Baña A - ORDENAZA REGULADORA DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DA BAÑA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A fundamentación da presente ordenanza atópase na necesidade de mellorar a calidade na prestación do Servizo de Axuda no fogar existente no Concello da Baña establecendo unha nova etapa normativa, a nivel local, acordes cos contados básicos da Lei 13/2008 reguladora dos Servizos Sociais de Galicia, da Orde de 22 de xaneiro de 2009 reguladora do servizo de axuda no fogar, así como da Lei estatal 39/2006 de Promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia, e da súa normativa estatal e galega que a desenvolve.
A existencia da nova normativa reguladora esixe a configuración dun novo modelo de Axuda no fogar coa intención de promover un servizo de calidade e garantista. Neste contexto a ordenanza en vigor, publicada no Boletín Oficial da Provincia (en diante B.O.P.) 05/05/1998, require unha adaptación para axustarse a nova realidade social e lexislativa.
En consecuencia, no exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ós concellos no art. 41 da Lei 7/85 de 2 de abril disponse:
Artigo 1.- FUNDAMENTACIÓN LEGAL
A prestación do servizo de Axuda no Fogar realizarase por parte do Concello da Baña de conformidade ao disposto en:
- Lei 7/1985, do 2 de abril reguladora de bases de réxime local que atribúe competencias aos concellos en materia de servizos sociais, asemade aparece reflectido na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia.
- Lei 13/2008 de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia establece o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles aos poderes públicos garantir o dito dereito, e posibilitar que as liberdades e igualdades entre os individuos sexan reais e efectivas.
- Lei 39/2006 do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia.
- Real decreto 727/2007, do 8 de xuño, sobre criterios para determinar as intensidades de protección dos servizos e a contía das prestacións económicas da Lei 39/2006.
- Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar.
- Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención de dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo 2.- ÁMBITO DE ACTUACIÓN
A presente ordenanza ten por obxecto o regulamento do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo Concello da Baña, que poderá prestarse directamente por persoal municipal ou ben de forma indirecta por unha entidade debidamente autorizada. O ámbito de actuación deste servizo comprende aos veciños do Concello da Baña, que residan real e efectivamente no termo municipal.
Artigo 3.- DEFINICIÓN
O programa de Axuda no Fogar ten por obxecto prestarlles aos cidadáns, no seu domicilio, un conxunto de atencións dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñen limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio entorno de convivencia e evitando así a súa posible institucionalización.
A Axuda no Fogar terá a consideración de prestación básica de servizos sociais de atención primaria inserta no sistema integrado de servizos sociais, de carácter complementario e transitorio, que non exime á familia das súas responsabilidades, con planificación, coordinación e control público, que a través de persoal cualificado e supervisado, presta, a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador, unha serie de atencións e/ou coidados de carácter persoal ás persoas en situación de dependencia ou a familias e persoas con dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico, proporcionándolle a posibilidade de continuar no seu entorno natural, mentres isto sexa posible e conveniente.
Artigo 4.- OBXETIVOS DO SERVIZO
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes da relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
h) Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.
i) Proporcionar períodos de descanso ao coidador. Respiro familiar.
j) Atender situacións coxunturais por crise persoal e/ou social.
k) Ofrecer apoio e formación ós coidadores.
Artigo 5.- CONTIDO DO SERVIZO
1) As atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato.
2) O servizo prestarase unicamente no domicilio da persoa usuaria, excluíndo a asistencia a outros domicilios e a hospitais por ingreso desta.
3) Con carácter xeral, non se levará a cabo ningunha atención que non vaia dirixida á persoa usuaria, nin aínda para persoas que convivan no mesmo domicilio, e que non fora concretada expresamente na concesión do servizo.
4) As actividades que se van desenvolver dende o S.A.F. poderán ser complementarias doutras intervencións realizadas polos distintos profesionais doutros programas e proxectos dos servizos sociais.
5) De conformidade coa valoración técnica realizada polo traballador/a social dos servizos sociais municipais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atencións de carácter básico:
a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas de vida diaria, tales como:
- Asistencia para levantarse e deitarse
- Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
- Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritos por facultativos.
- Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo temporal.
- Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
- Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.
- Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.
- Apoio na realización de actividades para a recuperación, mantemento e mellora das capacidades cognitivas, segundo protocolo establecido.
b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
- Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
- Compra de alimentos e outros produtos de uso común.
- Preparación de alimentos.
- Lavado e coidado das prendas de vestir.
- Coidados básicos da vivenda.
- Calquera outra tarefa necesaria para o normal funcionamento do domicilio da persoa usuaria e valorada adecuadamente polos servizos sociais.
Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandería ou xantar a domicilio.
c) Atencións de carácter psicosocial e educativo:
- Intervencións técnico-profesionais, formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade ou á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.
Este tipo de atención concretarase:
- Modificación de hábitos e costumes inaxeitados referente a hixiene, orde e limpeza.
- Organización e administración do orzamento familiar.
- Organización doméstica.
- Motivación á participación en actividades sociais.
- Apoio e orientación nos cambios da dinámica familiar.
- Axuda para a relación co contorno.
- Aquelas outras que se valoren tecnicamente como realizables dentro do programa.
Con carácter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atención:
a) Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
b) Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
c) Adaptacións funcionais do fogar.
d) Servizo de podoloxía.
e) Servizo de fisioterapia.
f) Perruquería.
g) Aqueles outros que se valoren como tecnicamente realizables dentro do programa.
6) Poderá integrarse, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo.
7) En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
a) A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
b) Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.
c) Non se realizarán aquelas tarefas que poñan en perigo a saúde e/ou a integridade física dos profesionais que fagan efectivos os servizos.
A valoración destes casos realizarana os Servizos Sociais do concello. En todo momento cumpriranse as medidas de prevención de riscos laborais.
Artigo 6.- PERSOAS DESTINATARIAS
1.- O servizo de axuda no fogar estará aberto a tódalas persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular o servizo atenderá:
a) Persoas maiores con déficit de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente, cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato.
b) Fogares con menores en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo.
c) Tamén poderán dar unha resposta preventiva e socializadora, a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
2.- En todo caso, darase prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Artigo 7.- REQUISITOS DA PERSOA DESTINATARIA PARA O ACCESO AO SERVIZO
Son requisitos xerais para ter acceso ao servizo:
1.- Estar empadroado/a e ter residencia efectiva no Concello da Baña.
2.- Estar dentro dalgún dos grupos de persoas destinatarias do presente Regulamento.
3.- Presentar a documentación completa xunto coa solicitude.
4.- Residir nunha vivenda que teña as condicións de habitabilidade mínimas, que posibiliten a prestación do servizo nunhas condicións hixiénicas aceptables.
5.- Non ter dereito a recibir un servizo similar de ningunha outra entidade pública ou privada (MUFACE, ISFAS, ONCE, CÁRITAS, ETC¿).
6.- Non presentar un estado de deterioro físico nin psíquico tal que precise doutro tipo de atención especializada asistida ou de internamento nun centro residencial axeitado.
7.- Asinar o correspondente acordo de servizo, no que a persoa usuaria acepta cumprir as obrigas inherentes ao servizo, incluído o pago das cantidades que, no seu caso, lle puidera corresponder.
Se transcorridos tres meses dende a notificación de resolución favorable sen que a persoa usuaria ou persoa en quen delegue se poña en contacto para a formalización do Acordo de servizo, procederase ao arquivo da súa solicitude.
Artigo 8.- MODALIDADES DE ACCESO DO SERVIZO
O acceso ao servizo producirase a través dos servizos sociais de atención primaria, de acordo coas seguintes modalidades:
1.- O acceso ao servizo será directo para persoas que, tendo recoñecida a situación de Dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte o establecido no Decreto 15/2010 do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento de situación de dependencia do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
2.- Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non lles asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación do sistema, o acceso ao servizo, previa prescrición técnica favorable dos servizos sociais de atención primaria, resólvese en réxime de libre concorrencia de acordo cos criterios establecidos na normativa reguladora do programa.
3.- De igual maneira á expresada no apartado anterior procederase nas situacións nas que a problemática principal estea relacionada con aspectos convivenciais e socio-educativos.
4.- Nos supostos recollidos nos apartados 2 e 3 deste artigo empregarase un baremo no que, ademais dos posibles déficits de autonomía, se valoren factores de carácter persoal e socio-familiar, o apoio social, a situación da vivenda e outros que dificulten obxectivamente a normalización social e a calidade de vida.
Artigo 9.- DEREITOS DAS PERSOAS USUARIAS
As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:
1.- A seren tratados co respecto debido á súa dignidade.
2.- A recibiren unha atención adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso.
3.- A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
4.- A coñeceren a situación do seu expediente.
5.- Ao tratamento confidencial dos seus datos de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, da protección de datos de carácter persoal.
6.- A recibiren información precisa e clara sobre as posibles modificacións sobrevidas durante a prestación efectiva do servizo.
7.- A presentaren queixas e suxestións ao persoal coordinador do servizo cando expresaren ou fixeren suxestións sobre a súa prestación efectiva.
Artigo 10.- DEBERES DAS PERSOAS USUARIAS
As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se recollen no artigo37 da Lei 4/1993, de servizos sociais, terán os seguintes deberes:
1.- Cumprir coas condicións do servizo, facilitándolle a execución das tarefas ao persoal a cargo e poñendo á súa disposición, se é o caso, os medios materiais necesarios.
2.- Colaborar, na medida das súas posibilidades, no desenvolvemento do servizo e función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
3.- A facilitar e colaborar no seguimento e avaliación do servizo.
4.- Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
5.- Informar dos cambios de calquera circunstancia que implique unha modificación na súa capacidade económica, así como de circunstancias relevantes de carácter persoal ou familiar que puidesen dar lugar á modificación, suspensión ou extinción na prestación do servizo.
6.- Participar no pagamento do servizo nos termos que se estableza na súa norma reguladora.
7.- A comunicar, en circunstancias ordinarias e previsibles, con dez días de antelación, calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir a prestación do servizo.
8.- Poñer en coñecemento do/a técnico responsable do servizo calquera anomalía ou irregularidade que detecte na prestación.
9.- Permitir o acceso ó domicilio do persoal de servizos sociais responsable do programa de axuda no fogar para supervisar o servizo.
O incumprimento inxustificado e non comunicado dalgún destes deberes por parte da persoa usuaria, poderá implicar a suspensión temporal ou extinción da prestación do servizo.
Artigo 11.- CAUSAS DE EXTINCIÓN E MODIFICACIÓN DO SERVIZO
A extinción ou modificación das condicións requirirá a resolución do Órgano competente, previa instrución do correspondente expediente administrativo, no que quede acreditada a causa que a motivou, e no que se considerará a figura da suspensión cautelar. A extinción conleva a perda de condición de persoa usuaria do servizo.
1.- Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar, as seguintes:
a) A renuncia da persoa usuaria.
b) O cambio de programa individual de atención ou do proxecto da intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.
c) Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
d) Falecemento da persoa usuaria.
e) Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
f) A falta reiterada de pagamento do servizo.
g) Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
h) A negativa a firmar o Acordo de aceptación do servizo.
i) A suspensión temporal do servizo que supere o período de tres meses.
j) Polas necesidades do servizo en relación á atención de casos que, a xuízo dos técnicos/as de servizos sociais, sexa prioritaria a súa atención. Esta situación debe estar suficientemente motivada e xustificada, non adoptándose se existen outras alternativas viables.
k) Por inexistencia de dotación presupostaria.
l) Porque o concello da Baña deixe de prestar o servizo.
2.- Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.
3.- Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar asignado a persoas en situación de dependencia na correspondente resolución do Programa Individual de Atención, consonte o establecido no Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes na Comunidade Autónoma de Galicia, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións da prestación do servizo deberá notificarse, en todo caso, ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención.
Artigo 12.- CAUSAS DE SUSPENSIÓN TEMPORAL DO SERVIZO
Son causa de suspensión temporal do servizo, logo da tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal as que seguen:
1.- Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.
2.- Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causantes da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.
A suspensión do Servizo de Axuda no Fogar suporá unicamente que a persoa usuaria terá reservada a praza durante o tempo que dure a mesma. No caso de que a persoa usuaria teña dereito á reserva de praza, non se manterá o horario inicial nin a persoa auxiliar que efectuaba as atencións, quedando a expensas da dispoñibilidade do servizo. O período máximo de suspensión será de tres meses.
