Cee - ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS POR PRESTACION DE SERVICIO DE PISCINA MUNICIPAL E INSTALACIONS DEPORTIVAS
Artigo 1º.- Fundamento e natureza
Este Concello conforme ao autorizado polo artigo 106 de la Ley 7185 de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,o) del RDL 2/2004 Regulador de las Haciendas Locales, establece a Taxa por prestación do servizo de piscina e outras instalacións deportivas, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.
Artigo 2º.- Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo concesionario dos servizos da piscina municipal e outras instalacións deportivas. O detalle dos servizos a prestar veñen especificados nas tarifas da presente ordenanza.
Artigo 3º.- Devengo
A taxa considerarase devengada, nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servicio,que será no momento en que se formalice a correspondente matrícula o no momento en que se solicite a utilización dos servizos referenciados de acordo cas normas reguladoras do servizo correspondente.
Artigo 4º.-Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Ley General Tributaria, que soliciten ao servizo de piscina e actividades deportivas promovidas polo concesionario do inmoble da piscina e que se detallan no apartado de tarifas.
Artigo 5º.- Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Ley General Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art. 40 da Ley General Tributaria.
Artigo 6º.- Tarifas
A contía das Taxas regulada nesta Ordenanza Fiscal será a fixada na tarifa seguinte:
CADRO DE TARIFAS
ABONOS INSTALACIÓN
Tipo | Tipo | |
Matinal | Adulto | Abono familiar |
Cota de entrada | Cota de entrada | Cota de entrada |
Cota mensual | Cota mensual | Cota mensual |
ABONO INDIVIDUAL MATINAL (MINI):
Persoa maior de 18 anos que fai uso das instalacións de luns a venres en horario de 08:00 a 13:00 horas.
ABONO ADULTO (MAXI):
Persoa maior de 18 anos que fai uso das instalacións sen límites e en toda a súa banda horaria.
ABONO INDIVIDUAL FIN DE SEMANA :
Persoa maior de 18 anos que fai uso das instalacións o venres 15:00 a 23:00 e o fin de semana.
ABONO INDIVIDUAL 3ª IDADE:
Persoa maior de 65 anos que fai uso das instalacións sen limitacións de días e en toda a súa banda horaria.
ABONO XUVENTUDE:
Persoa menor de 18 anos que fai uso das instalacións sen límites e en toda a súa banda horaria.
ABONO FAMILIAR:
Cabeza de familia que pode incluír no seu abono a cónxuxe e fillos menores de 18 anos, que fan uso das instalacións sen limitación horaria. Os fillos ó cumprir os 18 anos deberán inscribirse nunha das modalidades individuais sen ter que abonar cota de entrada.
O abono da dereito a:
BAÑO LIBRE
MUSCULACIÓN CON MONITOR DE SALA
25% DESCONTO EN CURSOS
SAUNA
HIDROMASAXE
DESCONTOS EN SOLARIUM
DESCONTOS EN FISIOTERAPIA
DESCONTOS EN MATERIAL DEPORTIVO
ASESORAMENTO TÉCNICO
ximnasio sala de musculación
Sesión (1 hora) | 2,53 € |
Bono 10 sesións | 15,37 € |
Bono 20 sesións | 29,65 € |
Entradas e bonos
Piscina
MENORES DE 18 ANOS E ESTUDIANTES MAIORES DE 65 ANOS | ENTRE 18 E 65 ANOS | |
1 SESIÓN | 1,65 € | 2,53 € |
10 SESIÓNS | 9,88 € | 17,57 € |
15 SESIÓNS | 13,18 € | 23,06 € |
20 SESIÓNS | 16,47 € | 28,55 € |
30 SESIÓNS | 23,06 € | 37,88 € |
A entrada puntual e o bono piscina dan dereito a utilizar piscina e sauna.
Solarium, masaxe e servizo de fisioterapia
ABOADOS | |
SOLARIUM 1 sesión bono 10 sesións | 3,29 € 26,34 € |
MASAXE 1 sesión 5 sesións | 10,98 € 43,92 € |
SERVIZO FISIOTERAPIA 1 sesión 5 sesións | 10,98 € 43,92 € |
O solarium, masaxe e a fisioterapia terán que solicitarse de forma anticipada.
