Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 16, REGULADORA DA TAXA POLA ELABORACIÓN DE RESOLUCIÓNS/DECLARACIÓNS DE NATUREZA URBANÍSTICA
Artigo 1.- Fundamento e réxime.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20.4.a) do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Melide establece a taxa pola elaboración de resolucións/declaracións de natureza urbanística.
Artigo 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, desenvolvidas para a elaboración das seguintes resolucións:
- As resolucións de non existencia de expediente de reposición da legalidade urbanística e de declaración de fora de ordenación de edificacións, construcións e instalacións dentro do municipio.
- As resolucións de declaración de innecesariedade de licenza de segregación.
- As resolucións de declaración de fora de ordenación de edificacións, construcións e instalacións e, no seu caso, a legalización de usos incompatibles ao abeiro da Disposición Transitoria 3ª da Lei 2/2010 de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002.
Artigo 3.- Devengo.
1.- Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada esta actividade na data de presentación da oportuna solicitude.
2.- A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada polo feito de que non se recoñezan as situacións solicitadas polo interesado. Tampouco se verá afectada a obriga de contribuír pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez transcorridos dez días dende a presentación da correspondente solicitude.
Artigo 4.- Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 xeral tributaria, solicitantes das resolucións que constitúen o feito impoñible desta taxa.
Artigo 5.- Responsables.
1.- Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003 xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003 xeral tributaria.
Artigo 6.- Base impoñible e cota tributaria.
A cota tributaria do feito impoñible definido no artigo 2 determinase por unha tarifa fixa, establecida en función do solicitado polo interesado e, por tanto, da natureza do feito impoñible. A cota tributaria a esixir nas solicitudes de resolución da non existencia de expediente de reposición de legalidade e de declaración de fora de ordenación de edificacións determinase en función da superficie construída das edificacións, construcións ou instalacións correspondentes.
a) Taxa pola intervención municipal na elaboración de resolucións de non existencia de expediente de reposición da legalidade urbanística e de declaración de fora de ordenación de edificacións, construcións e instalacións dentro do municipio
SUPERFICIE | TAXA |
0 - | 289 € |
101 - | 372 € |
201 - | 568 € |
501 - | 651 € |
A partir de | 823 € |
b) Taxa pola intervención municipal na elaboración de resolucións de declaración de innecesariedade de licenza de segregación: 57 €
c) Taxa pola intervención municipal na elaboración de resolucións de declaración de fora de ordenación de edificacións, construcións e instalacións e, no seu caso, a legalización de usos incompatibles ao abeiro da Disposición Transitoria 3ª da Lei 2/2010 de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002,
SUPERFICIE | TAXA |
0 - | 506 |
101 - | 594 |
201 - | 744 |
501 - | 1.156 |
A partir de | 1.652 |
Artigo 7.- Exencións , reducións e demais beneficios legalmente aplicables.
1.- De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou os previstos en normas con rango de lei.
2.- O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais non estarán obrigados ao pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do domino público polos aproveitamentos inherentes aos servizos públicos de comunicacións que exploten directamente e por todos os que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.
Artigo 8.- Normas de xestión, liquidación e ingreso.
Ao tempo de presentar a correspondente solicitude, os interesados procederán a efectuar a autoliquidación que corresponda.
O pago da autoliquidación presentada polo interesado terá o carácter de provisional e será a conta da liquidación definitiva que, no seu caso, proceda.
O pago da autoliquidación realizarase nas contas bancarias, que a tal efecto, se faciliten no Rexistro Municipal.
Artigo 9.- Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, rexerase segundo o disposto no Título IV da Lei xeral tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derrogada expresamente.