Cariño - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DAS INSTALACIÓNS DA PISCINA MUNICIPAL DE CARIÑO.

Publicación provisional: 17/08/2010 BOP Nº: 156
Publicación definitiva: 29/09/2010 BOP Nº: 187
Aplicable dende: 31/01/2011

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por prestación do servizo público municipal das instalacións da piscina, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 38 do citado RD Lexislativo 2/2004.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible da presente taxa a utilización das instalacións de piscina municipal e prestación de servizos nas mesmas.

As instalacións comprenden:

Piscinas: formadas por piscina semiolímpica e piscina pequena.

Instalacións de termo-hidroterapia: formadas por sauna, baño de vapor, ducha bitérmica e bañeira de hidromasaxe ou SPA.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS.

Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria e 23 do RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, usuarios dos servizos descritos no artigo anterior.

ARTIGO 4. RESPONSABLES.

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo todas as persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, que responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da entidade.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades, e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA.

Establécense as tarifas que se indican nas táboas seguintes:

COTAS

Cota matrícula abonado (1)

Cota xeral

20 €

Cota tipo mensual, €/mes

Tarifa

Piscinas

Piscinas + termo-hidroterapia

Abonado individual

21

26

Abonado menor de 18 anos

10

14

Abonado familiar (2)

26

30

Abonado 3.ª Idade e discapacitados (3)

10

14

Cota tipo semanal, €/semana (4)

Tarifa

Piscinas

Piscinas + termo-hidroterapia

Abonado individual

11

14

Abonado menor de 18 anos

5

7

Abonado familiar (2)

13

15

Abonado 3.ª Idade e discapacitados (3)

5

7

Cursos deportivos, cota mensual, €

Cursos natación (5)

Abonados

Non abonados

Ordinario

11

22

3.ª idade e discapacitados (3)

6

12

(1) Dará dereito a posibles renovacións de alta durante o periodo anual de funcionamento da piscina, de setembro a xullo de cada ano.

(2) Unidades familiares sen ou con fillos/as menores de 18 anos. Os fillos/as ao cumprir os 18 anos deberán inscribirse nunha das categorías individuais, sen ter que aboar cota de entrada.

(3) Persoa con discapacidade superior ao 33%.

(4) Semana natural de luns a domingo.

(5) Cota tipo mensual para 2 días á semana, de luns a venres, ou 1 día de fin de semana. Prorratearase en caso de que os cursos forán máis ou menos días.

ARTIGO 6. PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO.

O período impositivo coincidirá, nos abonados á piscina municipal, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.

As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscina municipal devengaránse instantaneamente no momento de acceder ás instalacións.

O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.

ARTIGO 7. NORMAS DE XESTIÓN.

1.-Mensualmente, polos servizos de recadación elaborarase un padrón municipal de abonados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso á piscina. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o abonado causará baixa no padrón, debendo, no caso de nova solicitude de abonado á piscina, aboar a cota de entrada correspondente sempre que sexa en distinto periodo anual de funcionamento.

2.-As devolucións que procedan por falta de prestación do servicio por causas non imputables ao contribuínte, tramitarase polo procedemento que rexe o reintegro de pagos indebidos.

A utilización das instalacións referidas nesta ordenanza, solicitaranse por escrito dirixido ao Sr. alcalde, cos datos do solicitante que vaia facer uso das instalacións, no modelo normalizado e aportando a documentación esixida no mesmo.

Presentada a instancia, resolverase sobre a procedencia da utilización, que deberá ser motivada, no suposto que fora denegatoria.

ARTIGO 8. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto ao respecto na Lei Xeral Tributaria e na Ordenanza Fiscal Xeral.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de xullo de 2010. Entrará en vigor logo da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.