Artigo 13.- FORMA DE PRESTACIÓN DO SERVIZO
1.- O servizo público de axuda no fogar prestarao a entidade local, ben directamente ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos reguladas na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
2.-Ademais sen prexuízo do establecido no número 1 deste artigo, os servizos poderán ser prestados mediante fórmulas de colaboración institucional competentes ou por entidades de dereito público, de acordo co establecido na lexislación vixente.
Artigo 14.- REQUISITOS ESPECÍFICOS
1.- O servizo estará coordinado por persoal técnico cunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais.
No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor a 50, o persoal técnico mínimo esixible será de 0,02 profesionais en cómputo por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa.
Nº de persoas usuarias | Persoal técnico mínimo |
50 a 99 | 1 persoa técnica titulada a xornada completa |
100 a 199 | 2 persoas técnicas tituladas a xornada completa |
200 a 399 | 3 persoas técnicas tituladas a xornada completa |
Incrementos sucesivos | Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 persoa técnica titulada a xornada completa. |
2.- O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de atender a persoas afectadas por déficit de autonomía, deberá estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
3.- A entidade contará e expoñerá publicamente o regulamento de funcionamento do programa, no que se incluirá os mínimos esixibles no artigo 12º, apartado 3, da Orde de 22 de xaneiro de 2009.
4.- A entidade local titular do servizo de axuda no fogar, tanto se o presta en réxime de xestión directa como se o presta en réxime de xestión indirecta, e, de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que se presta o servizo, no cal constará, cando menos:
a) Un informe social, asinado por unha persoa diplomada en traballo social da entidade titular do servizo.
b) Un proxecto de intervención, asinado pola persoa técnica responsable que designe a entidade titular do servizo, que recollerá como mínimo a información contida no anexo III desta ordenanza.
c) Un acordo de servizo asinado entre a entidade titular do servizo e a persoa usuaria, que recollerá como mínimo a información contida no modelo do anexo IV desta ordenanza.
En todo caso o tratamento da información contida nos expedientes realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
5.- A persoa que exerza como responsable técnica do servizo garantirá unha supervisión do servizo efectivamente prestado, que será realizada sempre que as circunstancias a fagan necesaria e, como mínimo, cunha periodicidade de dous meses. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo do servizo.
Artigo 15.- PROFESIONAIS QUE INTERVEÑEN NO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
O servizo de axuda no fogar require a intervención de distintos profesionais, coa cualificación necesaria para garantir un nivel óptimo de calidade e eficacia na prestación do mesmo. En calquera caso, intervirán no dito servizo o/a traballador/a social dos servizos comunitarios e os/as auxiliares de axuda no fogar. O mesmo carácter de profesional terán, de ser o caso, os traballadores sociais da entidade xestora do servizo.
As funcións de cada un destes profesionais serán:
1.- Traballador/a social como persoa técnica responsable do servizo de axuda no fogar.
a) Respecto da persoa usuaria:
- Recibir, estudar e valorar a demanda.
- Avaliar as necesidades.
- Elaborar un diagnóstico.
- Deseñar un proxecto de intervención ou plan de traballo adecuado.
- Programar, xestionar e supervisar cada caso.
- Realizar o seguimento e avaliar a súa idoneidade de eficacia.
- Favorecer a participación dos membros da unidade de convivencia como apoio ó servizo.
b) Respecto ó servizo:
- Intervir na programación, xestión e supervisión do servizo.
- Realizar o seguimento e avaliar a súa idoneidade e eficacia.
- Orientar, coordinar e realizar o seguimento e avaliación da intervención dos traballares familiares nos domicilios.
- Facilitar e promocionar a formación e reciclaxe do persoal de axuda a domicilio.
- Coordinarse co resto dos servizos e recursos existentes na comunidade de referencia ou con outros sistemas de protección social.
2.- Auxiliar de axuda no fogar.
A persoa auxiliar de axuda no fogar, como profesional que desempeña as tarefas de atención directa ca persoa usuaria e ca súa unidade de convivencia no seu domicilio, son funcións súas:
a) A asistencial, de atención persoal e doméstica, asignada no proxecto de intervención.
b) A formativa, facendo partícipe a persoa usuaria do seu proceso de vida e non substituíndoa naquelas tarefas da actividade básica e instrumental diaria que poida realizar por sí mesma, favorecendo a normalización no funcionamento do fogar, na súa autonomía persoal e no contacto co seu contorno inmediato.
c) Actuar de enlace entre a persoa usuaria e as persoas técnicas responsables do servizo.
d) Colaborar cas persoas técnicas responsables do servizo, no seguimento e avaliación da situación atendida.
É competencia da persoa auxiliar de axuda no fogar, a execución do proxecto de intervención elaborado e supervisado pola persoa técnica responsable do servizo.
3.- Outros profesionais dos programas básicos dos servizos sociais municipais.
No caso de tratarse de intervencións de carácter socioeducativo derivadas dun diagnóstico de desestructuración familiar, ou de situación en risco de exclusión social, deberán incorporarse ao proceso, de acordo coas circunstancias do fogar de que se trate, persoal técnico en posesión, como mínimo, da cualificación de persoa técnica superior en integración social, persoa diplomada en educación social ou persoa diplomada en traballo social, que estean adscritos aos outros programas básicos da entidade local, e que servirán como persoal de referencia da persoa usuaria e da súa unidade de convivencia, e do seu proxecto de intervención.
4.- Das persoas voluntarias.
Na prestación do servizo, ademais do persoal profesional, poderá colaborar persoal voluntario baixo a supervisión técnica dos servizos sociais da entidade local titular do servizo. Para estes efectos estarase ao previsto na lexislación en vigor sobre voluntariado.
Artigo 16.- FUNCIÓN E COMPETENCIA DO ÓRGANO DE GOBERNO
É competencia da Alcaldía, a aprobación ou denegación, logo da proposta da persoa técnica responsable do servizo, das altas e baixas das persoas usuarias do S.A.F., así como modificacións das condicións tidas en conta para a súa concesión.
Artigo 17.- DEBERES DOS PROFESIONAIS DO SERVIZO
Son deberes dos profesionais do servizo os que seguen, sendo o seu incumprimento posible motivo de sanción administrativa e de suspensión ou extinción do servizo:
1.- O trato será sempre de respecto, evitando que a confianza ca persoa usuaria e ca súa unidade de convivencia interfira no traballo.
