo diámetro.

- Estará disposta sempre en circuíto pechado e cun máximo de tres tubos horizontais.

- O diámetro debe corresponder sempre ao da vivenda tipo E.

- Os enlaces entre as distintas pezas débense realizar mediante soldadura férrica para evitar as roscas.

- O conxunto estará protexido tanto exterior coma interiormente contra a corrosión.

- Debe existir chave de paso antes e despois de cada contador así coma a súa correspondiente válvula antirretorno.

- O soporte de contadores deberá ir fixado á fábrica do local mediante ancoraxes.

3.3.- ACOMETIDAS PARA PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS.

A acometida contra incendios será independente, ademais non é necesaria a instalación dun contador, non obstante será de uso exclusivo para o fin ao que se destina. Porén, estará en función ao disposto no Real decreto 1942/1993, de 5 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios e ademais en cumprimento da Norma UNE 23.500 que estabelece os sistemas de abastecemento de auga contra incendios e por último segundo as Normas básicas de edificación NBE-CPI/96.

3.4.- GRUPOS DE PRESIÓN E DEPÓSITOS REGULADORES INTERIORES.

Deberá preverse a instalación dun grupo de presión nas edificacións con planta baixa e máis de dúas alturas. O grupo estará constituído por dúas bombas como mínimo, permanecendo unha delas en funcionamento e a outra en reserva.

A orixe da aspiración deberá ser un depósito regulador que cumpra as seguintes condicións:

- O enchemento do depósito regulador non poderá realizarse mediante unha acometida con saída libre da auga.

- Deberá estar protexido fronte á contaminación exterior.

- A renovación total da auga acumulada deberá producirse ao longo de períodos curtos de tempo.

ANEXO II

NORMAS TÉCNICAS DE SANEAMENTO.

1.- DEFINICIÓNS.

2.- REDES XERAIS E OS SEUS ELEMENTOS.

2.1.- Características dos elementos.

2.2.- Características da instalación.

3.- ACOMETIDAS Á REDE.

3.1.- Características das acometidas.

.- DEFINICIÓNS.

1.1.- REDE DE SUMIDOIROS.

Conxunto de obras e instalacións construídas nunha poboación para a evacuación das augas negras e pluviais.

1.2.- SANEAMENTO.

Actividade consistente na recollida, transporte, evacuación e depuración das augas sobrantes dun núcleo urbanizado.

1.3.- SUMIDOIRO.

Condución subterránea pola que circulan as augas sobrantes dun núcleo urbano.

1.4.- COLECTOR.

Sumidoiro de gran capacidade á que son tributarias as demais conducións dunha rede de sumidoiros.

1.5.- REDE PRIMARIA.

Parte da rede de sumidoiros constituído exclusivamente polos colectores.

1.6.- REDE SECUNDARIA.

Parte da rede de sumidoiros constituída polos sumidoiros que desaugan directamente aos colectores.

1.7.- CLOACA.

Conduto subterráneo, de trazado sensibelmente perpendicular ao eixe dunha rúa que serve para evacuar desde a arqueta ao pozo de rexistro as augas residuais e pluviais dunha finca.

1.8.- ACOMETIDA.

Instalación desde a arqueta de rexistro, composta por un conduto subterráneo denominado cloaca que serve para evacuar as augas residuais e/ou pluviais desde a arqueta á rede de sumidoiros (pozo de rexistro). A arqueta de rexistro domiciliaria non estará dentro da acometida.

1.9.- IMBORNAL.

Obra de fábrica para a recollida das augas escorregadizas.

1.10.- POZO DE REXISTRO.

Obra de fabricación vertical que serve como acceso ao interior da rede de sumidoiros para a súa inspección e mantemento.

1.11.- TAPA DE SUMIDOIRO.

Peza que pecha pola parte superior un pozo de rexistro.

1.12.- TUBO.

Sumidoiro cuxa sección transversal é circular.

2.- REDES XERAIS E OS SEUS ELEMENTOS.

2.1.- CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DOS ELEMENTOS.

Os condutos prefabricados que se utilizaran serán tubos de PVC para saneamento e de fundición que deberán cumprir o Prego de Prescricións Técnicas Xerais para entubado de Saneamento de Poboacións segundo O.M do 15 de stembro de 1986 publicada en el BOE de 23 de setembro de 1986.

