Neda - ORDENANZA FISCAL Nº 20 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 29/11/2010 BOP Nº: 227
Publicación definitiva: 17/01/2011 BOP Nº: 10
Aplicable dende: 18/01/2011

ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA

O abeiro do previsto na Lei reguladora das facendas locais, na Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, da Xunta de Galicia, e do Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal.

ARTIGO 2.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos públicos de axuda no fogar especificados nas tarifas contidas no artigo 6 da presente Ordenanza.

ARTIGO 3.- SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos que constituén o feito impoñible da taxa.

ARTIGO 4.- RESPONSABLES

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2.- Os copartícipes ou cotitulares das Entidades xurídicas ou económicas ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria responderán solidariamente en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.

3.- Os administradores de persoas xurídicas que non realizaren os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias daquelas responderán subsidiariamente das débedas seguintes:

a) Cando se cometa unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.

b) Cando se cometa unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.

c) Nos supostos de cese das actividades da sociedade, do importe das obrigas tributarias pendentes na data do cese.

4.- A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e de acordo co procedemento previstos na Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5.- BENEFICIOS FISCAIS

5.1.- Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deben satisfacer por esta taxa.

5.2.- Non obstante o disposto no apartado anterior, o artigo 8 desta Ordenanza contén tarifas reducidas aplicables en función da capacidade económica do suxeito pasivo.

ARTIGO 6.- COTA TRIBUTARIA

6.1.- ASISTENCIA A DOMICILIO

Unha feita a valoración da demanda e o cálculo da capacidade económica do usuario, de acordo co regulamento municipal aplicable, o potencial usuario/a pode quedar exento do pagamento da cota tributaria con base nas condicións que se especificarán en artigos posteriores.

- A obriga de pagar a cota nace dende que se inicia a prestación do servizo.

- As tarifas contidas no artigo 8 refírense a unha hora de prestación do servizo. Para aplica-las tarifas tomaráse como referencia o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM) aprobado para cada ano e revisable automáticamente coa publicación legal do mesmo.

- A asignación da tarifa contemplarase no Informe a emitir polo técnico/a municipal responsable do servizo de axuda no fogar.

- Para os efectos previstos para a aplicación das tarifas pola prestación do servizo contemplado no artigo 8, establécese o importe da hora por prestación do servizo en 11,00 euros, revisable anualmente segundo o Índice de Prezos ao Consumo que publique o Organismo Público competente, previo acordo do órgano municipal competente.

6.2.- COMIDA A DOMICILIO PARA PERSOAS MAIORES

A presente cota virá determinada pola prestación do servizo de comida a domicilio para persoas maiores. Os destinatarios serán persoas maiores de 60 anos, con especial incidencia nas de menor nivel adquisitivo, e persoas con dependencia (especialmente aquelas con outras necesidades especiais acreditadas).

As tarifas de comida a domicilio de persoas maiores estableceranse de acordo co sistema de copago que se contemple nos convenios que se leven a cabo entre as distintas administracións públicas. En defecto de convenio, aplicarase a seguinte escala:

1º.- Persoas con ingresos ou pensións que non superen os 250 € mensuais: 2,05 € / comida.

2º.- Persoas con ingresos ou pensións entre 250 € e o IPREM: 4,10 € / comida.

3º.- Prezo para persoas con ingresos ou pensións por riba do IPREM: 5,60 €/comida.

ARTIGO 7.- DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIOS DE AXUDA NO FOGAR

De acordo co establecido no artigo 17 da orde do 22 de xaneiro de 2009 e no artigo 25 do Regulamento Municpal que regula o servizo de axuda no fogar:

1.- Considérase persoa usuaria aquela para a que se solicite o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria a un dos membros adultos da unidade de convivencia responsables dos menores que formen parte dela.

2.- A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calcularase en atención a súa renda e, se é do caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademáis, as persoas convivintes económicamente dependentes, de acordo co establecido nos parágrafos seguintes:

3.- A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, incluidas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.

4.- Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que disminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das que deba responder.

Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. Nos supostos de cotitulairade, só se terá en consideración a porcentaxe correspondente á propiedade do beneficiario.

5.- No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito, as rendas de ambos os dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambos os dous membros da parella.