2.- Respectar a intimidade da persoa usuaria e gardar a debida confidencialidade de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
3.- A persoa auxiliar de axuda no fogar non fará partícipe á persoa usuaria e a súa unidade de convivencia, dos seus propios problemas, separando todo o posible a súa vida privada do seu traballo.
4.- Respectarase integramente o horario e as tarefas establecidas e non se realizarán cambios sen a autorización da persoa técnica responsable.
5.- A persoa auxiliar de axuda no fogar non fará a prestación do servizo fóra das horas estipuladas para cada persoa usuaria.
6.- En caso de ausencia da/o auxiliar de axuda no fogar, deberase comunicar con antelación á persoa usuaria e á persoa técnica responsable do servizo.
7.- Non recibirá ningún tipo de prestación, bonificación, regalo e gratificación (cartos, regalos, etc,) por parte da persoa usuaria.
9.- Non acudirá ao lugar de traballo en compañía de persoas alleas ao servizo.
10.- Non disporá de chaves de ningún domicilio salvo autorización da persoa técnica responsable do servizo e da persoa usuaria.
11.- Non permanecerá soa no domicilio en ausencia da persoa usuaria sen autorización previa da persoa técnica responsable do servizo e da persoa usuaria.
12.- Comunicar todo tipo de incidencias que se produzan durante a prestación do servizo.
13.- Comunicar todo tipo de variacións baremables da situación orixinaria que motivou a prestación do servizo.
14.- Participar nas accións formativas de reciclaxe profesional e nas xuntanzas programadas, a fin de mellorar a calidade na prestación do servizo.
Artigo 18.- DA COORDINACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Tódalas intervencións das persoas auxiliares de axuda no fogar serán programadas, coordinadas e supervisadas polas persoas técnicas responsables do servizo, que se prestarán en colaboración co persoal técnico dos outros servizos e programas básicos dos servizos sociais comunitarios da entidade local titular do mesmo, e de outros de prestación social.
Artigo 19.- ACTUACIÓN EN CASO DE SUXESTIÓNS E QUEIXAS
O Concello a través da Alcaldía ou da persoa en quen delegue, recibirá as suxestións e queixas que poidan derivarse do funcionamento do servizo de axuda no fogar, tanto por parte da persoa usuaria como da persoa auxiliar de axuda no fogar propoñendo fórmulas de corrección que estime oportunas.
Artigo 20.- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
A.- Para solicitar o servizo de axuda no fogar a persoa solicitante deberá presentar a instancia de solicitude. A presentación de solicitude determina o dereito de esixir da Administración o correspondente recibo que acredite a data de presentación admitindo como tal unha copia na que figure a data de presentación anotada pola oficina. Esta solicitude deberá ir asinada polo/a interesado/a ou o seu representante legal. Unha vez rexistrada, daráselle traslado aos Servizos sociais de Atención Primaria do Concello. Se se observasen defectos formais na solicitude, como non reunir os requisitos establecidos ou non presentar a documentación, o concello está obrigado a requirir do/a interesado/a que, no prazo de dez días, emende a falla ou presente os documentos preceptivos, se así non o fixese, entenderase que desiste da súa petición e arquivarase sen máis a súa solicitude.
B.- A documentación que acompaña a solicitude, será a que segue:
1.- D.N.I. da persoa usuaria e das persoas que convivan habitualmente no domicilio, no seu defecto, documento oficial acreditativo análogo.
2.- Tarxeta sanitaria do beneficiario.
3.- Certificado de empadroamento e convivencia do Concello da Baña.
4.- No caso de que na unidade de convivencia haxa menores de idade, fotocopia do libro de familia.
5.- Informes médicos recentes.
6.- Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao de dependencia, de ser o caso.
7.- Pensionistas: documento acreditativo da pensión ou pensións que percibe.
8.- Traballadores por conta allea: última nómina ou certificado de empresa.
9.-Traballadores autónomos: última declaración trimestral do IRPF e declaración de responsabilidades dos ingresos mensuais que percibe.
10.- Desempregados/as: Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego e certificado do I.N.E.M. onde se especifique se cobra ou non prestación.
11.- Fotocopia da última declaración do IRPF, ou no seu caso, certificado negativo de Facenda de non ter obriga de facela, da persoa usuaria e do seu cónxuxe ou parella de feito, e de se-lo caso, das persoas ascendentes ou descendentes.
12.- Certificado positivo ou negativo do imposto de patrimonio da persoa usuaria e no seu caso do seu cónxuxe ou parella de feito, e de se-lo caso, das persoas ascendentes ou descendentes.
13.- Calquera outro documento que se considere necesario para a baremación da solicitude e que teña relación cos aspectos valorados na mesma.
14.- No seu momento, e valorada a situación económicas do/a solicitante, autorización para a domiciliación bancaria do cobro da taxa que se estableza na ordenanza aprobada ó efecto.
15.- No caso de que o/a titular do servizo causara baixa por calquera dos motivos especificados neste regulamento e houbera outros/as persoas no mesmo domicilio susceptibles de necesitar a prestación, deberán presentar igualmente unha nova solicitude ¿por cambio de titularidade".
Artigo 21.- DO PRAZO DE SOLICITUDE DO SERVIZO
O prazo de presentación de solicitude permanecerá aberto todo o ano.
Artigo 22.- LISTA DE RESERVA
Con carácter xeral, no caso de que o servizo de axuda no fogar non conte con capacidade suficiente para atender tódalas situacións de necesidade susceptibles do servizo, elaborarase unha lista de reserva á que se accederá pola orde de puntuación acadada nos baremos aplicados, considerando sempre prioritario as persoas valoradas con déficit de autonomía para as actividades básicas da vida diaria. En caso de igualar a puntuación obtida, na modalidade de libre concorrencia terá prioridade o rexistro de entrada no Concello da Baña, e no caso de persoas valoradas como dependentes, a data de resolución do Plan Individual de Atención (P.I.A.). A puntuación final acadada asignará o número de orde que lle corresponda na dita lista de reserva.
Artigo 23.- TRAMITACIÓN E VALORACIÓN DA SOLCITUDE
Unha vez presentada a solicitude, xunto coa documentación, será valorada polo ¿técnico responsable do servizo de axuda a domicilio", o cal emitirá informe baseado nos criterios de acceso ao servizo que se recollen no presente regulamento.