As unións entre tubos de PVC será a de manguito de unión con xunta elástica e para entubado de fundición será a xunta de bridas e unión por soldadura.

2.2.- CARACTERÍSTICAS DA INSTALACIÓN.

2.2.1.- TRAZADO DO ENTUBADO.

As redes de sumidoiro deberán discorrer por terreos públicos preferentemente por viais.

Deberá evitarse no posíbel a situación da rede de sumidoiros nas beirarrúas, polas afeccións que calquera reparación carrea ao resto das canalizacións dos demais servizos urbanos públicos que adoitan situarse neles.

O trazado en alzado realizarase de maneira que a coronación do conduto estea cando menos a 1,5 metros de profundidade, co fin de que as acometidas domiciliarias á rede de augas negras poidan cruzar a cota inferior as conducións subterráneas de auga, gas, electricidade, teléfonos, e sempre 1,0 m. por debaixo do entubado da rede de distribución de auga potábel.

Nol trazado da rede hai que ter en conta dous aspectos fundamentais:

- VELOCIDADE: No deseño das redes de evacuación de augas residuais, deberá procurarse que haxa velocidade suficiente durante bastantes horas ao día, de maneira que os sólidos depositados en período de baixa velocidade poidan ser arrastrados. É importante trazar a rede con velocidades que, a caudal medio, sexan autolimpantes.

Os sumidoiros de pluviais deberán proxectarse para manter velocidades mínimas maiores, debido a que as augas escorregadizas adoitan conter grandes cantidades de areas.

- PENDENTE: As pendentes dos condutos están determinadas polas condicións orográficas e polas velocidades que se pretendan obter. Por tanto a pendente da rede de sumidoiros debe axustarse a dous condicionantes extremos, que a caudais baixos, non se produzan sedimentacións e, por outro lado, a caudais altos, deben evitarse fortes velocidades que con presenza de materiais abrasivos arrastrados, poden deteriorar os condutos.

2.2.2.- POZOS DE REXISTRO.

Os pozos de rexistro son elementos de acceso á rede para a súa inspección e limpeza, que deberán situarse nos seguintes puntos:

- Cambios de aliñación.

- Cambios de sección.

- Cambio de rasante.

- Unión de ramais (incluso acometidas).

- En calquera punto da rede que exista unha singularidade como aliviadoiro, entrada- saída dun sifón, areeiro, rápido, etc.

- Cada 25 ou 30 m., que poderán ampliarse en casos especiais a xuízo do persoal técnico do Servizo de Saneamento.

- Cando os condutos que acometen a el teñen unha altura igual ou inferior a 60 cm.

Os pozos serán preferentemente cilíndricos, de diámetro interior mínimo de 0,80 m., recomendándose que sexan de 1,20 m. O último tramo da boca pode abucinarse até chegar a 0,60 m., a fin de diminuír o tamaño da tapa de rexistro. O tipo normal será con soleira de formigón, muros de ladrillo macizo dun pé e tronco de cono superior moldeado de formigón coa tapa. Poden ser también de forrmigón armado prefabricados. Irán coroados cunha embocadura na que levará un marco para tapa dos seguintes materiais: Fundición granítica laminar, fundición modular ou aceiro moldeado; deberán ir provistas de sistema antirroubo, pero que permita a súa manobrabilidade.

2.2.3.- IMBORNALES.

Coñéceselles tamén por tragante ou sumidoiro. É un elemento cuxa misión é a recollida e condución á rede das augas escorregadizas superficial dunha forma rápida e eficaz.

A separación máxima entre sumidoiros será de 30 m.

Utilizaranse tres tipos de imbornales, en función da forma de entrada da auga:

a) DE REIXA: Consistente nun orificio na superficie tapado mediante unha reixa.

b) DE CAIXA DO CORREO: Consistente nun orificio a modo de caixa de correo situado no bordo da beirarrúa.

c) MIXTO: É a combinación dos dous anteriores.

A forma ideal de saída das augas destes imbornales é a directa, e é a que se debe utilizar nas novas redes, que deben ser separativas e ventiladas.

2.2.4.- CÁMARAS DE DESCARGA.

Dispoñeranse nas orixes dos sumidoiros con pequeno caudal e nos puntos da rede que por insuficiencia de velocidade puidese producirse a sedimentación dos sólidos en suspensión. A súa misión é achegar un caudal instantáneo de auga moi elevado durante intervalos regulares, para conseguir o arrastre dos materiais que puidesen sedimentar. Constan xeralmente dun depósito de capacidade variábel, onde se almacena a agua e o seu sistema de descarga periódico.

