Zas - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 02/11/2011 BOP Nº: 208
Publicación definitiva: 21/12/2011 BOP Nº: 241
Aplicable dende: 21/12/2011

ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E NORMATIVA APLICABLE.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformiddade co previsto nos artigos 15 a 19 do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, o Concello de Zas establece a taxa pola expedición de documentos administrativos, a que se refire o art. 20.4.a) do citado texto refundido, que se rexirá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto no art. 57 do RD lexislativo aludido.

ARTIGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, por instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades municipais.

2. Para estes efectos entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou que redunde no seu beneficio, aínda que non mediara unha solicitude expresa do interesado.

3. Non estarán suxeitas a esta taxa  a tramitación de documentos e expedientes necesarios para cumprir coas obrigas fiscais, as consultas tributarias,  os expedientes de devolución de ingresos indebidos, e os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole.

ARTIGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e asentidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que soliciten, provoquen ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ouexpediente de que se trate.

ARTIGO 4.-RESPONSABLES.

Serán responsables solidarios ou subsidiarios da débeda tributaria, xuntos cos debedores principais, as persoas e entidades a que se refiren os artigo 42 e 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5.-EXENCIÓNS E BENEFICIOS FISCAIS.

De conformidade co disposto no art. 9 do TRLFL non se recoñece beneficio tributario ningún, agás os que sexan consecuencia do que establecen os tratados ou acorodos internacionais ou que se prevexan en normas con rango de lei.

ARTIGO 6.-COTA TRIBUTARIA.

1. A cuota tributaria consistirá nunha cantidade fixa sinalada na presente ordenanza según a natureza do expediente a tramitar e de conformidade coas seguintes tarifas:

EPÍGRAFE

IMPORTE (€)

EPÍGRAFE 1. OFICINAS XERAIS

* Certificados de acordos municipais

Datos relativos a expedientes de 3 ou menos anos de antigüedade

Datos relativos a expedientes de maís de 3 anos de antigüedade

6,00

24,00

EPÍGRAFE 2. DEREITOS DE EXAME

* Prazas do subgrupo A1 ou asimilado

* Prazas do subgrupo A2 ou asimilado

* Prazas do subgrupo B ou asimilado

* Prazas do subgrupo C1 ou asimilado

* Prazas do subgrupo C2 ou asimilado

*Prazas de agrupacións profesionais sen requisito de titulación ou asimilado

20,00

15,00

10,00

10,00

5,00

3,00

EPÍGRAFE 3. SERVIZOS ECONÓMICOS

* Toma de razón de endosos ou cesións de crédito

* Devolución de avais

40,00

3% importe garantía. Mínimo 30,00 €

EPÍGRAFE 4. CONTRATACIÓN

* Bastanteo de poderes

* Formalización contratos administrativos. En procedementos negociados e abertos

30,00

0,5% precio adxudic

Mínimo 30,00

EPÍGRAFE 5. URBANISMO

* Tramitación expediente obra menor:

* Tramitación expediente obra maior:

* Tramitación expediente actividades suxeitas a incidencia ambiental:

* Tramitación expedientes actividades non suxeitas a incidencia ambiental:

* Transmisión de licenzas

* Primeira ocupación:.

* Tramitación de legalizacións

*Tramitación de segregacións, divisións, parcelacións, parcelacións urbanísticas, agrupacións, reorganizacións e declaracións municipais sobre innecesariedade de segregación

*Tramitación de expedientes de declaración de ruina

* Tramitación de expedientes de demolicións

* Informes urbanísticos

* Certificaciones urbanísticas:

* Outras non expresamente tarifadas: por toda aquela actividade municipal que se axuste ao feito impoñible e non aparezca especificada nos epígrafes desta tarifa, esixirase unha taxa mínima de

30,00

70,00

150,00

50,00

50,00

50 € por vivenda ou local

70,00

125,00

80,00

75,00

10,00

20,00

35,00

EPÍGRAFE 6. OUTROS

* Tramitación de expedientes de vado:

* Informes/atestados policía local:

* Celebración de vodas civís

* Tramitación de expedientes de tenencia de animais potencialmente perigosos:.

* Outros informes non tarifados:

10,00

20,00

50,00

20,00

12,00

2. A cota das tarifas corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou do expediente de que se trate, dende o seu inicio ata a súa resolución final, incluída a certificación e/ou a notificación ao interesado do acordo.

3. As cotas resultantes da aplicación das tarifas anteriores incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes motivo do devengo.

ARTIGO 7.-PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO.

1.Devéngase a tasa e nace a obriga de contribuir cando se presente a solicitude da tramitación do documento o expediente.

2 Nos expedientes que se inicien de oficio o devengo producese cando teñan lugar as circunstancias que motiven a actuación municipal .

3. A obriga de contribuir, unha vez xurdida, non se verá afectada en modo algún pola renuncia ou desestimento do solicitante nin pola terminación do expediente en resolución desfavorable ou denegatoria.

ARTIGO 8.-NORMAS DE XESTIÓN.

1. As taxas reguladas na presente ordenanza esixiranse en réxime de autoliquidación, cando medie solicitude do interesado, e no suposto de que se inicie o expediente de oficio, por liquidación practicada pola administración municipal.

2. No primeiro dos supostos, os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación nos impresos habilitados ao efecto pola administración municipal e realizar o ingreso na entidade bancaria autorizada, o que se deberá acreditar no momento de presentar a correspondente solicitude. Non se tramitará o expediente se non queda acreditado o pago íntegro da taxa.

3. Cando os servicios municipais comproben que se realizou unha construcción ou obra, ou se está exercitando calquera actividade sen ter tramitado o oportuno expediente de ser necesario, considerarase o acto de comprobación como a iniciación do expediente, con obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida sen perxuicio da imposición da sancións que correspondan.

4. O pago da autoliquidación, presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada pola Administración municipal terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda, se esta fora necesaria.

ARTIGO 9.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

Para todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICIÓN DEROGATORIA.

A partir da entrada en vigor desta ordenanza quedan derogadas as disposicións de igual ou menor rango que se opongan a esta ordenanza, e en especial as seguintes:

- A anterior ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos,

- A ordenanza reguladora da taxa por apertura de establecementos.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza fiscal, aprobada inicialmente polo Pleno do Concello na Sesión celebrada o día 25 de outubro de 2011, entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a sua modificación ou derogación expresa.