O informe elaborado polo técnico dos servizos sociais de Atención Primaria será perceptivo e conterá os seguintes extremos:
- Nivel de autonomía persoal do/a solicitante e estado de saúde.
- Grao de cobertura e apoio familiar e social.
- Prestacións que, no seu caso, precise para cubrir as súas necesidades.
- Situación socio-económica da unidade de convivencia.
- Outras situacións e factores específicos: ubicación da vivenda, estado e equipamento da mesma. Recursos dispoñibles no seu entorno e accesibilidade a eles, etc.
Artigo 24.- PROPOSTA E RESOLUCION
No informe anteriormente citado, ademais da valoración da situación do/a solicitante, e , en función do cumprimento ou non dos requisitos e da dispoñibilidade ou non de consignación presupostaria e /ou de prazas vacantes, deberá propoñerse a conveniencia ou non da alta no servizo, ou ben da incorporación á lista de espera, ocupando o posto correlativo en función da puntuación obtida. Así mesmo recollerá:
- Causas da denegación, de ser o caso.
- Condicións da concesión de ser o caso, indicando:
o Programa individual de actuación.
o Tarefas a desarrollar.
o Duración da atención.
o Horario da prestación.
o Días de atención semanal.
o Achega económica que lle corresponde ao/s beneficiarios.
o Cantos outros extremos estime convenientes.
Os servizos sociais elevarán o informe-proposta ao órgano municipal competente que adoptará a resolución pertinente,
Artigo 25.- NOTIFICACIÓN
A persoa solicitante ou representante legal do/a mesma, notificaráselle a resolución adoptada que, en tódolos casos, deberá ser notificada. Así mesmo, enviarase copia da resolución aos servizos sociais.
Artigo 26.- DO TRÁMITE DE URXENCIA
Enténdese por situación extrema e de urxente necesidade, aquela que presentada de súpeto e non prevista, supón grave perigo para a vida da persoa usuaria por desatención. Esta intervención de urxencia non poderá manterse máis dun mes sen que medie resolución favorable expresa. De non aportar a documentación no seu tempo, sen causa motivada, procederase ao seu arquivo.
Artigo 27.- DO INICIO DO SERVIZO
A alta no servizo deberá realizarse nun prazo máximo de quince días contados desde a notificación de resolución de alta. No caso de que, por causas imputables ao solicitante nos se poida producir a mesma no prazo indicado, teráselle desistido da súa petición. No caso de que, por imprevistos sobrevidos no S.A.D. e debidamente xustificado, non se puidera comezar a atención na data indicada, o inicio do servizo será proposto ó mínimo posible ata a solución das dificultades xurdidas.
Artigo 28.- DA RENOVACIÓN DO SERVIZO
Para a renovación anual do servizo, a persoa usuaria deberá presentar a documentación establecida, dentro dos primeiros quince días hábiles do mes que cada ano se estableza, a fin de determinar se cumpre as condicións para o continuidade do mesmo. De non aportar a documentación requirida, sen causa motivada, procederase ao seu arquivo.
Artigo 29.- INTENSIDADE NA PRESTACIÓN DO SERVIZO
1.- A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe social técnico expresado no artigo 24.
2.- A intensidade do servizo de axuda no fogar para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia estará predetermina no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación será flexible e conforme co proxecto de intervención, de maneira que cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 5.5.a tódolos días da semana.
Artigo 30.- FINANCIAMENTO
O servizo de axuda no fogar financiarase a través de achegas que o concello da Baña consigue anualmente no seu orzamento, as subvencións que concedan a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial ou calquera outro organismo oficial, as achegas que faga a persoa usuaria de acordo ca ordenanza fiscal municipal reguladora do prezo público pola prestación do servizo, que establecerá o sistema de contribución ao financiamento por parte desta en función da súa capacidade económica e as achegas que poidan facer outras institucións de carácter privado.
Artigo 31.- DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOA USUARIAS DO SERVIZO.
1.- Para os efectos deste artigo considérase persoa usuaria aquela para a cal se solicite o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria un dos membros adultos da unidade de convivencia responsables dos menores que formen parte dela.
2.- A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calcularase de acordo coa ordenanza fiscal municipal reguladora do prezo público pola prestación do servizo.
DISPOSICIÓN ADICIONAL 1ª
O servizo de axuda a domicilio adaptarase en todo momento á normativa vixente en materia de servizos sociais, así como á normativa nacional e autonómica en torno ao sistema nacional de dependencia, o concello da Baña á adaptación do presente regulamento de verse afectado polas modificacións substanciais que se produzan.
DISPOSIÓN ADICIONAL 2ª
A partir da entrada e vigor deste regulamento e da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do S.A.D. os beneficiarios ós que se viñese prestando dito servizo pasarán a rexerse de xeito automático e directo por tales disposicións regulamentarias.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA
O presente regulamento anula calquera outra disposición de igual ou inferior rango, que fose de aplicación en relación cos procedementos de baremos de acceso ao S.A.D., con anterioridade á data da publicación.
ENTRADA EN VIGOR
Este regulamento entrará en vigor conforme ao establecido no artigo 70.2 da Lei reguladora das bases de réxime local.
ANEXO I
BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA:
FACTOR - 1: AUTONOMÍA PERSOAL 1. ( máximo total 40 puntos).
O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia.
As persoas dependentes valoradas que, polo calendario oficial de implantación, teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar), non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.
