Ordes - Prezo público por actividades culturais e deportivas
1. Concepto.
A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola prestación dos servizos das escolas deportivas, culturais e de lecer, así como as actividades extra escolares, de ocio e tempo libre realizadas polo Concello.
2. Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza os/as solicitantes ou beneficiarios da prestación do servizo. No caso de que os beneficiarios sexan menores de idade e /ou incapacitados/as, considerarase obrigado ao pagamento aos pais/nais ou titores/as.
3. Contía.
O importe dos prezos públicos será o seguinte por actividade e mes:
1.- Tarifa xeral:
- Actividades de 1 hora á semana: ............................................... 9,00 €/mes.
- Actividades de 2 horas á semana: .............................................18,00 €/mes.
- Actividades de máis de 2 horas a semana: - matrícula: ...............10,00 €.
- tarifa por hora: 1,50 €.
2.- Tarifa para usuarios de familia numerosa (adxuntarase o libro de familia) : 50% desconto.
Tarifa para usuarios maiores de 65 anos ou que acrediten unha minusvalía igual ou superior ao 33%:
- Actividades de 1 hora á semana: ...................................... 6,00 €/mes.
- Actividades de 2 horas á semana: .....................................12,00 €/mes.
- Actividades de máis de 2 horas á semana: - matrícula .........10,00 €.
-tarifa por hora 1,00 €.
3.- Tarifa reducida por situación económica do usuario:
- Actividades de 1 hora á semana: ..................................... 5,00 €/mes.
- Actividades de 2 horas á semana: ....................................10,00 €/mes.
- Actividades de máis de 2 horas a semana: - matrícula: .......10,00 €.
-tarifa por hora: 0,90 €.
Terán dereito a aplicación desta tarifa as persoas que cumpran as dúas condicións seguintes:
a. Renda per cápita da unidade de convivencia inferior ó 50% do IPREM.
b. Que a suma dos valores catastrais das fincas urbanas que pertenzan aos membros da unidade de convivencia, excluída a vivenda habitual, non exceda os 35.000,00 € e que a suma dos valores catastrais de fincas rústicas non exceda os 13.000,00 €.
A estes efectos entenderase por unidade de convivencia a totalidade dos membros que figuren inscritos no mesmo domicilio no padrón municipal. En calquera caso, de seren menor ou incapacitado/a o solicitante, deberá figurar empadroado/a no mesmo domicilio que algún dos seus pais/nais/titores legais.
A efectos de cómputo de ingresos tomaranse como tales o total de ingresos brutos percibidos por calquera concepto da unidade de convivencia.
As ditas tarifas non serán reducibles por período de tempo.
4. Normas de xestión.
No caso de actividades anuais: A obriga de pagamento do prezo público nace no momento no que se inicie a prestación do servizo, entendéndose por tal a solicitude de formalización da correspondente matrícula, debendo achegar a orde de domiciliación bancaria para o abono das cotas mensuais. O pagamento realizarase por meses anticipados dentro dos primeiros oito días de cada mes.
No caso de actividades de circuito: A obriga de pagamento do prezo público nace no momento no que se inicie a prestación do servizo, entendéndose por tal a solicitude de formalización da correspondente matrícula, procedendo ao abono de esta nos casos que corresponda, así como a tarifa do curso. Poderase solicitar o fraccionamento de dita tarifa (50%) no momento da solicitude. O pagamento realizarase por anticipado dentro dos primeiros oito días de cada mes.
No caso de baixa na actividade esta producirá efectos a partires do día 1 do mes natural seguinte á data de presentación da comunicación correspondente.
A falta de pagamento dunha mensualidade implicará a baixa automática na actividade correspondente, sen prexuízo de que dita débeda poda esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.
As persoas que pretendan beneficiarse da tarifa reducida por situación económica do usuario deberán adxuntar a documentación seguinte:
- Certificado de empadroamento e convivencia da unidade familiar, o cal incorporarase de oficio pola administración.
- Xustificación documental de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia, o cal acreditarase ben coa presentación das declaracións de IRPF correspondentes ao último exercicio cuxo prazo de presentación este rematado, ben mediante certificado de Facenda no que se faga constar os ingresos do mesmo. Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerza a patria potestade, de ser o caso, debendo achegarse os documentos xustificativos de tal situación.
- Autorización para a consulta dos datos tributarios de tódolos membros da unidade de convivencia.
- Polo Concello poderá solicitarse a emisión de informe dos servizos sociais en relación cos medios económicos e circunstancias familiares do/a solicitante.
As persoas que pretendan beneficiarse da tarifa reducida por ter unha minusvalía igual ou superior ao 33% deberán acreditar tal circunstancia mediante presentación do correspondente certificado emitido polo organismo competente.
En todo o que non estea aquí previsto acudirase a ordenanza xeral de prezos públicos do Concello de Ordes.