Rianxo - ,Ordenanza fiscal núm. 21, reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións de recreo, situados en terreos de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica
Artigo 1.º .-Natureza e fundamento
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e os artigos 20 e 58 da Lei 39/88, do 28 de decembro, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.
Artigo 2.º .-Feito imponible
Constitúe o feito imponible da taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal polos conceptos que se sinalan no título da taxa.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, consonte algún dos supostos citados no feito imponible.
Artigo 4.º .-Responsables
- Serán responsables solidarias das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria
Zona a: 1,98 euros m/día.
Zona b: 1,96 euros m/dia.
Zona c: 1,95 euros m/día
Zona d: 1,93 euros m/día.
Para tal efecto determínanse as seguintes zonas:
A. lnclúe o casco urbano de Rianxo.
B. lnclúe o casco urbano de Taragoña.
C. Inclúe o casco urbano de Asados.
D. Inclúe o resto dos núcleos do municipio.
1.- A presente modificación da Ordenanza foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión celebrada o 27 de outubro de 2011.
2.- O inicio de aplicación desta modificación é o 1 de xaneiro de 2012."
Artigo 6.º .-Beneficios fiscais
Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
Artigo 7.º .-Percepción
Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír:
- Nos servicios de retribución puntual, no momento de presenta-la solicitude de concesión ou autorización.
- Nos servicios de retribución periódica, percibirase a taxa o día primeiro de cada ano natural.
Artigo 8.º .-Liquidación
- Cando se trate de servicios puntuais, liquidarase e esixirase a taxa en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse o trámite do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento solicitado.
- Cando se trate de servicios de retribución periódica, liquidarase e esixirase a taxa nos períodos que se sinalen na tarifa da taxa ou na liquidación única anual.
- Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
Artigo 9.º .-Ingreso
O pagamento desta taxa realizarase:
- Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras que na notificación se sinalen. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.
- Nas liquidacións por recibo ou padrón, nas datas e entidades financeiras ou oficinas que se sinalen no edicto de exposición pública do padrón.
Artigo 10.º .-Infraccións e sancións
Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e normativa de desenvolvemento.
Artigo 11.º .-Normas de xestión
- As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realiza-los aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do término municipal. Antes da autorización ou concesión do aproveitamento, a persoa ou entidade interesada no aproveitamento aboará o importe da taxa en calidade de depósito previo.
- No caso de se denega-las autorizacións, os interesados poderán solicita-la devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.
- Unha vez autorizada ou concedida a licencia de aproveitamento entenderase prorrogada mentres non presente a declaración de baixa o interesado.
- Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesma, podendo, no seu caso, prorratearse por meses. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.