Pontes de García Rodríguez As - REGULAMENTO DAS ESCOLAS MUNICIPAIS CULTURAIS DO CONCELLO DAS PONTES

Publicación provisional: 02/08/2010 BOP Nº: 145
Publicación definitiva: 15/09/2010 BOP Nº: 177
Aplicable dende: 02/10/2010

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.

As Escolas Municipais Culturais do Concello das Pontes dependen da Concellería de cultura, e estás xestionadas polo Departamento de cultura.

Nas escolas municipais culturais se imparten ensinanzas de música e danza a nivel afeccionado para persoas de calquera idade, cuxa finalidade é a formación dos/as afeccionados/as, sen prexuízo daquelas persoas que polo seu especial talento ou vocación desexen ser profesionais.

Sendo preciso a existencia dun instrumento para regular a organización e funcionamento da escola, así como a participación dos seus miembros, preséntase este Regulamento de réxime interno, cuxa base legal é a seguinte:

A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no seu artigo 28, sinala que ¿os municipios poden realizar actividades complementarias das de outras Administracións públicas e, en particular, as relativas á educación, a cultura,....".

Nun senso similar, o artigo 86 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, sinala:

¿1. Para a xestión dos seus intereses e unha vez que se garanta a prestación dos servizos mínimos, o municipio tamén poderá exercer actividades complementarias das propias doutras Administracións Públicas e, en particular, as relativas a:

a. A educación.

b. A cultura, a xuventude e o deporte.

c. A promoción da muller (....)

2. Para a realización destas actividades, os municipios poderán exercer as potestades de execución que non estean atribuídas pola lexislación a outras Administracións Públicas, incluída, de ser o caso, a de ditar regulamentos internos de organización dos correspondentes servizos."

OBXECTIVOS

A Escola ten como obxectivos:

- Fomentar o coñecemento e apreciación da música e a danza, iniciando a nenos e maiores, na súa aprendizaxe.

- Ofrecer un ensino instrumental, orientado tanto á práctica individual como á práctica de conxunto.

- Incluír dentro da oferta cultural municipal a aprendizaxe de instrumentos de música tradicional e moderna e na danza a galega, clásica e moderna, como alternativas para o ocio e o tempo libre.

- Crear e potenciar unha oferta ampla e diversificada de educación musical sen límite de idade.

- Fomentar nos alumnos o interese pola participación en agrupacións vocais, instrumentais e de danza.

- Organizar actuacións públicas e participar en actividades musicais de carácter afeccionado.

- Contribuír a fomentar a música e a danza como aspectos culturais e de desenvolvemento persoal.

- Establecer a aprendizaxe da música e danza coma unha oferta de ocio e socialización da poboación.

- Orientar aqueles casos nos que o especial talento e vocación do alumno aconselle o seu acceso a un ensino de carácter profesional.

Artigo 1. Ámbito de aplicación.

1) O ámbito de aplicación do presente regulamento son as Escolas Municipais culturais do Concello das Pontes.

2) O ingreso na dita Escola supón a aceptación deste Regulamento de Réxime interno.

Artigo 2. Destinatarios do servizo.

1) Poderán ser destinatarias do servizo todas as persoas que estean empadroadas no Concello das Pontes con anterioridade ao prazo establecido para a presentación das solicitudes de matrícula.

Non obstante, as prazas non cubertas polo veciños das Pontes poderán ser ocupadas polas persoas

interesadas que presenten a súa solicitude no prazo que se estableza para a matriculación.

Artigo 3. Duración do curso

O curso escolar desenvolverase de outubro a xuño.

Artigo 4. Especialidades formativas

As Escolas Municipais Culturais ofrecen aos cidadáns unha formación básica nos seguintes ámbitos de actuación:

Música:

oFrauta e Gaita

oPandeireta

oAcordeón

oPercusión Tradicional

Danza:

oBaile Galego

oBaile Moderno

oDanza clásica

A idade mínima de ingreso así como o numero máximo e mínimo por grupo establecese na apertura de matrícula.