Fanse innecesarias cando existe un mantemento axeitado da rede.

2.2.5.- ALIVIADOIROS.

O aliviadoiros son dispositivos cuxa misión é derivación de caudais a outros puntos da rede ou receptor.

Dispoñeranse aliviadoiros:

- En sistemas unitarios cando se presente un caudal que exceda o previsto para a estación de tratamento ou outra das características fixas e sempre axustándose á relación de dilución.

- Para conseguir o trasvase dun sumidoiro a outro que vaia menos sobrecargado ou sexa de maior capacidade ou por causas de eventuais reparacións ou limpeza.

- Nas instalacións de tratamento ou bombeo, para poder derivar o caudal de augas residuais directamente ao curso receptor, en casos nos que unha avaría da instalación imposibilite o tratamento daquelas.

- Nas cámaras de entrada dos sifóns de reparto ou trasvase de augas.

2.2.6.- SIFÓNS.

Cando a rasante dun colector interfire cun elemento que non pode modificarse (cauce dun río, cruce cun ferrocarril, etc.), unha opción consiste en instalar un sifón dispoñendo en ambos os lados do obstáculo, tramos verticais ou inclinados unidos por outro horizontal situado debaixo do obstáculo a salvar.

3.- ACOMETIDAS Á REDE.

3.1.- CARACTERÍSTICAS DAS ACOMETIDAS.

Defínese acometida como a instalación composta por un conduto colocado transversalmente á vía pública (cloaca) que serve para evacuar as augas residuais e/ou pluviais, desde a arqueta de rexistro da finca (arqueta de acometida) até o pozo de rexistro da rede de sumidoiros. A arqueta de rexistro domiciliaria (arqueta interior) non entra dentro da acometida.

A cloaca será prefabricada e de material de PVC, e en forma de tubo de diámetro menor có da rede á que verte. A separación horizontal coa rede de abastecemento de auga potábel será de 60 cm. e a separación vertical mínima de 50 cm.

Para cada acometida, o Servizo de Saneamento, determinará o punto de conexión coa rede correspondente.

A arqueta de rexistro interior, tal como indica o seu nome, deberá estar situada no interior do edificio ou finca, e ser visitábel polo persoal do Servizo de Saneamento.

En casos de vivendas unifamiliares acaroadas, naves industriais acaroadas, edificios de varias vivendas; as condicións a cumprir obrigatoriamente polas acometidas de saneamento son as seguintes:

- O conduto recolector deberá discorrer necesariamente por unha franxa de terreo que sexa pública, ou que aínda sendo privada quede sempre exenta de edificación.

- O diámetro e pendente do conduto recolector será tal que permita folgadamente o transporte dos caudais de vertidos recollidos.

-A profundidade do conduto recolector será tal que poida recoller en cota axeitada as diferentes saídas de vertidos das persoas usuarias servidas.

- Todas as persoas usuaris deberán contar cun tramo propio de acometida, non permitíndose unha solución de recolector que recolla directamente as redes interiores de saneamento, é dicir, deberá formarse necesariamente un ¿peite".

- Todos as persoas usuarias deberán contar cun pozo ou arqueta de acometida en zona privada pero accesíbel ao Servizo de Saneamento".

ANEXO:

CADRO DE PREZOS DE EXECUCIÓN MATERIAL PARA A REDACCIÓN DE ORZAMENTOS DE CONEXIÓNS E PROLONGACIÓNS DE ABASTECEMENTO DE AUGA E SUMIDOIROS CON CARGO AOS CLIENTES.


1.- CONEXIÓNS ABASTECEMENTO


Conexión a rede de abastecemento existente da acometida, totalmente instalada e probada, incluindo tapa de rexistro, excavación e recheo, sen incluir a levantamento e reposición da pavimentación.



REDE DISTRIBUCIÓN

RAMAL CONEXIÓN

IMPORTE


63

32

242,45 €

 

 

 

63

40

276,40 €

 

 

 

63

50

326,48 €

 

 

 

75

32

248,68 €

 

 

 

75

40

283,00 €

 

 

 

75

50

332,34 €

 

 

 

75

63

431,29 €

 

 

 

90

32

254,57 €

 

 

 

90

40

288,75 €

 

 

 

90

50

338,23 €

 

 

 

90

63

434,80 €

 

 

 

90

75

587,66 €

 

 

 

110

32

260,15 €

 

 

 

110

40

295,15 €

 

 

 

110

50

344,09 €

 

 

 

110

63

440,50 €

 

 

 

110

75

593,37 €

 

 

 

110

90

833,57 €

 

 

 

125

32

284,42 €

 

 

 

125

40

333,06 €

 

 

 

125

50

380,76 €

 

 

 

125

63

478,21 €

 

 

 

125

75

631,07 €

 

 

 

125

90

871,27 €

 

 

 

140

32

308,36 €

 

 

 

140

40

340,32 €

 

 

 

140

50

388,02 €

 

 

 

140

63

482,98 €

 

 

 

140

75

635,84 €

 

 

 

140

90

876,04 €

 

 

 

160

32

318,53 €

 

 

 

160

40

350,49 €

 

 

 

160

50

398,19 €

 

 

 

160

63

493,14 €

 

 

 

160

75

646,00 €

 

 

 

160

90

886,20 €

 

 

 

200

32

346,19 €

 

 

 

200

40

380,57 €

 

 

 

200

50

430,60 €

 

 

 

200

63

528,72 €

 

 

 

200

75

698,55 €

 

 

 

200

90

938,75 €


2.- TUBO ABASTECEMENTO



Ml de subministro e colocación de tubo de polietileno, totalmente instatalado e probado incluso excavación e recheo, sen incluir levantamento e reposición da pavimentación.



32

 

14,59 €

40

 

16,13 €

50

 

18,54 €

63

 

22,42 €

75

 

26,92 €

90

 

33,46 €



 

3.- REDE DE SUMIDOIROS



Conexión de acometida a rede de sumidoiros incluindo subministración e colocación do primeiro ml de tubo de PVC, excavación e recheo ata un metro e entronque a pozo, sen incluir levantamento e reposición da pavimentación nin pozo de rexistro.



200


176,82 €

250


189,57 €

315


201,28 €


Ml de subministración e colocación de tubo de PVC, totalmente instatalado e probado incluso excavación e recheo ata un metro, sen incluir levantamento e reposición da pavimentación.



200


35,54 €

250


48,28 €

315


59,99 €


4.- EXCAVACIÓNS E RECHEOS


M3 de escavación en gabia con medios mecánicos, en terreo de tránsito, incluso esteamento e esgotamento, recheo da gabia con terras compactadas ó 95% do Próctor Normal, prodedentes da excavación ou de empréstitos en ambos casos con áridos seleccionados (20-30mm) sobre a clave de tubo e o resto exenta de pedras maiores de 8 cm, por tongadas de 15 cm de grosor medidos sobre perfil, unha vez instalada a canalización e transporte de productos sobrantes o vertedoiro.

26,36 €

M3 de escavación en gabia con medios mecánicos en roca, incluso esteamento e esgotamento, recheo da gabia con terras compactadas ó 95% do Próctor Normal, prodedentes da excavación ou de empréstitos en ambos casos con áridos seleccionados (20-30mm) sobre a clave de tubo e o resto exenta de pedras maiores de 8 cm, por tongadas de 15 cm de grosor medidos sobre perfil, unha vez instalada a canalización e transporte de productos sobrantes o vertedoiro.

64,20 €


5.- LEVANTAMENTO E REPOSICIÓN DE PAVIMENTACIÓNS

 

M2 de levantamento e reposición de macadam con dous regos asfalticos de 7 Kg. De ligante ECR-2 con 0,300 m3 de áridos, completamente rematada.

29,38 €

 

M2 de levantamente e reposición de pavimentación, composto de capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 con capa de oito (8) cm. De grosor, estendida e compactada, incluso rego de adherencia e varrido de calzada, asentado sobre base de formigón Fck de 150 kp/cm2. de resistencia característica de vinte (20) cm. de grosor, completamente rematado.

60,71 €

 

M2 De levantamento e reposición de pavimentación, composto de capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 con capa de oito (8) cm. De grosor, estentidida e compactada, incluso rego de adherencia e varrido de calzada, asentado sobre base de formigón Fck de 150 kp/cm2. de resistencia característica de trinta (30) cm. de grosor, completamente rematado.

