Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 25, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENCIA POLA TENENCIA DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS, RENOVACIÓN, INSCRICIÓNS REXISTRAIS E AS SÚAS MODIFICACIÓNS E CANCELACIÓNS.

Publicación provisional: 02/09/2002 BOP Nº: 201
Publicación definitiva: 18/08/2003 BOP Nº: 188
Aplicable dende: 13/12/2011

Artigo 1º. Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 20.4 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido de Lei Reguladora das Facendas Locais, establece establécese a Taxa por prestación de servizos especiais de expedición de licencia pola tenencia de animais perigosos, as súas renovacións, inscricións rexistrais e as súas modificacións e cancelacións de animais de compañía, que se rexerá por esta ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó previsto no artigo 57 do devandito Real Decreto Lexislativo 2/2004, e pola Ordenanza municipal e reguladora da licencia pola tenencia de animais potencialmente perigosos, do seu rexistro, da sección local do rexistro de animais de compañía e das taxas pola prestación de tales servizos.

Artigo 2º .-Feito impoñible.

O feito impoñible da Taxa é a actividade municipal conducente á verificación do cumprimento das condicións reguladas nesta Ordenanza para a concesión da licencia indicada, a actividade de control que se efectuará nas renovacións que da mesma deban verificarse, a tramitación, control e custodia que de ela se establece e aqueles outros servizos que se recollen nas Tarifas de esta Ordenanza.

Artigo 3º .-Suxeito Pasivo.

1.-Son suxeitos pasivos da Taxa os propietarios de animais que soliciten a inscrición no rexistro municipal e que están obrigados a súa renovación.
2.-En particular serán suxeitos pasivos os titulares dos establecementos ou asociacións que alberguen animais potencialmente perigosos e se dediquen a súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollidas, residencias, centros recreativos e establecementos de venda.

Artigo 4º.- Responsables.

1- Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2- Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5º .-Devengo.

1.-O devengo da taxa producirase coa solicitude de calquera dos actos ós que se refire o feito impoñible.
2.-A non concesión da licencia, cando non sexa debido a incumprimentos formais do suxeito pasivo, dará lugar á devolución das cantidades autoliquidadas.

Artigo 6º .-Tarifas.

1.-Licenza de cans potencialmente perigosos: 31,59 euros.

2.-Ficha identificativa individual: 7,21euros.

3.-Renovación de licenzas 28,48 euros.

4.-Inscrición no Rexistro A.P.P.: 11,35 euros.

5.-Inscrición no censo de animais de compañía: 9,28 euros.

6.-Modificacións rexistrais: 6,69 euros.

7.-Cancelación rexistral: 8,24 euros.

8.-Os actos ós que se refiren os epígrafes 1, 3, 4 e 7, cando se soliciten polos suxeitos pasivos a que se refire o número 2 do artigo 3, terán un recargo do 30 por cento.

Artigo 7º .-Ingreso da taxa.

O ingreso da Taxa efectuarase en réxime de autoliquidación e con carácter previo ó acto que o motiva.

Artigo 8º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos, 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Disposición final.

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno Corporativo en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, continuando en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.