A asignación de valor en función do factor autonomía persoal realizarase de acordo coa seguinte táboa, debendo acadarse un mínimo de 5 puntos para o acceso ao servizo, no caso de ser a situación de necesidade a derivada de déficit na autonomía persoal:
TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DE AUTONOMÍA PERSOAL | |||||||||
DE 33% A 64% DE DISCAPACIDADE | DE 65% A 74% DE DISCAPACIDADE | 75% -100% | 81% - 87% | 88% - 93% | 94% -100% | Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD | |||
75%-100% discapacidade e ata 14 puntos ATP | 75%-100% discapacidade e 15-29 puntos ATP | 75%-100% discapacidade e 30-44 puntos ATP | 75%-100% discapacidade e 45-72 puntos ATP | Grao de discapacidade + axuda de 3ª persoa . ATP (R.D. 1971 / 1999) | |||||
75% discapacidade e ata 24 puntos BVD | 25 - 39 puntos BVD | 40 - 49 puntos BVD | 50 - 64 puntos BVD | 65 - 74 puntos BVD | 75 - 89 puntos BVD | 90 - 100 puntos BVD | Grao de discapacidade + axuda de 3ª persoa . Puntuación BVD (R.D. 504 / 2007) | ||
Grao I, Nivel 1 | Grao I, Nivel 2 | Grao II, Nivel 1 | Grao II, Nivel 2 | Grao III, Nivel 1 | Grao III, Nivel 2 | Situación de dependencia (Decreto 176/2007) | |||
5 PUNTOS | 10 PUNTOS | 14 PUNTOS | 20 PUNTOS | 24 PUNTOS | 30 PUNTOS | 32 PUNTOS | 38 PUNTOS | 40 PUNTOS | PUNTUACIÓN NIVEL DE AUT. PERSOAL |
TOTAL PUNTOS AUTONOMÍA PERSOAL |
FACTOR 1.1: AUTONOMIA PERSOAL 2
No caso de non valoración polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia, a asignación do valor en función do factor ¿autonomía persoal" realizarase de acordo cas seguinte táboas, na que só se poderá marcar a opción que mais se aproxime á condición da persoa usuaria:
Persoas que son consideradas independentes para os actos da vida diaria aínda que teñan algunha limitación e se axuden de bastón ou de muletas para realizar os actos sos: | (0,50). |
Persoa que precisan de axuda ou supervisión durante a realización dos actos da vida diaria: | (1,50). |
Persoas, na que os actos da vida diaria son feitos na súa totalidade por outras persoa: | (2,50). |
A. GRADO DE CAPACIDADE FUNCIONAL PARA AS ACTIVIDADES BASICAS DA VIDA DIARIA (máximo 15 puntos):
Esta variable fai referencia ao grado de habilidade e autonomía que dende o punto de vista físico, psíquico e funcional presenta a persoa usuaria para levar a cabo as actividades BASICAS da súa vida diaria ao longo dos últimos 7 días, debendo acadar un mínimo de 5 puntos para o acceso ao servizo, no caso de ser a situación de necesidade a derivada por este motivo.
1. COMER (inclúe comer con calquera método, incluído con sonda nasogástrica)
Independente: o fixo soa (0,50) | |
Axuda: o fixo con axuda e supervisión doutra persoa tódalas veces (1,50) | |
Dependente: feito por outras persoas (2,50) |
2. HIXIENE PERSOAL E BAÑARSE (mantén a propia hixiene, incluíndo peitearse, cepillarse os dentes, afeitarse, maquillarse, lavar e secala cara, as mans; como toma a persoa usuaria a ducha ou o baño, se move dentro /fóra da bañeira ou da ducha, lava a cabeza e as costas)
Independente: fíxoo soa (0,50) | |
Axuda: fíxoo con axuda e supervisión doutras persoas tódalas veces (1,50) | |
Dependente: feito por outras persoas (2,50) |
3. VESTIRSE (prepara a roupa, sácaa do armario, a pon, a quita, a viste, abrochase, quita toda a roupa de saír á rúa, incluíndo quitar e poñer prótese)
Independente: o fixo soa (0,50) | |
Axuda: o fixo con axuda e supervisión doutra persoa tódalas veces (1,50) | |
Dependente: feito por outras persoas (2,50) |
4. USO DO ASEO (comprende o uso do ouriñal de asento, cuña, etc: como se levanta e se senta, como se lava despois, cambia os absorbentes, manexa a sonda ou a colosostomía, e axusta a roupa)
Independente: o fixo soa (0,50) | |
Axuda: o fixo con axuda e supervisión doutra persoa tódalas veces (1,50) | |
Dependente: feito por outras persoas (2,50) |
5. INCONTINECIA (urinaria e fecal)
Independente: control total de esfínteres (0,50) | |
Axuda: incontinencia ocasional/temporal, precisa de sonda/colector (1,50) | |
Dependente: incontinencia total de día e de noite (2,50) |
6. MOBILIDADE/TRANSFERENCIAS/DEAMBULACION (mobilidade na cama: móvese dende ou cara a posición de tombado, dá a volta dun lado ao outro e cambia de posición; Móvese entre superficie cara a /desde: cama-cadeira, cadeira de rodas, posición de pe; Móvese entre o seu cuarto e o corredor contiguo do seu mesmo piso; como subiu e baixou as escaleiras; Se usa cadeira de rodas se é INDEPENDENTE unha vez sentado)
Independente: camiña só, con muleta/bastón. Deitase/érguese da cama só. Sube e baixa escaleiras só. (0,50) | |
Axuda: necesita axuda parcial doutra persoa ou de supervisión para camiñar, deitar, erguer, subir e baixar (1,50) | |
Dependente: precisa de axuda total para desprazarse e mobilizarse (2,50) |
B. CAPACIDADE FUNCIONAL PARA AS ACTIVADES INSTRUMENTAIS DA VIDA DIARIA (máximo 15 puntos).
Esta variable fai referencia ao grao de habilidade e autonomía que dende o punto de vista físico, psíquico e funcional presenta a persoa usuaria para levar a cabo as actividades INSTRUMENTAIS da súa vida diaria ao longo dos últimos 7 días, debendo acadar un mínimo de 5 puntos para o acceso ao servizo, no caso de ser a situación de necesidade a derivada por este motivo.
1. LIMPAR E FREGAR A CASA e LAVAR, TENDER E PASAR O FERRO A ROUPA (como amaña a casa de maneira ordinaria: facela cama, limpalo po, ordenala casa, lavala roupa)
Independente: fíxoo soa. (0,50) | |
Axuda: realizado con axuda tódalas veces (1,50) | |
Dependente: feito por outras persoas (2,50) |
2.COCIÑAR E FREGAR OS PRATOS (como planificou o menú, cociñou, puxo a mesa)
Independente: fíxoo soa. (0,50) | |
Axuda: realizado tódalas veces con axuda(1,50) | |
Dependente: feito por outras persoas (2,50) |
3. REALIZAR COMPRAS NAS TENDAS DA VILA (como se fai a compra de alimentos e produtos de uso común para o fogar: selecciona o que se vai comprar, manexa o diñeiro de forma correcta).