ALUGUER PISCINA
ALUGUER | RÚAS | PREZO |
1 hora | 1 | 5,49 € |
1 hora | 6 | 32,94 € |
Media xornada | 1 | 21,96 € |
Media xornada | 6 | 109,79 € |
xornada completa | 1 | 43,92 € |
xornada completa | 6 | 219,60 € |
TAXAS CURSOS
Curso | Horas/sem | Aboados | Non aboados |
ESCOLA NATACIÓN AQUACENIT | |||
Natación para embarazadas | 1 | 6,59 € | 9,88 € |
2 | 13,18 € | 19,76 € | |
3 | 19,76 € | 29,65 € | |
Natación para bebés E.A.I. | 1 | 5,49 € | 8,24 € |
2 | 10,98€ | 16,47 € | |
3 | 16,47 € | 24,71 € | |
Natación ( 1-3 anos) E.A.I | 1 | 5,49 € | 8,24 € |
2 | 10,98 € | 16,47 € | |
3 | 16,47 € | 24,60 € | |
Natación ( 3-6 anos) E.A.I | 1 | 5,49 € | 8,24 € |
2 | 10,98 € | 16,47 € | |
3 | 16,47 € | 24,60 € | |
Natación ( 6-12 anos) E.A.A | 1 | 5,49 € | 8,24€ |
2 | 10,98 € | 16,47 € | |
3 | 16,47 € | 24,60 € | |
5 | 21,96 € | 32,94 € | |
Natación ( 8-16 anos) E.A.M | 1 | 5,49 € | 8,24 € |
2 | 10,98 € | 16,47 € | |
3 | 16,47 € | 24,60 € | |
5 | 21,96 € | 32,94 € |
Curso | Horas/sem | Aboados | Non aboados |
Natación adulto (I. y P.) | 1 | 6,59 € | 9,88 € |
2 | 13,18 € | 19,76 € | |
3 | 19,76 € | 29,65 € | |
5 | 26,34 € | 39,53 € | |
Natación master | 4 | 18,53 € | 27,77 € |
Programa segue nadando | 4 | 18,53 € | 27,77 € |
Natación para opositores | 4 | 18,53 € | 27,77 € |
Aquafitness | 2 | 13,18 € | 19,76 € |
3 | 19,76 € | 29,65 € | |
Programa rendemento | 5 | 20,59 € | 30,87 € |
Curso | Horas/sem | Prezo ( 5 meses) |
Natación escolar | ||
E. Infantil ( 3 a 5 anos) | 1 hora | 26,34 € |
2 horas | 39,53 € | |
E. primaria ( 6 a 12 anos) | 1 hora | 26,34 € |
2 horas | 39,53 € | |
E.Secundaria ( 13 a 18) | 1 hora | 26,34 € |
2 horas | 39,53€ |
Asociacións | Horarios Adaptados | Prezo |
Grupos organizados | Euros | |
1mes/ alumno | 2 horas | 9,88 € |
Curso | Horas/semana | aboados | Non aboados |
Natación 3ª idade | 1 | 5,49 € | 8,24 € |
2 | 10,98 € | 16,47 € | |
3 | 16,47 € | 24,71 € | |
A.F.A ( educación especial) | 1 | 6,59 € | 9,88 € |
2 | 13,18 € | 19,76 € | |
3 | 19,76 € | 29,65 € | |
Natación Terapéutica | 1 | 6,59 € | 9,88 € |
2 | 13,17 € | 19,76 € | |
3 | 19,76 € | 29,65 € | |
CURSOS SECO | HORAS/SEMAN | ABOADOS | NON ABOADOS |
Aeróbic/step/interval | 1 | 6,59 € | 9,88 € |
2 | 13,18 € | 19,76 € | |
3 | 19,76 € | 29,65 € | |
Relaxación (taichí, ioga¿) | 1 | 6,59 € | 9,88 € |
2 | 13,18 € | 19,76 € | |
Ximnasia de mantemento e terceira idade | 1 | 5,49 € | 8,24 € |
2 | 10,98 € | 16,47 € | |
3 | 16,47 € | 24,71 € | |
Body-tonic ( tonificación) | 2 | 13,18 € | 19,76 € |
3 | 19,76 € | 29,65 € | |
Deportes de loita | 2 | 13,17 € | 19,76 € |
Deportes alternativos/ Tradicionais | 2 | 13,17€ | 19,76 € |
Bailes de salón | 2 | 13,17 € | 19,76 € |
Sprint-bike (spinning) | 2 | 13,17 € | 19,76 € |
3 | 19,76 € | 29,65 € | |
Musculación | Gratuíta | Gratuíta | |
Preparación física oposicións | 5-10 | 21,96 € | 32,94 € |
Pode haber outros cursos en función da demanda
SERVIZO DE GARDERÍA
1 HORA.............................10,98 €
2 HORAS...........................16,47 €
PUBLICIDADE EN PISCINA
PUBLICIDADE ESTÁTICA | |
Anuncio 2 por 1m | 65,88 euros/mes |
Anuncio 1 por 0.5 m | 32,94 euros/mes |
Artigo 7º.-Normas de Xestión
A xestión das tarifas rexerase polas normas recollidas no regulamento do servizo xa que non é o Concello o encargado da prestación do servizo nin do cobro das ditas taxas.
Articulo 8º.-Exencións
Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei os derivados dos tratados internacionais.
Artigo 9.-Infraccións e sancións
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Ley General Tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION FINAL
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.