Ordes - Prezo público pola prestación de servizos na escola municipal de música.
1. Concepto.
A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola prestación dos servizos e a realización de actividades de ensino de música e movemento, linguaxe musical, práctica instrumental e vocal e restantes materias que se impartan na escola municipal de música.
2. Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ao pagamento do prezo público os/as que soliciten ou se beneficien da prestación dos servizos prestados na escola municipal de música. No caso de que os/as beneficiarios/as sexan menores de idade e/ou incapacitados/as, considerarase suxeito obrigado ao pagamento aos pais/nais ou titores/as.
3. Contía.
A contía do prezo público será a seguinte:
Para o curso 2011/2012:
- Matrícula anual: 62,70 €.
- Cotas mensuais:
▪ 18,81 € por cada curso de música e movemento.
▪ 18,81 € por cada instrumento.
Para o curso 2012/2013:
- Matrícula anual: 67,00 €.
- Cotas mensuais:
▪ 20,00 € por cada curso de música e movemento.
▪ 20,00 € por cada instrumento.
A matrícula anual pagarase só unha por cada unidade familiar, para o cal deberá achegarse, xunto coa solicitude, o correspondente libro de familia e certificado de convivencia.
As ditas tarifas non serán reducibles por período de tempo.
4. Normas de xestión.
A obriga de pagamento do prezo público nace no momento no que se inicie a prestación do servizo, entendéndose por tal a solicitude de formalización da correspondente matrícula, debendo achegar a documentación esixida en cada caso xunto co documento acreditativo de ingreso da matrícula, o cal realizarase mediante ingreso na conta designada ao efecto pola Tesourería municipal.
Coa solicitude de matrícula deberá incluírse a orde de domiciliación bancaria para o abono das cotas mensuais. O pagamento realizarase por meses anticipados dentro dos primeiros oito días de cada mes.
A falta de pagamento da matrícula impedirá a tramitación da mesma.
A falta de pagamento dunha mensualidade implicará a baixa automática na escola municipal de música, sen prexuízo de que a dita débeda poda esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.