A oferta formativa poderá variar en función da demanda; no caso de non formarse grupo nalgunha das especialidades ofertadas, este quedará automaticamente anulado. En calquera caso os grupos nunca poderán ser inferiores a oito persoas.

Artigo 5. Solicitudes de ingreso

a) Alumnos matriculados no curso anterior

a.1) O alumnado matriculado no curso anterior, ten dereito á reserva de praza automaticamente para o curso seguinte, sempre que:

- Completase todo o curso anterior con asistencia habitual ás clases

- Non teñan recibos pendentes

- Non se solicitara a baixa no curso anterior

a.2) Os alumnos deberán confirmar a reserva da praza coa presentación da matrícula no prazo establecido, realizando o ingreso da taxa correspondente.

a.3) Os alumnos que non renoven a matrícula no prazo establecido, se considerará que causan baixa coa perdida de todos os dereitos, quedando as prazas de resultas abertas a novos alumnos.

b) Alumnos de nova matriculación.

b.1) Oferta de prazas: só se ofertarán as prazas que non foran renovadas polo alumnado do curso anterior. A oferta de prazas vacantes para cada curso será debidamente publicitada no servizo de cultura.

b.2) Os alumnos solicitantes deberán cubrir o impreso de solicitude no modelo oficial e presentalo no lugar e prazo establecido para tal efecto.

Documentación complementaria.

1) Os alumnos admitidos nos apartados 5.a e 5.b deberán achegar, ademais da solicitude de matrícula a seguinte documentación complementaria:

* Unha fotografía tamaño carné.

* Resgardo do ingreso das taxas vixentes.

Con excepción, calquera outra documentación que se considere de interese para o mellor desenvolvemento da Escola.

2) A non presentación da documentación en prazo entenderase como renuncia á praza.

Artigo 6. Baremo de admisión

A admisión levarase a cabo segundo as regras seguintes:

1- No caso de maior demanda que prazas existentes, terán, en calquera caso, prioridade os veciños do Concello das Pontes sobre os doutros Concellos.

2- A efectos de selección dos alumnos terán prioridade as persoas que estean matriculadas na escola sobre as de novo ingreso.

3- A selección das solicitudes restantes efectuarase tendo a orde de solicitude.

4- Para as solicitudes que non poidan ser atendidas por falla de prazas ou por presentación da solicitude fora de prazo, elaborarase unha lista de reserva, á cal recorrerase para cubrir as baixas que poidan producirse, así como para ocupar as prazas que, téndose reservado aos alumnos do curso anterior, non se cubriran. As prazas que non se teñan cuberto chegado o mes de decembro quedarán vacantes salvo que o solicitante, previo conforme do profesor, teña o nivel do grupo no que se ofrece a praza.

5- Aos efectos do sinalado no parágrafo anterior a lista de reserva terá en conta as circunstancias sinaladas anteriormente (Pto. 3)

Artigo 7. Formación dos grupos e horarios

O profesorado da escola xunto co persoal do Depto. De cultura asignará o horario e nivel de cada alumno para o curso seguinte. As solicitudes para cambio de horario ou grupo, realizaranse directamente nas oficinas do Depto. de cultura. Unha vez concluída a a matrícula do alumnado, si este se dera de baixa, a vacante cubririase a través das listas de espera ata finais do 1º trimestre.

Artigo 8. Taxas

Todos os alumnos deberán pagar as taxas, que se contemplan na ordenanza fiscal ordenanza fiscal nº 11, taxa pola prestación de servizos nas instalacións deportivas, socioculturais e de lecer . O pago farase no prazo establecido para curso.

Artigo 9. Recursos materiais

1. A Escola dispón do mobiliario e instalacións axeitados ás ensinanzas que se imparten. O profesorado e o alumnado deberá, en todo momento facer bo uso tanto das instalacións como do mobiliario e material da Escola. A neglixencia no uso, ou deterioro mal intencionado dos mesmos poderá derivar nas responsabilidades correspondentes.