6.- A capacidade económica por razón de renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co apartado anterior, entre a suma dos seguintes convivintes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes, os fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen económicamente dos citados perceptores.

7.- A capacidade económica resultante será a correspondente á renda da persoa usuaria calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realización da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir dos 65 anos de idade, dun 3% dos 35 aos 65 anos, e dun 1% ós menores de 35 anos.

8.- Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.

ARTIGO 8.- COPAGAMENTO DA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE AXUDA NO FOGAR

1.- No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria sexa igual ou inferior ao Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custe do servizo.

2.- En ningún caso a contribución económica da persoa usuaria poderá ser superior ao 90% do custo efectivo que o servizo prestado teña para o Concello.

3.- Para o resto dos supostos estabécese una regulación progresiva do copagamento do servizo de acordo coa seguinte escala:

TÁBOA DE COPAGAMENTO DE AXUDA NO FOGAR

INGRESOS EN RELACIÓN

AO IPREM DESDE ATA % COPAGO

Entre o 100% e o 150%

527,24

790,86

10%

Entre o 150% e o 200%

790,86

1.054,48

12%

Entre o 200% e o 250%

1.054,48

1.318,10

15%

Entre o 250% e o 300%

1.318,10

1.581,72

20%

Entre o 300% e o 350%

1.581,72

1.845,34

28%

Entre o 350% e o 400%

1.845,34

2.108,96

37%

Entre o 400 % e o 450%

2108,96

2372,58

45%

Entre o 450% e o 500%

2.372,58

2.636,20

60%

>500%

2.636,20

65%

4.- Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderán contemplarse excepcións aos criterios xerais nos casos nos que a problemática principal atendida sexa relativa á desestructuración familiar, a exclusión social e a pobreza infantil, en cuxo caso se estará ao contemplado no Informe Social do Técnico municipal competente.

ARTIGO 9.- CONDICIÓNS DE PAGAMENTO

a) O pago das taxas realizarase mensualmente mediante domiciliación bancaria en conta aberta en entidades financieiras con sucursal no termo municipal de Neda. Se estes pagamentos non se puidesen facer efectivos por calquera circunstancia (inexistencia de fondos u outros) imputable ó obrigado, a persoa usuaria do servizo será apercibida de contado, responsabilizándose dos gastos que isto ocasione. Se é reincidente, e tras valora-lo caso, causará baixa nos Servizos de Axuda no Fogar, sen dereito á reserva da súa praza, pasando a engrosa-la lista de espera.

b) As liquidacións das taxas practicaranse por meses naturais.

c) Se existise un motivo justificado dabondo e tras unha valoración previa, poderase eximir á persoa usuaria do pagamento por domiciliación, autorizándoselle a que faga o pagamento directamente na entidade bancaria no prazo fixado.

d) No caso de ausencia temporal do domicilio prevista no artigo 21.1 do regulamento municipal, se a ausencia é inferior a un mes, a suspensión do servizo non exime do pago da cota na súa totalidade. Si a ausencia é igual ou superior a un mes, e inferior a 3 meses, acreditadas as causas, quedará eximido do pago durante o tempo de suspensión do servizo.

e) As repetidas ausencias do domicilio no tempo fixado de atención pederán dar lugar á baixa no servizo, sen prexuízo de aboa-la taxa ata o momento en que a baixa sexa efectiva.

f) Se por circunstancias excepcionais non previstas, á persoa usuaria non se lle prestase o servizo por causas a ela non imputables (léase por ausencia da traballadora familiar ou por outros inconvenientes do servicio, etc.,) á hora de aboa-la cota mensual terá dereito a un desconto proporcional ó tempo que estivo sen atender.

ARTIGO 10.- NORMATIVA SUPLETORIA

Para todo o non previsto na presente ordenanza estarase ó establecido na Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, da Xunta de Galicia, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, e no Regulamento Municipal de Axuda no Fogar, e, no seu caso, a normativa que os modifique ou sustitúa.

Así memo estarase ó disposto na Ordenanza Fiscal Xeral do Concello.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Para o cómputo da renda ou patrimonio teranse en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida (art. 25.8 Regulamento Municipal).

DISPOSICIÓN FINAL.-

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2011, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.