Independente: fíxoo soa. (0,50) | |
Axuda: fíxoo con axuda tódalas veces (1,50) | |
Dependente: feito por outras persoas (2,50) |
4. REALIZAR XESTIÓNS, IR AO MÉDICO, BANCOS, MANEXO DO DIÑEIRO, ETC (como paga as facturas, leva as contas, valora os gastos da casa).
Independente: fíxoo soa (0,50) | |
Axuda: realizado con axuda tódalas veces (1,50) | |
Dependente: feito por outros (2,50) |
5. TOMA DE MEDICAMENTO (como controla a medicación: recordar o tomala, abre los frascos, toma a dose correcta).
Independente: fíxoo soa. (0,50) | |
Axuda: realizado con axuda tódalas veces (1,50) | |
Dependente: feito por outros (2,50) |
6. MANEXAR APARATOS DE CALEFACCIÓN, AUGA QUENTE, INTERRUPTORES DA LUZ, DO GAS, O TELÉFONO, O TRANSPORTE (como realiza e recibe chamadas, incluídas axudas técnicas como números grandes no teléfono, amplificadores; como a persoa usuaria usa algún vehículo, si vai a sitios onde non pode chegar andando, con trasporte público ou individual)
Independente: fíxoo soa. (0,50) | |
Axuda: realizado con axuda tódalas veces(1,50) | |
Dependente: feito por outras persoas (2,50) |
FACTOR-2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)
Para o acceso ao servizo debe acadarse un mínimo de 5 puntos, no caso de ser a situación de necesidade a derivada de déficit na autonomía persoal.
SITUACIÓN | PUNTOS |
A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio (20 puntos) | |
A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes (18 puntos) |
A persoa convive con persoa sen capacidade para atendela (ata 12 puntos) |
Cunha persoa maior de 70 anos (10 puntos) | |
Cunha persoa con discapacidade ou dependencia (12 puntos) | |
Cunha persoa que carece de tempo, con ausencia de 10 horas/dia ou con atención inferior a 6 horas/semana (12 puntos) | |
Con incapacidade para organizarse (10 puntos) |
Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades (8 puntos) | |
Vive só/a pero hai familiares con posibilidades de atendelos no mesmo concello a menos de 20 km (5 puntos) | |
Está ben atendido (0 puntos) |
TOTAL PUNTOS APOIO SOCIAL |
FACTOR-3: SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES (máximo 20 puntos).
Non existe puntuación de acceso, só se ten en conta para a orde de preferente no caso de listado de reserva.
3.1. CONFLICTO (Máximo total 4 puntos)
SITUACIÓN | PUNTOS |
Con membro xerador de conflito de nivel moderado (1 punto) | |
Con membro xerador de conflito de nivel grave (2 puntos) | |
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel moderado (3 puntos) | |
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel grave (4 puntos) |
3.2. LIMITACIÓNS DE ROL (Máximo total 2 puntos)
SITUACIÓN | PUNTOS |
Familias en que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atención os menores (2 puntos) |
3.3. MONOPARENTALIDADE (Máximo total 2 puntos)
SITUACIÓN | PUNTOS |
Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada¿) non poidan atender aos menores (2 puntos) |
3.4.HABILIDADES PARENTAIS (Máximo total 2 puntos)
SITUACIÓN | PUNTOS |
Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización¿) (2 puntos) |
3.5.NÚMERO DE MENORES (Máximo total 10 puntos)
SITUACIÓN | PUNTOS |
Un menor (3 puntos) | |
Dous menores (5 puntos) | |
Tres menores (7 puntos) | |
Catro ou máis menores (10 puntos) |
TOTAL PUNTOS SITUACIÓN FAMILIAR / SOCIALIZACIÓN MENORES |
FACTOR-4: OUTROS ASPECTOS SOCIAIS (máximo total 33 puntos)
Non existe puntuación de acceso, só se ten en conta para a orde de preferente no caso de listado de reserva.
4.1. VIVENDA (total 11 puntos)
SITUACIÓN | PUNTOS |
Non hai luz eléctrica (1 punto) | |
Non hai auga corrente (1 punto) | |
Non posúe WC (1 punto) | |
Non posúe cuarto de baño completo (1 punto) | |
Non ten neveira (1 punto) | |
Non ten quentador (1 punto) | |
Non ten lavadora (1 punto) | |
Non reúne condicións mínimas de hixiene / habitabilidade (1 punto) | |
Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (1 punto) | |
Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (1 punto) | |
Illada do núcleo de poboación inmediato (mais de 1 km) ou ubicada en núcleo illado do resto (mais de 5 km) (1 punto) |
4.2. INTEGRACIÓN NO CONTORNO (total 10 puntos)
SITUACIÓN | PUNTOS |
Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos) | |
Ausencia de relacións sociais (6 puntos) | |
Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos) | |
Integración axeitada no contorno (0 puntos) |
TOTAL PUNTOS OUTROS ASPECTOS SOCIAIS |
TOTAL XERAL |
ANEXO II
SOLICITUDE DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO (S.A.D.)
1. EFECTOS PARA OS QUE SE SOLICITA
SOLICITUDE INICIAL
SOLICITUDE MODIFICACION
SOLICITUDE URXENTE
SOLICITUDE ORDINARIA
SOLICITUDE RENOVACIÓN
2. DATOS DO BENEFICIARIO/A
Nome e apelidos: |
D.N.I.: Data de nacemento: Estado civil: |
Domicilio |
C.P.: Nº Afiliación á Seguridade Social: |
Teléfono fixo: Teléfono móbil: |
3. DATOS DO/A REPRESENTANTE LEGAL
Nome e apelidos: |
D.N.I.: Data nacemento: Estado civil: |
Domicilio: |
C.P.: Nº Afiliación á Seguridade Social: |
Teléfono fixo: Teléfono móbil: |
4. COMPOSICIÓN E DECLARACIÓN DE DATOS DAS PERSOAS COAS QUE CONVIVE
Nome e apelidos | Parentesco | D.N.I. | Idade | Situación laboral | Ingresos mensuais | Discapacidade |
5. TIPO DE TAREFAS QUE SOLICITA
6. MOTIVOS POLOS QUE SOLICITA O SERVIZO
DECLARO:
- Que toda a información que figura nesta solicitude e nos documentos que se xuntan é verdadeira.
