Vilasantar - Ordenanza fiscal nº 4, Reguladora da Taxa por Expedición de documentos administrativos.

Publicación provisional: 14/12/2011 BOP Nº: 236
Publicación definitiva: 12/03/2012 BOP Nº: 49
Aplicable dende: 13/03/2012

Artigo 1º.- Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988 de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por Expedición de documentos administrativos que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, na que as normas atende ao previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2º.- Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.

2. A estes efectos entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra Taxa Municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.

Artigo 3º.- Suxeito Pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 de Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou no que o interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4º.- Responsables.

Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebra, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Exencións subxectivas.

Gozarán de exención aqueles contribuíntes en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

1. Ter sido declarados pobres por precepto legal.

2. Estar inscritos no Padrón da Beneficencia como pobres de solemnidade.

3. Ter obtido o beneficio xudicial de pobreza aos expedientes que deben xurdir efecto precisamente no procedemento xudicial no que foran declarados pobres.

Artigo 6º.- Cota tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar de acordo coa Tarifa que contén o artigo seguinte.

2. A cota de Tarifa corresponde a tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación  ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaido.

3. As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50 por 100 cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motiven o devengo.

Artigo 7º.- Tarifa

CONCEPTOS EUROS

Epígrafe Primeiro: Certificacións, Compulsas e Fotocopias

1.-Certificación de documentos ou Acordos Municipais

Sobre datos relativos a expedientes con 3 ou menos anos de antigüidade 5,00 euros

Sobre datos relativos a expedientes con 3 ou máis anos de antigüidade 10,00 euros

2.-Certificación de nomenclatura e numeración de terreos urbanos enclavados no termo municipal 5,00 euros

3.-Certificacións de empadroamento nun Censo de Poboación anterior ao vixente 5,00 euros

4.-As demais Certificacións 5,00 euros

5.-A dilixencia de cotexo de documentos 5,00 euros

6.-Polo bastanteo de poderes que deban de surtir efectos nas oficinas municipais 15,00 euros

7.- Certificacións que requiran un informe técnico 30,00 euros

8.- Por cada fotocopia , por folio 0,10 euros

Epígrafe Segundo: Documentos Relativos a Servizos de Organismos.

1.- Por cada expediente de declaración de ruína de edificios 300,00 euros

2.-Por cada certificación ou informe en materia de urbanismo ou medio ambiente, non incluída noutros epígrafes. 30,00 euros

3.-Por cada informe que se expida sobre características do terreo ou consulta a efectos de edificación a instancia de parte 30,00 euros

4.-Por certificado de primeira ocupación 60,00 euros

5.- Por expedición da licenza de segregación ou parcelación (por parcela resultante) 60,00 euros

6.- Cambios de uso dos edificios e instalacións en xeral 35,00 euros

7.- Certificación de prescrición ou infracción urbanística 350,00 euros

8.- Certificación de antigüidade de vivenda 350,00 euros

9.- Informe de datos catastrais 30,00 euros.

10.- Declaración de incursión dunha edificación ou construción na situación legal de fóra de ordenación 350,00 euros

Epígrafe Terceiro: outros Expedientes ou Documentos.

Por calquera outro expediente ou documento non relacionado anteriormente,se asimilará un de eles e pagará a súa mesma cota,

Se a asimilación non fose posible 5,00 euros

Artigo 8º.- Bonificacións da cota.

Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na Tarifa desta Taxa.

Artigo 9º.- Devengo.

1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.

2. Nos casos a que se refire o número 2.º do artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10º.- Declaración e ingreso.

1. A Taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal adherido ao escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira, ou a solicitude non fora expresa.

2. Os escritos recibidos polos condutos ó que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non se poderá dar curso, sen que se subsane a deficiencia, para o que se requirirá ao interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de preitos, non se entregarán nin remitirán  sen que previamente fora satisfeita a correspondente cota tributaria.

Artigo 11º.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición Final

A presente Ordenanza fiscal unha vez aprobada polo Pleno da Corporación, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Coa súa entrada en vigor queda derrogada a anterior Ordenanza que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión de data 20 de setembro de 1989.