Aranga - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TASA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ABASTECIMENTO DE AUGA POTABLE
Artigo 1.- Fundamento e Natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 y 142 da Constitución , polo artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de abril , reguladora das bases do réxime local , e os artigos 15 a 19 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este concello de Aranga acorda a imposición e ordenación da tasa pola prestación do servizo de abastecimento de auga potable que se rexirá pola presente ordenanza fiscal .
Artigo 2.- Feito Impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta tasa, a prestación do servizo de abastecimento de auga potable.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas ou locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servizo , xa sexa a título de propietario, usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.
2. Terán a condición de suxeitos pasivos , substitutos do contribuínte , os propietarios das vivendas ou locais, que poderán repercutir as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servizo.
Artigo 4.- Responsables.
1.Responderán solidariamente das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.2 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.Serán responsables subsidiarios os administradores de sociedades, ou sindicos, interventores o liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades en xerall, nos supostos e cos alcances que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.- Cuota tributaria.
A presente tasa determina a súa cuota incluíndo a cuota de consumo, a cuota de alta e a cuota de conexión.
Cuota de consumo: establecese unha cuota mínima de consumo de 90 m3 por trimestre e aboado, excepto as explotacións agropecuarias nas que a cuota mínima de consumo fíxase en 140 m3 trimestrales. Do que resultan os seguintes tramos de consumo:
1. Tramo de consumo : ata 90 m3/ trimestre, excepto as explotacións agropecuarias nas que se establede un tramo de consumo de 140 m3/trimestre:
- Vivendas( uso doméstico) : aboarán unha cuota de consumo de 32,40 € ao trimestre.
- Resto de locais ou usos : 36 € ao trimestre.
2. Tramo de consumo que excede de 90 m3/ trimeste ou 140 m3/trimestre nos casos das explotacións agropecuarias:
-Vivendas( uso doméstico) : 0,5 € por m3.
- Resto de locais( outros usos) : 0,6 € m3.
A estas cuotas de consumo engadiráselles o IVE correspondente.
3. Cuota de alta : 100,00 € para vivendas e 130,00 € para o resto dos locais, que se aboarán ao darse de alta no servizo.
4. Cuota de enganche: que inclúe a acometida: collarín de toma, válvula de calle, arquetilla, pezas de conexión, contador de 15 mm, caixa de aloxamento de contador e tubería de diametro de 1".
Esta cuota aboaráse, segundo o tramo de lonxitude: 400,00 € ata os 10 m.
500,00 € ata os 20 m.
600,00 € ata os 30 m.
A estas cuotas de enganche engadiráselles o IVE correspondente.
A partir dos 30 m de lonxitude, ou diámetros da tubería maiores dunha 1" , faráse un estudo específico e comunicaráse o orzamento previsto ao peticionario para a súa aceptación e abono.
Artigo 6.- Bonificacións e sancións.
Non se aplicarán bonificacións, exencións nin reduccións para a determinación da débeda. Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
Artigo 7.- Devengo.
A tasa devengaráse cando se firme o contrato que inicie a prestación do servizo pertinente, que non se realizará sen que previamente se efecturara o pago das tasas de alta municipais correspondentes e os importes das facturas de conexión á rede.
Artigo 8.- Liquidación e recaudación
1. As tarifas liquidaranse trimestralmente .
2. O periodo voluntario de cobranza será de dous meses, a contar dende o día en que se poñan ao cobro os recibos, efectuándose o pago polo obrigado.
3. A deuda poderá exisirse polo procedemento administrativo de apremio, segundo o establecido no regulamento xeral de recaudación.
4. Os pagos efectuaránse obrigatoriamente mediante domiciliación bancaria.
Artigo 9.- Infraccións e sancións.
Nesta materia estaráse ao establecido nos artigos 77 e seguintes da lei xeral tributaria e nas disposicións concordantes, así como na normativa de desenvolvemento .
Artigo 10.- Normas de xestión.
As persoas ou entidades interesadas na prestación do servizo de subministro de auga potable que se citan no artigo segundo desta ordenanza, deberán presentar solicitude por escrito, na que se detalle o lugar para o que se solicita e demais requisitos que exisa o concello.
Unha vez autorizada a prestación do servizo entenderáse prorrogado mentras non se presente a declaración de baixa do interesado.
Cando remate a necesidade do servizo por cambio de propietario ou declaración de ruína do inmoble, os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no padrón da tasa e surtirá efectos ao final do período da súa presentación.
DISPOSICION FINAL.-
A presente Ordenanza fiscal, unha vez publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor unha vez de conformidade co artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei reguladora das facendas locais e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2012, continuando vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.