Paderne - PREZO PÚBLICO POR ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS, XUVENÍS E SOCIOEDUCATIVAS

Publicación provisional: 11/11/2011 BOP Nº: 215
Publicación definitiva: 30/12/2011 BOP Nº: 248
Aplicable dende: 01/01/2012

ARTIGO 1.º.- FUNDAMENTO E RÉXIME.

Este Concello, conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,e dacordo co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo,regulador das facendas locais, este Concello establece o prezo público por actividades culturais e deportivas municipais regulado polo presente acordo.

ARTIGO 2.º.- CONCEPTO DOS PREZOS PÚBLICOS.

Os prezos públicos aquí regulados constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades culturais e deportivas municipais

ARTIGO 3.º.- OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie da prestación, por parte do Concello de Paderne, de actividades deportivas, culturais, xuvenís, extraescolares ou sociais, prestados polo Concello e especificados no artigo anterior.

ARTIGO 4.º.- TARIFAS

O prezo público que se debe pagar ó Concello polos servizos deportivos, culturais, xuvenís e socieducativas municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:

4.1 Actividades:

Actividades formativas: informática.

Actividades artesanais: cestería, manualidades e pintura.

Actividades deportivas: Aerobic, bailes de salón, pilates.

O prezo varia tendo en conta o número de actividades as que se asiste.

Prezo o mes

1º actividade

6.75€

2ª actividade

5.50€

3ªactividade

4.25 €

4ª actividade

3€

5ª actividade

3€

6ª actividade

3€

O pago farase en dúas cotas, e da seguinte maneira:

Dúas cotas de

Prezo total do cursos

Unha actividade

27€

54€

Dúas actividades

49€

98€

Tres actividades

66€

132€

Catro actividades

78€

156€

Cinco actividades

90€

180€

Seis actividades

102€

204€

4.2 Outros cursos e obradoiros organizados polo concello.

O prezo da matrícula cubrirá o 100% do coste total do curso ou actividade, segundo o estudio do costes presentado polo Departamento de Cultura na súa proposta, correspondendo o órgano competente a aprobación individualizada de cada prezo a vista da proposta presentada.Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditas mediante informe técnico dos Servizos correspondentes, o órgano competente poderá fixar o prezo que non cubra o coste do mesmo, sempre que nos presupostos exista consignación presupostaría para a cobertura da diferenza existente.

4.3 Viaxes e excursións organizadas polo Concello.

O prezo será fixado polo órgano competente da maneira que, polo número de solicitudes, se cubra o coste total do mismo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditas mediante informe técnico dos Servizos correspondentes, o órgano competente poderá fixar o prezo que non cubra o coste do mesmo, sempre que nos presupostos exista consignación presupostaría para a cobertura da diferenza existente.

ARTIGO 5.º.- NORMAS DE XESTIÓN.

1. A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Nembargante, poderase esixir o depósito previo do seu importe.

2. A estes efectos, deberase practicar polo obrigado ó pago correspondente,ingresándose o importe do prezo público nas entidades bancarias colaboradoras deste concello, en dous prazos en xaneiro e en outubro.

3. O ingreso do prezo público se fará en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.

Do 1 ao 15 de xaneiro para a primeira cuota de pago.

Do 1 ao 15 de maio para a segunda cuota de pago.

4. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, non se preste o servizo, procederá a devolución do importe correspondente.

5. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia, no caso dos particulares, ós empadroados no Concello de Paderne e, no caso de entidades, ás que teñan a súa sede social no Concello.

6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremo.

7. Unha vez prestado o servizo, polo responsable da dependencia correspondente, darase conta do cumprimento, duración e contido deste.

Nun prazo de quince días dende a prestación do servizo, remitirase ós servizos económicos municipais o importe resultante da devandita prestación, xunto coa conta xustificativa correspondente (cotas, entradas, relación de matrículas....).

ARTIGO 6º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

A calificación das infraccións tributarias e as correspondentes sancións rexiranse polo establecido nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 7º.- DELEGACIÓN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.

No suposto de que o servizo ou actividade cultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servizo técnico correspondente co previo informe técnico e/ou económico pertinente.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

O presente acordo regulador derogará calqueira precepto doutra ordenanza ou acordo que se opoña á mesma.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

Esta Ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2012.