2. O alumnado poderá facer uso das instalacións da Escola, fora do horario lectivo de clases, para practicar nas mesmas e sempre que posúa un permiso de utilización do servizo de cultura, por escrito, previo informe favorable do profesor titor (tamén por escrito).

Artigo 10. Profesorado.

1. O profesorado da Escola deberá acreditar coñecementos suficientes.

2. Os profesores teñen garantida a liberdade de cátedra, e o seu exercicio orientarase á realización de fins educativos.

3. O profesorado terá a responsabilidade e autoridade da formación dos grupos para cada especialidade.

4. Son deberes do profesorado, entre outras, as seguintes:

a. Colaborar coa Escola no mantemento da convivencia académica.

b. Colaborar en actividades complementarias e extra escolares.

c. Recuperar, sen alterar o normal funcionamento do centro, aquelas clases que fora necesario cambiar por motivos persoais do profesor. Non é obrigación do profesor recuperar as clases que coincidan en días festivos.

d. Controlar a asistencia dos alumnos

e. Informar das baixas dos alumnos ao persoal de cultura.

Artigo 11. Alumnado

- Aproveitar positivamente o posto na escola que o Concello pon á súa disposición. Por isto, o interese por aprender e a asistencia a clase,

1) Asistir a clase

2) Respectar rigorosamente os horarios

3) Seguir as orientacións do profesorado respecto do seu aprendizaxe e mostrarlle o debido respecto e consideración.

4) Avisar con antelación das ausencias que se poidan prever, especialmente se se trata de ensaios colectivos ou actividades de igual consideración.

5) Os alumnos menores de idade non poderán abandonar o centro durante as horas lectivas, salvo permiso expreso, sendo os pais, ou persoa en quen deleguen, os responsables de traelos con puntualidade ás clases e de recollelos, xa que a escola non se responsabiliza dos alumnos fóra dos horarios lectivos.

6) Os alumnos que se comprometan a participar nas actividades complementarias da Escola deberán asistir a todos os ensaios e ás actuacións correspondentes.

7) Coidar e empregar correctamente os bens, mobles, instrumentos, vestiario e as instalacións do centro, e respectar as pertenzas dos outros membros da comunidade educativa.

8) Observar as indispensables normas de aseo e hixiene.

9.Manter a orde e o silencio necesario durante as entradas, saídas e permanencia na Escola.

10.O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, deberá aportar unha valoración técnica que acredite a súa capacidade para levar a cabo o ritmo das clases cos recursos humanos e de infraestruturas dos que se dispón para a realización das clases; podéndose requirir tamén unha certificación médica.

Artigo 12.-Actividades

Se levarán a cabo actividades complementarias, actuacións e concertos, como medio pedagóxico e de proxección externa do traballo da Escola.

Artigo 13: Baixas

Será motivo de baixa a falta inxustificada do 25% das clases ao trimestre. Se consideran faltas xustificadas as faltas por motivo de enfermidade ou traballo.

Poderán ser motivo de baixa as condutas gravemente prexudiciais para a convivencia do centro: actos de indisciplina, inxuria u ofensa graves contra calquera persoa que forme parte da escola,

Artigo 14. Estrutura organizativa da escola

A unidade xestora e das Escolas Municipais é o departamento de cultura do Concello das Pontes.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira

Pola Administración municipal estableceranse cantas instrucións e normas de réxime interior resulten necesarias para a axeitada aplicación, interpretación e desenrolo deste Regulamento.

Segunda

No non previsto neste Regulamento estarase ao establecido nas disposicións de carácter xeral no que fose de aplicación. En particular, e coas particularidades derivadas do carácter da escola, estarase ao disposto no Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG nº 81, do 29 de abril).

Terceira

Este Regulamento foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria urxente, de data 16 de xullo de 2010, entrando en vigor logo de que se publique integramente o seu texto no BOP e transcorra o prazo de quince días a que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e permanecerá en vigor ate a súa modificación ou derrogación expresa".