Ribeira - B.1.2 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE PLACAS E PATENTES, E DO USO DO ESCUDO MUNICIPAL

Publicación provisional: 07/11/2012 BOP Nº: 212
Publicación definitiva: 27/12/2012 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 01/01/2013

ARTIGO 1.- Fundamento e Natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos l33.2 e l42 da Constitución e polo artigo l06 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artígos 15 a 19 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola expedición de placas e patentes, e o uso do escudo municipal, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 57 do citado R.D.L. 2/2004.

ARTIGO 2.- Feito Impoñible.

1.- Constitúe o feito imponible da Taxa a expedición da licencia municipal preceptiva para os compradores nas Lonxas Municipais e os vendedores ambulantes neste término municipal, así como o uso do Escudo do Municipio en placas, marcas, nomes ou usos comerciais ae industriais, membretes, logotipos, etiquetas e outros distintivos análogos, con fins particulares e a instancia dos interesados.

2.- Non estará suxeita a esta Taxa a utilización do Escudo do Municipio que fora imposta con carácter obrigatorio por este Concello.

ARTIGO 3.- Suxeito Pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten as licencias ás que se refire o artigo 2 anterior, ou as que exerzan as actividades gravadas no caso de que non solicitaran a preceptiva licencia.

ARTIGO 4.-Responsables

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.

Artigo 5º . Cota Tributaria.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa, de carácter anual e irreducible, pola concesión da licenza ou pola utilización do Escudo, segundo a seguinte tarifa:

A) Licencias de compradores en Lonxas Municipais: 54,23 €.

B) Licencias de vendedores ambulantes: 72,30 €.

C) Licenza e utilización do Escudo Municipal: 26,49 €.

.

ARTIGO 6.- Devengo

1.- A obrigación de contribuir nacerá dende o momento en que sexa outorgada a correspondente licencia, e en todo caso dende que se executen actos ou actividades que constitúan feito impoñible.

2.- Posteriormente, a taxa devengarase o 1 de xaneiro de cada ano, ó renovarse a licencia.

ARTIGO 7.- Xestión, procedemento e ingreso.

1. Ao solicitar a licencia, os interesados presentarán:

- Xustificante de alta no Imposto de Actividades Económicas.

- Xustificante de estar ó corrente do pago da Seguridade Social.

- 2 fotografías tamaño carné.

2. O pago da cota efectuarase na Tesourería municipal no momento de retirar ou renova-la licencia xunto co distintivo correspondente, unha vez notificada á liquidación e os prazos de ingreso de acordo co previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

3. As licencias serán persoais e intransferibles.

4. As cotas devengadas e non satisfeitas no período voluntario de cobranza, reclamaranse mediante o procedento administrativo de apremio.

ARTIGO 8.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en toda caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 29-10-2007, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 01-01-2008 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.