Carral - ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE VÍA PÚBLICA CON POSTOS PARA AS FEIRAS NO CONCELLO DE CARRAL

Publicación provisional: 12/04/2012 BOP Nº: 69
Publicación definitiva: 22/06/2012 BOP Nº: 118
Aplicable dende: 22/06/2012

ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME.

Este Concello, conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba ou Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a taxa pola ocupación da vía pública con postos para as feiras a celebrar no Concello de Carral.

ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a ocupación da vía pública con postos con mnotivo da celebración das feiras no Concello de Carral.

ARTIGO 3º.- SUXEITOS PASIVOS.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así coma as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, que se beneficien da ocupación.

ARTIGO 4º.- RESPONSABLES.

En materia de responsabilidade aplicaranse os artigos 42 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5º.- BASE IMPOÑIBLE.

Tomarase como base para determinar a cota tributaria da presente taxa, a superficie de ocupación total tanto do posto como dos anexos ao mesmo, incluíndo vehículos e o armazón do mesmo, expresada en metros cadrados.

ARTIGO 6º. COTA DE GRAVAME.

A cota tributaria consistirá na cantidade resultante de aplicar a tarifa de 9 euros por metro cadrado ocupado e ano (0,25 euros por metro cadrado e día), de acordo cos conceptos e importes nel establecidos.

ARTIGO 6º. - EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

Non se recoñece exención ou bonificación algunha, agás as expresamente previstas en normas con rango de Lei e as derivadas da aplicación de Tratados internacionais.

ARTIGO 7º.- PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO.

A taxa devengarase o primeiro día do período impositivo.

O período impositivo coincidirá, para os postos permanentes, co ano natural, salvo nos casos de alta ou cese de utilización nos que a cota prorratearase por trimestres naturais.

A cota tributaria terá que aboarse entre o 1 e o 10 de xaneiro de cada anualidade mediante domiciliación bancaria ou presentando nas dependencias municipais, durante este período, recibo xustificativo da realización do pago.

ARTIGO 8º.- NORMAS DE XESTIÓN E LIQUIDACIÓN.

O tributo liquidarase por cada aproveitamento solicitado e conforme ás zonas fixadas e ás condicións sinaladas na Ordenanza reguladora da venda ambulante do Concello de Carral.

Esta taxa esíxese en réxime de autoliquidación, debendo o suxeito pasivo, no momento de presentar a correspondente solicitude, acreditar o ingreso do importe total estimado da cota tributaria na Entidade Bancaria habilitada a tal efecto.

Cando por causas no imputables ao suxeito pasivo, a actividade administrativa que constitúe o feito impoñible da taxa non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe da cota correspondente.

Non se tramitará o expedente correspondente, se non se acredita a autoliquidación e o pagamento da presente taxa

ARTIGO 9º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

A calificación das infraccións tributarias e as correspondentes sancións rexiranse polo establecido nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e polo regulado no capítulo V da Ordenanza municipal reguladora de venda ambulante publicada no BOP nº 61, de 30 de marzo de 2011, na que se aproba definitivamente.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

Esta Ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial Provincial.