Ponteceso - ORDENANZA FISCAL NÚM. 19 REGULADORA DA TAXA POR UTILIZAR AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E/OU CULTURAIS MUNICIPAIS E POR PRESTAR SERVIZOS DEPORTIVOS, CULTURAIS E TURÍSTICOS

Publicación provisional: 09/08/2012 BOP Nº: 191
Publicación definitiva: 09/10/2012 BOP Nº: 193
Aplicable dende: 10/10/2012

Artigo 1. Fundamento e natureza.

Este Concello establece a taxa por utilizar as instalacións deportivas e/ou culturais municipais e por prestar servizos deportivos, culturais e turísticos que se rexerán por esta ordenanza, de acordo co previsto nos artigos 57 e 20, epígrafes 1 e 4.o) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (en diante TRLRFL), e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 do citado texto legal.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización das instalacións deportivas e/ou culturais municipais e a prestación de servizos deportivos, culturais e turísticos especificados nas tarifas contidas no artigo 5 desta ordenanza.

Artigo 3. Suxeito pasivo.

Serán suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que se beneficien da utilización, dos servizos ou das actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.

Artigo 4. Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, xeral tributaria, responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias nestas entidades.

3. Os administradores das persoas xurídicas que non fagan os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias daquelas responderán subsidiariamente das débedas seguintes:

a) cando se cometa unha infracción tributaria simple, do importe da sanción

b) cando se cometa unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible

c) nos supostos de cese da actividade da sociedade, do importe das obrigas tributarias pendentes na data do cese

4. A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e de acordo co procedemento previsto na Lei xeral tributaria.

Artigo 5. Cota tributaria.

A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:

Epígrafe 1. Utilización dos pavillóns polideportivos.

1.a. Aluguer para usar libremente os pavillóns polideportivos:

Empadroados/as: 10,00 €/hora.

Non empadroados/as: 15,00 €/hora.

1.b. Aluguer para adestramentos de clubs ou entidades de equipos federados:

Rexistrados no Concello: 3,00 €/hora.

Non rexistrados no Concello: 5,00 €/hora.

1.c. Aluguer para a competición federada de clubs ou entidades:

Rexistrados no Concello: sen cobrar a entrada: 3,00 €/hora.

Cobrando a entrada: 5,00 €/hora.

Non rexistrados no Concello: sen cobrar a entrada: 5,00 €/hora.

cobrando a entrada: 8,00 €/hora.

*O aluguer mensual terá unha bonificación do 20% sobre as taxas anteriores.

1.d. Uso puntual das duchas pola actividade non realizada na instalación:

Persoas, colectivos ou entidades empadroadas ou rexistradas no Concello:

Grupos de menos de 10 persoas: 15,00 €/día.

Grupos de 10 a 19 persoas: 30,00 €/día.

Grupos de 20 a 29 persoas: 50,00 €/día.

Grupos de 30a 49 persoas: 75,00 €/día.

Grupos de 50 a 99 persoas: 125,00 €/día.

Grupos de 100 a 199 persoas: 250,00 €/día.

Grupos de máis de 200 persoas: 400,00 €/día.

Persoas, colectivos ou entidades non empadroadas ou non rexistradas no Concello: o dobre de cada categoría anterior.

1.e. Pasar a noite na instalación debido a actividade deportiva, cultural ou turística organizada por entidades ou colectivos:

Rexistrados no Concello:

Grupos de 10 ou menos persoas: 30,00 €/día.

Grupos de 10 a 19 persoas: 60,00 €/día.

Grupos de 20 a 29 persoas: 90,00 €/día.

Grupos de 30 a 49 persoas: 150,00 €/día.

Grupos de 50 a 99 persoas: 300,00 €/día.

Grupos de 100 a 199 persoas: 600,00 €/día.

Grupos de máis de 200 persoas: 900,00 €/día.

Non rexistrados no Concello: o dobre de cada categoría anterior.

1.f. Estancia puntual na instalación por entidades ou colectivos:

Rexistrados no Concello:

Grupos de 10 ou menos persoas: 10,00 €/día.

Grupos de 10 a 19 persoas: 20,00 €/día.

Grupos de 20 a 29 persoas: 30,00 €/día.

Grupos de 30 a 49 persoas: 50,00 €/día.

Grupos de 50 a 99 persoas: 100,00 €/día.

Grupos de 100 a 199 persoas: 200,00 €/día.

Grupos de máis de 200 persoas: 300,00 €/día.

Non rexistrados no Concello: o dobre das categorías anteriores

1.g. Maratóns deportivos organizados por entidades ou colectivos:

Rexistrados no Concello: 150,00 €/día.

Non rexistrados no Concello: 300,00 €/día.

1.h. Actos extraordinarios organizados por entidades ou colectivos, festivais ou espectáculos de carácter profesional:

Rexistrados no Concello:

Sen cobrar a entrada: 50,00 €/día.

Cobrando a entrada: 100,00 €/día.

Non rexistrados no Concello:

Sen cobrar a entrada: 100,00 €/día.

Cobrando a entrada: 400,00 €/día.

1.i. Publicidade estática nos pavillóns polideportivos: 50,00 €/ano por cada m2 de panel publicitario.

Epígrafe 2. Uso doutras instalacións culturais por entidades ou colectivos:

Rexistrados no Concello:

Sen ánimo de lucro: 5,00 €/hora.

Con ánimo de lucro 10,00 €/hora.

Non rexistrados no Concello: o dobre das categorías anteriores

Epígrafe 3. Escolas culturais e deportivas.

3.a. Inscrición nunha única escola cultural ou deportiva:

25,00 €/curso para os/as empadroados/as

35,00 €/curso para os/as non empadroados/as

3.b. Por cada inscrición adicional noutra escola:

10,00 €/curso para os/as empadroados/as

15,00 €/curso para os/as non empadroados/as

*20% de bonificación nos maiores de 70 anos e para segundos/as, terceiros/as¿ irmás/áns inscritos/as.

Epígrafe 4. Actividades para adultos/as.

4.a. Actividades dunha vez por semana:

Empadroados/as: 25,00 €/curso.

Non empadroados: 35,00 €/curso.

4.b. Actividade de dúas veces por semana:

Empadroados/as: 30,00 € no mes de outubro e 30,00 € no mes de febreiro

Non empadroados/as: 40,00 € no mes de outubro e 40,00 no mes de febreiro

4.c. Actividade de tres ou máis veces por semana:

Empadroados/as: 35,00 € no mes de outubro e 35,00 € no mes de febreiro

Non empadroados/as: 45,00 € no mes de outubro e 45,00 € no mes de febreiro

4.d. Cursos de formación:

Empadroados/as: de duración menor a 15 horas: 10,00 €/curso.

De duración de 15 a 40 horas: 20,00 €/curso

De duración de 41 a 60 horas: 30,00 €/curso

De duración maior a 60 horas: 40,00 €/curso

Non empadroados/as: o dobre

*O material necesario para os cursos será costeado polo usuario/a.

Epígrafe 5. Saídas con uso de autobús

Empadroados/as: pagarán o 1,5% do presuposto total do transporte pola viaxe de ida e volta

Non empadroados/as: pagarán o 2% do presuposto total do transporte pola viaxe de ida e volta.

Epígrafe 6. Outras actividades.

6.a. Con despacho de billetes (actuacións ou eventos en interior ou auditorio).

Espectáculo non profesional: 1,50 €/entrada.

Espectáculo profesional 3,00 € /entrada.

6.b. Para aqueles/as usuarios/as que non estean inscritos/as nalgunha actividade anual (paralela ao curso escolar), pois senón sería gratuíto, e realicen actividades que non estean reguladas anteriormente:

Empadroados/as: 1,00 €/día, cun máximo de 10,00 € por actividade.

Non empadroados/as: 2,00 €/día, cun máximo de 20,00 € por actividade.

* Aplicarase un 50% de desconto (non acumulable con outros) na tarifa total naqueles casos nos que se acredite que na unidade de convivencia familiar entran uns ingresos mensuais inferiores ao IPREM. Tal circunstancia será avaliada polos Servizos Sociais do Concello, previa a correspondente achega de documentación.

Non obstante o disposto no presente artigo e previa resolución da Alcaldía, o importe da taxa por utilizar as instalacións deportivas e/ou culturais municipais e por prestar servizos deportivos, culturais e turísticos será 0,00 € nos seguintes supostos:

1. Actos ou eventos que organice ou promova o Concello de Ponteceso.

2. As actividades das comunidades escolares dos centros docentes do Concello para actos propios da súa finalidade educativa.

3. Para celebrar campionatos escolares onde participen rapaces/zas escolarizados/as no Concello.

4. As competicións deportivas federadas, de base e do deporte en idade escolar.

Artigo 6. Devengo e período impositivo.

A taxa devengarase no momento no que se conceda a autorización de uso das instalacións deportivas ou no momento no que se preste o servizo correspondente.

Artigo 7. Normas de xestión e ingreso.

1. A obriga de pagamento da taxa nace dende que se inicie a utilización privativa das instalacións deportivas e/ou dende que se inicia a prestación das actividades deportivas, culturais e/ou turísticas. Se ben o Concello poderá esixir o depósito previo no momento de autorizar o uso das instalacións e/ou no momento da inscrición nas actividades deportivas, culturais e/ou turísticas.

2. Solicitarase por escrito a correspondente autorización, no caso da utilización das instalacións deportivas municipais. Coa solicitude haberá que achegar o volante de empadroamento e resolveraa o alcalde. Na resolución da solicitude de autorización de uso das instalacións deportivas municipais seguirase a orde que determine o Rexistro Xeral do Concello de Ponteceso.

3. As cantidades esixibles de conformidade coas tarifas autoliquidaranas os suxeitos pasivos. O ingreso realizarase en calquera das entidades bancarias colaboradoras.

4. O suxeito pasivo da taxa deberá reintegrar o custo total dos gastos de reconstrución e reparación e o depósito previo do seu importe, cando a utilización privativa das instalacións deportivas leve aparellada a destrución ou o seu deterioro.

O Concello será indemnizado na contía igual ao valor dos bens destruídos ou ao importe do deterioro dos danados, se os danos foran irreparables.

5. Procederá a devolución do importe correspondente, cando por causas non imputables ao suxeito pasivo, non se utilicen as instalacións ou se presten os servizos deportivos, culturais e/ou turísticos.

Artigo 8. Infraccións e sancións.

Estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable, ademais do previsto nesta ordenanza, en todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións.

Disposición derrogatoria.

Coa entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a anterior ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización das instalacións deportivas, aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do 15 de novembro de 2001.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal aprobouna o Pleno da Corporación na sesión celebrada o 30 de xullo de 2012, entrará en vigor ao día seguinte da publicación do BOP da Coruña e permanecerá en vigor ata que se modifique ou se derrogue.