- Que non percibo outros servizos ou prestacións de análogo contido ou finalidade.
- Que quedo/a enterado/a da obriga de comunicar ós Servizos Sociais do Concello da Baña calquera variación nos datos declarados que poidan producirse no sucesivo.
- Que autorizo aos Servizos Sociais para que realicen as consultas necesarias nos ficheiros públicos co único fin de acreditar e comprobar a veracidade dos datos.
- Que acepto contribuír economicamente, se así resultase da aplicación da Ordenanza Municipal vixente
A Baña, a ¿¿¿¿de¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿de ¿¿¿¿.
Asdo.: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
ILMO. SR. ALCALDE - PRESIDENTE DO CONCELLO DA BAÑA
DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑA Á SOLICITUDE
- D.N.I. E N.I.F. do beneficiario/a e das persoas coas que convive.
- Certificado de empadroamento e convivencia.
- Tarxeta sanitaria do/a beneficiario/a.
- Informe médico recente.
- Fotocopia do Libro de Familia cando haxa menores na unidade de convivencia.
- Calquera outro documento que xustifique a concorrencia de circunstancias específicas ( sentencia de separación, divorcio, etc)
- Para persoas valoradas xa como dependentes, resolución do grado e nivel de dependencia e o Plan de Coidados (P.I.A.)
- De ser o caso, certificado de minusvalía e/ou resolución de incapacidade.
- Documentación acreditativa dos ingresos económicos do/a beneficiario/a e do seu cónxuxe, se é o caso:
· Pensionistas: xustificante da pensión.
· Traballadores por conta allea: última nómina ou certificado de empresa.
· Traballadores autónomos: última declaración trimestral do I.R.P.F. e declaración xurada dos ingresos mensuais que percibe.
· Desempregados/as: fotocopia da tarxeta de demandante de emprego e certificado do I.N.E.M. onde se especifique se cobra ou non prestación.
· Incluiranse tódalas prestacións económicas que perciba o/a beneficiario/a e o seu cónxuxe, se é o caso, distintas das especificadas en apartados anteriores.
· Fotocopia da última declaración da renda do/a beneficiario/a e do seu cónxuxe, se é o caso, ou, no seu defecto, certificado negativo expedido pola Delegación de Facenda.
- Recibos de contribución de bens inmobles da súa titularidade (rústicos e urbanos) do/a beneficiario/ e do seu cónxuxe
De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, se lle informa de que os seus datos persoais serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade do Excmo. Concello da Baña. Poderán ser empregados polo titular do ficheiro para o exercicio das funcións que lle son propias no ámbito das súas competencias. Igualmente, informase que poderán ser cedidos de conformidade coa lexislación vixente. Vostede pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, no seu caso, oposición, mediante escrito dirixido ó Excmo. Concello da Baña, praza do Concello, s/n, (C.P 15.863)
ANEXO III
1.-Datos de Identificación do Expediente
Expediente 1 | Intervención nº 2 | Data de solicitude | Data de Inicio |
Sector de Referencia 3 | Ámbito de Atención 3 | Nº Total de Usuarios |
Nome e Apelidos | Data de Nacemento | DNI | Sexo | Estado Civil |
Proxecto | Data do Proxecto | Data Fin de Proxecto |
Antecedentes relevantes:
2.-Atención a prestar
Días da semana
L | M | X | J | V | S | D | Nº de horas semanais | Horario | ||
Tipo de servizo a prestar 4
Perfil dos/as profesionais
Outros servizos:
3.-Existencia doutros Servizos/Apoios prestados a Domicilio
------------------
1 Identificación do expediente en SIUSS
2 Número de orde desta intervención en relación co total realizadas neste expediente
3 Tipoloxía SIUSS
4 Pódese empregar a tipoloxía SIUSS
Existencia:
Servizos/apoios:
Nº de horas semanais:
4.-Obxectivos Específicos e Tarefas que se propoñen
Obxectivos do servizo proposto:
Tarefas a realizar:
5.-Periodicidade do Seguimento (mínimo bimensual)
Técnico responsable:
Asdo.:
ANEXO IV
SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Acordo de servizo
Reunidas na Baña, o día .......................................... 2010, dunha parte
Don/Dona: ................................................................................................, con D.N.I.: .........................................
E doutra ...................................................................................., en calidade de técnica responsable do servizo de axuda no fogar da Baña.
ACORDAN:
1. Que o Concello da Baña entidade prestadora ...................................................................., prestará o servizo de axuda no fogar (S.A.F.), á persoa arriba citada, desde o día ...................................................... 2010
2. Que a prestación do servizo de axuda no fogar se realizará por un prazo indefinido, mentres concorran as circunstancias que deron lugar á concesión, con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do Departamento de Servizos Sociais/da entidade prestadora acreditada.
3. Que o SAF se levará a cabo os días da semana ................................................................................, en horario de; por un total de horas mensuais.
4. Que atendendo á Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o servizo de axuda no fogar, á Ordenanza fiscal municipal que regula as taxas do S.A.F. e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria comprométese a achegar .............................. euros mensuais como contribución ao custo do servizo.
5. Que a persoa usuaria acepta domiciliar o aboamento da taxa do S.A.F. establecido no punto 4º, na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto.
6. Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:
Atencións de carácter persoal:
Atencións de carácter de apoio psicosocial
Atencións de carácter doméstico:
Atencións de carácter socioeducativo
Atencións de carácter técnico e complementario
7. Que as tarefas que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do S.A.F., e que serán levadas a cabo polo persoal auxiliar do servizo serán as sinaladas no Plan de Coidados asinado para o seu caso.
8. Que, así mesmo, a persoa usuaria, a súa familia ou persoas achegadas se comprometen a levar a cabo as seguintes tarefas:
¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.............................................................................................................
9. Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do S.A.F. do Concello da Baña, sendo anexadas ao acordo orixinal.
10. Que o servizo se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o servizo de axuda no fogar, e na ordenanza municipal sobre o S.A.F., onde están recollidos os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción.
Ambas as partes dan a súa conformidade a este acordo de prestación do SAF e asínao.
Na Baña, de de 2010
A persoa usuaria A técnica responsable
Asdo.: