Malpica de Bergantiños - Ordenanza fiscal nº 13, reguladora da taxa pola utilización do pavillón polideportivo municipal
ARTIGO 1º .- FUNDAMENTO E RÉXIME
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa pola utilización do pavillón polideportivo municipal, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do citado RDL 2/2004 e que se regulará pola presente ordenanza fiscal.
ARTIGO 2.º .- FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñible deste tributo:
a) O uso da pista central do pavillón polideportivo municipal.
b) O uso do ximnasio do pavillón polideportivo municipal.
c) A prestación dos servizos de que están dotadas as transcritas instalacións
ARTIGO 3.º .- DEVENGO
A obriga de contribuir nacerá desde que a utilización se inicie mediante a entrada ó recinto, previo pago da taxa.
ARTIGO 5.º .- BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE
A base impoñible estará determinada pola conxunción do tipo de uso da instalación, definida pola utilización en día laborable ou festivo, xunto co n.º de horas, n.º usuarios e instalación específica do polideportivo para o cal se solicite a autorización, conforme á seguinte táboa
Instalación específica do polideportivo para o cal se solicita o uso | Tipo de uso da instalación | Elemento para a determinación da base impoñible |
Epígrafe 1.-Pista central | Utilización en día laborable ou festivo | Número de horas de utilización da citada instalación. |
Epígrafe 2.-Ximnasio | Utilización en día laborable | Número usuarios e horas de utilización da citada instalación |
ARTIGO 6.º .- COTA TRIBUTARIA
1 - A cota tributaria esixiranse por aplicación do seguinte cadro de tarifas:
Instalación específica do polideportivo para o cal se solicita o uso | Tarifa | Cota por hora en día laborable | Cota por hora en día festivo |
Epígrafe 1.-Pista central | Pola utilización polo período dunha hora para entrenamento, con independencia do n.º de usuarios | 4,49 | 6,27 |
Pola utilización polo período dunha hora para competición e con independencia do n.º de usuarios | 5,38 | 7,53 | |
Pola utilización para maratóns ou similares, polo período máximo de 48 horas por cada hora de utilización | 7,47 | 7,47 | |
Epígrafe 2.-Ximnasio | Pola utilización por usuario polo período dunha hora unicamente en días laborables | 2,24 |
|
2. As cotas tributarias do cadro de tarifas serán actualizadas anualmente na mesma proporción que a variación irternanual experimentada polo índice xeral dos prezos ó consumo para o conxunto nacional total (IPC) no mes de outubro. Dita actualización será efectiva a partires do día 1 de xaneiro do ano inmediato posterior
ARTIGO 7.º .- NORMAS DE XESTIÓN, ADMINISTRACIÓN E COBRANZA
1.-Os suxeitos pasivos por aplicación da presente ordenanza fiscal deberán solicita-la prestación do servizo da utilización das instalacións do polideportivo do Concello de Malpica de Bergantiños con anterioridade á utilización do citado servizo.
2.-As autorizacións para realiza-lo uso do servizo da utilización das instalacións do polideportivo do Concello de Malpica de Bergantiños, serán outorgadas polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños de acordo co artigo 21.1 ll) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, quen poderá delega-la concesión das presentes autorizacións no funcionario encargado da xestión pavillón polideportivo.
3.-Cando se presente a solicitude ou se inicie o expediente os suxeitos pasivos pola utilización dos servizos regulados na presente ordenanza fiscal estarán obrigados a ingresa-lo importe de taxa en concepto de depósito previo da cota correspondente, de acordo co artigo 26.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
4 -. O importe de taxa en concepto de depósito previo será autoliquidado polo suxeito pasivo, especificando o tipo de uso da instalación así como o elemento para a determinación da base impoñible como se expón no artigo 5.º da presente ordenanza, para a cal se solicita o servizo. Non se tramitará o expediente nin se permitirá o uso do servizo ata que se teña efectuado o pagamento correspondente e sexa expedido o correspondente recibo de autorización.
5.-Tramitado o correspondente expediente, e comprobado o importe de taxa en concepto de depósito previo autoliquidado polo suxeito pasivo, procederase á autorización para a utilización do servizo solicitado mediante a expedición dun recibo de autorización, elevándose o depósito previo a liquidación definitiva ó concederse a autorización solicitada.
6.-Os interesados, no suposto de denegación da autorización poderán solicita-la devolución do importe do depósito previo.
7.-As cotas esixibles serán liquidadas polo servizo solicitado.
8.- Non se entenderán como suxeitos pasivos a efectos da presente ordenanza a impartición das clases de educación física efectuadas polos centros educativos deste concello, así como a celebración de actividades organizadas ou promovidas polo Concello de Malpica.
ARTIGO 8.º.- EXENCIÓNS, REDUCCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES
De conformidade co disposto no artigo 9 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais non se recoñecen máis beneficios fiscais que os derivados de norma con rango de lei ou da aplicación dos Tratados Internacionais. Calquera bonificación ou exención deberá ser interesada ao tempo de solicitar a oportuna autorización.
ARTIGO 9.º .-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICIÓN FINAL
1. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia", e comezará a aplicarse ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
2. A presente Ordenanza, que consta de nove artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria, celebrada o día 12 de xullo de 2012 .
3. A súa entrada en vigor suporá a derrogación da Ordenanza fiscal vixente