Ordes - PREZO PÚBLICO POLA REALIZACION DE ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR
1.- Concepto.
A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola realización de actividades que durante os períodos de vacacións escolares permitan aos pais a conciliación da vida laboral e familiar.
2.- Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza os/as solicitantes ou beneficiarios da prestación do servizo.
3.- Contía.
O importe dos prezos públicos será de:
· Semana santa: 17,00 €.
· Verán: 31,00 € por quenda.
Comprenderá os meses de xullo e agosto divididos en catro quendas:
- do 1 ao 15 de xullo.
- do 16 ao 31 de xullo.
- do 1 ao 15 de agosto.
- do 16 ao 31 de agosto.
· Nadal: 31,00 €.
Non se consideran lectivos os sábados e domingos nin os días festivos.
4.- Normas de xestión.
A obriga de pagamento do prezo público nace no momento no que se inicie a prestación do servizo, debendo achegar no momento de formalizala inscrición o xustificante do ingreso sen o cal non poderá tramitarse a solicitude correspondente. Non poderán ratearse os importes por períodos inferiores aos establecidos no artigo anterior.
En todo o que non estea aquí previsto acudirase a ordenanza xeral de prezos públicos do Concello de Ordes.