Toques - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACIÓN DA PISTA DO PAVILLON POLIDEPORTIVO MUNICIPAL. (NÚMERO 16)
Artigo 1.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por utilización da pista do pavillón polideportivo municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitue o feito impoñible da taxa a utilización da pista polideportiva do pavillón polideportivo municipal.
Artigo 3.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos os solicitantes da pista do pavillón polideportivo municipal.-
Artigo 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidirarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Cota tributaria.
A cota tributaria será de dez (10) euros por hora.
Artigo 6.- Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación dos servizos suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que a dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
Artigo 7.- Liquidación e ingreso
A taxa liquidarase nas oficiñas municipais, en horario de 09 a 14 horas ou na entidade bancaria designada polo concello.-
Artigo 8.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e ss. da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 9º.- Exencións
Non estarán xuseitos á taxa de utilizacións as iniciativas do concello, patrocinadas por el e os centro públicos de ensinanza do municipio.
Igualmente estarán exentos de taxas as actividades, sexan ou non deportivas, de marcado carácter benéfico, social ou cultural, promovidas por entidades sen fins de lucro de ámbito municipal.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno Corporativo en sesión celebrada o día de de 2010 e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación unha vez que sexa instaurado o servizo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.