Monfero - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR DEREITOS DE EXAME

Publicación provisional: 09/05/2011 BOP Nº: 87
Publicación definitiva: 14/07/2011 BOP Nº: 134
Aplicable dende: 14/07/2011

Artigo 1: Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución española, e de conformidade co autorizado polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e co establecido nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o Concello de Monfero establece a taxa por dereitos de exame que se rexerá polo presente ordenanza fiscal, cuxas normas ofenden ao prevido no artigo 57 do citado real decreto lexislativo.

Artigo 2: Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa, a actividade técnica e administrativa conducente á selección do persoal funcionario e laboral entre os que soliciten participar como aspirantes en probas de acceso ou promoción ás escalas de funcionarios ou ás categorías de persoal laboral convocadas por este concello.

Cando, por causas non imputables ao suxeito pasivo, a actividade técnica e administrativa a que se refire o parágrafo anterior non se realice, procederá a devolución do importe correspondente. Polo tanto, non procederá ningunha devolución dos dereitos de exorne nos supostos de exclusión das probas selectivas por causas imputables á persoa interesada.

Artigo 3: Suxeito pasivo

Serán suxeitos pasivos desta taxa, todas as persoas físicas que soliciten a inscrición como aspirantes nas probas selectivas ou de aptitude ás que se refire o artigo anterior.

Artigo 4: Exencións e bonificacións

Non se concederán máis exencións ou bonificacións ca as expresamente establecidas nas leis ou nas normativas que as desenvolvan.

Non obstante, segundo o establecido no artigo 24.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este concello dispón que:

¿ Terán unha redución do 30% da taxa, as persoas que sexan membros de familias numerosas de carácter xeral e especial, de conformidade co previsto na Lei 40/2003, do 18 de novembro de protección de familias numerosas. Tal condición deberá acreditarse mediante o orixinal ou unha copia compulsada do título oficial establecido para o efecto.

¿ Terán unha redución do 40% da taxa, as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento. Esta condición acreditarase mediante o orixinal ou unha copia compulsada do certificado de minusvalía emitido pola Dirección Xeral de Servizos Sociais, que deberá estar actualizado na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

¿ Terán unha redución do 50% da taxa as persoas que figuren como demandantes de emprego en situación de desemprego durante o prazo de, polo menos, 12 meses, na data da convocatoria. Para desfrutar desta bonificación, será requisito que, durante estes 12 meses, non rexeitasen ningunha oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción e formación, e que carezan do dereito de prestación por desemprego e de rendas superiores, no cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional. Estas condicións acreditaranse por medio de certificacións emitidas pola administración competente no momento da solicitude.

Os beneficios fiscais anteriores non terán carácter acumulativo, polo que, nos supostos de concorrencia de diversas causas que sexan a orixe do dereito a demandar os beneficios citados, a persoa interesada deberá optar só por un Beles. No caso de que a persoa interesada non exercese a opción anterior, procederase de oficio a considerar por orde de preferencia decrecente no que se encontre debidamente xustificado ou Ile resulte máis favorable.

Artigo 5: Cota tributaria

As tarifas que se aplicarán para obter a cota tributaria son as seguintes:

Grupo A ou asimilados

A1

80 €

A2

70€

Grupo B ou asimilados

60€

Grupo C ou asimilados

C1

50€

C2

40€

Outras agrupacións profesionais ou asimilados <(grupo E da Lei 30/1984)

30 €

Estas tarifas reduciranse nun 50% no caso de convocatorias para postos de traballo de carácter non definitivo.

Artigo 6: Devindicación e nacemento da obriga

A taxa devindicarase no momento de solicitar a inscrición nas probas selectivas ou de aptitude a que se refire o artigo 2 desta ordenanza.

Artigo 7: Liquidación e ingreso

A solicitude tramitarase cando se efectúe o pagamento correspondente, o cal deberá realizarse no momento, lugar e forma que establezan as correspondentes convocatorias selectivas.

Será de aplicación ao pagamento o disposto no Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o regulamento xeral de recadación.

O pagamento realizarase mediante o ingreso directo, en metálico, nas contas bancarias municipais ou por xiro postal; e farase constar o seu obxecto no correspondente impreso.

Artigo 8: Infraccións e sancións

En todo o referente a infraccións e sancións tributarias e as súas distintas cualificacións, aplicarase a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, en concreto, os artigos 181 e segs., e as disposicións que a desenvolvan.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, unha vez aprobada polo Pleno do concello, entrará en vigor o mesmo día que se publique no Boletín Oficial da Provincia, aplicarase a partir desa data e permanecerá en vigor ata que se modifique ou se derrogue expresamente.

Contra o presente acordo, conforme ao artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, as persoas interesadas poderán interpor un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.