70,37 €

 

M2 De levantamento e reposición de pavimentación de formigón de 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 20 cm. De grosor, completamente rematado.

37,66 €

 

M2 De levantamento e reposición de baldosa de terrazo en cores, na beirarrúa, asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 10 cm. De grosor, completamente rematado.

49,32 €

 

M2 De levantamento e reposición de baldosas de cemento, modelo oficial, asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. De resistencia característica de 10 cm. De grosor, completamente rematado.

40,46 €

 

M2 De levantamento e reposición de taco de pedra de gran sobre area aproveitando o taco, levantado e repoñendo o necesario, completamente rematado.

22,11 €

 

M2 De levantamento e reposición de taco de pedra de gran sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 20 cm. De grosor aproveitando o taco, levantado e repoñendo o necesario, completamente rematado.

60,40 €

 

M2 De levantamento e reposición de baldosa de perpiaño asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica y 20 cm. De grosor, completamente rematado.

135,40 €

 

M2 De levantamento e reposición de chapacuña con dous regos asfálticos de 7 kg. De ligante ECR-2, con 0,300 m3. de áridos, completamente rematado.

20,40 €


6.- REXISTROS


Unidade de pozo de rexistro de 1,50 x 1,50 ata 2,50 m. de profundidade, formado por soleira de formigon en masa de 125 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. De grosor, paramentos de formigón en masa de 150 kg/cm2. de resistencia caracteristica, tapa e arillo de fundición dúctil reforzado, non ventisada da calzada, escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/IFA, medida a unidade rematada, con calzos de formigón nas pezas correspondentes a dito rexistro.

670,34 €


Unidade de pozo de rexistro de 1,50 x 2,00 ata 2,50 m. de profundidade, formado por soleira de formigon en masa de 125 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. De grosor, paramentos de formigón en masa de 150 kg/cm2. de resistencia caracteristica, tapa e arillo de fundición dúctil reforzado, non ventisada da calzada, escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/IFA, medida a unidade rematada, con calzos de formigón nas pezas correspondentes a dito rexistro.

753,16 €


Unidade de pozo de rexistro, sen areeiro, de 1,00 m. de diámetro ata 2,00m de profundidade, formado por soleira de formigon en masa de 200 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. De grosor, arillos de formigón, tapa e cerca de fundición dúctil de calzada, incluso escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/ISA-14, NTE/ISS-55, medida a unidade rematada.

538,71 €


Ud. De arqueta 50x50 realizada con módulo de formigón, tapa e cerco de fundición, totalmente rematada.

136,74 €


7.- TRABALLOS ESPECIAIS


Ud de colocación de contador de ata 40mm de diámetro, sen incluir o aparello, en reposición de subministración interrompido por fraude

65,10 €


Ud colocación de contador de ata 40mm de diámetro, sen incluir o aparello, en reposición de subministración interrompido por falta de pago

34,80 €


Ud colocación e/ou precintado de contador de ata 40mm de diámetro, sen incluir o aparello, en altas de subministración

22,62 €


Ud colocación e/ou precintado de contador maior de 40mm de diámetro, sen incluir o aparello, en altas de subministración

34,80 €

 

Ud de reposición de conexión de abastecemento anulada por deteción de fraude

130,18 €

8.- CONTADORES



 

Ud. De contador de 13mm

 

51,60 €



 

Ud. De contador de 15mm

 

56,98 €



 

Ud. De contador de 20mm

 

69,35 €



 

Ud. De contador de 25mm

 

110,38 €



 

Ud. De contador de 30mm

 

153,97 €



 

Ud. De contador de 40mm

 

238,59 €



 

Ud. De contador de 50mm

 

595,91 €



 

Ud. De contador de 65mm

 

625,25 €



 

Ud. De contador de 80mm

 

779,56 €



 

Ud. De contador de 100mm

 

968,92 €



 

Ud. De contador de 150mm

 

1.389,44 €



 

Ud. De contador combinado de 30-13mm

650,35 €



 

Ud. De contador combinado de 40-13mm

819,89 €



 

Ud. De contador combinado de 50-15mm

1.059,39 €



 

Ud. De contador combinado de 65-20mm

1.308,13 €



 

Ud. De contador combinado de 80-25mm

1.723,41 €



 

Ud. De contador combinado de 100-25mm

2.264,41 €



 

Ud. De contador combinado de 150-40mm

3.208,65 €