Santa Comba - Ordenanza Fiscal nº 19, reguladora da taxa pola expedición de licenzas urbanísticas

Publicación provisional: 17/11/2006 BOP Nº: 264
Publicación definitiva: 11/01/2007 BOP Nº: 8
Aplicable dende: 24/08/2010

Artigo 1.- Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Santa Comba, establece a Taxa pola expedición de Licenzas Urbanísticas, a que se refire o artigo 20.4 h) do Texto Refundido aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no artigo 57 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, así como polo previsto na ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección de tributos municipais

Artigo 2.- Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, dirixida a verificar se os actos de ocupación, construcción, edificación e uso do solo e do subsolo que vaian realizarse no termo municipal, axústanse ao ordenamento urbanístico vixente e se reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade, todo elo de conformidade có establecido no artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e a sua normativa de desenrolo.

Artigo 3.- Supostos de non suxeición

Non estarán suxeitos ó pagamento da taxa, pero si da obriga de solicita-la oportuna licenza:

a) As obras que deban efectua-los particulares nas vías públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan consecuencia directa das modificacións de aliñacións ou rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello.

b) O branqueo, pintado ou revestimento das fachadas e muros.

c) As derrubas ou demolicións que se produzan como consecuencia de declaracións de ruína inminente e que fosen ordenados polo Concello.

d) As derrubas ou demolicións daqueles inmobles que de acordo coa actual regulamentación urbanística do Concello se atopen fóra de ordenación e fosen ordenadas por este último.

e) As obras necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas, sempre e cando non impliquen incremento de volume da edificación nin cambio de uso dela.

f) As promovidas directamente por outras administracións públicas que estiveran suxeitas a licenza urbanística municipal ou a calquera outra actividade municipal técnica e administrativa de verificación que constitúa o feito impoñible deste imposto, de conformidade co establecido no artigo 2 da presente ordenanza.

Artigo 4.- Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan solicitantes dunha licenza ou que executen as instalacións, obras ou construccións sen ter obtido a preceptiva licenza.

2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras, de conformidade co previsto no artigo 23.2.b) do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo.

Artigo 5.- Responsables solidarios e subsidiarios

1. Responderán solidariamente das obligacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito e de dereito das perosas xurídicas, os integrantes da administración concursal e os liquidadores de sociedades e entidades en xeral, nos supostos e coa extensión que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 6.- Cota tributaria.

A conta tributaria determinarase por unha cota fixa

Artigo 7.- Tarifa.

1.-

CONCEPTO

IMPORTE

a) Obras maiores

60 €

b) Obras menores

30 €

No caso de desistencia formulada polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza as cotas líquidas serán do 100% das sinaladas anteriormente, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.

2.- Por toda aquela actividade municipal que se axuste ao feito impoñible desta ordenanza e non apareza especificada nos epígrafes destas tarifas, esixirase unha taxa mínima de 30 euros

Artigo 8.- Devengo.

1. Devéngase a tasa e xorde a obriga de contribuir cando se comenze a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estos efectos, entenderase comenzada a devandita actividade na data de presentación da oportuna solicitude, se o suxeito pasivo formulase expresamente ésta.

2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter obtido a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se comence a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable.

3. A obriga de contribuir, unha vez xurdida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licenza.

Artigo 9.- Beneficios Fiscais.

Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos Tratados Internacionais.

Artigo 10.- Normas de Xestión.

1.- Os interesados na obtención dunha licenza de obras ou urbanística virán obrigados a presentar no Registro Xeral do Concello a oportuna solicitude, acompañando proxecto visado polo Colexio Oficial respectivo, especificando a natureza da obra, lugar de emprazamento, importe estimado da mesma, medicións e destino así coma o documento autoliquidativo debidamente cumplimentado á sua disposición nas Oficinas xerais do concello e o justificante de pago da taxa.

2.-Cando se trate de licenza para aqueles actos nos que, de conformidade coa normativa estatal, autonómica e local aplicable, non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, acompañarase á solicitude un presuposto das obras a realizar así como unha descripción precisa da superficie afectada, materiais a empregar, e en xeral, das características da obra ou acto, dos cales os seus datos permitan comprobar o seu custo.

3.-Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o proxecto, deberá poñerse en coñecemento da administración municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.

Artigo 11.- Liquidación, Notificación e Ingreso.

1.-Á vista da documentación presentada polos interesados, previo estudio e valoración da mesma pola oficina técnica municipal, practicarase liquidación definitiva tomando como base impoñible para esta liquidación o presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial corrrespondente cando elo constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base impoñible será determinada pola oficina técnica municipal en función do presuposto, memoria ou datos subministrados polo suxeito pasivo, si elo fora posible, ou en función dos módulos previstos na presente ordenanza, e que figuran como anexo da mesma.

2.- Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do coste real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o artigo 5 da presente ordenanza, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

3.-O ingreso realizarase nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 12.- Caducidade e duración das licenzas.

1.- Consideraranse caducadas as licenzas si despois de ser concedidas transcorren máis de seis meses sen dar comenzo ás obras, ou cando, unha vez comenzadas, foran interrompidas durante o devandito prazo, excepto nos casos de forza maior, que deberá ser alegada polo titular da licenza antes de que expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo organismo concedente.

2.- Transcorrido o prazo de caducidade, quedará sen valor nin efecto algún a autorización obtida, salvo que anticipadamente se solicite e se obteña a prórroga regulamentaria, que terá como prazo máximo o da licenza orixinaria.

Artígo 13. - Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións será aplicable, segundo dispón o artigo 11 do RDLexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a regulación contida nos artigos 178 e seguientes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenrolen.

Disposición Final.

A presente ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno do Concello de Santa Comba, en sesión celebrada o día 12 de novembro de 2004, e publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia, comenzará a aplicarse a partires do día 1 de xaneiro do 2005, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Por acordo plenario celebrado o día 29 de novembro de 2005 (BOP nº 33 do 9 de febreiro de 2006) modificouse o artigo 7º.

O presente texto entrará en vigor o 1 de Xaneiro de 2007, continuando o vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa