Oroso - ORDENANZA FISCAL REGULADORA POLO DE SUBMINISTRO DE AUGAS
Artigo 1.-Fundamento e réxime xurídico.
De conformidade co previsto no artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, e no artigo 20.4.t) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo subministro de auga, que rexerá a presente ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da Lei 39/1988 citada.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Está constituído pola actividade municipal con motivo da distribución de auga potable a domicilio.
Dereito á percepción.
A obriga de contribuír nacerá no momento de prestarse o servicio previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a correspondente licencia, debendo depositarse previamente ó pagamento correspondente ó enganche.
ARTIGO 3. TARIFAS
Fixanse as seguintes tarifas:
Aboados domésticos
De 0 a 10 m3/mes¿¿¿¿ 0,362587974 €/m3
Más de 10 m3/mes¿¿¿... 0,457005326 €/m3
Aboados industriales
De 0 a 10 m3/mes¿¿¿¿0,362587974 €/m3
Más de 10 m3/mes¿¿¿...0,533172879 €/m3
Artigo 4.º .-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polas actividades e servicios a que se refire esta ordenanza.
Terán a consideración de substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais ós que se provea do servicio, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 5.º .-Base imponible e liquidable.
A base do presente tributo estará constituída por:
- No subministro ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.
- Nas acometidas á rede xeral: o feito de conexión á rede por cada local comercial, vivenda individual.
Artigo 7.º .-Normas de xestión.
1.-Os abonos para o servicio solicitaranse calquera que sexa o uso a que se lles destina, mediante a oportuna petición de alta e subscrición de póliza de aboamento, na que o interesado declarará, ademais da filiación, enderezo, DNI ou CIF, fin e uso a que destinará a auga, fronte da vivenda, e demais datos complementarios para o perfecto coñecemento e determinación da clase e importancia do servicio que se pretenda e concesión e instalación do goce. As peticións levarán implícito o compromiso do peticionario a cumpri-las disposicións consignadas na presente ordenanza.
Os contratos ou pólizas de aboamento serán facilitadas ou cubertas gratuitamente pola empresa adxudicataria do servicio.
2.-Cada contrato de subministración de auga estará afecto a unha soa casa e a unha soa vivenda.
3.-Baixo ningún concepto poderá un abonado ampliar para outros usos que os estipulados na póliza de aboamento, especular na súa venda ou cesión e dispor de toda ou parte da que vén asignada ó seu domicilio ou industria a prol dun terceiro, nin facer variacións de ningunha clase na instalación, sen coñecemento do Concello ou empresa adxudicataria do servicio.
4.-Non se concederá alta a abonados que se transladen de domicilio e non se atopen ó día no pagamento da auga que consumiran no domicilio anterior.
5.-Nas vivendas que exista instalación de auga, é obrigación do propietario pasa-lo aviso á empresa adxudicataria do servicio das datas en que quede desalugada e na que volva ser ocupada.
No suposto de que o propietario non o notifique, deberá seguir aboando as cotas correspondentes ós recibos que por facturación mínima corresponderan ata que se faga efectiva a baixa. De igual xeito será responsable subsidiario daqueles recibos que o inquilino non reporte á empresa adxudicataria do servicio polas causas expostas e de dita totalidade expediráselle o cargo correspondente.
6.-O cobramento realizarase pola empresa adxudicataria do servicio, podendo os usuarios do servicio domicilia-lo pagamento dos seus recibos en entidades bancarias colaboradoras, sen prexuízo de que Administración municipal excepcionalmente estableza outra modalidade.
7.-Transcorridos os prazos que fixe o Concello para o cobramento, este poderá suspende-la subministración da auga ó abonado que está en descuberto e retirarlle definitivamente o servicio, dándolle de baixa por falta de pagamento.
8.-As reclamacións sobre a recadación por posibles erros de cálculo e outros motivos, efectuaranse na empresa adxudicataria do servicio, achegando os recibos ou facturas que se presuma conteñan erro ou emisión.
9.-No caso de translado de domicilio do abonado, este seguirá a ser responsable do importe do consumo da auga da vivenda que deixou, se non se dá de baixa coa antelación suficiente nas oficinas do servicio.
10.-O servicio de subministración de auga limitarase á zona que comprende a rede de distribución.
11.-A concesión de novas tomas ou acometidas á rede faranse mediante solicitude dos interesados nas oficinas da empresa adxudicataria do servicio, e con acordo adoptado polo Concello, previo informe.
