Fisterra - Ordenanza Fiscal reguladora de la Tasa por la prestación de servicios urbanísticos
Artículo 1 Fundamento e réxime
En uso das facultades concedidas polos Artigos 133.2°.-) e 142°.-) da Constitución Española e polo Artigo 106°.-) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos Artigos 15°.-) a 19°.-) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello Fisterra establece a ¿Taxa por prestación de Servizos Urbanísticos", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
Artículo 2.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, desenvolvida para a prestación dos seguintes servizos urbanísticos:
a) A destinada a verificar se os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e subsolo que teñan que realizarse no termo municipal, se axustan á Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e ás normas urbanísticas específicas do Concello de Fisterra de cara á obtención da preceptiva licenza urbanística, xa sexa de obras, actividade, primeira ocupación, segregación ou calquera outras que esixa a normativa urbanística en vigor.
b) A realización a instancia de parte de informes, consultas, certificados, cédulas urbanísticas e demais documentos emitidos polos Servizos Técnicos de Urbanismo.
Artículo 3.- Suxeito pasivo
1 Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4°.-) da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, os promotores que realicen as construcións, instalacións ou obras. Noutro caso, considerarase contribuínte ó que ostente a condición de dono da obra.
2 Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que refírese o Artigo 42°.-) da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
3 Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que determina o Artigo 43°.-) da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
Artículo 4.- Devengo
1 Devengarase a taxa que xurde a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible entendéndose iniciada a devandita actividade na data de presentación da oportuna solicitude, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta, ou cando comece a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, de iniciarse as obras ou se executasen sen ter obtido a oportuna licenza.
2 A obriga de contribuir, unha vez xurdida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada nin pola renuncia ou desistímento do solicitante.
Artículo 5.- Cota tributaria
A cota tributaria ven determinada pola aplicación das seguintes tarifas:
1 Licenzas de obras: 0,3 % do presuposto de execución material desta calculado segundo os Anexos da Ordenanza Reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.
2 Licenzas de primeira ocupación / apertura / funcionamento:
a) Vivendas Unifamiliares: 40 € para vivendas de menos de 150 m2 de superficie construida total e 60 € para vivendas de 150 m2 ou máis de superficie total construida.
b) Edificios de vivendas: 25 € por vivenda; 15 € por cada 100 m2 de uso diferente ao residencial (comercial, garaxes, rochos,...).
c) Edificacións ou locais con instalacións comerciais, industriais, hoteleiras ou hostaleiras: 10 € por cada 100 m2 ou fracción.
d) Para outras edificacións ou locais: 0,50 €/m2 para edificacións ou locais de hasta 200 m2 de superficie total construída; 1,50 €/m2 para edificacións ou locais de máis de 200 m2 de superficie total construida e 2,50 €/m2 para edificacións ou locais de mais de 200 m2 de superficie total construida.
3 Licenzas de segregación ou parcelación: 60 € por parcela resultante.
4 Instalación de tanques, depósitos de almacenamento de auga, piscinas, depósitos de almacenamento de gas, petróleos, gasóleos e similares: 70 €.
5 Cambios do uso dos edificios e instalacións en xeral: 5 % do valor catastral do inmoble, cun mínimo de 35 €
6 Demolición de edificacións: 0,30 € por m2 demolido, cun mínimo de 60 €.
7 Colocación de carteis: 10 €/m2 de cartel.
8 Informes, certificados ou cédulas urbanísticas:
a) Certificacións urbanísticas: 20 €.
b) Certificado de prescrición de infracción urbanística: 150 €
c) Informes técnicos: 15 €.
d) Informes de datos catastrais: 10 €.
9 Sinalización de aliñación e rasantes: 30 €
10 Por toda aquela actividade municipal que se axuste ao feito impoñible desta ordenanza e non apareza especificadas nos epígrafes destas tarifas, esixirase unha taxa mínima de 20 €.
Artículo 6.- Beneficios fiscais
De conformidade co disposto no artigo 9°.-) do Real decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da lei reguladora das Facendas Locais, non poderán recoñecerse outros beneficios fiscais que os establecidos expresamente en normas con rago de Lei e os que deriven da aplicación de tratados intemacionais.
Artículo 7.- Normas de xestión
1 As taxas por prestación de servicios urbanísticos esixiranse en réxime de autoliquidación, cando medie solicitude do interesado, e no suposto de que se inicie o expediente de oficio, por liquidación practicada pola administración municipal.
2 No primeiro dos supostos, os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación nos impresos habilitados ó efecto pola administración municipal e realizar o ingreso na entidade bancaria autorizada, o que se deberá acreditar no momento de presentar a correspondente solicitude. Non se tramitará ésta ata que quede acreditado o pago íntegro da taxa.
3 Cando os servizos municipais comproben que se realizou unha construcción ou obra, ou se está exercitando calquera actividade sen obter a previa licencia preceptiva, considerarase o acto de comprobación como a iniciación do trámite de esta última, con obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida sen perxuicio da imposición da sanción que corresponda pola infracción urbanística cometida ou da adopción das medidas necesarias para o adecuado desenvolvemento das normas urbanísticas.
4 0 pago da autoliquidación, presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada pola Administración municipal terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda, se esta fora necesaria.
Artículo 8.- Infraccións e sancións
En materia de infraccións e sancións será aplicable, segundo dispón o artigo 11°.-) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a regulación contida nos artigos 178°.-) e seguientes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.
Disposición Final.
La presente Ordenanza Fiscal comenzará a aplicarse a partir del día siguiente al de su publicación en el Boletín Oficial de la Provincia, manteniendo su vigencia hasta su modificación o derogación expresa.