Ames - Ordenanza reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos
Artigo 1.º - Fundamento
De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislatico 2/2004, de 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación este Concello establece o prezo público pola prestación de servizos culturais e deportivos polo Concello de Ames.
Artigo 2.º - Concepto
O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais e deportivos prestados polo Concello de Ames.
Artigo 3.º - Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie dos servizos deportivos e culturais municipais prestados polo Concello e especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.
Artigo 4.º - Tarifas
1.- O prezo público que se debe pagar ao Concello polos servizos deportivos e culturais municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:
4.1. Escolas deportivas
¿Curso completo
|
PROPOSTA DE TARIFA |
MENORES DE 18 ANOS |
2º MEMBRO MENOR DE 18 ANOS |
3º E RESTANTES MEMBROS MENORES DE 18 ANOS |
MAIORES DE 18 ANOS |
|
UNHA ESCOLA DEPORTIVA |
32 |
16 |
8 |
48 |
|
DÚAS ESCOLAS DEPORTIVAS |
48 |
24 |
12 |
72 |
¿Tarifa mensual, a efectos de prorrateo da cota en caso de altas ou baixas unha vez comezada a actividade.
|
PROPOSTA DE TARIFA POR MES: DEVOLUCIÓNS E PRORRATEO |
MENORES DE 18 ANOS |
2º MEMBRO MENOR DE 18 ANOS |
3º E RESTANTES MEMBROS MENORES DE 18 ANOS |
MAIORES DE 18 ANOS |
|
UNHA ESCOLA DEPORTIVA |
4 |
2 |
1 |
6 |
|
DÚAS ESCOLAS DEPORTIVAS |
6 |
3 |
1,5 |
9 |
¿A fin de favorecer unha maior participación nas escolas deportivas, cada persoa só poderá matricularse nun máximo de dúas escolas.
¿4.2. Importes dos prezos públicos a abonar polos/as usuarios/as dos obradoiros culturais municipais.
|
MENORES DE 18 ANOS |
2º MEMBRO MENOR DE 18 ANOS |
3º E RESTANTES MEMBROS MENORES DE 18 ANOS |
MAIORES DE 18 ANOS |
|
40,00 € |
20,00 € |
10,00 € |
50,00 € |
¿Curso completo
|
PROPOSTA DE TARIFA MENSUAL: DEVOLUCIÓNS E PRORRATEO |
MENORES DE 18 ANOS |
2º MEMBRO MENOR DE 18 ANOS |
3º E RESTANTES MEMBROS MENORES DE 18 ANOS |
|
OBRADOIROS |
4,00 € |
2,00 € |
1,00 € |
¿Tarifa mensual, a efectos de prorrateo da cota en caso de altas ou baixas unha vez comezada a actividade.
4.3. Viaxes organizados polo Concello, campamentos fóra do termo municipal:
O prezo será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o custo total da actividade, segundo o estudo de custos presentado polo Departamento correspondente (Cultura, Medio Ambiente, Mocidade, Servizos Sociais) na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
Con independencia do anterior, considéranse razóns sociais que lexitiman a aplicación dun desconto nas tarifas correspondentes, sempre que exista consignación orzamentaria para cubrir a diferencia, as seguintes:
- O segundo membro da unidade familiar menor de 18 anos pagará o 50 por cento do primeiro.
- O terceiro e restantes membros da unidade familiar menores de 18 anos pagarán o 25 por cento do primeiro
4.4. Campamentos urbanos e similares
a) Cando a duración sexa inferior a 20 horas: 0,30 euros/hora.
Cando a duración sexa superior a 20 horas: 0,20 euros/hora.
4.5. Entrada a espectáculos, obras de teatro, actuacións musicais e similares nos centros socio culturais, organizados polo Concello:
a) Cando o solicitante sexa maior de 18 anos: 2 euros.
b) Cando o solicitante sexa menor de 18 anos: 1 euros.
4.6. Impartición de cursos de natación na piscina descuberta de Bertamiráns e Milladoiro, nos meses de xullo e agosto.
¿Cota: 20,00 euros por curso.
¿O segundo membro da unidade familiar menor de 18 anos pagará o 50 por cento do primeiro.
¿O terceiro e restantes membros da unidade familiar menores de 18 anos pagarán o 25 por cento do primeiro.
Artigo 5.º - Normas de xestión
1. A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Sen embargo, o concello, de conformidade ca habilitación prevista no artigo 46 do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, esixirá o depósito previo do seu importe total.
2. O ingreso do prezo público se fará en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.
3. Cando por causas non imputables ao obrigado ao pagamento do prezo, non se preste o servicio, procederá a devolución do importe correspondente.
4. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia no caso dos particulares ós empadroados no Concello de Ames e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no Concello.
5. Nos seguintes casos o órgano municipal competente poderá acordar a exención total das tarifas expostas:
° Casos de emerxencia social declarados polo Concello, ao abeiro do disposto no Regulamento de emerxencia social.
° Integrantes de unidades familiares que, sen estar en situación de emerxencia social, no lugar do certificado de entidade bancaria do saldo medio, acheguen coa declaración xurada do artigo 11.5.2 b) da OFX, un informe social no que se acredite (de forma conxunta e non illada) que se trata de familias con menores con problemas de integración social, familias en risco de desestructuración familiar, pendentes de iniciar ou tendo iniciado un expediente de protección de menores, ou casos de intervención socio familiar, e non acrediten ser titulares doutros bens que pola súa valoración ou recente adquisición evidencien signos de capacidade económica suficiente.
6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.
7. As cantidades aboadas soamente serán devoltas cando non se poda utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.
Artigo 6º .- Delegación na Xunta de Goberno Local.
No suposto de que o servizo ou actividade cultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.
Disposición derrogatoria
Coa entrada en vigor da presente ordenanza fiscal queda derrogada a anterior ordenanza reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos prestados polo Concello de Ames.
Disposición derradeira
A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres no se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.