12.-As tomas ou acometidas que se soliciten para utiliza-la auga en terreos onde non existe rede de distribución, no caso de acceder a iso o Concello, deberán sufraga-los gastos de ampliación de rede, e as obras deberán ser realizadas pola empresa adxudicataria do servicio, a cal levará o control e dirección das obras xuntamente cos técnicos municipais.
Unha vez posta en funcionamento, pasará a instalación a ser propiedade do Concello.
13.-Unha toma ou acometida servirá soamente para o terreo que foi pedida, sen que se permita estendela a varias, aínda estando contiguas e pertencendo ó mesmo dono, agás conveniencias de distribución para o Servicio, que, no seu caso, se faría a derivación fóra do terreo primitivo.
14.-Se po-la venda ou outras causas se dividise a propiedade, os novos propietarios virán obrigados a executar unha toma independente para cada un.
15.-Serán de conta do propietario as modificacións ou reformas que sexa preciso facer nas instalacións con motivo da colocación de contadores ou por outra causa calquera, a xuízo do técnico do servicio.
16.-As instalacións interiores dos terreos serán efectuados por un instalador debidamente autorizado pola Consellería de Industria, de acordo coa normativa vixente establecida para tal efecto.
17.-É obrigación dos propietarios participar ó servicio de augas do Concello a data en que comezan os traballos de instalación do servicio de augas no interior dos seus terreos e a data en que rematan as obras, co fin de que poidan ser inspeccionadas.
18.-O Concello poderá esixi-la recolocación dun contador por non estar en lugar axeitado.
19.-Nos terreos que comprendan varias vivendas ou industrias, e por conseguinte, varios abonados, faranse as instalacións individuais a cada unha delas de forma que os contadores poidan colocarse en arquetas axeitadas e todos xuntos en batería, e en lugar facilmente accesible do portal, patio ou baixo do edificio, norma que se terá asemade en conta no caso de que sexa soamente un abonado.
Se houber dificultade na elección de sitio de emprazamento, o propietario solicitará da administración do servicio que lle fixe o lugar de colocación.
20.-Nos edificios que, para evita-la falta de auga por avaría ou por corte de subministración, se instalen depósitos sitos nos tellados ou terrazas, estes serán cubertos e ventilados e construiranse de cemento, fibrocemento e similares, non se debendo utilizar nunca chumbo ou cinc, polo perigo que significa para a formación de sales que contaminan a auga.
21.-Todo concesionario ou abonado queda obrigado a permitir que a calquera hora hábil do día sexa visitada a súa instalación polos empregados encargados deste cometido, sen que poidan opoñer ningún obstáculo a cantas comprobacións periódicas ou excepcionais se estimen procedentes.
A negativa dos interesados a autorizar estas revisións será causa suficiente para retirarlle o servicio de auga, sen dereito a reclamación ningunha.
22.-O Servicio Municipal de Augas resérvase a facultade de non empalmar coa rede de distribucións as instalacións que non reúnan as condicións regulamentarias.
23.-A Administración municipal resérvase o dereito de comprobar, cando o considere necesario ou oportuno, todo aparato contador que se estime dubidoso o seu funcionamento.
24.-As conexións de contadores efectuaranse exclusivamente por persoal do Servicio de Augas.
Artigo 8.-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario ningún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos nas normas con rango de lei.
Artigo 9.-Responsables.
1.-Serán responsables solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.
2.-Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición e responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.
3.-Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas os administradores daqueles que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas consistirán no incumprimento por quen dependen deles ou adopten acordos que fixesen posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que fosen destituídas nas súas actividades.
4.-Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias reportadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
Artigo 10.-Disposicións xerais.
1.-Non se permitirá ós particulares e empresas utilizar augas das fontes públicas para usos industriais e obras.
2.-O Concello non se fai responsable por interrupcións voluntarias do servicio de abastecemento de augas, ou cando sexa necesario executar obras ou reparacións na rede xeral de distribución, podendo corta-la subministración ós abonados, pero estes non teñen dereito a reclamación ningunha por este concepto.
3.-Tampouco terá dereito de indemnización cando se interrompa o servicio por consecuencia de escaseza, de calquera motivo de seca, ou calquera outra causa de forza maior.
4.-En épocas de grandes secas, que puidese ser necesaria a restricción do consumo, comezará esta polos abonados coa tarifa industrial e todos aqueles que quedaron suxeitos ás medidas que crese oportuno adopta-lo Concello.
5.-Os danos ou perdas que se orixinan a terceiros por culpa do abonado, ben sexa por neglixencia ou abandono do coidado que deben te-las instalacións de auga, serán exclusivamente por conta deste.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza fiscal, aprobada a súa redacción definitiva polo Pleno do Concello, entrará en vigor ó día 1 de xaneiro de 2012 unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.