Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 24, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS.

Publicación provisional: 05/11/2007 BOP Nº: 255
Publicación definitiva: 21/12/2007 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 13/12/2011

Artigo 1º.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo.

Artigo 2º.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, dos documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.
2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.

Artigo 3º.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou no interese dos cales redunde a tramitación do documento de que se trate.

Artigo 5º.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. A cota de tarifa corresponde a tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
3. As cotas resultantes da aplicación das tarifas incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.

Artigo 7º.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento da presentación da solicitude de expedición de documentos e tramitación dos expedientes suxeitos ao tributo.

Artigo 9º.

En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como a imposición das sancións correspondentes en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 4º.

1. Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 6º.

A tarifa a que refírese o artigo anterior estrutúrase do xeito seguinte:

Epígrafe primeiro.-Certificacións e compulsas.

- Bastanteo de poderes que produzan efectos nas oficinas municipais: 10,70 euros.

Epígrafe segundo.-Documentos expedidos e estendidos polas oficinas municipais.

- Expedición de informes relativos a accidentes de circulación emitidos pola Policía Local:

a) Mínimo (ata tres follas): 54,00 euros.

b) Por cada folla a maiores: 3,25 euros.

Epígrafe terceiro.-Documentos relativos ao servizo urbanístico.

- Por cada certificación que se expida polos servizos urbanísticos, sobre características do terreo ou consulta para os efectos de edificación, etc., a instancia de parte, tanto de natureza rústica como urbana: 32,30 euros.

- Por cada autorización de segregacións ou parcelacións urbanísticas: 32,30 euros.

- Certificación de antigüidade de vivenda: 6,40 euros.

Epígrafe cuarto.-Pola tramitación de solicitudes para participar nos procesos de selección de persoal ó servizo desta Administración:

- Grupo A ou asimilado: 32,32 euros.

- Grupo B, C ou asimilados: 26,94 euros.

- Grupo D, E ou asimilado: 16,19 euros.

- No caso de Policía Local as contías anteriores incrementaranse en 32,32 euros.

Artigo 8º.

1. A taxa se esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento de cuño municipal estampado no escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, o nestes mesmos se aquel escrito non existise ou a solicitude non fose expresa.
Os responsables dos distintos servizos coidarán de non admitir nin cursar ningún documento gravado sen que cumprira previamente o requisito do pago.
2. Os escritos recibidos polos condutos a que fai referencia o artigo 38.4.c) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero no poderán dárselles curso sen que se emende a deficiencia, para o que se requirirá ao interesado co fin de que no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, arquivarase a solicitude sen máis trámite.
3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal a petición de Xulgados ou Tribunais para toda clase de preitos, cando sexan probas propostas a instancia de parte, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se aboara a correspondente cota tributaria.

I.- NATUREZA DA EXACCIÓN.

II.- FEITO IMPOÑIBLE

III.- SUXEITO PASIVO E RESPONSABLES

V.- COTA TRIBUTARIA E TARIFA

VI.- DEVENGO E FORMA DE PAGO

VII.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Disposición derradeira.

A presente Ordenanza, aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 29 de outubro de 2007, comezará a aplicarse o mesmo día da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.